Portal da Historia
Este portal reúne os artigos de temática histórica disponíbeis na Galipedia, a Wikipedia en galego. Permite acceder de maneira doada a toda esta información ao tempo que aúna os esforzos dos colaboradores que pretenden mellorar os artigos relacionados con esta área de coñecemento. Actualmente xa temos máis de 30.000 artigos relacionados coa Historia.
editar
O Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936 foi un estatuto de autonomía, apoiado maioritariamente en referendo o 28 de xuño, porén, non chegou a ser aprobado nas Cortes, e tan só foi admitido a trámite, debido ao comezo da Guerra Civil española e tamén a que Galiza estivo controlada polos sublevados dende o inicio da contenda.
O proceso autonómico galego protagonizárono nun primeiro momento os republicanos da Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA), entre eles os nacionalistas Villar Ponte e Lois Peña Novo. A ORGA foi sempre maioritaria nas comisións redactoras, nas Asembleas etc. ata 1932. Porén, a partir da aprobación do proxecto estatutario na Asemblea de municipios celebrada en Santiago de Compostela a finais de 1932, foi o Partido Galeguista o verdadeiro impulsor e dinamizador do proceso estatutario, especialmente na preparación e desenvolvemento do plebiscito de 1936 e en tódolos pasos seguintes.
Artigos con problemas
Marcados como que teñen problemas
- Iconolatría, Campo de concentración de Mauthausen-Gusen, Organización para a Liberación de Palestina, Masacre de Khojali, Socialismo utópico, Margaret Thatcher, Casacas vermellas, Conquista de Navarra, Hispania romana, Historia de México, Historia de Portugal, Historia de Rusia, Historia da arte occidental
Artigos a expandir
Demasiado breves: temática xeral, biografías, biografías de personalidades galegas ou efemérides.
- Batalla de Berlín, Alemaña do Oeste, Asiria, Acadia, Mesopotamia, Batalla de Legnica, Imperio do Xapón, Conferencia de Teherán, Maio do 68, República de Weimar, Revolución cubana, Plan Marshall, Idade da Pedra, Era Meiji, Dinastía Ming, Sun Tzu, Guerra dos Cen Anos, Babilonia, Imperio Austrohúngaro, Batalla de Cannas (216 a.C.), Xacobinismo, Yasser Arafat, Brigadas Internacionais, Sociedade de Nacións, Guerra ruso-xaponesa, Guerra austro-prusiana, Hunos, Pacto de Aceiro, Muro de Berlín, Grande Armée, KGB, Noite dos coitelos longos, Revolución Francesa, Gulag
Artigos solicitados
- Levantamento do gueto de Varsovia, Batalla de Mukden, Yuri Andrópov, Francia de Vichy, Militarismo, Non-violencia, Galicia na Idade Media, Galicia na Restauración Borbónica, Trincheira, Estatuto de Autonomía do País Vasco (1936), Invasión napoleónica de Rusia, Batalla de Austerlitz, Crac do 29, Conflito entre Hamás e Fatah, Santa Alianza, Colonia de Plymouth, Guerra do Pacífico (1937-1945), Operación Barbarroxa, Masacre de Batavia, Atraco ao banco Tiflis de 1907, Revolución de Zanzíbar, Tratado de Devol, Phan Xich Long, Primeira Cruzada, Invasións xaponesas de Corea (1592-1598)
|
|