Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario O Breixo (conversa·contribucións) realizou a última edición na páxina hai 10 días. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse.
A arte (do latínars, artis, a través do seu acusativo singular artem) é entendida xeralmente como calquera actividade ou produto realizado polo ser humano cunha finalidade estética ou comunicativa, a través do que se expresan ideas, emocións ou, en xeral, unha visión do mundo, mediante diversos recursos, como as plásticos, lingüísticos, sonoros ou mixtos.
Xeralmente descrito polos seus contemporáneos como unha persoa de carácter apracible, era reservado e totalmente dedicado ao seu oficio. Case desprovisto de educación, dedicouse ao estudo de temas clásicos, e labrou por si mesmo a súa fortuna, desde unha orixe humilde até alcanzar a cima do éxito persoal. Abriuse camiño nun ambiente de gran rivalidade profesional, e que o levou a tratar con nobres, cardeais, papas e reis. A súa posición dentro da pintura de paisaxe é de primeira orde, feito remarcable pola circunstancia de que no ámbito anglosaxón —onde a súa obra foi moi valorada e mesmo influíu na xardinaría inglesa— sexa unicamente coñecido polo seu nome de pía, Claude, do mesmo xeito que artistas como Michelangelo, Rafael ou Rembrandt. Grande innovador dentro do xénero paisaxístico, foi cualificado como o «primeiro paisaxista puro». (Ler máis...)
Image 3
Anna May Wong, nada co nome Wong Liu-tsong o 3 de xaneiro de 1905 nos Ánxeles e finada o 3 de febreiro de 1961 en Santa Monica, foi unha actriz estadounidense, considerada a primeira estrela de cine chinoamericana, a primeira desta orixe en gañarse o recoñecemento internacional. Durante a súa carreira actuou no cine mudo, no cine sonoro, na televisión, no teatro e na radio.
Nada nos Ánxeles no seo dunha familia de chinoamericanos de segunda xeración, Wong sentiuse atraída cara á actuación dende unha idade temperá. Durante a época do cine mudo actuou no filme The Toll of the Sea de 1922, un dos primeiros filmes rodados a cor, e no filme de 1924 de Douglas FairbanksThe Thief of Bagdad, tralo que se converteu nunha icona de moda e acadou a fama internacional en 1924. Frustrada polos papeis secundarios estereotipados que representaba en Hollywood, Wong trasladouse a Europa a finais dos anos 1920, sendo a protagonista de varias obras de teatro e filmes destacados, entre eles o filme de 1929 Piccadilly. Pasou a primeira metade dos anos 1930 viaxando entre os Estados Unidos e Europa realizando diversos traballos no teatro e no cinema. Actuou en varios filmes dos inicios da época do cine sonoro coma Daughter of the Dragon de 1931 e Daughter of Shanghai de 1937, así como xunto a Marlene Dietrich no filme de 1932 de Josef von SternbergShanghai Express. (Ler máis...)
A produción foi difícil dende o comezo. A rodaxe atrasouse dous anos por mor da determinación de Selznick de asegurar a Gable para o papel de Rhett Butler, e a "procura de Scarlett" levou a 1 400 mulleres a seren entrevistadas para o papel. O guión orixinal foi escrito por Sidney Howard e sufriu moitas revisións de varios guionistas nun intento de reducilo a unha lonxitude axeitada. O director orixinal, George Cukor, foi despedido pouco despois de que comezase a filmación e foi substituído por Fleming, quen á súa vez foi substituído brevemente por Sam Wood mentres Fleming tomaba algo de tempo libre para recuperarse do esgotamento. (Ler máis...)
Image 5
Intempo é un rañaceos de 192 metros de altura e 47 plantas coroado pero inacabado situado en Benidorm (Alacant). Trátase do rañaceos residencial máis alto de España e segundo da Unión Europea, e o quinto edificio máis alto de España, superado polas catro torres do CTBA de Madrid.
A data de xuño de 2016, o proxecto atópase parado e o inmoble, por tanto, deshabitado, tendo rematados o 94% dos traballos. É propiedade da promotora Olga Urbana, que se atopa en concurso de acredores. O acredor maioritario é o Sareb, unha sociedade anónima de xestión de activos procedentes da reestruturación bancaria ou «banco malo», como herdeira do crédito hipotecario concedido pola extinta caixa de aforrosCaixa Galicia. O Sareb tentou recuperar parte do crédito a través dunha poxa completa do inmoble, tras intentos infrutuosos por parte do promotor de lograr acordos con investidores estranxeiros. Tras recibir unha única oferta de 47 millóns de euros, o Sareb exerceu o seu dereito de mellorala, ofrecendo 58,5 millóns. Sempre que non se resolvan os problemas xudiciais a raíz do concurso da sociedade promotora, o Sareb non poderá adxudicarse o inmoble. (Ler máis...)
Image 6
Louis Hector Berlioz, nado o 11 de decembro de 1803 en La Côte-Saint-André e finado o 8 de marzo de 1869 en París, foi un compositor e director de orquestrafrancés. Foi unha figura destacada no desenvolvemento do romanticismo. É especialmente coñecido pola súa Sinfonía fantástica, estreada en 1830, e o Réquiem, estreado en 1837, así como pola súa extraordinaria utilización da orquestra sinfónica, que incluía catro grupos de metais "antifonais". É considerado o primeiro músico romántico de Francia e o creador da instrumentación moderna. Co Grand traité de l'instrumentation et d'orchestration modernes (1844) influíu sobre as xeracións posteriores, e especialmente sobre os músicos rusos do Grupo dos Cinco. A música e a vida de Berlioz encarnan os ideais románticos máis que os de calquera outro compositor, excepto Liszt. A súa orixinal imaxinación, as súas concepcións grandiosas e a súa extraordinaria calidade para a orquestra achegaron unha nova cor á música. Berlioz, o primeiro gran compositor que non era intérprete, converteuse nun dos primeiros directores modernos, e nun crítico perspicaz. Separadamente da Sinfonía fantástica, as obras de Berlioz escoitáronse moi pouco ata a década de 1880, cando en Francia se recuperaron como antídoto contra Wagner. A partir de 1960 escoitouse moito a súa música, aínda que as dificultades loxísticas aínda impiden a interpretación normal dalgunhas das súas obras.
Fillo máis vello dun doutor de provincias, esperábase que Berlioz seguira os pasos de seu pai na medicina, e asistiu á escola de medicina parisiense antes de desafiar á súa familia ao adicarse á música como profesión. A súa mentalidade independente e o seu rexeitamento a seguir as regras e fórmulas tradicionais puxérono en desacordo co establecemento musical conservador de París. Moderou brevemente o seu estilo, o suficiente para gañar o máis importante premio musical de Francia – o Prix de Rome – en 1830, mais aprendeu pouco dos académicos do Conservatorio de París. A opinión estivo dividida durante moitos anos entre aqueles que o consideraban un xenio orixinal e os que consideraban que a súa música carecía de forma e coherencia. (Ler máis...)
Image 7
O enterro de videoxogos de Atari foi un soterramento masivo de cartuchos de videoxogos, consolas e computadoras nun vertedoiro de Novo México, levado a cabo pola compañía norteamericana Atari, Inc. no ano 1983. Entre os obxectos soterrados a crenza popular indicaba que se incluíran copias non vendidas de E.T. the Extra-Terrestrial, un dos maiores fracasos comerciais dos videoxogos e frecuentemente citado como un dos peores videoxogos da historia, así como cartuchos da adaptación do videoxogo Pac-Man para a Atari 2600, que si tivo éxito comercial pero recibira gran cantidade de críticas negativas.
Dende o momento en que a prensa deu a coñecer o enterro existiron dúbidas sobre a súa veracidade e alcance, facendo que habitualmente se desbotase o feito por considerarse unha lenda urbana. Porén, o evento converteuse nun símbolo cultural e nun recordatorio da crise norteamericana dos videoxogos de 1983, marcando a fin dun pobre ano fiscal para Atari, Inc., que acabaría sendo vendida pola súa empresa nai Warner Communications. Na crenza popular indicábase que dous millóns de copias de E.T. foran soterradas no vertedoiro, pero declaracións posteriores de empregados de Atari confirmaron que os números foran do arredor duns 700 000 cartuchos de varios títulos, incluíndo os de E.T. (Ler máis...)
Nado en Pesaro de pais músicos, seu pai trompetista e a súa nai cantante, Rossini comezou a compoñer aos 12 anos e foi educado na escola de música de Boloña. A súa primeira ópera representouse en Venecia en 1810 cando tiña 18 anos. En 1815, comprometeuse a escribir óperas e dirixir teatros en Nápoles. No período 1810-1823 escribiu 34 óperas para a escena italiana que se representaron en Venecia, Milán, Ferrara, Nápoles e outros lugares. Esta produtividade requiría un enfoque case formulado para algúns compoñentes (como as aberturas) e unha certa cantidade de autoempréstito. Durante este período produciu as súas obras máis populares, incluídas as óperas cómicas L'italiana in Algeri, Il barbiere di Siviglia e La Cenerentola, que levou á súa máxima expresión a tradición da ópera bufa que herdou de mestres como Domenico Cimarosa e Giovanni Paisiello. Tamén compuxo obras de ópera seria como Otello, Tancredi e Semiramide. Todas estas atraeron admiración pola súa innovación na melodía, cor harmónica e instrumental, e da forma dramática. En 1824, foi contratado pola Ópera de París, para a que produciu unha ópera para celebrar a coroación de Carlos X, Il viaggio a Reims (reutilizada máis tarde para a súa primeira ópera en francés, Le Comte Ory), revisións de dúas das súas óperas italianas, Le Siège de Corinthe e Mosè in Egitto, e en 1829 a súa derradeira ópera, Guillaume Tell. (Ler máis...)
Image 9
Fight Club é un filme estadounidense de 1999 baseado na novela homónima de 1996 escrita por Chuck Palahniuk, dirixido por David Fincher con Brad Pitt, Edward Norton e Helena Bonham Carter coma protagonistas. Norton representa o protagonista sen nome, ó que se fai referencia como Narrador, un home insatisfeito co seu traballo de oficina e con problemas de insomnio que forma un "club da loita" co fabricante de xabón Tyler Durden, representado por Pitt, ó que se unen outros homes que queren loitar entre eles por diversión. O Narrador vese envolto nunha complicada relación con Durden e con Marla Singer, representada por Bonham Carter, mentres que o club evoluciona cara a unha organización anticapitalista que leva a cabo un ataque terrorista.
A produtora de 20th Century FoxLaura Ziskin obtivo os dereitos da novela de Palahniuk e contratou a Jim Uhls para escribir a adaptación cinematográfica. Fincher foi un dos directores que os produtores consideraron para o filme, sendo finalmente o seleccionado polo entusiasmo que amosou en facer a película. Fincher desenvolveu o guión xunto a Uhls e procurou consello para o mesmo no propio elenco de actores e outros membros da industria do cinema. A súa intención era que a violencia de Fight Club servise como metáfora para o conflito entre unha xeración de xente nova e o sistema de valores da publicidade, ademais de copiar as alusións homoeróticas da novela de Palahniuk para incomodar a audiencia e previr que anticipase o xiro argumental da fin do filme. (Ler máis...)
Image 10
O aspecto físico e a personalidade de Wolfgang Amadeus Mozart son obxecto de múltiples investigacións na actualidade. O feito de que non se puidesen exhumar os restos de Mozart, debido a que se descoñece o punto exacto no que se localiza a tumba comunitaria na que foi enterrado, nin se conserven máscaras ou moldes mortuorios, confire certo grao de incerteza á aparencia física do compositor. Aínda que existe un suposto cranio de Mozart, a súa autenticidade, máis que cuestionable, non se puido verificar ata o momento. Este cranio ten sido sometido a diversas probas de ADN, comparándoo cos das súas supostas sobriña e avoa materna, mais non só encontraron que o ADN do primeiro non coincidía co das súas dúas familiares, senón que os delas tampouco concordaban entre si. Así mesmo, preservouse un presunto mechón do seu pelo, tamén de dubidosa lexitimidade. Con todo, existen fontes e referencias fiables respecto tanto do seu aspecto e indumentaria como da súa personalidade. Esta información concrétase en obras plásticas, descricións e testemuños da época, que permiten facerse unha idea máis ou menos acertada de como era Mozart física e psicoloxicamente.
En relación á súa indumentaria e efectos persoais, estudos baseados en documentos como a Orde de Suspensión redactada logo da súa morte ou o rexistro dos recibos de compra de traxes, contribuíron moito a esclarecer os gustos de Mozart relativos á roupa. (Ler máis...)
Profundamente comprometido co papel que xogan os compositores nos tempos que lles toca vivir, García-Picos escribiu un artigo de pensamento que transloce as súas inquedanzas sobre isto: "Problemática de los compositores gallegos actuales". (Ler máis...)
A súa actividade non se limitou á cidade da Coruña, tendo ofrecido concertos noutras cidades galegas, e o seu éxito fixo que outras sociedades filharmónicas creasen as súas propias orquestras. (Ler máis...)
O filme ten lugar nun Os Ánxeles distópico no que a empresa Tyrrell Corporation fabrica uns androides denominados replicantes, visualmente indistinguibles dos humanos adultos. O uso destes replicantes na Terra está prohibido e empréganse soamente para traballos perigosos ou de pouca importancia nas colonias espaciais. Uns axentes especiais de policía coñecidos como "Blade Runners" encárganse de perseguir e matar ("retirar") a aqueles replicantes que desafían a prohibición e retornan á Terra. O argumento céntrase nun grupo de replicantes que acaba de escapar agochándose na cidade dos Ánxeles e no queimado Blade Runner experto Rick Deckard, quen a desgana acepta o traballo para cazalos. (Ler máis...)
Amy Jade Winehouse, nada en Londres, Inglaterra o 14 de setembro de 1983 e finada na mesma cidade o 23 de xullo de 2011, máis coñecida simplemente como Amy Winehouse, foi unha cantante e compositora inglesa recoñecida polo seu alcance vocal contralto, descrito como "acusticamente poderoso" e capaz de expresar "profunda emoción", destacando pola mestura ecléctica de xéneros musicais, incluíndo soul (ás veces denominado como blue-eyed soul e neo soul), rhythm and blues, jazz e reggae.
O seu álbum de debut do ano 2003 Frank foi valorado positivamente pola crítica especializada e foi comercialmente un éxito no seu país natal, o Reino Unido, e foi candidato ó premio Mercury Prize. O seguinte álbum de Winehouse do ano 2006, Back to Black, levou cinco premios Grammy, igualando naquel entón a marca de maior número de triunfos nunha única noite para unha artista feminina, e foi a primeira muller británica en gañar cinco premios Grammy, incluíndo a Mellor Artista Revelación, Gravación do Ano e Canción do Ano. Gañou ademais un World Music Award e tres premios Ivor Novello; no 2004 á Mellor Canción Contemporánea por Stronger Than Me, no 2007 de novo Mellor Canción Contemporánea, esta vez por Rehab e no 2008 Mellor Canción Lírica e Musicalmente por Love Is a Losing Game, tamén gañou o premio Brit á Mellor Artista Feminina Británica de 2007, sendo tamén candidata ó Mellor Álbum Británico con Back to Black, entre outros premios de prestixio. (Ler máis...)
Algunhas das súas obras máis populares son a colección de relatos O libro da selva (1894), a novela de espionaxe Kim (1901), o relato curto "O home que puido reinar" (The Man Who Would Be King, 1888), publicada orixinalmente no volume The Phantom Rickshaw, ou os poemas "Gunga Din" (1892) e "If" (1895). Varias das súas obras leváronse ao cinema. (Ler máis...)
Aínda que o seu principal medio de expresión foi a pintura, tamén fixo incursións no cinema, a escultura, a xoiería e o teatro, e tamén traballou como deseñador de vestiario e escenógrafo, e escribiu algúns libros, entre os que destaca Diario de un genio (1965). Dalí é coñecido polas súas impactantes e oníricas imaxes surrealistas. As súas habilidades pictóricas adóitanse atribuír á influencia e admiración pola arte renacentista. Dalí tivo a habilidade de forxar un estilo persoal e recoñecible. Unha das súas obras máis importantes é A persistencia da memoria, tamén chamada Reloxos brandos, que data do ano 1931. Tamén foi un experto debuxante. (Ler máis...)
É considerado un dos novelistas máis importantes da historia da literatura, particularmente polas súas obras mestras Voina i mir (en galego, Guerra e Paz) e Anna Karenina, libros que son dous dos representantes senlleiros da ficción realista. Como filósofo moral destaca pola súa idea de resistencia non violenta expresada no seu traballo Tsárstvo Bózhiye vnutrí vas (no ruso pre-reformista: Царство Божіе внутри васъ; no ruso post-reforma: Царство Божие внутри вас; en galego, O reino de Deus está dentro de ti) mesmo que influíu en Mohandas K. Gandhi, Martin Luther King e James Bevel. (Ler máis...)
Beauvoir escribiu novelas, ensaios, biografías, autobiografías e monografías sobre filosofía, política e temas sociais. Foi coñecida sobre todo polo seu "labor pioneiro na filosofía feminista", O segundo sexo (1949) é unha análise detallada da opresión da muller e un tratado fundacional do feminismo contemporáneo. Tamén foi coñecida polas súas novelas, as máis famosas das cales foron L'Invitée (1943) e Os mandaríns (1954). A súa contribución máis duradeira á literatura son as súas memorias, en particular o primeiro volume, Mémoires d'une jeune fille rangée. (1958), que ten calor e poder descritivo. Tamén foi moi galardoada, entre os premios máis notables destacan o Prix Goncourt de 1954, o Premio Xerusalén de 1975 e o Premio Estatal Austríaco de Literatura Europea de 1978. A súa vida non estivo exenta de polémica: perdeu brevemente o seu posto de profesora tras ser acusada de abusar sexualmente dalgúns dos seus alumnos. Xunto co seu amante de moitos anos, Jean-Paul Sartre, e outros moitos intelectuais franceses, fixo campaña a favor da liberación dos condenados por delitos sexuais contra menores e asinou unha petición a favor da abolición das leis sobre a idade de consentimento en Francia. (Ler máis...)
Vincent Willem van Gogh (en neerlandés Vincent van Gogh [ˈvɪnsɛnt fɑn'xɔx]), nado en Zundert o 30 de marzo de 1853 e finado en Auvers-sur-Oise o 29 de xullo de 1890, foi un pintor neerlandés e figura destacada do postimpresionismo. Pintou uns 900 cadros (deles 27 autorretratos e 148 acuarelas) e 1.600 debuxos. A figura central na súa vida foi o seu irmán máis novo Theo, quen lle prestou apoio financeiro continua e desinteresadamente. A grande amizade entre eles está documentada nas numerosas cartas que intercambiaron desde agosto de 1872; das 800 cartas conservadas do pintor, unhas 650 están dirixidas a Theo e as outras a amigos e familiares.
Xa desde moi novo tivo inclinación cara ao debuxo e o seu primeiro traballo foi nunha empresa de marchantes de arte, viaxando entre A Haia, Londres e París. Despois ensinou durante un tempo en Inglaterra, en Isleworth e Ramsgate. Máis tarde converteuse en pastor protestante e en 1879, á idade de 26 anos, marchou como misioneiro a unha rexión mineira de Bélxica, onde comezou a debuxar á xente da comunidade local. En 1885 pintou a súa primeira grande obra Os comedores de patacas; nese momento a súa paleta compoñíase de tons sombríos de terra. A luz de cores vivas pola que é coñecido xurdiu en obras posteriores, cando se trasladou ao sur de Francia conseguindo a plenitude durante a súa estadía en Arles en 1888. Malia a calidade da súa obra, esta só foi recoñecida logo da súa morte e hoxe é considerado un dos grandes mestres da pintura. Tivo unha grande influencia na arte do século XX, especialmente entre os fauvistas e os expresionistas alemáns. A súa arte foi seguida por Derain, Vlaminck e Van Dongen. (Ler máis...)
Akira Kurosawa (黒澤 明,Kurosawa Akira?), nado en Toquio o 23 de marzo de 1910 e finado na mesma cidade o 6 de setembro de 1998, foi un director, produtor e guionista de cinexaponés. As súas películas influenciaron grandemente unha xeración enteira de realizadores como George Lucas ou Sergio Leone. A súa primeira película acreditada (Sugata Sanshiro) presentouse en 1943 e a última (Madadayo) en 1993. Considerado como un dos máis importantes e influentes directores da historia do cine, Kurosawa dirixiu 30 filmes en 57 anos de carreira.
Kurosawa comezou na industria do cine xaponés en 1936, despois dun breve período como pintor. Despois de moitos anos traballando en filmes como asistente de director e guionista, debutou detrás da cámara en 1943 cun filme de acción Sugata Sanshirō. Despois da segunda guerra mundial, a crítica aclamou O anxo ebrio (1948), no cal Kurosawa escolleu entre o elenco a un daquela descoñecido Toshiro Mifune, facendo medrar a súa reputación como un dos mellores novos directores do Xapón. Os dous homes colaborarían xuntos noutros 15 filmes. (Ler máis...)
Nos seus inicios, fundamentou a súa reputación como compositor con obras como Der fliegende Holländer e Tannhäuser, que seguían a tradición romántica de Weber e Meyerbeer. Transformou o pensamento musical coa idea da «obra de arte total» (en alemánGesamtkunstwerk), a síntese de todas as artes poéticas, visuais, musicais e escénicas, que desenvolveu nunha serie de ensaios entre 1849 e 1852, e que plasmou na primeira metade da súa monumental tetraloxía Der Ring des Nibelungen. Con todo, as súas ideas sobre a relación entre a música e o teatro mudaron de novo e reintroduciu algunhas formas operísticas tradicionais nas obras da súa última etapa, como en Die Meistersinger von Nürnberg. As obras de Wagner, particularmente as do seu último período (que se corresponden coa súa etapa romántica), destacan pola súa textura contrapuntística, riqueza cromática, harmonía, orquestración e un elaborado uso dos leitmotivs (temas musicais asociados a caracteres específicos ou elementos dentro da trama). Wagner foi o pioneiro en varios avances da linguaxe musical, como un extremo cromatismo (asociado coa cor orquestral) ou a ampliación do cosmos harmónico a través dun continuo desprazamento dos centros tonais, o que influíu no desenvolvemento da música clásica europea. (Ler máis...)
Magdalena del Carmen Frida Kahlo Calderón, nada en Coyoacán (Cidade de México) o 6 de xullo de 1907 e finada o 13 de xullo de 1954, foi unha recoñecida pintora e poetisa mexicana. Kahlo naceu e morreu en Cidade de México, no seu fogar coñecido como "La casa azul". A súa obra é considerada emblemática en México pola tradición indíxena. Igualmente, é valorada polo feminismo debido á súa comprometida representación da forma e da experiencia feminina. A súa vida estivo cruzada polo infortunio dunha enfermidade infantil, a poliomielite, e por un grave accidente na súa mocidade que a mantivo prostrada durante longos períodos. De feito, chegou a someterse até a 32 operacións cirúrxicas. Levou unha vida pouco convencional, foi bisexual e entre os seus amantes atopábase Lev Trotski. A súa obra pictórica xira tematicamente en torno á súa biografía e ao seu propio sufrimento.
En 1939 expuxo as súas pinturas en Francia grazas a unha invitación de André Breton. Este tentou convencela de que eran «surrealistas», aínda que Kahlo dicía que esta tendencia non correspondía coa súa arte, xa que ela non pintaba soños senón a súa propia vida. Unha das obras desta exposición (Autorretrato-O marco, que actualmente se atopa no Centro Georges Pompidou), converteuse no primeiro cadro dun artista mexicano adquirido polo Museo do Louvre. Até entón, Frida Kahlo pintara só no ámbito privado, e custoulle admitir que a súa obra puidese ter interese xeral. Aínda que gozou da admiración de destacados pintores e intelectuais da súa época como Pablo Picasso, Vasili Kandinski, André Breton ou Marcel Duchamp, a súa obra alcanzou fama e verdadeiro recoñecemento internacional despois da súa morte, especialmente a partir da década de 1970. (Ler máis...)
José Ventura Eduardo Gregorio Valdomir (sic)[1] ou Xosé Baldomir Rodríguez, máis coñecido como Xosé Baldomir, nado na Coruña o 26 de novembro de 1865 e finado na mesma cidade o 1 de febreiro de 1947, foi un compositor, pianista, director coral e profesor que desenvolveu case todo o seu labor na súa cidade natal. Entre a súa obra, cunha importante influencia da música popular, salientan as súas melodías galegas, xénero iniciado por un dos seus mestres, Marcial del Adalid, e que Baldomir levou ao máximo nivel artístico, acadando no seu tempo difusión universal con obras que permaneceron na memoria colectiva.
Ademais de como compositor, Baldomir destacou tamén como director de corais, estando á fronte de agrupacións como o Orfeón Brigantino ou a Coral Polifónica El Eco, tendo realizado con esta última numerosas e exitosas xiras por España e o resto do mundo. (Ler máis...)
Image 2
Manuel Quiroga Losada, nado en Pontevedra o 15 de abril de 1892 e finado na mesma cidade o 19 de abril de 1961, foi un reputado violinista, compositor e debuxante galego, posiblemente o músico galego que acadou maior renome internacional, sendo considerado un dos violinistas máis importantes do seu tempo. Foi anunciado en numerosas ocasións por parte dos críticos como "o mellor sucesor de Pablo Sarasate", e ás veces é referido como "o herdeiro espiritual de Sarasate".
Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, destacado polo seu carácter combativo e máis polo seu compromiso político. O 19 de abril do ano 1970 foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega, mais renunciou en 1975 ao entender que a institución non estaba á altura que esixía o momento histórico.
Nas eleccións municipais de 1979 presentouse como cabeza de lista á alcaldía de Monforte de Lemos, e foi nomeado concelleiro de Augas e Recollida do lixo. Tras non ser elixido nas eleccións ao Senado de 1982 en representación do BNG, abandonou a militancia política para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural. Volveu ingresar na RAG, desta volta como membro de número, o 15 de febreiro de 2003, por proposta de Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lorenzo Vázquez e Xosé Luís Méndez Ferrín, pronunciando o discurso A Terra Chá: poesía e paisaxe. (Ler máis...)
Foi considerada unha das grandes actrices do teatro e o cinema francés e apareceu en clásicos como Les enfants du paradis, especialmente durante as décadas de 1940 e 1950. (Ler máis...)
Image 8
O Itinerario de Exeria, tamén coñecido como Itinerarium Egeriae, Peregrinatio Aetheriae ou Peregrinatio ad Loca Sancta, é un conxunto de textos en latín escritos por Exeria relatando a súa peregrinación dende a Gallaecia ata Terra Santa entre os anos 381 e 384.
Como libro de viaxes, é unha fonte importante para coñecer a situación naquel momento das zonas percorridas. Nel detállanse costumes dos nativos, crenzas populares, rituais relixiosos e expresións da fala vernácula. Está redactado en primeira persoa no latín coloquial utilizado na vida diaria, cunha espontaneidade natural que difire do estilo solemne propio da lingua escrita. O seu valor é filolóxico, sociolóxico e literario. (Ler máis...)
Foi un dos líderes do Grupo Antroido, a primeira compañía teatral galega profesional, e con ela realizou unha gran cantidade de funcións, desenvolvendo diferentes tarefas como director, escritor, actor e iluminador, ademais de moitas outras. Escribiu preto de 30 obras de teatro e recibiu numerosos premios e recoñecementos polo seu traballo, o premio Abrente, o premio Álvaro Cunqueiro, o Rafael Dieste, o Eixo Atlántico e o Tirso de Molina, entre outros. Tamén participou en diferentes filmes e series de televisión, tanto como actor coma actor de dobraxe, axudando a dar pulo ós comezos do audiovisual galego. (Ler máis...)