Ucraína (en ucraíno: Україна, tr. "Ukraina", [ukrɑˈjinɑ] (AFI)) é unha nación eslava situada, en liñas xerais, entre os mares Negro e Azov e o río Prípiat, entre as planicies húngaras, a foz do Danubio e o río Don. Os ríos Dniéper e Dniéster son, e sempre foron, os límites xeográficos centrais de Ucraína. A cidade de Kíiv é a vella capital e o centro da vida cultural ucraína.
Ucraína confina ao sur cos mares Negro e Azov; ao suroeste con Moldova, Romanía, Hungría e Eslovaquia; ao oeste con Polonia e Belarús; ao norte con Rusia; ao leste o límite de Ucraína atinxe case as estepas do río Volga e a rexión caucásica.
Esténdese por un territorio xeográfico de 603 700 km² e comprende un territorio etnográfico mixto de 945 000 km². Ucraína é o segundo maior país de Europa (detrás de Rusia).
A poboación actual de Ucraína sitúase en case 48 millóns de habitantes.
|
Artigo destacado
editar
A Eurocopa da UEFA de 2012 (en polaco: Mistrzostwa Europy w Piłce Nożnej 2012, en ucraíno: Чемпіонат Європи з футболу 2012) foi a décimo cuarta edición do campionato europeo de seleccións de fútbol absolutas organizado pola UEFA. A fase final do torneo foi celebrada de forma conxunta por Polonia e Ucraína dende o 8 de xuño ao 1 de xullo de 2012. Na fase final participaron dezaseis equipos, senda esta a último ocasión na que sucedeu, xa que na seguinte edición en 2016 os finalistas son vinte e catro.
A decisión de outorgar a sede aos dous países eslavos foi anunciada polo presidente da UEFA, Michel Platini, o 18 de abril de 2007, superando as outras candidaturas finalistas: a conxunta entre Croacia e Hungría e a de Italia, dun total de oito candidaturas orixinais. Foi a primeira Eurocopa organizada en Europa do Leste dende a edición de 1976 na antiga Iugoslavia, e tamén a primeira da historia que foi albergada por dous países con diferentes fusos horarios. O campionato foi gañado pola selección de fútbol de España, que bateu na final a Italia por catro goles a cero, a maior goleada nunha final desta competición, conseguindo así o seu terceiro título continental.
Cidade destacada
Divisións administrativas
Categorías
editar
Queres atopar artigos relacionados con Ucraína? Proba buscando nas seguintes categorías:
Biografía destacada
editar
Yosyf Slipyi (en ucraíno: Йосиф Сліпий), de nome secular Yosyf Kobernytskyi-Dychkovskyi (en ucraíno: Йосиф Коберницький-Дичковський), nado en Zazdrist ( Galicia [ Imperio austrohúngaro]) o 17 de febreiro de 1892 e finado en Roma o 7 de setembro de 1984, foi un bispo católico ucraíno, arcebispo maior de Lviv e cardeal da Igrexa católica. Preso do réxime soviético dende 1945, foi finalmente liberado en 1963, grazas ás presións do Vaticano e dos Estados Unidos para participar no Concilio Vaticano II.
En 1916 doutorouse no Collegium Canisianum de Innsbruck, e o ano seguinte foi ordenado sacerdote en Lviv (Ucraína), volvendo logo a Innsbruck, e posteriormente a Roma para estudar no Pontificio Instituto Oriental e na Pontificia Universidade Gregoriana, antes de regresar a Lviv, onde en 1926 pasou a ser reitor da Academia Teolóxica de Lviv.
Ao longo da súa vida recibiu numerosos recoñecementos: en 1968, con ocasión da súa visita pastoral ao Canadá e aos Estados Unidos, foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade San Paulo de Ottawa, pola Universidade Loyola de Chicago e pola Universidade Católica de América; e foi tamén distinguido como doutor honoris causa pola Universidade Libre Ucraína, con sede en Múnic.
Imaxe destacada
Sabías que...?
Artigos de calidade e bos
editar
Artigos de calidade (0)
Artigos bos (2)
Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns
|
|
|