editar
Croke Park (
irlandés:
Páirc an Chrócaigh) é un
estadio da cidade de
Dublín (
República de Irlanda) e sede da
Asociación Atlética Gaélica (GAA), a organización deportiva máis grande do país. Está situado no centro da cidade e ten capacidade para máis de 82.300 espectadores, o que converte ao recinto no estadio máis grande de Irlanda e o terceiro de
Europa. O estadio serve para a práctica de deportes gaélicos como o
fútbol gaélico e o
hurling.
A Asociación Atlética Gaélica negouse a realizar partidos de fútbol e rugby en Croke Park durante décadas, por ser deportes de orixe británica. Cando o estadio Lansdowne Road demoleuse e reconstruíuse para converterse no Aviva Stadium, a institución permitiu que se empregara o estadio entre 2007 e 2010 para a práctica de ditos deportes.
Neste recinto tivo lugar no ano 1920 unha masacre chamada Domingo Sanguento nun partido de fútbol gaélico debido ao ataque do exército inglés, que ametrallou ao público e aos xogadores que ocupaban o estadio.