Portal:China
Artigo destacado
A Gran Muralla Chinesa (chinés tradicional: 長城, chinés simplificado: 长城, pinyin: Cháng Chéng, "Longa fortaleza") é unha serie de fortificacións, construídas desde o século V a.C., de pedra, ladrillo, terra apisonada, madeira, e outros materiais, en xeral, ao longo dunha liña de leste a oeste a través das fronteiras históricas do norte da China para protexer aos estados chineses e o imperio da China dos ataques dos bárbaros de Mongolia e Manchuria. O principal propósito do muro non era impedir que fora atravesado, senón máis ben impedir que trouxeran cabalos con eles.
A Gran Muralla está formada por unha serie de murallas construídas e reconstruídas por diferentes dinastías durante máis de 1.000 anos. Contando as súas ramificacións e construcións secundarias, calcúlase que ten 21 196 quilómetros de longo, desde a fronteira con Corea, ao bordo do río Yalu (Yalu Jiang), ata o deserto de Gobi, abarcando sete provincias, ao longo dun arco que delinea aproximadamente o bordo sur da Mongolia Interior, aínda que hoxe en día só se conserva un 30% dela. De media, mide de 6 a 7 metros de alto e de 4 a 5 metros de ancho. No seu apoxeo, durante a dinastía Ming, foi custodiada por máis dun millón de guerreiros. A muralla foi designada Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 1987. Cidade destacada
Pequín ou Beijing (北京; pinyin Beijing), nome que significa Capital do Norte, é a cidade capital da República Popular da China e unha das cidades máis poboadas do mundo cun total de 21.150.000 habitantes en 2013, e durante séculos. A cidade, localizada no norte do país, é gobernada como unha municipalidade directamente controlada polo goberno nacional, con 14 distritos urbanos e suburbanos e dous condados rurais. O Municipio de Pequín está rodeado pola provincia de Hebei, coa excepción do concello veciño de Tianjin, ao sueste.
Pequín é a segunda maior do país por poboación urbana, logo de Shanghai, e é o centro político, cultural e educacional do país. É a sede da maioría das maiores empresas estatais chinesas e o seu aeroporto é o segundo con maior movemento do mundo en tráfico de pasaxeiros. A historia da cidade remóntase a máis de tres milenios. Como a última das cuatro grandes capitais antigas da China, Pequín ten sido o centro político do país durante boa parte dos últimos 800 anos. A Encyclopædia Britannica observa que "poucas cidades no mundo serviron durante tanto tempo como sede política e centro cultural dunha área tan grande como a da China". Pequín é famosa pola Cidade Prohibida, que xunto co Templo do Ceo, o Palacio de Verán, os Túmulos Imperiais das Dinastias Ming e Qing, o Zhoukoudian, a Gran Muralla e o Gran Canal forma parte dos sete Patrimonios da Humanidade cos que conta a capital chinesa. Categorías
Biografía destacada
Kongzi ou Kong Fuzi, latinizado como Confucio (en pinyin Kǒng Zǐ, 孔子 o Kǒng Fūzǐ, 孔夫子; en Wade-Giles K'ung-fu-tzu, literalmente "Mestre Kong") nado o 28 de setembro de 551 a.C en Qufu durante a Dinastía Zhou e finado no mesmo lugar o 11 de abril do 479 a.C., foi un pensador e filósofo chinés. As súas ensinanzas influíron fondamente en Asia oriental durante vinte séculos, e sobre elas formouse o confucianismo.
A filosofía de Confucio subliñaba unha moralidade persoal e gobernamental, os procedementos correctos nas relacións sociais, a xustiza e a sinceridade. Estes valores gañaron predominancia na China en relación a outras doutrinas, como o legalismo (法家) e o taoismo (道家), durante a Dinastia Han (206 a.C. – 220). Os pensamentos de Confúcio foron desenvolvidos nun sistema filosófico coñecido como confucionismo (儒家). Como non se pode provar a autoría de ningún dos textos de Confucio e as ideas que se lle teñen atribuído máis comunmente foron rexidas durante o período entre a súa morte e a fundación do primeiro imperio chinés no ano 221 a.C., moitos investigadores son moi cautelosos á hora de atribuir afirmacións específicas ao propio Confucio. Imaxe destacada
Sabías que...?
Artigos de calidade e bos
Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns
|