España (Gl-España.ogg pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España (Gl-Reino de España.ogg pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.

España atópase no suroeste do continente europeo, e comparte fronteiras terrestres con Francia e co principado de Andorra ao norte, con Portugal ao oeste e co territorio británico de Xibraltar ao sur. Nos seus territorios africanos, comparte fronteiras terrestres e marítimas con Marrocos. Comparte con Francia a soberanía sobre a illa dos Faisáns na desembocadura do río Bidasoa e cinco facerías pirenaicas.

Ten unha extensión de 504.645 km², sendo o cuarto país cunha maior extensión do continente, despois de Rusia, Ucraína e Francia. Cunha altitude media de 650 metros sobre o nivel do mar, é un dos países máis montañosos de Europa. A súa poboación é de 47 190 493 habitantes, segundo datos do padrón municipal de 2011.

A economía española é a 14ª economía mundial en términos de PIB, por diante de Indonesia e de Turquía, e segundo Eurostat, o PIB per cápita español situouse, en 2011, no 99% da media da Unión Europea, por diante de Chipre. Ademais, segundo o informe de 2010 da ONU, ten un índice de desenvolvemento humano de 0.878, o 23º maior do mundo, por diante doutros grandes países europeos, como Grecia, Italia o Reino Unido.

Artigo destacado

editar

A Catedral de Santiago de Compostela é un templo de culto católico situado na cidade de Santiago de Compostela. Acolle o que, segundo a tradición católica, é o sepulcro do Apóstolo Santiago, o cal converteu o templo nun dos principais destinos de peregrinación de Europa durante a Idade Media a través do chamado Camiño de Santiago, unha ruta iniciática na que se seguía o ronsel da Vía Láctea comunicando a península Ibérica co resto do continente. Isto foi determinante para que os reinos medievais na península participasen nos movementos culturais da época, e segue a ser un importante destino de peregrinación. Un privilexio concedido en 1122 polo papa Calisto II declarou que serían «Ano Santo» ou «Ano Xubilar» en Compostela todos os anos nos que o día 25 de xullo, día de Santiago, coincidise en domingo; este privilexio foi confirmado polo papa Alexandre III na súa bula Regis aeterni en 1179.

Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1896, e a cidade vella de Santiago de Compostela, que se concentra ao redor da catedral, foi declarada ben cultural Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985.

Cidade destacada

editar

Bilbao (en éuscaroBilbo, en castelán e oficialmente: Bilbao) é unha cidade do norte de España, capital da provincia e territorio histórico de Biscaia, no País Vasco.

Situada na comarca do Gran Bilbao e atravesada polo río Nervión que a esas alturas do seu percorrido xa toma forma de ría, ten unha poboación de 354.145 habitantes e unha extensión de 41,26 km² cunha densidade poboacional de 8.583 hab./km². É o centro dunha área de influencia que se coñece como Gran Bilbao e que chega a albergar a preto de 1 000 000 de habitantes.

Desde a súa fundación, a comezos do século XIV, foi un enclave comercial que gozou de particular importancia na cornixa cantábrica grazas á súa actividade portuaria que se baseaba principalmente na exportación da procedente de Castela e en menor medida do ferro extraído das canteiras biscaíñas. Ao longo do século XIX e principios do XX experimentou unha forte industrialización que a converteu no epicentro da segunda rexión industrializada de España, por detrás de Barcelona. Esta estivo acompañada dunha extraordinaria explosión demográfica e urbanística que orixinou a anexión de varios municipios lindeiros. Na actualidade é unha puxante cidade de servizos, que se atopa nun proceso de revitalización estética, social e económica liderado polo simbólico Museo Guggenheim Bilbao.

Divisións administrativas
Categorías
Biografía destacada

editar

Lois I de España, chamado «o Ben Amado» ou «o Liberal», nado en Madrid o 25 de agosto de 1707 e finado na mesma vila o 31 de agosto de 1724, foi rei de España durante menos dun ano, sendo o seu reinado de 229 días, o máis breve da Historia de España (sen contar o goberno de Filipe o Fermoso). Era o fillo maior do Rei Filipe V e María Luísa de Savoia.

A proclamación de Lois I de España, o 15 de xaneiro de 1724, tivo unha grande acollida e entusiasmo entre a poboación, sobre todo a da capital, porque era o primeiro Borbón nado na vila. Por tal de suplir a inexperiencia do novo monarca constituíuse un consello asesor composto por varias personalidades. O novo rei ocupou o trono uns sete meses, durante os cales o monarca viviu bastante despreocupado dos asuntos de Estado. En realidade foron Filipe V e Isabel de Farnesio os que continuaron gobernando desde o seu retiro na Granxa de San Ildefonso.

En materia económica apareceron novos nobres e funcionarios no goberno que eran contrarios a Isabel de Farnesio. Os novos ministros intentaron que o rei decretara unha redución de gastos e mellorase a xestión de certas institucións. Igual que na política interior, a política internacional de Lois I estivo moi condicionada pola acción do seu pai e, sobre todo, da súa madrastra.

Lois contraeu a varíola no mes de xullo de 1724. O monarca non se ocupou ben da súa enfermidade, que acabou complicándose cunha pulmonía. Morreu ao cabo de poucas semanas, a madrugada do 31 de agosto de 1724, no Palacio do Bo Retiro, poucos días despois de cumprir dezasete anos.

Imaxe destacada

editar

León na entrada principal do Congreso dos Deputados.
Vexa o artigo Goberno e política de España.


Sabías que...?

editar

Estadio Olímpico de Barcelona.


Proxectos relacionados
Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (28)

Artigos bos (18)

Portais relacionados
Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons