A vexiloloxía é o estudo das bandeiras, a súa forma, cor, creación, significado e simboloxía (integrándose así na semiótica), tipos de estandartes que amosa (escudos, iconas, mesturas) e uso (nacional, rexional, local, supranacional, civil, militar, institucional etc.).

Bandeira de Galicia.

Clasificación inicial

editar
 
Bandeira da II República Española.

As bandeiras poden ter franxas verticais (no caso de que o ancho da intermedia sexa o dobre das outras exteriores chámase pau canadense en referencia a que é a máis coñecida con esta característica) ou horizontais (iguais, por exemplo, na bandeira da Segunda República Española e con anchos nas proporcións correspondentes ó pau canadense no caso da actual bandeira constitucional de 1978 aprobada en 1981), unha cruz (en forma de +, chamada escandinava se está descentrada cara á esquerda) ou un aspa (en forma de X, tamén denominado co galicismo saltire), e unha diagonal de esquerda a dereita ascendente (chamada banda) ou descendente (nomeada faixa).

Tamén pode ter ornados (ou ornatos, "adornos", de moi diversos motivos, coma encaixe, flores, cadeas, coroas etc.) no bordo. Un lugar especial é o curruncho superior esquerdo, chamado cantón. A disposición de certos elementos repetidos adoita ter certa simetría na súa localización e/ou disposición (radial, horizontal ou vertical), dando lugar a distribucións en cadrado, en rombo, en sotuer, en armiño, en casas, en punta, en pau, en arlequín, enfrontados, nos extremos etc. No caso de animais, dúas posturas habituais son rampantes (a dúas patas en ataque) ou pasante (camiñando).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar