Portal:Sistema Solar
Artigo destacado
A Nube de Oort, nomeada polo astrónomo neerlandés Jan Oort e en ocasións chamada a Nube de Öpik–Oort, é unha nube teórica que estaría predominantemente composta de planetesimais volátiles que arrodearía ó Sol a unha distancia de entre as 2000 UA e as 200000 UA. A súa existencia postulouna por primeira vez o astrónomo estoniano Ernst Öpik no ano 1932. Divídese en dúas rexións: unha Nube interior de Ooort en forma de disco coñecida como Nube de Hills, e unha Nube de Oort exterior esférica. Ámbalas dúas rexións atoparíanse máis aló da heliosfera, no espazo interestelar. En comparación, o Cinto de Kuiper e o disco disperso, os outros dous depósitos de obxectos transneptunianos, atópanse a menos dunha milésima parte de distancia do Sol que a Nube de Oort.
c
O límite exterior da Nube de Oort define o límite cosmográfico do Sistema Solar e a extensión da esfera de Hill do Sol. A Nube exterior de Oort tería unha débil ligazón co Sistema Solar, e veríase doadamente afectada polo pulo gravitacional de estrelas próximas e da propia Vía Láctea. Estas forzas serían as que ocasionalmente extraerían cometas das súas orbitas dentro da nube, enviándoos cara o Sistema Solar interior. Baseándose nas súas órbitas, a maioría dos cometas de período curto procederían do disco disperso, máis algúns destes poderían ter a súa orixe na Nube de Oort. Os astrónomos conxecturaron que a materia que compoñería a Nube de Oort estaría formada preto do Sol e posteriormente quedaría espallada lonxe no espazo por mor dos efectos gravitacionais dos planetas xigantes nos comezos da evolución do Sistema Solar. Malia que non se realizaron observacións directas confirmadas da Nube de Oort, considérase que esta podería ser a fonte dos cometas de período longo e de tipo Halley que se adentran no Sistema Solar, así como de moitos dos cometas centauros e da familia de Xúpiter.
Artigos de calidade e bos
Categorías
Imaxe destacada
Sabías que...?
Proxectos irmáns
|