Servizo militar

prestación de servizos nun exército

O servizo militar, coñecido popularmente en España como as quintas ou a mili, é un período de duración e obrigatoriedade variada, no cal os cidadáns dun país (habitualmente, só os homes), deben recibir adestramento militar en cuarteis como preparación para unha eventual guerra.[Cómpre referencia] Canto máis conflitivo e militarizado for o país, maior será a posibilidade de que os seus cidadáns estean sometidos ao servizo militar. En xeral, o seu tempo medio de duración é dun ano,[Cómpre referencia] exceptuándose casos especiais como o de Israel, en que homes e mulleres reciben adestramento militar periodicamente.

Facendo o servizo militar en España, 1945

En España o servizo militar obrigatorio (exclusivo para os homes) aboliuse en 2001. Daquela duraba nove meses pero unha gran parte dos xoves escollían realizar unha "prestación social substitutoria".

En España tivo lugar unha loita contra a realización do servizo militar baixo a forma de obxección de conciencia ou de insubmisión, dende os últimos tempos da ditadura ata que foi suprimido, pasando polo recoñecemento da obxeción de conciencia en 1984.[1]

  1. "La insumisión en Extremadura". www.elsaltodiario.com (en local). Consultado o 2019-03-03. 
 
  • Verde: Sen forzas armadas
  • Azul: Sen servizo militar obrigatorio
  • Laranxa: Plans para eliminalo nos próximos anos
  • Vermello: Servizo militar obrigatorio
  • Gris: Sen información
  • Véxase tamén

    editar

    Outros artigos

    editar