Estonia (Gl-Estonia.ogg pronunciación ) (en estonianoEesti[ˈeːsti] (AFI)), oficialmente República de Estonia (Gl-República de Estonia.ogg pronunciación ) (en estonianoEesti Vabariik[ˈeːsti ˈʋɑbɑriːk] (AFI)), é un dos tres países bálticos. O país atópase na Europa do norte e está constituído por unha porción continental e un grande arquipélago de illas no mar Báltico. Estonia limita polo norte co golfo de Finlandia que o separa da veciña Finlandia. Polo leste o país fai fronteira con Rusia, ao sur con Letonia e ao oeste co mar Báltico, que o separa de Suecia. Estonia ten unha poboación de pouco máis dun millón trescentos mil habitantes, distribuídos ao longo de 45 mil quilómetros cadrados. O país é membro da Unión Europea dende o 1 de maio do ano 2004, da OTAN dende o 29 de marzo do 2004 e da Eurozona dende o 1 de xaneiro de 2011.

Os estonianos son un pobo fínico etnicamente vencellado aos finlandeses e aos saamis. O país ten ademais vencellos culturais e históricas cos países nórdicos, particularmente con Finlandia, a Suecia e Dinamarca.

A lingua estoniana forma parte das linguas ugrofinesas grupo que comparte co finés e o húngaro, aínda que difire moito deste. Xunto co finés, o húngaro e o maltés, o estoniano forma o grupo de linguas oficiais da Unión Europea que non teñen orixe indoeuropea.

Durante séculos os estonianos viviron baixo o dominio doutros pobos que ocuparon a súa terra. A noción de país chegou bastante tarde para os estonianos, apenas na metade do século XIX, cun forte crecemento cultural unido ao crecemento da poboación urbana, e á industrialización do país, que favoreceu a unión dos estonianos e ao movemento nacionalista, resultando nun Estado independente, establecido en 1917.

Artigo destacado

editar

A República Socialista Soviética de Estonia ( en estoniano: Eesti Nõukogude Sotsialistlik Vabariik; en ruso: Эстонская Советская Социалистическая Республика, transl. Estonskaya Sovetskaya Sotsalisticheskaya Respublika), tamén coñecida como a RSS de Estonia, foi unha das repúblicas que compoñían a antiga Unión Soviética. Refírese a un estado monicreque soviético de curta vida proclamado o 21 de xullo de 1940 logo da invasión e ocupación da República de Estonia pola URSS, e en consecuencia á república constituínte da URSS que a sucedeu logo da súa anexión entre 1940 e 1941, e entre 1944 e 1991. O territorio de Estonia estivo ocupado polos nazis entre 1941 e 1944 (vexa Ocupación de Estonia pola Alemaña Nazi).
Cidade destacada

editar

Talín ou Tallin (estoniano: Tallinn [ˈtɑlʲˑinˑ], antigamente Reval) é a capital da República de Estonia e do condado de Harju. Ocupa unha superficie de 159,2 km² e conta cunha poboación de 446.055 habitantes, o que a convirte na cidade máis poboada de Estonia. É ademais o principal porto do país. Está situada na costa norte do país, a beira do golfo de Finlandia, a 80 km ao sur de Helsinqui.

Talín é o centro político e económico do Estado. A cidade acolle a sede do Riigikogu (Parlamento de Estonia), o palacio presidencial e os ministerios. Ademais, nela encóntranse radicadas a bolsa e as principais empresas do país.

A cidade xurdiu como un porto comercial na ruta marítima que unía Europa Occidental con Rusia e coñeceu o seu máximo apoxeo como cidade hanseática en plena Idade Media. Logo da independencia de Estonia en 1991 Talín volveu rexurdir, esta vez por medio do turismo e a aposta firme polas novas tecnoloxías.


Divisións administrativas
Categorías
Biografía destacada
Imaxe destacada
Sabías que...?
Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (0)

Artigos bos (0)

Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons