Suíza (en alemán: Die Schweiz, en francés: Suisse, en italiano: Svizzera, en romanche: Svizra) é un estado federal da Europa central, sen saída cara ao mar, mais con conexións a través do río Rin. Ten fronteiras ao norte con Alemaña, ao leste con Austria e Liechtenstein, ao sur con Italia e ao oeste con Francia. É tamén coñecida como a Confederación Suíza ou de xeito oficial, aínda que menos usual, Confoederatio Helvetica (en latín para Confederación Helvética).

A nación ten unha forte tradición de neutralidade política e militar, razón pola cal é a sede de numerosas organizacións internacionais, incluíndo a Cruz Vermella, a Organización Mundial do Comercio ou unha das oficinas das Nacións Unidas. Non forma parte da Unión Europea, mais si forma parte do Acordo de Schengen.

É segundo as propias autoridades suízas unha nación multiétnica, multilingüística e multicultural, froito dunha vontade política, onde conviven catro linguas nacionais: o alemán, o francés, o italiano e o romanche. O estado réxese por unha estrutura confederal dende 1848, que consiste en vinte e seis estados chamados cantóns. A súa capital é Berna.

O seu nome deriva dun dos cantóns fundadores da federación, Schwyz (en alemán estándar: Schweiz, ao parecer variante da tribo dos suevos), en canto ao nome de Confederación Helvética deriva da antiga tribo celta dos helvecios que habitaron a metade oeste e parte do centro deste país durante a antigüidade. Suíza é, dende finais do século XIX, un dos estados máis ricos e desenvolvidos do mundo.

Artigo destacado

editar

O castelo de Chillon atópase a beiras do lago Léman, na comuna de Veytaux, en Suíza. é unha importante atracción turística.

Ten forma oblonga, cunhas dimensións de 110 m de longo por 50 de ancho e unha altura máxima de 25 m.

Foi unha importante edificación defensiva xa desde a Idade de Bronce, que despois foi fortificada polos romanos. O castelo de Chillon foi ocupado sucesivamente pola casa de Savoia e máis tarde polos berneses desde 1536 até 1798.

A zona máis antiga do edificio é de estilo gótico, construído no século XIII, as súas salas serviron de inspiración ao poeta inglés Lord Byron. Está catalogado como monumento histórico de Suíza.

Cidade destacada

editar

A cidade de Berna (en alemán e oficialmente: Bern) é o Bundesstadt (cidade federal, de facto capital) de Suíza. Con 123.466 habitantes (344.000 na súa aglomeración e 660.000 na súa área metropolitana) é a quinta cidade máis poboada da Confederación (despois de Zürich, Xenebra, Basilea e Lausana).

O idioma oficial da cidade é o alemán, e o dialecto local alemán é o alemán bernés, falado pola maioría dos habitantes. Debido á presenza dunha gran parte da administración federal, varias embaixadas e un bo número de inmigrantes, os outros idiomas nacionais e moitos outros poden ser escoitados con facilidade polas rúas.

Ademais Berna tamén é a capital do cantón de Berna, o segundo máis poboado dos cantóns de Suíza. Cómpre destacar como curiosidade que o físico de orixe alemá Albert Einstein elaborou a súa teoría da relatividade mentres traballaba nunha oficina de patentes da cidade.

Divisións administrativas
Categorías
Biografía destacada

editar

Jean-Jacques Rousseau, nado en Xenebra (Suíza) o 28 de xuño de 1712 e finado en Ermenonville o 2 de xullo de 1778, foi un filósofo suízo, escritor, teórico político e un compositor autodidacta. Unha das figuras sobranceiras do Iluminismo francés, Rousseau é tamén un precursor do romanticismo. Rousseau contase entre os autores que mitificaron un pasado fraternal e feliz de todos os Homes, fronte a un presente desordenado e desigual do século XVIII. Voltaire criticou a Rousseau afirmando que: "ninguén colocou algunha vez tanto enxeño en nos querer converter en animais" do que el. Ler a Rousseau fai nacer "o desexo de camiñar a catro patas".

Rousseau asóciase frecuentemente ás ideas anticapitalistas e considerase un antecesor de socialismo e comunismo. Foi un dos primeiros autores modernos en atacar a propiedade privada. Victor Klemperer, ao estudar o Iluminismo francés en xeral e Rousseau en particular, viu en Adolf Hitler a concretización suprema dos ideais defendidos polo filósofo do século XVIII. Rousseau cuestionou a afirmación de que a maioría está sempre no certo e argumentou que o obxectivo do goberno debería ser asegurar a liberdade, igualdade e xustiza para todos, independentemente da vontade da maioría.

Imaxe destacada

editar

O Kapellbrücke sobre o río Reuss.
Vexa o artigo Lucerna.


Sabías que...?

editar

Pico Dufour.


Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (0)

Artigos bos (0)

Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons