1989
ano do calendario
1989 (MCMLXXXIX) foi un ano común comezado en domingo segundo o calendario gregoriano. No horóscopo chinés foi o Ano da Serpe.
1989 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1989 MCMLXXXIX | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2742 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1438 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4685 – 4686 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5749 – 5750 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 2044 – 2045 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1911 – 1912 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5090 – 5091 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1367 – 1368 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1410 – 1411 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2239 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
editar- 1 de xaneiro - Entra en vigor o Protocolo de Montreal, ratificado por 29 países e a CE, para protexer a capa de ozono.
- 1 de xaneiro - Israel deporta 15 palestinos dos territorios ocupados cara ao sur do Líbano acusados de participar na revolta palestina.
- 20 de xaneiro - Toma de posesión de George Herbert Walker Bush como 41º presidente dos Estados Unidos.
- 4 de xuño - República Popular da China, masacre na praza de Tiananmen, en Pequín.
- 9 de novembro - A República Democrática Alemá (RDA) decide a apertura das súas fronteiras a Occidente. Cae o muro de Berlín.
- 25 de novembro - Estréase o filme Sempre Xonxa, fito da cinematografía en galego.
- 17 de decembro - Nas eleccións autonómicas, o Partido Popular de Galicia consegue a maioría absoluta, e o seu candidato Manuel Fraga Iribarne convértese en presidente da Xunta de Galicia, cargo que desempeñaría durante 16 anos.
Nacementos
editar- 3 de xaneiro - Alex D. Linz, actor estadounidense.
- 4 de xaneiro - Julius Yego, deportista olímpico kenyano.
- 12 de decembro - Lara Rodríguez Peña, filóloga e política galega.
- 13 de decembro - Taylor Swift, cantante e actriz estadounidense.
- 14 de decembro - Andrea Porto Mato, poeta galega.
- 22 de decembro - Jordin Sparks, cantante estadounidense.
Mortes
editar- 7 de xaneiro - Hirohito, emperador do Xapón.
- 23 de xaneiro - Salvador Dalí, pintor español (n.1904)
- 12 de febreiro - Thomas Bernhard, escritor austríaco.
- 27 de febreiro - Konrad Lorenz, naturalista austríaco.
- 9 de marzo - Robert Mapplethorpe, fotógrafo estadounidense.
- 15 de marzo - George Bancroft Abbe, poeta e novelista estadounidense.
- 25 de marzo - Francisco Pillado Rivadulla, xornalista galego (n. 1918).
- 22 de abril - Emilio Gino Segrè, físico italiano, Premio Nobel de Física (n. 1905).
- 26 de abril - Lucille Ball, actriz estadounidense (n.1911).
- 30 de abril - Bangja, foi unha princesa xaponesa, casada co xefe da casa real de Corea, Lee Eun.(n. 1901)
- 20 de maio - John Richard Hicks, economista británico, Premio Nobel de Economía.
- 3 de xuño - Aiatolá Khomeini, líder espiritual do Irán (n.1900).
- 27 de xuño - Alfred Jules Ayer, filósofo británico.
- 16 de xullo - Herbert von Karajan, director de orquestra austríaco.
- 16 de xullo - Nicolás Guillén, poeta cubano.
- 19 de xullo - Xaquín Lorenzo, etnógrafo (n. 1907).
- 4 de setembro - Georges Simenon, escritor belga.
- 8 de setembro - Manuel Iglesias Corral, avogado e político galego.
- 12 de setembro - Ramón Martínez López, filólogo e político galego.
- 28 de setembro - Ferdinand Marcos, ditador filipino (n. 1917).
- 6 de outubro - Bette Davis, actriz estadounidense (n. 1908).
- 31 de outubro - Enriqueta Otero, mestra e guerrilleira antifranquista galega.
- 20 de novembro - Leonardo Sciascia, escritor italiano.
- 25 de novembro - Birago Diop, escritor senegalés (n. 1906).
- 27 de novembro - Carlos Arias Navarro, político español, presidente do Goberno de España.
- 9 de decembro - Dolores Ibárruri «la Pasionaria», dirixente do Partido Comunista de España.
- 12 de decembro - Miguel González Garcés, poeta galego.
- 14 de decembro - Andrei Sakharov, físico e activista político soviético, Premio Nobel da Paz (recusou) (n.1921).
- 22 de decembro - Samuel Beckett, escritor irlandés, premio Nobel de Literatura en 1969 (n. 1906).
- 22 de decembro - Andrés do Barro, músico galego (n. 1947).
- 25 de decembro - Nicolae Ceauşescu, líder da Romanía comunista (n.1918).
- 28 de decembro - María Araujo Martínez, sindicalista, guerrilleira e política galega (n. 1904).
Día das Letras Galegas dedicado a:
editarOutros
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1989 |