San Francisco

cidade de California, Estados Unidos

San Francisco é ao mesmo tempo unha cidade e un condado dos Estados Unidos de América, localizada no estado de California, famosa pola súa vida cultural e por ser centro do movemento polos dereitos dos homosexuais. É unha cidade global beta, a cuarta maior cidade do estado de California, posuíndo máis de 733 mil habitantes, e unha das maiores cidades da costa do pacífico dos Estados Unidos. Constitúe, con San José e Oakland, unha área metropolitana con preto de 7,2 millóns de habitantes.

Modelo:Xeografía políticaSan Francisco
Imaxe

Lema«Oro en paz. Fierro en guerra.»
«Gold in Peace, Iron in War» Editar o valor en Wikidata
AlcumeFrisco Editar o valor en Wikidata
EpónimoFrancisco de Asís Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 37°46′39″N 122°24′59″O / 37.7775, -122.4164
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoCalifornia
CondadoSan Francisco County (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación873.965 (2020) Editar o valor en Wikidata (1.455,17 hab./km²)
Número de fogares362.141 (2020) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua inglesa
lingua castelá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaÁrea da baía de São Francisco (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata (Poboación:7.765.640) Editar o valor en Wikidata
Parte de
Superficie600,592202 km² Editar o valor en Wikidata
Auga79,7866 % (1 de abril de 2010) Editar o valor en Wikidata
Bañado porBaía de São Francisco (pt) Traducir, Océano Pacífico e Golden Gate (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude30 m-15,8 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Sausalito (pt) Traducir
Brisbane (pt) Traducir
Alameda (pt) Traducir
Richmond (pt) Traducir
Daly City (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
FundadorJosé Joaquín Moraga (pt) Traducir e Francisco Palóu (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creación29 de xuño de 1776 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
18 de abril de 1906Sismo de São Francisco de 1906 (pt) Traducir
17 de outubro de 1989Sismo de Loma Prieta de 1989 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataLondon Breed (pt) Traducir (2018–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoCâmara de Supervisores de São Francisco (pt) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal94110, 94103, 94133, 94107, 94109, 94108, 94105 e 94116 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico415 e 628 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio websf.gov Editar o valor en Wikidata
Facebook: SF Twitter: sfgov BNE: XX451385 Editar o valor en Wikidata

San Francisco fundouse como un presidio español en 1776 co nome de Yerba Buena. Pertenceu a México ata 1846, cando foi ocupado pola mariña dos Estados Unidos, sendo entón bautizada co seu actual nome, San Francisco. Grazas á carreira do ouro no estado de California, en 1848, San Francisco comezou a crecer axiña.

A cidade localízase nunha rexión vulnerábel a terremotos. Grandes movementos sísmicos ocorreron ao longo da historia da cidade, sendo o máis coñecido e destrutivo o ocorrido en 1906. Con todo San Francisco reconstruíuse axiña dese desastre. A fénix deseñada na bandeira da cidade representa o renacemento da cidade da destrución causada por este terremoto.

San Francisco posúe varias atraccións turísticas mundialmente coñecidas, como a Ponte Golden Gate e a antiga prisión de Alcatraz.

Historia

editar

Colonización española

editar

Nativos costanoanos vivían no que é hoxe San Francisco moito tempo antes da chegada dos primeiros europeos. A néboa, aspecto climático común da rexión, fixo que o estreito que conecta a Baía de San Francisco co océano Pacífico, o Estreito de Golden Gate, non fose achado polos primeiros exploradores europeos na rexión. En 1542, o portugués Juan Rodriguez Cabrillo, explorando en nome da corte española, navegou próximo á rexión, mais non avistou a entrada para a baía. En 1595, o portugués Sebastián Rodríguez Cermeño, tamén explorando en nome da corte española, explorou a Baía de Drake, localizada 100 km ao norte do estreito de Golden Gate. Cermeño nomeou a rexión como Puerto de San Francisco. Foi só en 1769 que un grupo de exploradores españois, liderados por Gaspar de Portolá, explorando California desde terra, avistaron pola primeira vez o interior da baía de San Francisco.

Os españois mapearon completamente a baía ó redor de 1775. Unha expedición española, liderada polo capitán Juan Bautista de Anza, delimitou en 28 de marzo de 1776 os terreos para a construción dun presidio (o Presidio de San Francisco). No mesmo ano, misioneiros españois fundaron unha igrexa, non moi lonxe da área delimitada para a construción do presidio. Esta igrexa nomeouse Misión de San Francisco de Asis.

En 17 de setembro do mesmo ano inaugurouse o presidio. A rexión comezou a desenvolverse como unha pequena vila misioneira española. Alí, soldados e misioneiros españois someteron aos costanoanos á cristianización forzada, ríxida disciplina e traballo forzado. Estes nativos quedaron expostos a un número de doenzas ata entón descoñecidas entre eles (varíola, por exemplo) e moitos deles terminaron por morrer. Estes factores fixeron que declinase a poboación costanoana. Asentadores españois que viñeron xunto con Bautista de Anza estabelecéronse nunha rexión próxima á Mision San Francisco de Asis, nunha vila chamada Pueblo de San Francisco (Vila de San Francisco).

Control mexicano

editar

En 1821, México tornouse independente, e a cidade pasou ao dominio mexicano. O goberno mexicano estimulou a cría de gado na enorme California, atraendo así americanos e colonos ingleses instalados no Canadá, que precisaban de materia prima para a industria de calzados norteamericana, entón en franco crecemento. En 1822, un baleeiro inglés, William Richardson, instalouse na península de San Francisco, onde actualmente fica a maior parte da cidade. Un porto instalouse no norte da península, e unha vila chamada Yerba Buena desenvolveuse próxima ao porto.

A Guerra Mexicano-Americana, que comezou en 9 de maio de 1846, entre o México e os Estados Unidos, causou a anexión da parte superior da rexión mexicana de California (que despois se convertería no actual Estado americano de California). O 9 de xullo, as forzas navais norteamericanas capturaron a cidade de Yerba Buena, e trocáronlle o nome a San Francisco en 1847. A vila misioneira e o presidio foron destruídas, e a Illa de Yerba Buena pasou a formar parte da municipalidade de San Francisco algúns anos despois.

1850-1900

editar
 
San Francisco en 1860.

En 1848, foi descuberto ouro no Estado, nunha zona próxima á onde actualmente está a capital estatal de Sacramento, e a carreira de ouro da California causou un gran crecemento de poboación da cidade, con numerosos inmigrantes que pasaron a instalarse en San Francisco, especialmente chineses. O porto da cidade recibiu millares de embarcacións vidas de todas as partes do país, e San Francisco pronto tornouse no principal centro de subministracións para os mineiros. En apenas dous anos, entre xaneiro de 1848 e decembro de 1849, a poboación de San Francisco pasou de menos de mil habitantes a 25 mil habitantes. Daquela, era a cidade máis populosa dos Estados Unidos ao oeste do Río Mississippi.

As persoas que tiveron éxito na busca do ouro fixeron da San Francisco unha cidade rica. Construíronse mansións e crecía o comercio, mais isto causou tamén un gran crecemento da taxa de criminalidade. En 1851, un grupo de cidadáns da cidade fundaron un grupo de vixilancia, a San Francisco Vixilance Comitee (Comité de Vixilia de San Francisco), para manter a orde, tomando a lei nas súas propias mans, exiliando persoas consideradas criminais, executando algunhas delas e forzando a un número de oficiais da cidade a renunciaren.

En 1855, un barco traendo inmigrantes dunha rexión do Extremo Oriente, onde había unha epidemia de cólera, causou unha grande epidemia desta doenza en San Francisco. Algúns agravantes foron o pésimo sistema de saneamento público (auga potábel e sumidoiros) e a falta de centros hospitalarios.

En 1869, a finalización da construción dunha ferrovía transnacional conectou San Francisco co leste norteamericano. En 1873, Andrew Hilde, un fabricante de cables de aceiro, inventou o tranvía de tracción, un tipo especial de tranvía que, traccionado por cables instalados no chan, crearon condicións seguras para a circulación de tranvías no terreo accidentado e montañoso da cidade. No cambio do século, San Francisco tiña unha poboación de aproximadamente 345 mil habitantes.

1900-1950

editar
 
San Francisco foi duramente atinxida por un terremoto en 1906.

En 1900, un barco que traía inmigrantes da China tamén trouxo ratas infestados con axentes causantes da peste bubónica. Acreditando que os corpos enterrados axudaban a propagar a doenza, e posibelmente tamén interesados en aumentar o valor das terras da cidade, o municipio prohibiu o uso de calquera cemiterio localizados dentro dos límites municipais da cidade.

O 18 de abril de 1906, ás 5:13 horas da mañá do horario local, San Francisco viuse abatida por un terremoto, un dos peores eventos naturais padecidos por unha cidade nos Estados Unidos. O terremoto, que atinxiu 8,25 graos na escala Richter, destruíu edificios espallados ao longo da cidade. Peor foron os incendios que seguiron ao terremoto, provocados por lámpadas de queroseno rebentadas, explosións de tubos de gas e a caída de fíos de electricidade. Os bombeiros nada puideron facer, unha vez que o sistema de distribución de auga na cidade fora destruído nos tremores. Nunha medida desesperada, comezaron a demoler predios e edificios, nunha tentativa de conter o lume, pero este durou preto de 3 días, e cando todo terminara, 478 persoas morreran, segundo as estimacións oficiais, aínda que a maior parte dos historiadores de San Francisco concordan que o número será moito máis alto, cun mínimo de 3 mil mortos. 28 mil estruturas, entre casas e edificios, en ruínas, e preto de 250 mil persoas ficaron desabrigadas. Unha posíbel razón para que as autoridades declarasen un número tan baixo foi por razóns políticas, pois a reputación da cidade como un centro comercial sufriría moito máis no caso que se declarase o número real de mortos.

 
San Francisco en 1945.

Os habitantes de San Francisco, porén, axiña reconstruíran a cidade. En 1915, San Francisco foi sede da Exposición Internacional do Panamá e do Pacífico, para homenaxear a apertura do Canal de Panamá, que acontecera un ano antes, en 1914. San Francisco era entón o principal centro portuario do oeste norteamericano, e o Canal do Panamá permitía a navíos con destino (ou regreso) do atlántico norteamericano unha ruta sensibelmente menor. Porén, as cidades californianas dos Ánxeles e Oakland expandiron as súas facilidades portuarias no comezo do século XX, e o Canal viría privilexiar fundamentalmente estas dúas cidades. Logo, San Francisco perdería moita da súa importancia como centro portuario. Mesmo así, a poboación da cidade continuou a crecer, e en 1930, a cidade tiña 642 mil habitantes dentro dos seus límites municipais.

A ponte San Francisco-Oakland Bay inaugurouse en 1936 e, un ano despois, a ponte Golden Gate foi aberta.

Na segunda guerra mundial, San Francisco tornouse un dos maiores fabricantes de navíos de guerra do mundo, atraendo así a millares de persoas, principalmente afroamericanos, á cidade. No final da guerra, San Francisco alcanzara 828 mil habitantes. Un factor secundario neste gran crecemento da poboación foi a colocación de millares de soldados para a defensa da cidade, no caso dun posíbel ataque xaponés na rexión. Porén, a maior parte dos habitantes de orixe xaponesa que moraban en San Francisco foron obrigados a se mudar a campos de concentración, no interior do estado ou en Nevada. Todos perderon as súas propiedades e pertenzas persoais, e moitos deles decidiron non volver á cidade.

Despois da guerra, en 1945, representantes de 50 nacións diferentes reuníronse na cidade para fundar oficialmente a Organización das Nacións Unidas.

1950 - actualidade

editar
 
O edificio Transamérica, un rañaceos planeado para resistir a fortes abalos sísmicos.

En 1951, o Tratado de San Francisco, adoptado polos Estados Unidos e polo Xapón, estabelecía relacións de paz entre ambos os países. Ao comezo da década de 1950, o Departamento de Transportes da California (ou simplemente Caltrans) comezou un programa agresivo de construción de vías de alta velocidade na rexión metropolitana de San Francisco. Porén, este programa atopou moita resistencia da poboación da cidade. Un dos principais problemas foi a alta densidade de poboación de San Francisco, pois a construción de grandes vías públicas na cidade significaría o desprazamento forzado de moitos dos habitantes da cidade a outros lugares. A Caltrans tentou minimizar estes problemas a través da construción de vías expresas de dous pisos, mais demostraron ser perigosas no caso dun movemento sísmico, alén de seren pouco estéticas. En 1959, o Consello municipal da cidade votou contra a construción de calquera vía expresa dentro dos límites municipais. En 1989, un terremoto destruíu dúas das vías expresas xa existentes da cidade, e os habitantes de San Francisco optaron por non reconstruílas. Actualmente, o lugar onde ficaban as vías expresas está ocupado por casas ou parques.

Un programa extensivo de renovación urbana sería realizado na cidade ao longo da década de 1950, administrado por Justin Herman. Esta campaña pretendía a inmediata renovación de áreas decadentes da cidade. O plano director de Herman ía pola demolición de enormes bloques da cidade, onde serían construídos edificios modernos.

San Francisco tornouse o centro da contracultura, ao longo da década de 1950 e da década de 1960, o centro da cultura hippie. O final dos anos 60 trouxo tamén unha nova onda de homosexuais á cidade. Actualmente, San Francisco posúe máis homosexuais que calquera outra cidade norteamericana.

 
A Prisión de Alcatraz, pechada en 1963, é actualmente unha das principais atraccións turísticas da cidade.

En 1972, o Edificio Transamérica foi construído no centro da cidade, deseñado para resistir a fortes movementos sísmicos. Moitos outros rañaceos foron construídos na cidade ao longo da década de 1970 e do comezo da década de 1980, o que causou unha discusión na cidade: boa parte da poboación estaba en contra da construción de rañaceos, achando que os grandes edificios arruinaban vistas e destruían o carácter único de San Francisco. Outras persoas estaban a favor, dicindo que a construción de rañaceos crea empregos e fortalece a economía da cidade. Un novo plano director, apoiado pola lei municipal Downtown Plan, limitou a altura máxima dos edificios construídos na maior parte da cidade, e incentivaba a creación de parques e outros espazos abertos. Tal tipo de plano director tornouse común en moitas das cidades globais do mundo. Actualmente, os altos rañaceos permítense só nunha pequena área ao sur da cidade.

O 17 de outubro de 1989, un terremoto, alcanzando 7,1 graos na escala Richter, atinxiu novamente a cidade. Alén de causar danos extensivos a dúas das vías expresas da cidade (que non foron reconstruídas), o terremoto causou a morte de 12 persoas na cidade, destruíu 60 edificios e causou danos na orde dos 3.000 millóns de dólares. Porén, moitas das estruturas da cidade continuaron intactas. A principal razón é que moitas delas deseñáronse e construíronse especialmente para resistir os movementos sísmicos.

A economía da cidade prosperou durante a década de 1990, grazas ao Punto-com. Numerosos profesionais de informática mudáronse á cidade, seguidos por comerciantes e vendedores profesionais. Barrios anteriormente decadentes revitalizáronse. Os prezos cada vez máis altos de alugamento, porén, forzaron a moitos dos habitantes máis pobres da cidade a saír de San Francisco, así como o peche de varios pequenos estabelecementos comerciais e industriais. En 2001, o crecemento económico traído polo Punto-com acabou, e moitos dos habitantes de San Francisco deixaron a cidade.

En febreiro de 2004, San Francisco tornouse a primeira cidade a autorizar legalmente o matrimoniohomosexual nos Estados Unidos, por unha orde do prefecto Gavin Newsom. Porén, a Corte Suprema da California invalidaría posteriormente esta autorización.

En 2004, unha lei municipal prohibiu o consumo de tabaco en calquera espazo público. Entrou en vixencia o 1 de xullo de 2005.

Xeografía

editar
 
Vista de satélite de San Francisco.

Localización xeográfica

editar

San Francisco localízase na rexión norte do Estado de California, na beira do océano Pacífico e da Baía de San Francisco. Está cercado por auga por tres lados e só a rexión sur está conectada co continente, o que torna o lugar onde a cidade está localizada unha península, a península de San Francisco. A cidade de San Francisco posúe aproximadamente 13 km de lonxitude e 12 km de ancho.

Atópase próximo á Falla de Santo André, unha fonte de actividade sísmica en California. A cidade foi atinxida por fortes terremotos en 1851, 1858, 1865, 1868, 1906, 1957 e 1989, sendo os terremotos de 1906 e de 1989 os máis serios. A ameaza dun movemento sísmico semellante ao do terremoto de 1906 afecta directamente o desenvolvemento da cidade: calquera estrutura como rañaceos precisan ser construídas seguindo certos criterios, e moito diñeiro é gastado para que as estruturas máis antigas sigan estes criterios. O terreo onde está localizado San Francisco é un tanto accidentado. Actualmente, a cidade é famosa polas súas costas e outeiros.

A cidade posúe unha área total de 600,7 km², do cal 120,9 km² é terra firme e 479,7 km² (79%) é auga. Dentro dos límites municipais de San Francisco están moitas illas, como as Illas Farallon, Illa de Yerba Buena e a famosa Illa de Alcatraz, onde ficaba localizada a prisión de mesmo nome, actualmente unha das principais atraccións turísticas da cidade.

Rexión metropolitana

editar

San Francisco é un dos dous núcleos da rexión metropolitana de San Francisco-San José, sendo o outro núcleo San José. A poboación da rexión metropolitana é de 7.533.384 habitantes, dos cales apenas 11% están localizados en San Francisco. Actualmente, a maior cidade da rexión metropolitana é San José, cos seus 930.000 habitantes, mais San Francisco aínda se considera o principal centro económico e cultural. A área total da rexión metropolitana é de 20.616 km².

Cercado en tres lados por auga, o clima de San Francisco está moi influenciado polas correntes frías do océano Pacífico. O tempo da cidade é agradable o ano enteiro, caracterizado por un clima temperado mediterráneo, con veráns relativamente fríos e invernos relativamente quentes. A temperatura media no inverno é de 10 °C, caendo raramente por debaixo de cero, e a temperatura media no verán é de 15 °C. A precipitación anual media na cidade é de 56 cm, que cae na maior parte do ano na forma de choiva; e raramente, en forma de neve semiderretida. Moi eventualmente, neva na cidade. Chove moito pouco no verán, mais os invernos son xeralmente moi chuviosos.

A combinación da calor do solo californiano e do frío do océano Pacífico causan constantemente néboa e neboeiras nos veráns de San Francisco. Isto fai que os veráns da cidade sexan significativamente máis fríos que no interior do estado. En setembro, porén, a ocorrencia de néboa e neboeiras na cidade é máis rara, e fai do mes o máis quente do ano.

Administración

editar

San Francisco é ao mesmo tempo unha cidade e un condado da California, e é o único dos 58 condados do estado que posúe esta distinción. A cidade gobérnase por un prefecto, que administra o sistema executivo da cidade, e por un Consello municipal (Board of Supervisors), que consta de 11 membros, cada un elixido pola poboación de cada un dos 11 distritos electorais da cidade. O prefecto e o Consello Municipal forman xuntos o sistema lexislativo da cidade. Tanto o prefecto como os membros do Consello son elixidos pola poboación por mandatos de 4 anos de duración. Preto do 70% do orzamento da cidade provén de impostos municipais, O resto vén de partidas fornecidas polo goberno do estado de California. Estímase o orzamento fiscal da cidade, entre xuño de 2005 e xuño de 2006, en torno de 2.440 millóns de dólares.

Demografía

editar
 
O Japanese Tea Garden, un xardín botánico.

Segundo o censo nacional de 2000, a poboación da cidade é de 776.733 persoas, 329.700 residencias ocupadas e 145.068 familias. A densidade de poboación da cidade é de 6.423,2/km²: San Francisco é a segunda cidade máis densa do país. O 49,66% dos habitantes da cidade son brancos, o 7,79% son afroamericanos, o 30,84% asiáticos, o 0,45% nativos americanos, o 0,49% son nativos indíxenas de illas do océano Pacífico, o 6,48% son doutras razas, e o 4,28% son descendentes de dúas ou máis razas. O 14,10% da poboación da cidade é hispánica, de calquera raza. Os maiores grupos étnicos da cidade son chineses (que compoñen o 19,6% da poboación da cidade), irlandeses (8,8%), alemáns (7,7%) e ingleses (6,1%).

O 14,5% da poboación da cidade posúe menos de 18 anos, o 9,1% posúe entre 18 a 24 anos, o 40,5% posúe entre 25 a 44 anos, o 23,3% posúe entre 45 a 64 anos, e o 13,7% da poboación da cidade posúe máis de 65 anos. Por cada 100 persoas do sexo feminino existen 103,4 persoas do sexo masculino. Para cada 100 persoas do sexo feminino maiores de idade existen 103,1 persoas do sexo masculino maiores de idade.

A renda media anual familiar da cidade é de 63.545 dólares. Os homes posúen unha renda media anual de 46.260 dólares, e as mulleres 40.049 dólares. A renda per cápita da cidade é de 34.556 dólares. O 1,3% da poboación e o 7,8% das familias da cidade viven por baixo da liña de pobreza. O 13,5% dos menores de idade e o 10,5% dos anciáns da cidade están vivindo por baixo da liña de pobreza.

Economía

editar
 
O centro financeiro de San Francisco.

San Francisco é un dos principais centros financeiros dos Estados Unidos. A cidade posúe unha bolsa de valores de importancia rexional. Moitas empresas comerciais e financeiras posúen os seus cuarteis-xenerais en San Francisco. O turismo desempeña un papel fundamental na cidade. A cidade atrae millóns de turistas todo ano, interesadas nos seus parques, as súas varias atraccións turísticas e polo seu clima, ameno o ano enteiro. A cidade tamén é un polo turístico moi cotado entre turistas homosexuais, que son atraídos polo ar de cordialidade da poboación da cidade aos homosexuais.

A rexión metropolitana de San Francisco-San José é a capitán nacional da industria de alta tecnoloxía. Ao sur de San José atópase o Silicon Valley, así chamada porque na rexión están localizadas numerosas empresas e fábricas produtoras de chips de computadores, da cal o silicio é unha materia prima indispensábel. A cidade de San Francisco propiamente dita tamén posúe moitas fábricas de alta tecnoloxía, que fabrican pezas de computadores e softwares. San Francisco tamén é un centro financeiro importante, sendo a capital financeira do norte da California. Outras industrias importantes na cidade son a industria téxtil, alimenticia, e derivados de metais.

Educación

editar

O sistema de escolas públicas de San Francisco adminístrase pola San Francisco Board of Education (Consello de Educación de San Francisco). O Consello está composto por 7 membros, que son elixido pola poboación da cidade para mandatos de 4 anos de duración. Esta organización municipal administra o San Francisco Unified School District (Distrito Unificado de Escolas de San Francisco), que posúe preto de 120 escolas públicas, e que atenden a aproximadamente 60 mil estudantes por ano. San Francisco administra un sistema de bibliotecas públicas, composto por 25 bibliotecas espalladas pola cidade.

San Francisco é un gran polo educativo. A maior universidade da cidade é a Universidade Estatal de San Francisco. Outras nove institucións de educación superior están localizadas na cidade.

Transportes

editar

Transporte público

editar
 
Tranvía a tracción.

San Francisco posúe un dos mellores e máis extensivos sistemas de transporte público da costa oeste dos Estados Unidos. A San Francisco Municipal Railway é o órgano municipal responsábel por administrar as mallas de tranvías, tranvías a tracción (que son un dos principais atractivos turísticos da cidade) e de ómnibus. Os tranvías de tracción son máis unha atracción turística da cidade que un medio de transporte eficiente, e non se integran co resto do sistema.

A Bay Area Rapid Transit (BART) opera unha liña de metro que conecta San Francisco con outras cidades veciñas. A BART non se integra coa San Francisco Municipal Railway, e os pasaxeiros que usan un sistema e queren transferirse ao outro, precisan pagar unha taxa extra.

Vías públicas

editar
 
A Ponte Golden Gate.

San Francisco é unha das poucas cidades dos Estados Unidos que optaron por un sistema de avenidas arteriais, no canto dun gran sistema de vías expresas. Poucas vías expresas existen na cidade actualmente.

San Francisco conéctase coa cidade de Oakland, ao norte, a través da ponte de Oakland-San Francisco. Inaugurouse en 1936. De xeito semellante, a cidade conectase co Condado de Marlin, localizado a nordeste, soamente a través da ponte Golden Gate. Esta inaugurouse en 1937.

Aeroportos

editar

O Aeroporto Internacional de San Francisco atópase a 12,9 km ao sur da cidade, no Condado de San Mateo. É un dos dous grandes centros aeroportuarios da California, sendo o outro o Aeroporto Internacional de Los Angeles, localizado nos Ánxeles. O de San Francisco é un dos principais hubs da United Airlines. Durante o final da década de 1990, chegou a ser o sexto aeroporto comercial con máis movemento do mundo, mais coa depresión económica dos anos 2000 e 2001, saeu fóra da lista dos 10 con máis movemento en 2003. A BART conecta o aeroporto coa cidade, así como unha autoestrada.

 
Vista da Lombart Street, unha rúa que corre en zigzag por un outeiro, e un punto de interese da cidade.

Outros aeroportos primarios na rexión inclúen o Aeroporto Internacional de Oakland, localizado a 32,2 km de San Francisco, e o Aeroporto Internacional de San José, localizado a 70,8 km ao sur de San Francisco.

O Porto de San Francisco xa foi o maior porto, e con máis movementos, da costa do Pacífico dos Estados Unidos. Porén, o desenvolvemento dos contedores e a construción de portos máis modernos e maiores en Los Angeles e Oakland, nas décadas de 1900 e 1910, fixeron o porto de San Francisco obsoleto. Actualmente, é pouco usado para o movemento de mercancías (esta tarefa desempéñase principalmente polo Porto de Oakland), sendo usada máis para o movemento de balsas e pequenas embarcacións. Actualmente, moito do terreo onde o porto estaba instalado foi vendido para a construción de edificios de oficinas.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
Listaxe Cidade Estado Pob. Listaxe Cidade Estado Pob.
 
Nova York
 
Os Ánxeles
 
Chicago
1 Nova York Nova York 8.622.698 11 Austin Texas 950.715
2 Os Ánxeles California 3.999.759 12 Jacksonville Florida 892.062
3 Chicago Illinois 2.716.450 13 San Francisco California 884.363
4 Houston Texas 2.312.717 14 Columbus Ohio 879.170
5 Phoenix Arizona 1.626.078 15 Fort Worth Texas 874.168
6 Filadelfia Pensilvania 1.580.863 16 Indianapolis Indiana 863.002
7 San Antonio Texas 1.511.946 17 Charlotte Carolina do Norte 859.035
8 San Diego California 1.419.516 18 Seattle Washington 724.745
9 Dallas Texas 1.341.075 19 Denver Colorado 704.621
10 San Jose California 1.035.317 20 Washington, D.C. Distrito de Columbia 693.972
Datos do censo de 2017.[1]


  1. Annual Estimates of the Resident Population for Incorporated Places of 50,000 or More, Ranked by July 1, 2017