Cantón de Berna
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
O cantón de Berna (/kanˈtoŋ de ˈbɛɾna̝/; en alemán: Kanton Bern [kanˈtoːn bɛʁn];[1] en francés: canton de Berne [kɑ̃.tɔ̃ də bɛʁn]),[2] ou tan só Berna,[3] é un dos vinte e seis cantóns que forman a Confederación Suíza. Linda ao norte co cantón de Xura e o de Neuchâtel, ao oeste co de Vaud e o de Friburgo, ao suroeste co do Valais, ao nordés co de Soleura e o de Argovia, ao leste co de Lucerna, Obwalden e Nidwalden, e ao sueste co de Uri. Con pouco máis de 1 050 000 habitantes, segundo datos de 2022, o cantón posúe ao redor do 13% da poboación total de Suíza, converténdoo no segundo máis poboado do país. Berna, capital homónima do cantón, é tamén a capital do país. O oso é o símbolo heráldico do cantón, representado sobre un fondo amarelo e vermello.
O cantón de Berna é bilingüe. Oficialmente, falase alemán e francés.[4] A cidade máis grande, Berna, é a sede do Goberno Federal de Suíza. Outras cidades importantes son Thun e Biel/Bienne. O cantón tamén é coñecido polas súas moitas cidades turísticas alpinas, entre as que sobresaen Interlaken e Gstaad.
Notas
editar- ↑ En lingua alemá de Suíza (dialecto bernés): Kanton Bärn [ˈkɑnton b̥æːrn].
- ↑ En italiano: cantone di Berna [kanˈto.ne di ˈbɛr.na]; en romanche: Chantun Berna [tʂənˈtuːn ˈbɛrnɐ].
- ↑ En alemán: Bern; en francés: Berne; en italiano: Berna; en romanche: Berna.
- ↑ "Demografische Bilanz nach institutionellen Gliederungen". bfs.admin.ch.