Un franco, 14 pesetas
Un franco, 14 pesetas | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Un franco, 14 pesetas |
Director | Carlos Iglesias Serrano |
Produtor | Susana Maceiras José Manuel Lorenzo |
Intérpretes | Carlos Iglesias Serrano Enrique Cazorla Isabel Blanco Nieve de Medina |
Música | Mario de Benito |
Fotografía | Tote Trenas |
Montaxe | Luisma del Valle |
Estrea | 2006 |
Duración | 105 minutos |
Orixe | Galicia, España |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Un franco, 14 pesetas é unha coprodución galega dirixida e protagonizada por Carlos Iglesias Serrano estreada o 5 de maio de 2006. A actriz galega Isabel Blanco é unha das súas protagonistas.
Ten a súa continuación e segunda parte en 2 francos, 40 pesetas, estreada o 28 de marzo de 2014.
Sinopse
[editar | editar a fonte]España 1960. Dous amigos, Martín (Carlos Iglesias Serrano) e Marcos (Javier Gutiérrez), deciden marchar a Suíza en busca de traballo. Deixan ás súas familias en España e emprenden unha viaxe cara a unha nova vida na Europa do progreso e as liberdades. Alí descubrirán unha mentalidade moi diferente, á que deberán adaptarse traballando como mecánicos nunha fábrica e vivindo nunha pequena vila industrial. Coa chegada de Pilar (Nieve de Medina), a muller de Martín, co seu fillo Pablo, e de Mª Carmen, a noiva de Marcos, termínaselles a vida de homes solteiros que levaban nun país con tanta liberdade. O traballo segue sendo o día a día de Martín e Pilar, mentres o pequeno Pablo comeza a ir ao colexio e a integrarse. Coa morte do pai de Martín, chegan á conclusión de que o que foran a buscar xa o conseguiron e é hora de regresar. Para a súa sorpresa, será máis difícil a volta que a ida.
Equipo artístico
[editar | editar a fonte]- Carlos Iglesias Serrano como Martín
- Javier Gutiérrez como Marcos
- Nieve de Medina como Pilar
- Isabel Blanco como Hanna
- Iván Martín como Pablito
- Tim Frederic Quast como Pablo
- Eloísa Vargas como Luisa
- Aldo Sebastianelli como Tonino
- Ángela del Salto como Mari Carmen
- Fely Manzano como Amalia
- Iñaki Guevara como Alberto
- Isabelle Stoffel como Erika
- Raúl Pazos como Lorenzo
- Miguel de Lira como Gallego
- Carmen Rossi como Paz
Equipo técnico
[editar | editar a fonte]- Director: Carlos Iglesias Serrano
- Produtores executivos: Susana Maceiras, Mario Pedraza
- Produtores: José Manuel Lorenzo, Eduardo Campoy, Susana Maceiras
- Asistente de dirección: Paco Periñan, Óscar Pedraza
- Director de fotografía: Tote Trenas
- Montaxe: Luisma del Valle
- Música: Mario de Benito
- Vestiario: José María De Cossío, Puy Uche
- Maquillaxe: Óscar Aramburu, Sara Márquez
Premios
[editar | editar a fonte]- Festival de Cine Español de Málaga, Sección Oficial 2006: Premio Mellor Fotografía, Premio do Público, Premio Alma - Mellor Guionista Novel.
- Primavera Cinematográfica de Lorca, Sección Oficial de Novos Realizadores: Premio ao Mellor Guión, Premio do Xurado Popular.
- Festival de Cine Opera Prima Ciudad de Tudela, Sección Oficial: Premio Ciudad de Tudela á mellor película.
- Premio valores humanos Jose Couso-Julio Parrado na XI semana del cine y de la Imagen de Fuentes de Ebro (2006).
- Seleccionada en: Lorcano, Tarazona, Montréal, Donostia, Carabanchel, Copenhague, Tolosa, Pamplona, Hamburgo, Madridimagen, Valladolid, International Latino Film Festival San Francisco Bay Area.
- Premio á mellor longametraxe nos Premios Mestre Mateo 06 (entregados en maio de 2007).
- Premios Mestre Mateo a Jesús Alonso como mellor director de produción; Sara Márquez e Óscar Aramburu]] como mellor maquillaxe e peiteado; Carlos Iglesias Serrano como autor do mellor guión; Isabel Blanco como mellor actriz protagonista.