Tres (filme)
Tres | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Tres |
Director | Juanjo Giménez |
Produtor | Juanjo Giménez Philippe Gompel |
Guión |
|
Intérpretes | |
Música | Domas Strupinskas |
Fotografía | Javi Arrontes |
Montaxe | Cristóbal Fernández |
Estudio |
|
Distribuidora | Filmax |
Estrea | Venice: 4 de setembro de 2021 |
Duración | 104 minutos |
Orixe | España Lituania Francia |
Xénero | Suspense e fantasía |
Na rede | |
Tres é un filme de 2021 dirixido por Juanjo Giménez e protagonizado por Marta Nieto e Miki Esparbé. É unha coprodución entre España, Lituania e Francia. Recibiu 6 nomeamentos na 20ª edición dos Premios Mestre Mateo,[1] sendo o gañador de tres premios, mellor filme, mellor actriz para Marta Nieto e mellor son.
Sinopse
[editar | editar a fonte]O cerebro de C., unha deseñadora de son, está empezando a procesar o son de forma desincronizada respecto da realidade. Así mesmo, tamén adquire a habilidade de ouvir o que sucedeu nun sitio no que ela non estivo previamente.[2]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Marta Nieto como C.[3]
- Miki Esparbé como Iván[4]
Produción
[editar | editar a fonte]Tres é unha coprodución internacional conxunta entre España, Lituania e Francia, producida por Frida Films, Nadir Films, M-Films e Manny Films.[3][5] Recibiu axuda do ICAA, do ICEC, do AGADIC, e tivo participación de TVG, TV3 e Canal+, que tamén recibiu financiamento do MEDIA e Eurimages.[6] Foi dirixido por Juanjo Giménez, que tamén escribiu o guión xunto con Pere Altimira.[7]
Estrea
[editar | editar a fonte]O filme tivo a súa estrea internacional na 18ª edición de Giornate degli Autori, e tamén foi proxectado no Festival Internacional de Cinema de Toronto e no Festival de Cinema de Sitges.[5][8][9] Foi distribuído por Filmax,[8] e estreouse nos cinemas de España o 5 de novembro de 2021.[6]
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ano | Cerimonia | Categoría | Galardoado | Resultado |
---|---|---|---|---|
2021 | Premios Cinematográficos José María Forqué | Mellor actriz | Marta Nieto | Nomeada |
2022 | 20ª edición dos Premios Mestre Mateo | Mellor filme | Juanjo Giménez | Gañador |
Mellor actriz | Marta Nieto | Gañadora | ||
Mellor guión | Juanjo Giménez e Pere Altamira | Nomeado | ||
Mellor dirección de produción | Miriam Devesa | Nomeada | ||
Mellor dirección artística | Antonio Pereira | Nomeado | ||
Mellor son | D. Fontrodona, O. Tarragó, M. Bech e M. Orts | Gañadores |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O filme Cuñados parte como favorito da 20ª edición dos Premios Mestre Mateo". Nós Diario. 10 de febreiro de 2022. Consultado o 19 de marzo de 2022.
- ↑ Simón, Xesco (12 de outubro de 2021). "Sitges 2021: 'Tres', una desincronizada experiencia fantástica". Las Furias Magazine (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 Lang, Jamie (7 de setembro de 2021). "Spanish Director Juanjo Gimenez on ‘Out of Sync’". Variety. Consultado o 23 de outubro de 2021.
- ↑ Román Martín, Sandra (22 de outubro de 2021). "'Tres', cuando a la vida se le desincroniza el sonido". RTVE (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 Rivera, Alfonso (8 de setembro de 2021). "Crítica: Tres". Cineuropa (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2021.
- ↑ 6,0 6,1 "‘Tres’, de Juanjo Giménez, tendrá su estreno mundial en la 18ª edición de Giornate degli Autori de Venecia". Audiovisual451 (en castelán). 29 de xullo de 2021. Consultado o 23 de outubro de 2021.
- ↑ Mayor Ortega, Leonor (13 de outubro de 2021). "'Tres', cuando la vida se desincroniza". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2021.
- ↑ 8,0 8,1 García, Alejandra (13 de outubro de 2021). "Tráiler de ‘Tres’, la nueva película de Juanjo Giménez". Audiovisual451 (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2021.
- ↑ Martínez, Beatriz (13 de outubro de 2021). "‘Tres’, o cuando la desincronía sonora se apodera de ti". El Periódico de Aragón (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tres |