O descoñecido
O descoñecido | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | El desconocido |
Director | Dani de la Torre |
Produtor | Emma Lustres Mercedes Gamero Borja Pena |
Guión | Alberto Marini |
Intérpretes | Luís Tosar Javier Gutiérrez Goya Toledo |
Fotografía | Josu Intxaustegui |
Montaxe | Jorge Coira |
Estudio | Vaca Films TVG Atresmedia Cine La Ferme Productions |
Estrea | Venecia: 2 de setembro de 2015[1] San Sebastián: 22 de setembro de 2015 25 de setembro de 2015 |
Duración | 95 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Suspense |
Na rede | |
http://www.vacafilms.com/el-desconocido/ | |
O descoñecido[2] (en castelán: El desconocido) é un filme galego en lingua castelá dirixido polo monfortino Dani de la Torre que se estreou no 2015. Está protagonizado por Luís Tosar e Goya Toledo. Rodada integramente na Coruña,[3] estreouse nos cines de España o 25 de setembro de 2015.
Estreouse en galego o 29 de xullo de 2020 a través da TVG.[4] A directora de dobraxe foi Charo Pena.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Carlos (Luís Tosar), un executivo de banca, comeza a mañá levando os seus fillos ó colexio, algo excepcional do que adoita encargarse habitualmente a súa muller. Cando arrinca o seu coche, recibe a chamada dun descoñecido para Carlos, pero que o sabe todo sobre el. Esta persoa anúncialle que ten unha bomba debaixo do seu asento e comunícalle que ten tan só unhas horas para xuntar unha gran cantidade de cartos, ou do contrario o coche estoupará.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Luís Tosar como Carlos
- Voz da dobraxe galega de Antón Olmos.
- Javier Gutiérrez como Lucas
- Voz da dobraxe galega de Andrés Bellas.
- Elvira Mínguez como Belén
- Voz da dobraxe galega de Charo Pena.
- Goya Toledo como Marta
- Voz da dobraxe galega de Isabel Vallejo.
- Fernando Cayo como Espinosa
- Voz da dobraxe galega de Luís Iglesia.
- Paula del Río como Sara
- Voz da dobraxe galega de Chelo Díaz.
- Marco Sanz como Marcos
- Voz da dobraxe galega de Teresa Santamaría.
- Antonio Mourelos como Ángel
- Ricardo de Barreiro como Víctor
- María Mera como Julia
Palmarés cinematográfico
[editar | editar a fonte]Categoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|
Mellor longametraxe | Gañadora | |
Mellor interpretación masculina protagonista | Luís Tosar | Gañador |
Mellor interpretación masculina secundaria | Javier Gutiérrez | Gañador |
Mellor interpretación masculina secundaria | Fernando Cayo | Nomeado |
Mellor interpretación feminina protagonista | Paula del Río | Gañadora |
Mellor interpretación feminina secundaria | Elvira Mínguez | Gañadora |
Mellor dirección | Dani de la Torre | Gañador |
Mellor dirección de fotografía | Josu Incháustegui | Gañador |
Mellor dirección de arte | Juan Pedro de Gaspar | Nomeado |
Mellor dirección de produción | Carla Pérez de Albéniz | Gañadora |
Mellor guión | Alberto Marini | Gañador |
Mellor montaxe | Jorge Coira | Gañador |
Mellor música orixinal | Manuel Riveiro | Gañador |
Mellor son | David Machado Nacho Arenas Jaime Fernández |
Gañadores |
Mellor vestiario | Ana López | Nomeada |
Mellor maquillaxe e peiteado | Raquel Fidalgo Noé Montes |
Nomeadas |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "'O Descoñecido' estréase no Festival de Venecia". TVG - Telexornal Serán. 2 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2015. Consultado o 24 de setembro de 2015.
- ↑ "Dani de la Torre, director de "O descoñecido"". TVG - A revista FDS. 13 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 24 de setembro de 2015.
- ↑ "O filme galego 'O descoñecido' proxéctase no Festival de San Sebastián". TVG - Telexornal Mediodía. 21 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 24 de setembro de 2015.
- ↑ "O descoñecido na TVG". TVG. 29 de xullo de 2020. Consultado o 7 de maio de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do filme
- O descoñecido na IMDb (en inglés).
- O descoñecido en FilmAffinity (en castelán)