María (e os demais)
Aparencia
María (e os demais) | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | María (y los demás) |
Director | Nely Reguera |
Guión | Nely Reguera Valentina Viso Eduard Solà Roguer Sogues Diego Ameixeiras |
Intérpretes | Bárbara Lennie José Ángel Egido Pablo Derqui Vito Sanz |
Música | Nico Casal |
Fotografía | Aitor Echevarría |
Estudio | Frida Films Avalon P.C |
Estrea | San Sebastián: 17 de setembro de 2016[1] |
Duración | 96 minutos |
Orixe | Galicia Cataluña[2] |
Xénero | Comedia dramática |
Na rede | |
http://www.mariaylosdemaslapelicula.com/ | |
|
María (e os demais) (en castelán: María (y los demás)) é un filme galego-catalán de 2016 dirixido por Nely Reguera. Ambientada e rodada integramente en Galicia en lingua castelá, estreouse en galego o 7 de outubro de 2020 a través da TVG.[3] A tradución ó galego foi realizada por Margarita Díaz.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Dende que morreu a súa nai cando tiña 15 anos, María tívose que dedicar a coidar do seu pai e dos seus irmáns. Cun carácter responsable e controlador, sempre foi o alicerce da familia. Por iso, cando o seu pai se namora de súpeto da súa enfermeira e anuncia o seu inminente compromiso, María sente que a súa vida se esvaece.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Bárbara Lennie como María
- Voz da dobraxe galega de Ana Lemos.
- José Ángel Egido como Antonio
- Voz da dobraxe galega de Tacho González.
- Pablo Derqui como Jorge
- Voz da dobraxe galega de Raúl Dans
- Vito Sanz como Toni
- Voz da dobraxe galega de Antón López.
- Marina Skell como Cachita
- Julián Villagrán como Dani
- Alexandra Piñeiro como Anne
- Rocío León como Julia
- Aixa Villagrán como Bea
- María Vázquez como Sofía
- Miguel de Lira como Sergio
- Luísa Merelas como Rosario
- Ernesto Chao como Arturo
- Fran Lareu como Rafa
Palmarés cinematográfico
[editar | editar a fonte]- 2016: Premios Goya: Nomeada a mellor dirección novel e actriz (Lennie).
- 2016: Premios Feroz: Mellor actriz (Bárbara Lennie).
- 2017: Premios Fénix: Nomeada a mellor actriz (Bárbara Lennie).
Categoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|
Mellor longametraxe | Gañadora | |
Mellor dirección | Nely Reguera | Nomeada |
Mellor actriz | Bárbara Lennie | Gañadora |
Mellor actriz secundaria | María Vázquez | Nomeada |
Mellor guión | Nely Reguera, Diego Ameixeiras, Eduard Sola, Valentina Viso, Roger Sogues | Gañadores |
Mellor dirección de produción | Sergio Frade | Nomeado |
Mellor dirección artística | Andrea Pozo | Nomeada |
Mellor montaxe | Aina Calleja | Nomeada |
Mellor música orixinal | Nico Casal | Gañadora |
Mellor son | Juan Gay, Diego Staub, Miguel Barbosa | Gañadora |
Mellor fotografía | Aitor Echeverría | Nomeado |
Mellor maquillaxe e peiteado | Susana Veira, Beatriz Antelo | Nomeadas |
Mellor deseño de vestiario | Aránzazu Domínguez | Nomeada |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A película 'María (e os demais)', da produtora galega Frida Films, chega este mércores aos cines". Galicia Confidencial. 7 de decembro de 2016. Consultado o 14 de febreiro de 2018.
- ↑ Castro, Andrés (9 de decembro de 2016). "María (e os demais)". Sermos Galiza. Consultado o 14 de febreiro de 2018.
- ↑ "María (e os demais) na TVG". TVG. 7 de outubro de 2020. Consultado o 7 de maio de 2020.