Ons (filme)
Ons | |
---|---|
Proxección do filme en xaneiro de 2021. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ons |
Director | Alfonso Zarauza |
Guión | Alfonso Zarauza Jaione Camborda |
Intérpretes | Melania Cruz Antonio Durán "Morris" Anaël Snoek Xúlio Abonjo Marta Lado |
Música | Elba Fernández Xavier Font |
Fotografía | Alberte Branco |
Estudio | Maruxiña Film Company |
Estrea | Festival de Cinema Europeo de Sevilla: 11 de novembro de 2020 |
Duración | 86 minutos |
Orixe | Galicia Portugal |
Xénero | Drama |
Recadación | 32.808,46 €[1] |
Na rede | |
Ons é un filme dramático galego de 2020 dirixido por Alfonso Zarauza e escrito por Zarauza e Jaione Camborda. É unha longametraxe galega con participación portuguesa[1] rodada en lingua galega. Estreouse no Festival de Cinema Europeo de Sevilla o 11 de novembro de 2020.
A película levouse a cabo a través dunha coprodución entre Galicia e Portugal na que participaron a produtora galega Maruxiña Film Company e a portuguesa Bando à Parte. Tamén tivo participación tanto a Televisión de Galicia (TVG) coma a Rádio e Televisão de Portugal (RTP), xunto cunha subvención de AGADIC e a colaboración da Deputación de Pontevedra.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Tras unha profunda depresión pola morte da súa amante nun accidente de coche, o doutor Vicente chega xunto á súa esposa Mariña a unha remota illa do Atlántico, co obxectivo de pasar o verán, curar a súa enfermidade e recuperar o seu matrimonio.
A vida na solitaria illa séntalle ben a Vicente, que pide á súa muller prolongar a súa estancia e pasar o outono. Cada día vaise sentindo mellor, ata que, tras un naufraxio no medio dun temporal, unha misteriosa e amnésica muller aparece na illa e irrompe nas súas vidas. A partir dese momento xa nada volverá ser o que era.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Actor/actriz | Personaxe | Notas |
---|---|---|
Melania Cruz | Mariña | Esposa de Vicente e irmá de Antón. Chega a illa coa esperanza de recuperar o home do que se namorou pero os acontecementos que os rodean non
son os que ela esperaba. |
Antonio Durán “Morris” | Vicente | Interpreta o personaxe de Vicente, un doutor da gran cidade que se encontra en depresión debido ao accidente mortal que sufriu a súa amante. Chega a
illa co obxectivo de superar a súa enfermidade e recuperar a maxia coa su muller, Mariña. |
Xúlio Abonjo | Antón | É un dos gardas forestais. É o marido de Isabel e á súa vez, irmán de Mariña. |
Marta Lado | Isabel | Nada na Illa e fareira pola tradición familiar. Gústalle vivir illada e pensa que é a única fareira que queda no continente, os demais están automatizados. É muller
dun dos gardas forestais, Antón. |
Anaël Snoek | Creba | É un personaxe que naufragou na illa. A súa aparición pon en relieve a relación entre Mariña e Vicente, así como aos demais personaxes. A coñecen como
“Creba” pero en realidade non sabemos o seu nome, nin sequera quen é. |
Diego Anido | Couto | personaxe que se encarga de traer todas as cousas á illa, incluso no inverno. É moi querido por todos e o seu afogamento supón unha traxedia emocional. |
Miguel de Lira | Golobardos | É un colono que naceu na illa, o cal despreza aos turistas e as regras que rexen este patrimonio da humanidade. Dende que Ons se convirtira nun espazo
protexido, o tivo difícil xa que sempre viviu dos congros e a pesca. Ademais, a súa muller, era futiva e morreu mariscando. |
Montserrat Martínez Pereira | Valentina | Filla de Antón e Isabel. |
Estrea
[editar | editar a fonte]Difusión
[editar | editar a fonte]Ons estreouse no Festival de Cinema Europeo de Sevilla o 11 de novembro de 2020, mais a súa estrea nas salas comerciais produciuse un mes máis tarde, a partir do 18 de decembro de 2020.[2] Á súa vez, competiu na sección de nova creación “Special Screen”, onde disputou un premio dotado con 10.000 euros contra catorce longametraxes de países coma o Reino Unido, Francia, Dinamarca ou Bélxica. Outros festivais onde Ons estivo presente foron o Márgenes de Madrid e o festival de Cineuropa.
En canto ás plataformas de streaming, Ons foi o primeiro filme en estar só e integramente en galego e sen dobraxes nas plataformas de Netflix, Filmin e HBO, mais contan con subtítulos ao castelán
Acollida
[editar | editar a fonte]O filme Ons (2020) foi recibido polo crítico Sergio F. Pinilla en Cinemanía con catro estrelas sobre cinco.[3]
Nos Premios Mestre Mateo, Ons alzouse con nove premios dos trece ao que estaba nomeado: mellor película, mellor dirección de fotografía a Alberte Branco, mellor dirección de produción a Tamara Soto, mellor guión a Alfonso Zarauza e Jaione Camborda, mellor montaxe a Fernando Alfonsín, mellor son a Sérgio Silva e David Manchado, e mellor interpretación a Melania Cruz, a Antonio Durán “Morris” e a Marta Lado.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Ons". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2021. Consultado o 4 de novembro de 2021.
- ↑ Farriol, Daniel (8 de abril de 2021). "Crítica de 'Ons': La paradoja del faro". noescinetodoloquereluce.com (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2022.
- ↑ Pinilla, Sergio F. (15 de decembro de 2020). "Ons". 20minutos.es (en castelán). Consultado o 23 de xaneiro de 2022.
- ↑ "GAÑADORAS XIX MESTRE MATEO" (PDF). academiagalegadoaudiovisual.gal. 10 de abril de 2021. Consultado o 21 de xaneiro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Lista de filmes en galego con maior recadación
- Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
- 19ª edición dos Premios Mestre Mateo
- Alfonso Zarauza
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alfonso Zarauza presenta en Cineuropa Ons, un proyecto «profundamente hermoso». (21 de novembro de 2020). Academia Galega do Audiovisual. https://www.academiagalegadoaudiovisual.gal/es/entrevista-alfonso-zarauza/#
- Moreno, L. (12 de novembro de 2020). «Ons». Una Historia Extraordinaria en el Festival de Sevilla. Camera & Light. https://www.cameraandlightmag.com/noticias/ons-una-historia-extraordinaria-en-el-festival-de-sevilla/1
- Gallego, A. (11 xaneiro de 2021). Caso práctico: el rodaje de «ONS». Cuentos de una script. https://cuentosdeunascript.wordpress.com/2021/01/11/caso-practico-el-rodaje-de-ons/
- Mauleón, A. (9 febreiro de 2016). David Machado, el mago del sonido de ficción.La Opinión de A Coruña. https://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2016/02/09/david-machado-mago-sonido-ficcion-24540121.html
- Novo Cinema Galego. (2015). Novo Cinema Galego | O arquivo das novas prácticas cinematográficas na Galiza. http://novocinemagalego.info/
- R. (11 de xaneiro de 2021). LA PELÍCULA “ONS”, DE ALFONSO ZARAUZA, AUMENTA SU RECAUDACIÓN UN 96 % EN SU CUARTO FIN DE SEMANA EN CINES | El Blog de Cine Español. El Blog de Cine Español. http://www.elblogdecineespanol.com/?p=57908
- Redacción de El Progreso de Lugo. (11 de xaneiro de 2021). Ons; consigue el mejor promedio de espectadores por sala de toda España. El Progreso de Lugo. https://www.elprogreso.es/articulo/cultura/ons-consigue-mejor-promedio-espectadores-sala-toda-espana/202101112242521480216.html
- Tena, A. (10 de abril de 2021). Crítica de ONS: La isla como gran contenedor. Cine con Ñ. https://cineconn.es/ons-pelicula-critica-contenedor/ Varela, S. (2021, 15 abril). «Ons»: Metamorfosis dual de la soledad. Cinemagavia. https://cinemagavia.es/ons-pelicula-critica-zarauza/