Saltar ao contido

O lapis do carpinteiro (filme)

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O lapis do carpinteiro
Ficha técnica
Título orixinalEl lápiz del carpintero
DirectorAntón Reixa
ProdutorJuan Gordón
Antón Reixa
GuiónXosé Morais
Antón Reixa
Baseado enO lapis do carpinteiro de Manuel Rivas
IntérpretesTristán Ulloa
Luís Tosar
María Adánez
Nancho Novo
MúsicaLucio Godoy
FotografíaAndreu Rebés
MontaxeGuillermo Repesa
DistribuidoraBiblos Clube de Lectores
La Voz de Galicia
Warner Sogefilms
Estrea2002
Duración100 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroDrama
Orzamento€ 3.300.000
Na rede
IMDB: tt0309821 Filmaffinity: 391622 Allocine: 137073 Rottentomatoes: m/escrito_en_el_destino Allmovie: v287207 Editar o valor en Wikidata

O lapis do carpinteiro (en castelán: El lápiz del carpintero) é un filme galego dirixido por Antón Reixa baseado na novela homónima de Manuel Rivas. O filme conta unha historia ambientada durante a guerra civil española en Galiza. Obtivo os premios, o mellor actor e o do público, no Festival Internacional de Cine de Mar del Plata (2004).

Daniel Da Barca é un xove médico e intelectual republicano encarcerado polas súas ideas na Galicia de 1936. A súa moza, Marisa Mallo, filla dun coñecido oportunista reaccionario, loita dende fóra para devolverlle a liberdade. A testemuña do seu amor é Herbal, un apoucado carcereiro que asiste entre atónito e furioso ás historias e conversas que manteñen os presos para facer máis levadora a súa condena. Moitos presos son fusilados clandestinamente; axiña chegará a quenda de Daniel e será de novo Herbal quen, vítima e verdugo dos seus propios medos, se debata entre a violencia e a conciencia.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]