O Apóstolo
O Apóstolo | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | O Apóstolo |
Director | Fernando Cortizo |
Produtor | Rosalía Mera, Artefacto Producciones |
Guión | Fernando Cortizo |
Intérpretes | Carlos Blanco Luís Tosar Jorge Sanz Isabel Blanco |
Música | Xavier Font, Arturo Vaquero |
Fotografía | Matthew Hazelrig |
Montaxe | Fernando Alfonsin |
Distribuidora | Aquelarre Cine |
Estrea | 31 de outubro de 2012 |
Duración | 72 minutos |
Orixe | Galiza |
Xénero | Animación. Fantástico. Intriga. Terror, Stop Motion. Claymation (Plastilina) |
Orzamento | 7,5 millóns de euros[1] |
Recadación | 62.162,88 €[2] |
Na rede | |
http://www.oapostolo.com/ | |
|
O Apóstolo é un filme galego de 2012 dirixido por Fernando Cortizo. É o primeiro filme de animación stop motion en tres dimensións realizado en Europa. O filme foi estreado en 80 salas de toda España. A produción levou catro anos de traballo.[3] O 25 de outubro de 2022, coincidindo co seu 10º aniversario, o propio director publicou a película en Youtube, cunha mensaxe pedindo doazóns e culpando á distribuidora de falta de pagamentos e incumprimento do contrato.[4]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Un preso foxe do cárcere para tentar atopar un tesouro agochado vai anos nunha aldea do Camiño de Santiago, pero o que atopa suporalle unha condena maior da que fuxiu. Vellos misteriosos, estrañas desaparicións, trasnos, un cura estraño e o arcipreste de Santiago xúntanse no camiño. Un filme de misterio, humor, animación e invención.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Carlos Blanco como Ramón
- Xosé Manuel Olveira "Pico" como Cesáreo
- Paul Naschy como Arcipreste
- Jorge Sanz como Pablo
- Celso Bugallo como Celso
- Manuel Manquiña como Salustiano
- Luís Tosar como Xavier
- Geraldine Chaplin como Dorinda
- Víctor Mosqueira como Mozo do Hostal
- Atilano Franco como Primitivo
- Jacobo Rey como Doutor
- Pedro Alonso como Pedro
- Isabel Blanco como Isabel
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- Primeiro premio no XI Festival de Cine Español de Marsella (2012)
- Premio á Mellor Película de Animación no XXII Festival Internacional de cine de animación ANIMAMUNDI (Brasil) (2014)
Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
11ª edición | Mellor filme | Rosalía Mera e Artefacto Producciones | Gañador |
Mellor director | Fernando Cortizo | Gañador | |
Mellor guión | Fernando Cortizo | Nomeado | |
Mellor dirección de produción | Marta García | Gañadora | |
Mellor dirección artística | María Hernanz | Gañadora | |
Mellor montaxe | Fernando Alfonsín | Nomeado | |
Mellor música orixinal | Xavier Font, Arturo Vaquero e Philip Glass | Gañadores | |
Mellor son | David Machado, Diego S. Staub e Miguel Barbosa | Gañadores | |
Mellor fotografía | David Nardi | Nomeado | |
Mellor deseño de vestiario | Valentin Duranthon | Nomeado |
Ano | Categoría | Resultado |
---|---|---|
2012 | Mellor filme de animación | Candidato |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "“O Apóstolo”, una gran apuesta por la animación. planderodaje.com". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2013. Consultado o 30 de xuño de 2013.
- ↑ Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de O Apóstolo". Consultado o 2 de novembro de 2019.
- ↑ "La película 'O Apóstolo' se estrena esta semana en 80 salas de cine". El País (en castelán). 30 de outubro de 2012.
- ↑ santos, ágatha de (2022-10-30). "‘O apóstolo’ celebra sus diez años con un visionado ‘online’ gratis". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2022-11-24.