Mostrando entradas con la etiqueta Portas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Portas. Mostrar todas las entradas

viernes, 31 de julio de 2015

Amor en alpargatas

“O descubrimento da biblioteca do instituto foi todo un acontecemento que se produciu dun xeito tan casual como inesperado.”
Páx.62
“Castigáranos a permanecer na biblioteca durante toda unha mañá, sen saír ao recreo, e obrigados a ler.”
“Nunca antes estivera nunha biblioteca.”
Páx.63
“A sona de Senén logo comezou a correr entre os membros do claustro e poucos eran os que ao acabar o seu primeiro curso non soubesen xa daquel novato-devora-novelas que prefería botar os recreos na biblioteca antes que no patrio xogando ao balón.”
Páx. 65
“Máis dunha vez entrara por sorpresa na biblioteca no memento en que don Eladio lle estaba a prestar novas lecturas a Senén. […] Despois, cando o casposo camisa azul abandonaba por fin a biblioteca, dedicáballe ás súas costas un sorriso retranqueiro polo baixo, negando para si coa cabeza.”
Páx. 67
“Sabes unha cousa, papá?, o único bo de ter que estar aquí unha boa tempada [Alcalá Meco] é que me vou librar da convocatoria dos exames. Teño todo o día para ler o que me peta e a biblioteca, iso si, é moi boa.”
Páx. 147
“Espere a terminar, avoa, xa verá daquela que ben quedan. Son como estantes de verdade. Vai ser a miña biblioteca.
- A miña biblioteca… Mira para el…”
Páx. 169
“O que tal non razoará este mocoso, pensa. Claro que ten a quen saír. É disposto como era o meu Manuel. Unhas caixas de froita, unha biblioteca.”
Páx. 170
“A única imaxe que ten del é a foto de matrimonio que a avoa Remixia conservaba pendurada no medio da parede do comedor, xunto á alacena grande, onde antes, segundo ela, estivera chantado aquel inmenso móbel que contiña a biblioteca.”
Páx. 171
“Naquela noite de pesadelo, contáralle, despois de se desfaceren dos libros, tocáralle á biblioteca. Cumpría non deixar nin rastro dela.”
“Non é pois de extrañar que, co paso dos anos e multiplicada a súa paixón pola literatura até a categoría do que a avoa chamaría vicio, Senén acabase por cimentar unha máis que sobresaliente biblioteca.”
Páx. 172

Amor en alpargatas de Manuel Portas, editado por Xerais no 2015. aportado por Ana Cosque

martes, 29 de abril de 2014

Un dedo manchado de tinta

"...Serán confiscados todos os aparellos telefónicos que o persoal do centro encontre nas inspeccións periódicas que se realicen e só serán devoltos ao expirar a condena. Está claro? Unha vez confiscados, non vale que os leve a muler para casa ou calquera que veña de visita. Confiscados e punto. A biblioteca, aberta tamén polas tardes durante dúas horas. E a misa os domingos para quen a quixer."

Manuel Portas. Un dedo manchado de tinta. Xerais, 2011, páxina 173. Anaco aportado por Anxo

Este libro se editou cun CD de música, neste enlace sae unha das cancións
https://www.youtube.com/watch?v=37Oy9pxwW44

Na páxina 293 a protagonista escoitou esta peza cantada por George Harrison e con Eric Clapton á guitarra https://www.youtube.com/watch?v=oDs2Bkq6UU4