(Traducción en el primer comentario)
O xoven Hervé Joncourt parte desde Francia ata Xapón en percura de ovos de verme da seda. Unha plaga tiña exterminados aos vermes europeos e só a viaxe podería salvar a toda a poboación da ruina e da fame. En Francia quedará a súa xoven e flamante esposa, Heleine, ansiosa da súa volta.
A pesares de toda a distancia que el cría ter entre o seu mundo e a felicidade, como nun conto de Borges, a felicidade agardábao no xardín de lilios de Heleine.
E non digo máis, porque esta é unha historia con volta de porca e o mordomo... non é o asasino.
A pesares de todos estes ingredientes: historia de amor, viaxe lonxano, exotismo oriental, preciosismo paisaxístico... o guiso resultoume un pouco insípido no seu conxunto.
Pode ser que o protagonista masculino (Morritos Pitt, Michael) non foi o bastante atraínte na súa interpretación; pode ser que as poucas verbas que se cruzan non deixaron pegada no meu ánimo: Has llegado di ela, ansiosa tras a volta do seu maridiño. He llegado resposta el, nun alarde de elocuencia.
Tal vez as fermosísimas imaxes da neve caendo sobre a aldea nipona lémbraronme esas acuarelas de exquisito gusto que alguén merca porque lle fan xogo coa tapiceria do salón; tal vez pareceume que moitos silencios agochaban a incapacidade de decir algo ou tal vez foi que as esceas eróticas deixáronme máis fría cá neve que caía sobre o estanque de lotos.
Ao mellor é que xa o conto orixinal no que se basea a película (Seta de Alessandro Baricco) parecérame, no seu momento, un fermoso envoltorio, un exercicio de estilo impecable que me deixou indiferente.
O máis seguro é que non tiña o día moi zen que digamos, e a xaponesa esa estábame poñendo dos nervios con tanta posturiña para servir o té.