viernes, 30 de noviembre de 2007
miércoles, 28 de noviembre de 2007
TI PRENDO E TI PORTO VIA
lunes, 26 de noviembre de 2007
A CAIXA
e recortes de xornais...
jueves, 22 de noviembre de 2007
CAUSAS PERDIDAS
miércoles, 21 de noviembre de 2007
IMÁXES DA GRAN MAZÁ
Dende a ventá víase o camposanto da Trinity Church (onde Nicolas Cage encontra a chave do enigma en National Treasure/A búsqueda). O tempo pareceu deterse mentras os nosos entumecidos membros ían retornando á vida.
Dean & Deluca é un local indefinible e moi agradable: ten libros, discos, revistas, prensa, comida biolóxica e caprichos de gourmet; din que se pode ver a Robert de Niro co seu cestiño na percura de caviar. Pero por riba diso, ten un rinconciño confortable e discreto onde poder tomar café (americano, of course) e uns inmensos ventanais polos que ver como pasa New York ante ti.
Que estrana nostalxia sinto de súpeto!
lunes, 19 de noviembre de 2007
CHOVE
Por fín chove.
Non podo decir que goste da choiva; son un ser da luz e do sol, pero onte pola noite cando sentín o bisbiseo da auga, respirei fondo con certo senso de liberación.
Ao fin, os galegos debemos ter un xen da choiva agochadiño e, se nos falta tanto tempo, andamos inquedos e desorientados. Hoxe pareceume que os meus paraugas sorrían na entrada, que a gabardina saltaba do armario cara a mín, ansiosa.
Sei que vou arrepentir destas verbas e non faltará moito para que ande a queixarme da maldita auga. Pero hoxe é o que necesitaba. Estou desexando que chegue a tarde para pegarme aos cristais e sentir o quente aroma dunha taza de café, o tacto apaixoado dun libro, os brazos protectores da choiva ...
Ainda que se Sailor me chama dende a rúa co sorriso de Gene Kelly nos beizos, baixarei sen dubidalo. Tendes que comprendelo.
domingo, 18 de noviembre de 2007
viernes, 16 de noviembre de 2007
INSURRECCIÓN
La justicia, la rectitud, la honestidad son pesadas cargas que hoy se derrumban en el suelo junto a mí. No puedo más. Y desde el suelo he visto claro que me hubieran fusilado a la primera de cambio en la guerra civil gritando "Viva la República"; que me hubieran quemado en las hogueras de herejes en cualquier auto de fe ...
Le dedico esta canción a una pequeña sans coulotte porque sé que le gusta.
No hay salida para alguien así. Sólo nos queda susurrar en nuestro lecho de muerte, como Galileo: "a pesar de todo, se mueve". Y esperar que el tiempo nos dé la razón.
Buen fin de semana a todos y todas.
miércoles, 14 de noviembre de 2007
PANE, AMORE E FANTASÍA
A historia comeza coa chegada a un pequeno pobo do maresciallo Antonio Carotenuto, un Vittorio de Sica en estado de gracia, e os seus devaneos entre a xoven María detta la Bersagliera e a misteriosa comadrona Annarella. María, a máis fermosa e pobre, bebe os ventos polo miñaxoíña do carabiniero Pierto Stellati e Annarella agocha un segredo que lle impide dar o sí sen condicións. Así, entre idas e vidas ao bosque, cestiños de froitas, falsos miragres e unha antolóxica declaración de amor enriba dunha bicicleta transcorre este clásico considerado no seu tempo unha puñalada trapeira nas costas do neorrealismo.
Construído segundo as regras da Commedia dell'Arte, presenta persoaxes predeterminados, pero tocados pola varita máxica do xenio interpretativo. Comencini actualiza a vella estructura narrativa con pequenas esceas nas que bule con abafante descaro e vitalidade a alma eterna de Colombina e Arlechino.
domingo, 11 de noviembre de 2007
TANNER 3
Querida Lula:
Hoxe vaguei pola casa con milleiros de cousas na cabeza e sen a determinación de facer algo. Agardei o anoitecer a caron da ventá e, a medida que escurecía, invadiume esa melanconía imprecisa, esa sensación de fracaso da que non poido fuxir. Vinme, un día máis, diante deses rapaces, proxectos inconclusos de seres humans, e xa non sinto nada. Están tan lonxe do que eu poda ensinarlles, do que eu poda decirlles .... nun mundo irreconciliable e remoto onde non hai marcha atrás.
Tania chegou da man da orientadora cando o curso xa comenzara. Non sabía en qué asignaturas se matriculara, nin se tiña materias pendentes. Sempre estaba triste; nunca lle vin un sorriso nos beizos. Miraba dende a beira das súas olleiras cando lle explicaba algo, pero toda ela dirixíase máis alá de min, a uns confíns inimaxinables de miseria e abandono.
Tiña o cabelo tinxido de loiro, cunha enorme raiz negra que non consegueu agochar en todo o ano cos tintes baratos que compraba no chinés. Levaba os pantalons moi apretados e un forro polar vermello que foi a única prenda de abrigo que trouxo todo o inverno.
Un día atopeina pola noite no outro lado da cidade. Estaba sola e creo que se alegrou de verme. Dixo que era o seu antigo barrio e viñera ver aos seus amigos. Despois souben que o concello realoxara á súa familia perto do meu Instituto diante do perigo de derrube da casiña onde vivían.
Tania levaba varios anos sen escolarizar e a meirande parte das veces que lles deixaba tempo para facer os exercicios, ela debuxaba abstraída nas marxes do libro sen tapas que alguén lle prestara. Outras veces, miraba para min dende o pozo dos seus ollos escuros deixándose abanear por verbas que non entendía.
A súa figura sixilosa perdeuse para sempre un 23 de xuño.
Quizáis nunca estivera entre nós.
viernes, 9 de noviembre de 2007
IN THE OCEAN
Este non é un pulpiño do montón, é Pulpiño Viascon.