Saltar ao contido

Peridinina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peridinina
Fórmula esquelética
Fórmula esquelética
Identificadores
Número CAS 33281-81-1
PubChem 5289155
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C39H50O7
Masa molar 630,81 g mol−1

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

A peridinina é un carotenoide captador de luz, un pigmento asociado coa clorofila, que se encontra formando o complexo captador de luz peridinina-clorofila-proteína (PCP) en dinoflaxelados, e onde foi mellor estudado foi na especie Amphidinium carterae.[1]

Características estruturais

[editar | editar a fonte]

O complexo PCP é único pola súa alta proporción de peridinina con respecto á clorofila; a maioría dos complexos captadores de luz conteñen máis clorofila que carotenoides, pero o PCP contén oito moléculas de peridinina e dúas de clorofila arranxadas de modo que promovan a transferencia de enerxía peridinina-clorofila. O complexo PCP é un trímero de proteína cun infrecuente pregamento proteico de solenoide alfa cun peso molecular de 35kDa.

O complexo captador de luz peridinina-clorofila-proteína. As moléculas de peridinina son as rosas e as moléculas de clorofila as negras.

Características espectrais

[editar | editar a fonte]
Espectro de emisión e excitación da clorofila peridinina (PerCP).
  • Máximo de absorción: 483 nm<
  • Máximo de emisión: 676 nm
  • Coeficiente de extinción (ε): 1,96 x 106 M−1cm−1
  • A483/A280 ≥ 4,6

Aplicacións

[editar | editar a fonte]

A clorofila peridinina (PerCP) úsase comunmente en inmunoensaios como a separación de células activadas por fluorescencia (FACS, fluorescence-activated cell sorting) e a citometría de fluxo. O fluoróforo está ligado covalentemente a proteínas ou anticorpoos para o seu uso en aplicacións de investigación.[2]

  1. Hofmann E, Wrench PM, Sharples FP, Hiller RG, Welte W, Diederichs K (1996). "Structural basis of light harvesting by carotenoids: peridinin-chlorophyll-protein from Amphidinium carterae". Science 272 (5269): 1788–1791. PMID 8650577. doi:10.1126/science.272.5269.1788. 
  2. "Peridinin Chlorophyll (PerCP)". Combia Biosciences (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2016. Consultado o 10 de setembro de 2016.