Xogos Olímpicos de 2008
Os Xogos Olímpicos de Pequín 2008 (oficialmente denominados Xogos da XXIX Olimpíada) tiveron lugar na cidade de Pequín, capital da República Popular da China, entre o 8 e o 24 de agosto de 2008, aínda que o torneo de fútbol comezou dous días antes, o 6 de agosto. Ao concluír o evento, leváronse a cabo na mesma cidade os XIII Xogos Paralímpicos, entre o 6 e o 17 de setembro.
O evento deportivo contou con 302 probas en 28 deportes[1] nas que, segundo estimacións, participaron uns 10 500 atletas de 204 países. Ademais de Pequín, algunhas das probas deportivas tiveron lugar noutras cidades da China. O torneo de fútbol tivo lugar nas cidades cidades de Qinhuangdao, Tianjin, Shenyang e Shanghai, namentres as regatas de vela e as probas de hípica efectuáronse no porto de Qingdao e no de Hong Kong, respectivamente.
Os Xogos Olímpicos de Pequín 2008 tiveron un custo que podería superar os 41.000 millóns de dólares, case triplicando o orzamento final do seu antecesor, os Xogos Olímpicos de Atenas 2004, converténdose no evento máis custoso da historia olímpica.[2] A organización deste evento enfrontou diversos problemas dende a súa elección, o 13 de xullo de 2001, especialmente polos problemas de contaminación atmosférica que enfronta a cidade sede e polas acusacións de violacións aos dereitos humanos que recibiu o réxime chinés por parte importante da comunidade internacional, xerando diversas protestas que afectaron o percorrido do facho olímpico. O goberno da China promocionou os xogos co obxectivo de destacar a importancia e influencias do país no resto do mundo.[3]
Proceso de candidatura
editarAínda que as candidaturas de París e Toronto eran mellores, o COI estaba interesado en que os Xogos se celebrasen na China, o país máis poboado do planeta. Esta decisión foi moi discutida polas violacións da China aos dereitos humanos. Para silenciar estas queixas, elixiuse como lema: Novo Pequín, Grandes Xogos para destacar o troco de ideais do país para o novo milenio.
112º Sesión do Comité Olímpico Internacional 13 de xullo de 2001, Moscova, Rusia | ||||||
Cidade | País | Votación | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Pequín | China | 44 | 56 | |||
Toronto | Canadá | 20 | 22 | |||
París | Francia | 15 | 18 | |||
Istambul | Turquía | 17 | 9 | |||
Osaka | Xapón | 6 | - |
Sedes e instalacións deportivas
editarO Goberno chinés e o Comité Organizador dos Xogos construíron ou renovaron 36 recintos deportivos, así como 59 centros de adestramento.
En Pequín construíronse doce novas instalacións, entre as que sobresae o Estadio Nacional e o Centro Acuático. Dez instalacións existentes renováronse e acondicionáronse para a cita olímpica. Así mesmo erguéronse oito instalacións temporais, que ao final dos Xogos serán retiradas ou reconvertidas. Ademais contarase cun circuíto urbano para o maratón e as probas de marcha, e un circuíto tanto na cidade como nos arredores para as competicións de ciclismo en ruta.
Nas outras cidades sedes remodeláronse catro estadios, mellorouse o Centro Hípico de Hong Kong e acondicionouse o porto de Qingdao para as regatas de vela.
En Pequín
editarConstrucións novas:
- Estadio Nacional – atletismo e fútbol.
- Centro Acuático Nacional – natación, saltos e natación sincronizada.
- Area de Wukesong - baloncesto.
- Pavillón de Tiro de Pequín – tiro de precisión.
- Campo de Tiro de Pequín – tiro ao prato.
- Ximnasio Nacional – ximnasia (artística e trampolín), balonmán.
- Velódromo de Laoshan – ciclismo de pista.
- Parque Olímpico de Remo-Piragüismo de Shunyi – remo e piragüismo (augas tranquilas e slálom).
- Ximnasio da Universidade de Agronomía da China – loita.
- Ximnasio da Universidade de Pequín – tenis de mesa.
- Ximnasio da Universidade de Ciencia e Tecnoloxía de Pequín – judo e taekwondo.
- Ximnasio da Universidade Técnica de Pequín – bádminton e ximnasia rítmica.
Recintos existentes:
- Estadio do Centro Olímpico – fútbol e péntatlon moderno (carreira e hípica).
- Ximnasio do Centro Olímpico – balonmán.
- Estadio dos Traballadores – fútbol.
- Area dos Traballadores - boxeo.
- Pavillón Deportivo da Capital – voleibol.
- Estadio de Sóftbol de Fengtai – sóftbol.
- Piscina Ying Tung – wáter-polo e péntatlon moderno (natación).
- Pista de Ciclismo de Montaña de Laoshan – ciclismo de montaña.
- Ximnasio do Instituto Tecnolóxico – voleibol.
- Ximnasio da Universidade de Beihang – halterofilia.
Recintos temporais:
- Centro de Conferencias do Parque Olímpico – esgrima e péntatlon moderno (esgrima).
- Campo de hóckey do Parque Olímpico – hóckey sobre herba.
- Campo de tiro con arco do Parque Olímpico – tiro con arco.
- Centro Olímpico de Tenis de Pequín – tenis.
- Estadio de Béisbol de Wukesong - béisbol.
- Velódromo de Laoshan – ciclismo (BMX).
- Campo de vóley praia do Parque Chaoyang – voley praia.
- Instalación de tríatlon (Pequín 2008) (Represa das Tumbas da Dinastía Ming) – tríatlon.
Fóra de Pequín
editar- Centro de Vela Internacional de Qingdao – vela.
- Centro ecuestre olímpico de Hong Kong – hípica.
- Estadio de Shanghai – fútbol.
- Estadio Olímpico de Qinhuangdao – fútbol.
- Estadio Olímpico de Shenyang – fútbol.
- Estadio Olímpico de Tianjin – fútbol.
Calendario
editarNos Xogos Olímpicos de Pequín leváronse a cabo 302 competicións en 28 deportes. Na táboa seguinte detállanse os días nos que se efectuaron as competicións de cada deporte, así como o número de finais por día que se celebraron.
Evento | 06 | 07 | 08 | 09 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | TOT |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Inauguración | ||||||||||||||||||||
Atletismo | 3 | 4 | 5 | 6 | 5 | 3 | 7 | 6 | 7 | 1 | 47 | |||||||||
Bádminton | 1 | 2 | 2 | 5 | ||||||||||||||||
Baloncesto | 1 | 1 | 2 | |||||||||||||||||
Balonmán | 1 | 1 | 2 | |||||||||||||||||
Béisbol | 1 | 1 | ||||||||||||||||||
Boxeo | 5 | 6 | 11 | |||||||||||||||||
Ciclismo | 1 | 1 | 2 | 2 | 1 | 1 | 3 | 3 | 1 | 1 | 1 | 1 | 18 | |||||||
Esgrima | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 2 | 1 | 1 | 1 | 10 | ||||||||||
Fútbol | 1 | 1 | 2 | |||||||||||||||||
Ximnasia | 1 | 1 | 1 | 1 | 4 | 4 | 4 | 1 | 1 | 18 | ||||||||||
Halterofilia | 1 | 2 | 2 | 2 | 2 | 2 | 1 | 1 | 1 | 1 | 15 | |||||||||
Hípica | 2 | 1 | 1 | 1 | 1 | 6 | ||||||||||||||
Hóquei sobre herba | 1 | 1 | 2 | |||||||||||||||||
Judo | 2 | 2 | 2 | 2 | 2 | 2 | 2 | 14 | ||||||||||||
Loita | 2 | 2 | 3 | 2 | 2 | 2 | 2 | 3 | 18 | |||||||||||
Natación | 4 | 4 | 4 | 4 | 4 | 4 | 4 | 4 | 1 | 1 | 2 | 3 | 2 | 2 | 2 | 1 | 46 | |||
Péntatlon moderno | 1 | 1 | 2 | |||||||||||||||||
Piragüismo | 2 | 2 | 6 | 6 | 16 | |||||||||||||||
Remo | 7 | 7 | 14 | |||||||||||||||||
Softbol | 1 | 1 | ||||||||||||||||||
Taekwondo | 2 | 2 | 2 | 2 | 8 | |||||||||||||||
Tenis | 2 | 2 | 4 | |||||||||||||||||
Tenis de mesa | 1 | 1 | 1 | 1 | 4 | |||||||||||||||
Tiro | 2 | 2 | 2 | 2 | 2 | 1 | 1 | 2 | 1 | 15 | ||||||||||
Tiro con arco | 1 | 1 | 1 | 1 | 4 | |||||||||||||||
Tríatlon | 1 | 1 | 2 | |||||||||||||||||
Vela | 2 | 1 | 2 | 2 | 2 | 2 | 11 | |||||||||||||
Voleibol | 1 | 1 | 1 | 1 | 4 | |||||||||||||||
Clausura | ||||||||||||||||||||
Agosto | 06 | 07 | 08 | 09 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | TOT |
Galegos nos Xogos
editarTodos os participantes galegos nos Xogos (14, dos cales dez eran homes e catro mulleres) fixérono dentro do equipo de España. Estes foron os seus nomes:
- Xavier Gómez Noia (tríatlon) 4º
- Iván Raña (tríatlon) 5º
- David Cal (piragüismo)
- Tareixa Portela (piragüismo) 6º na semifinal[4]
- Sonia Molanes (piragüismo) 4º na semifinal[5]
- Carlos Pérez Rial (piragüismo)
- David Gómez (atletismo) 25º
- Santiago Pérez (atletismo) 26º
- Alessandra Aguilar (atletismo)
- José Antonio Hermida (ciclismo) 10º
- Tamara Abalde (baloncesto)
- Antón Paz (vela)
- Fernando Echavarri (vela)
Política nos Xogos
editarOs Xogos Olímpicos de Beixín víronse embazados pola censura e por diversos conflitos políticos. A situación no Tíbet, provincia chinesa onde se reivindica un maior grao de autonomía, provocou unha vaga de solidariedade internacional que chegou a ameazar a presenza dalgúns xefes de estado e de goberno na cerimonia inaugural[6][7]. Ademais, o percorrido do facho olímpico arredor do mundo tivo que ser alterado, suspendido por veces e protexido con grandes medidas de seguridade en cidades como París, Londres ou San Francisco[8][9][10].
Para evitar protestas, prohibiuse que se exhibisen nos recintos olímpicos bandeiras de países que non estivesen competindo oficialmente[11].
A censura gobernamental sobre os contidos de Internet mantívose na China durante o desenvolvemento dos Xogos, incluso para os xornalistas estranxeiros e para a comunidade olímpica[12]. O día 6 de agosto, dúas xornadas antes do comezo dos xogos, dous cidadáns británicos e dous estadounidenses foron detidos[13] por penduraren unha pancarta onde se reclamaba liberdade para o Tíbet, a pouca distancia do Estadio Olímpico.
Participantes
editarNo tocante ó número de atletas, 11 883 atletas inscribíronse inicialmente (entre eles, os dous atletas de Brunei), pero só 10 902 atletas participaron efectivamente nos Xogos, excluíndo a lesionados e descualificados. Destes, 6 294 eran homes e 4 608 eran mulleres.
A táboa seguinte amosa ós países participantes nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 e o número de atletas representantes (en corchetes, o número de homes e de mulleres):
Listaxe de nacións participantes | ||
---|---|---|
|
|
|
Medalleiro
editar- Véxase o artigo Medalleiro dos Xogos Olímpicos de Pequín 2008.
Posición | País | Ouro | Prata | Bronce | Total |
1 | China (CHN) | 47 | 17 | 26 | 90 |
2 | Estados Unidos (USA) | 31 | 36 | 36 | 103 |
3 | Rusia (RUS) | 19 | 20 | 23 | 62 |
4 | Reino Unido (GBR) | 18 | 13 | 13 | 44 |
5 | Alemaña (GER) | 14 | 9 | 13 | 36 |
6 | Australia (AUS) | 12 | 14 | 16 | 42 |
7 | Corea do Sur (KOR) | 11 | 10 | 7 | 28 |
8 | Xapón (JAP) | 9 | 6 | 10 | 25 |
9 | Italia (ITA) | 7 | 8 | 10 | 25 |
10 | Países Baixos (NED) | 7 | 5 | 4 | 16 |
Notas
editar- ↑ Comité Olímpico Internacional, Programme of the Games of the XXIX Olympiad, Pequín 2008 (4/08/2008)
- ↑ http://www.informador.com.mx/deportes/2008/27104/1/beijing-tendra-los-juegos-olimpicos-mas-caros-de-la-historia.htm Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Pequín terá os Xogos Olímpicos máis caros da historia 4/08/2008
- ↑ China's coming out party Toronto Star 8 de agosto de 2007 http://www.thestar.com/Sports/Olympics/article/242172 Arquivado 24 de agosto de 2008 en Wayback Machine.
- ↑ EFE (2008-08-21). "Portela se queda fuera de la final de K1 500m.". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2023-02-07.
- ↑ Las piragüistas españolas Manchón y Molanes se quedan a las puertas de la final
- ↑ Sarkozy threatens boycott of Beijing Olympic Games opening ceremony Arquivado 13 de maio de 2008 en Wayback Machine., The Times
- ↑ Most EU leaders stay away from Olympic ceremony, EUObserver, 8/8/08
- ↑ O facho olímpico percorre París escoltado nun autobús, Vieiros, 7/4/08
- ↑ Tentan apagar o facho olímpico no seu paso por Londres, Vieiros, 6/4/08
- ↑ O COI podería suspender o percorrido do facho olímpico Arquivado 04 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., Galicia-e,8/4/08
- ↑ A bandeira galega, prohibida en Beixín, Vieiros, 3/8/08
- ↑ Hundreds of websites still censored at Beijing Olympics Los Angeles Times, 5/8/08
- ↑ Britons held in Beijing protest, BBC, 6/8/08