A halterofilia[1] ou levantamento olímpico de pesos é un deporte consistente no levantamento da maior cantidade de peso posible nunha barra á que se lle fixan nos seus extremos varios discos, os cales determinan o peso final a levantar. O devandito conxunto denomínase haltere.

Home practicando halterofilia

Existen dúas modalidades de competición: arrancada e dous tempos. Na primeira, débese elevar, sen interrupción, a barra desde o chan ata a total extensión dos brazos sobre a cabeza. Na segunda, hase de conseguir o mesmo, pero permítese unha interrupción do movemento cando a barra se acha á altura dos ombreiros.

Desenvolveuse en Europa durante o século XIX aínda que ten antecedentes en épocas anteriores. Forma parte dos deportes dos Xogos Olímpicos desde Atenas 1896, aínda que desapareceu en 1908 pero reincorporouse en Antuerpen 1920.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para halterofilia.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar