Guinea

país da África occidental

Guinea,[1] oficialmente República de Guinea (en francés: République de Guinée), é un país da África Occidental, limitado ao norte por Guinea-Bissau e polo Senegal, ao norte e leste por Malí, ao leste pola Costa do Marfil, ao sur por Liberia e Serra Leoa e ao oeste polo océano Atlántico. A súa capital é Conakry.

Modelo:Xeografía políticaGuinea
République de Guinée (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoLiberté Editar o valor en Wikidata

Lema«Traballo, Xustiza, Solidariedade» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 10°N 11°O / 10, -11
CapitalConakry Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación12.717.176 (2017) Editar o valor en Wikidata (51,73 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie245.857 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Nimba (1.752 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Atlántico (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación2 de outubro de 1958 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública Editar o valor en Wikidata
• Presidente da Guinea Editar o valor en WikidataMamady Doumbouya (2021–) Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro da Guinea Editar o valor en WikidataBah Oury (2024–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAsemblea Nacional de Guinea , (Escano: 114) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal16.091.817.842 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
Moedafranco guineano Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.gn Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+224 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia117, 18 e 442-020 Editar o valor en Wikidata
Código de paísGN Editar o valor en Wikidata

Sitio webpresidence.gov.gn Editar o valor en Wikidata
BNE: XX455465

Historia

editar

En parte do que é agora Guinea, moitos imperios xurdiron e caeron. Entre eles o Imperio de Malí creado por Sundiata Keita, quen derrotou ao rei dos Sosso, Soumaoro Kanté na batalla de Kirina en 1235, coa cal terminou o Imperio Sosso.

O Imperio de Malí comprendía partes da área norte de Guinea que foi gobernada por mansa (emperadores). O máis famoso foi Kankan Musa I, que fixo unha famosa peregrinación cara a A Meca en 1324. O Imperio de Malí caeu presa dos invasores almorávidas que viñan do norte de África, que estableceu o Imperio Songhai, o cal caeu a mans dos marroquís en 1591.

Os musulmáns fulani migraron a Fouta Djalon en Guinea Central e estableceron un estado islámico de 1735 ata 1898 cunha constitución escrita e gobernadores alternados.

Os aventureiros europeos comezaron o comercio de escravos na rexión costeira de Guinea desde o século XVI ata o século XIX.

A actual Guinea foi creada como colonia por Francia en 1890 con Noël Balley, sendo o primeiro gobernador. A capital, Conakry, foi fundada na illa Tombo en 1890. En 1895 o país incorporouse á África Occidental Francesa.

Independente de Francia desde 1958, Guinea non tivo eleccións democráticas ata 1993, cando o xeneral Lansana Conté (xefe do goberno militar) foi elixido presidente nunha votación. As supresións da seguridade continúan, aínda que non tan severas como nas primeiras décadas. Reelixido en 1998, o presidente enfrontouse á crecente crítica en 1999 polo seu encarceramento dun principal líder da oposición e o extenso malestar económico. As desordes en Serra Leoa tamén continuaron ameazando a estabilidade de Guinea.

En 2008, á morte de Lansana Conté, tomou o poder Moussa Dadis Camara, que ten como primeiro ministro a Cellou Dalein Diallo.

Xeografía

editar

Pódense diferenciar catro zonas xeográficas:

Estas catro zonas, ás veces denominadas "rexións naturais", non se corresponden coas rexións administrativas.

Hidrografía e orografía

editar
 
Guinée

O país ten 320 km de costa, na que con frecuencia medran mangleiros. Abundan as augas interiores: vinte e dous grandes ríos da África Occidental nacen en Guinea, sendo o Fouta Djalon o gran centro difusor. Entre eses ríos salientan o Níxer, o Senegal e o Gambia. As montañas máis elevadas son interiores, no confín fronteirizo con Costa do Marfil e Liberia, érguese a maior elevación do país o Monte Nimba, con 1.764 metros.

Economía

editar
Artigo principal: Economía de Guinea.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para guineano.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar