Academia.eduAcademia.edu

Lingua e Sociedade en Galicia

2017

https://doi.org/10.24206/lh.v3i1.17105

O artigo ofrece unha ampla revisión da situación social da lingua galega, comezando cunha breve historia do seu contacto co castelán e centrada especialmente nos cambios sociolingüísticos das últimas décadas, despois da súa oficialización como “lingua propia” da Comunidade Autónoma de Galicia. O traballo presenta e analiza datos estatísticos sobre as variables sociolingüísticas e sociais máis relevantes (lingua inicial, competencia lingüística, lingua habitual), presenta unha síntese do proceso de estandarización e comentarios sobre as controversias normativas e os seus efectos sociais, a diversidade de prácticas e as representacións que xurdiron como consecuencia do contacto co castelán neste complexo escenario de intervencións políticas sobre o status e corpus da lingua galega.

Lingüística Galega a contribución do Instituto da Lingua Galega LaborHistórico Volume 3 - Número 1 - jan./jun. 2017 Universidade Federal do Rio de Janeiro Sumário Limiar 10 Henrique Monteagudo Rosario Álvarez Dossiê Temático Lingua e sociedade en Galicia 14 Henrique Monteagudo Investigar, elaborar, divulgar. O Instituto da Lingua da Universidade de Santiago de Compostela 49 Serafín Alonso Pintos A investigación sobre a variación lingüística do galego: desde o ALGa ata a actualidade 63 Rosario Álvarez Xulio Sousa A edición de textos en Galicia (da Idade Media aos Séculos Escuros) 76 Ana Boullón Situando o galego no terreo da investigación lingüística: os traballos de fonética e fonoloxía Elisa Fernández Rei Xosé Luís Regueira LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 1-165, jan. | jun. 2017. 93 A gramática galega, un río de curso curto e sinuoso. Panorama histórico dos estudios gramaticais sobre o galego 111 Francisco Cidrás Francisco Dubert-García Panorama actual da lingüística histórica galega 126 Xavier Varela Barreiro Ricardo Pichel Avances e tendencias actuais en lexicografía galega Ernesto González Seoane Antón Santamarina LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 1-165, jan. | jun. 2017. 149 Lingua e Sociedade Lingua e Sociedade en Galicia en Galicia Henrique Monteagudo Language and Society in Galicia Recebido em 02 de dezembro de 2016. | Aprovado em 06 de fevereiro de 2017. DOI: http://dx.doi.org/10.24206/lh.v3i1.17105 Henrique Monteagudo1 Resumo: O artigo ofrece unha ampla revisión da situación social da lingua galega, comezando cunha breve historia do seu contacto co castelán e centrada especialmente nos cambios sociolingüísticos das últimas décadas, despois da súa oficialización como “lingua propia” da Comunidade Autónoma de Galicia. O traballo presenta e analiza datos estatísticos sobre as variables sociolingüísticas e sociais máis relevantes (lingua inicial, competencia lingüística, lingua habitual), presenta unha síntese do proceso de estandarización e comentarios sobre as controversias normativas e os seus efectos sociais, a diversidade de prácticas e as representacións que xurdiron como consecuencia do contacto co castelán neste complexo escenario de intervencións políticas sobre o status e corpus da lingua galega. Palabras-chave: lingua galega; sociolingüística; contacto galego/castelán; glotopolítica; estandarización. Abstract: The article offers a complete review of the social situation of the Galician language, starting with a short history of its contact with Castilian and focusing specifically on the sociolinguistic changes of the last decades, after its officialization as the “particular language” of the Autonomous Community of Galicia. The paper presents and analyzes statistical data on the most relevant sociolinguistic and social variables (mother language, language competence, usual language), presents a synthesis of the standardization process and comments on the normative controversies and their social effects and the diversity of linguistic practices and representations that emerged as a consequence of the contact with Castilian in this complex scenario of political interventions on status and on the corpus of the Galician language. Keywords: Galician language; sociolinguistics; language contact Galician/Spanish; language policy; standardization. Henrique Monteagudo é profesor titular de Filoloxías Galega e Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Investigador do Instituto da Lingua Galega, a súa pesquisa céntrase nos campos da historia da lingua, a sociolingüística e a edición de textos. É autor, coautor ou director de numerosos traballos sobre filoloxía, lingüística, sociolingüística e historia social da lingua galega. Salientan o volume Estudios de sociolingüística galega (1995), a monografía Historia Social da Lingua Galega (1999) e os estudos A sociedade galega e o idioma. A evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003) (2006), O idioma galego na sociedade. A evolución sociolingüística 1992-2008 (2011), A(s) lingua(s) a debate. Inquérito sobre opinións, actitudes e expectativas da sociedade galega (2011) e Lingua e sociedade en Galicia. A evolución sociolingüística 1992-2013 (2017). Codirixiu o Informe de Política Lingüística e Normalización en Galicia (1980-2000), publicado en tres volumes polo Consello da Cultura Galega. É editor dos volumes Norma lingüística e variación (2005), Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade (2009) e Linguas, sociedade e política. Un debate multidisciplinar (2012). [email protected]. 1 LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 14 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia O idioma galego experimentou dous procesos de emerxencia, que se desenvolveron en cadanseu período da súa historia: o medieval e o contemporáneo. O primeiro produciuse nos séculos XII-XV, e tivo como resultado a constitución dunha variedade romance a partir dun conxunto de falares neolatinos espallados polo recanto noroeste da península ibérica –ao norte e ao sur do río Miño, desde o Douro ata o mar Cantábrico– que se atopaban na situación de código baixo (B) dunha situación diglósica clásica, co latín medieval como código alto (A). No transcurso do proceso da súa individuación, esta variedade romance foise definindo verticalmente fronte ao latín e horizontalmente fronte aos romances veciños, nomeadamente fronte ao castelán (séculos XIII-XIV). Pola súa vez, desde o século XIV no Reino de Portugal deu en individuarse outra variedade romance destacada daquel mesmo tronco, a partir dos falares de entre Miño e Douro difundidos do río Vouga para o sur a custa de falares mozárabes e árabes: o portugués. Carente de institucións e centros de poder propios que propiciasen o seu desenvolvemento autónomo, o galego caeu moi cedo na órbita do castelán, que o satelizou. Así, desde os comezos do século XVI perdeu o seu uso escrito e foi desprazado polo castelán como lingua de cultura. Como consecuencia, iniciouse un proceso de dialectalización que se estendeu ao longo dos séculos XVI ao XIX, e que, de feito continúa ata os nosos días. En termos de Heinz Kloss (1986), durante os séculos escuros (do XVI ao XIX) o galego converteuse nun dialecto externo cun teito heteroxenético (o castelán): isto é, un subsistema separado do diasistema de orixe (o galego-portugués), que foi recuberto por un idioma diferente. Ben é certo que este idioma-teito ten unha raíz común (máis remota) no latín hispánico, e a proximidade xenética e estrutural entre o galego e o castelán, que os converte en idiomas mutuamente intercomprensibles (bilingüismo inherente), é un factor de primeira importancia na configuración diglósica da sociedade galega e no mesmo proceso de dialectalización. Entrementres, as variedades ao sur do Miño eran recubertas por un teito homoxenético, unha variedade padrão elaborada e difundida tomando como base as variedades implantadas ao sur do territorio orixinario, nos centros de poder e cultura do Reino de Portugal, un círculo que orbitaba arredor de Lisboa, conformado polas cidades de Coimbra, Santarém e Évora. Non obstante, a partir dos mediados do século XIX, desenvólvese unha segunda emerxencia do galego, que pon en cuestión a súa subordinación con respecto ao castelán e se orienta a reverter o proceso de dialectalización. Esta segunda emerxencia corre paralela, en relación dialéctica, co proceso de nacionalización do Estado español na idade contemporánea, no seo do cal o castelán (agora convertido en español) é elevado ao status, simbólico e operativo, de lingua nacional (MONTEAGUDO, 2013a; NÚÑEZ SEIXAS, 2013). Desde os seus inicios, o nacionalismo español hexemónico adopta o modelo de Estado centralista (no plano político-organizativo) e uniformista (no plano lingüístico-cultural) de inspiración francesa, o que condena as comunidades etnolingüísticas da periferia á subordinación e, en definitiva, á asimilación, coa progresiva marxinación das súas linguas e culturas tradicionais, abocadas á substitución pola cultura e a lingua nacionais españolas (MONTEAGUDO, 2017, p. 289-325). Como reacción, distintos sectores desas comunidades puxeron en marcha estratexias de resistencia fronte ao uniformismo e impulsaron procesos de nacionalización e modernización das súas respectivas linguas e culturas (NÚÑEZ SEIXAS, 1999). Así, a partir do século XIX, diversos sectores da sociedade galega resistiron de distintos xeitos a desgaleguización. Esta resistencia pode provir da solidariedade espontánea e horizontal que se dá no interior das pequenas comunidades galegofalantes locais, pero tamén pode vir asociada a proxectos de (re)construción dunha identidade galega diferenciada concibidos por minorías intelectuais e que ata a actualidade atinxiron un eco social minoritario. Co fito de superar a diglosia, estas minorías promoveron o uso do galego, fomentaron o seu cultivo literario, defenderon a súa dignidade e esforzáronse en dotado de prestixio presentándoo como un patrimonio cultural digno de preservación, como unha manifestación senlleira dunha cultura orixinal e/ ou como o símbolo máis recoñecible dunha identidade colectiva (rexional ou nacional) diferenciada. Dentro do marco que acabamos de deseñar, no presente contributo imos poñer o foco sobre os procesos sociolingüísticos que se desenvolveron en Galicia na idade contemporánea, analizando o efecto combinado de dúas dinámicas contrapostas que abocan a resultados históricos mutuamente incompatibles: o proceso de desgaleguización, impulsado polo nacionalismo de Estado español, que conduce á extinción do galego; e o de mantemento do galego ou regaleguización, promovido por distintas expresións do galeguismo, orientado cara á súa normalización. En termos de Fishman: language shift versus language maintenance / reversing language shift (FISHMAN, 1979, p. 135-180; 1989; 1997). Naturalmente, neste lugar só podemos aspirar a ofrecer unha primeira achega a algúns dos aspectos implicados nos devanditos procesos que nos parecen máis significativos, pois non é posible contemplar todos eles. Os límites da presente abordaxe veñen colocados dunha banda polas propias LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 15 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia limitacións de espazo de que dispomos e doutra polos outros traballos incluídos nesta e na próxima publicación de LaborHistórico, nomeadamente as achegas dos colegas Anik Nandi, Xoán Lagares e Serafín Alonso Pintos. No que vén a seguir, imos tentar resumir algúns dos puntos máis sobranceiros da reflexión e da investigación sociolingüística galega nas últimas décadas (véxase MONTEAGUDO, 2012b, para unha visión panorámica), pensando nun público brasileiro e internacional interesado por coñecer os grandes trazos da situación actual do idioma galego. Comezaremos por unha presentación xeral, baseada nos conceptos clave de diglosia e interposición e mais de substitución e asimilación, para posteriormente presentarmos unha panorámica máis detallada. 1. Diglosia e Interposición A superposición do castelán sobre o galego conduciu a unha situación de diglosia, en que o primeiro funciona como código alto (A) e o segundo funciona como código baixo (B) (FISHMAN, 1979, p. 119-133). De inicio, tratábase dunha diglosia fundamentalmente funcional e secundariamente social, pero esta segunda dimensión foise acentuando co paso do tempo (MONTEAGUDO, 2017). A relación diglósica foi relativamente estable ata o século XIX, pero desde este século ata os nosos días transformouse nunha situación dinámica, un proceso de substitución lingüística, que, contemplado na perspectiva da longa duración, evoluciona a un ritmo progresivamente acelerado, como máis adiante mostraremos. Para comezar a nosa exposición, imos presentar unha caracterización xeral da situación diglósica, que nas páxinas seguintes iremos ampliando e matizando (CHACÓN CALVAR, 1978; ÁLVAREZ CÁCCAMO, 1983). 1. Plano funcional. O castelán monopolizou os dominios de uso e as funcións comunicativas elevadas de que o galego ficou excluído: a comunicación pública e formal, a escrita, os ámbitos asociados á alta cultura e ao poder. Importantísimas novidades tecnolóxicas cun impacto decisivo no cultivo e divulgación dos idiomas foron sistematicamente acaparados polo castelán e resultaron inaccesibles para o galego, ou só accesibles con retraso e en condicións de precariedade: a partir do século XVI a imprenta, a partir do século XIX os medios de comunicación escritos, e ao longo do século XX os medios audiovisuais. Deste xeito, o castelán asociouse sistematicamente e de xeito excluínte non só co poder, senón tamén coa innovación nos planos social e político, cultural e tecnolóxico, evolucionando ao compás do progreso histórico, que, pola contra, o galego non deu seguido ou só conseguiu perseguir con retraso. Así, a diglosia funcional deu lugar á interposición do castelán, á que nos referiremos de contado. 2. Plano formal. cultivo e elaboración. Aos dominios de uso / funcións comunicativas elevadas corresponden xéneros de discurso / tipos de texto específicos, que constitúen os distintos ámbitos de cultivo do idioma, que pola súa vez propician a súa elaboración lingüística. Mentres o castelán ampliaba o seu rango funcional e ía fixando unha variedade culta, obxecto de elaboración, codificación e difusión, o galego, carente de cultivo e elaboración por canto reducido a un estado práctico de uso limitado ao discurso informal e convertido exclusivamente en idioma coloquial das clases subalternas, viuse reducido a unha circulación restrinxida e permaneceu nun estadio de borrosidade. En consecuencia, non comezou a ser recoñecido como lingua ata a segunda metade do século XIX – mesmo así, polemicamente –, e só a partir de 1980 encamiñou a súa estandarización. 3. Plano social. Nos séculos XV-XVI o castelán comezou sendo a lingua habitual –isto é, utilizada na comunicación diaria, transmitida e aprendida no seo da familia– só dos grupos sociais dominantes, inicialmente de procedencia foránea, que constituíron un primeiro núcleo diglósico asimilador, orixinando unha situación de diglosia sen bilingüismo (CHACÓN CALVAR, 1978). Máis tarde, ao longo dos séculos XVI-XVIII, nun proceso de difusión horizontal e selectiva, ao devandito núcleo fóronselle unindo sectores privilexiados urbanos de procedencia autóctona –nobres e letrados incorporados á burocracia, á milicia ou ao alto clero– que foron adoptando o castelán como lingua doméstica, configurando un primeiro núcleo diglósico asimilado, o que deu lugar a unha situación de diglosia con bilingüismo de elite (MONTEAGUDO, 2017, p. 197-228; HOFFMANN, 1991, p. 42). Deste xeito, o castelán comezou a xogar unha función discriminante: o seu uso (e por tanto, a competencia nel) era un prerrequisito imprescindible para integrarse nos grupos sociais privilexiados, establecidos fundamentalmente nos núcleos urbanos. Asentado como lingua familiar e informal destes, no século XIX comezou a ser adoptado polos novos grupos sociais ascendentes –distintas camadas da burguesía, que engrosaban as profesións “liberais” e a burocracia–, reforzados por continxentes de procedencia foránea, mentres que o galego se asociaba cada vez máis estreitamente aos grupos sociais subalternos e retardatarios, inmobilizados nos oficios tradicionais (artesáns, LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 16 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia campesiños e mariñeiros), analfabetos e excluídos dos ámbitos de poder e de alta cultura (MONTEAGUDO, 2017, p. 197-228). Xa que logo, a función discriminante que o castelán adquirira nos séculos anteriores, viuse reforzada: o seu emprego era unha precondición indispensable non só para a integración na “boa sociedade”, senón tamén para a promoción social –aspecto este clave nunha sociedade caracterizada por unha intensa mobilidade–. Deste xeito, na idade contemporánea a difusión do castelán pasou de horizontal e selectiva a vertical e masiva, desencadeándose un proceso de substitución lingüística a gran escala (MONTEAGUDO, 2017, p. 329-341). Ao longo dos séculos XIX e XX pasouse así dunha situación de diglosia funcional con bilingüismo de elite a outra de diglosia funcional/social con bilingüismo de masas (folk bilingualism): un bilingüismo substitutivo, como paso de intermedio para o progresivo abandono do galego a favor do castelán, e por tanto, unha situación de transición que, nos feitos, tendía e tende cara á desgaleguización, mesmo se isto non necesariamente é contemplado deste xeito polos distintos axentes sociais implicados no proceso. 4. Plano ideolóxico. Como consecuencia do devandito, o castelán viuse beneficiado por unha transferencia de prestixio (Joseph 1987: 31), xa que foi asociado a factores nobilitantes e dignificadores: lingua do poder, da cidade, da escola, da cultura, do progreso, dos individuos e grupos sociais cultos e privilexiados, dotada dunha rica e brillante tradición literaria. Ao tempo, vinculouse a unha identidade nacional prestixiosa (a española), vinculación que se fixo especialmente importante a partir do século XIX, co auxe do nacionalismo que acompañou a construción do Estado-nación contemporáneo (Monteagudo 2013a e 2017: 289-325). Pola contra, o galego padeceu unha forte estigmatización social, ao quedar asociado a unha identidade étnica e social desprestixiada: foi considerado un estigma que sinalaba a subalternidade social e o atraso cultural. De aí a progresiva perda de lealdade cara ao galego e a asunción dunha identidade negativa (auto-odio), que contrastaban co orgullo dos castelanfalantes e a súa identidade positiva, con tendencia a unha ideoloxía de superioridade lingüística (supremacismo idiomático). Referímonos antes á noción de interposición, complementaria da de diglosia. Esta noción, definida polo sociolingüista Lluís V. Aracil (1983: 176-187), pon de relevo o fenómeno de que en situacións de subordinación ou satelización dunha determinada comunidade lingüística (tomaremos como exemplo o galego: G), subordinada a outra dominante (no noso caso, o castelán: C), todas ou as máis importantes relacións entre a primeira e o resto de linguas e culturas son filtradas a través do idioma e a cultura superpostos (Aracil 1983, 176). A interposición é, pois, un aspecto particular da situación diglósica, con importantes consecuencias sobre a evolución do idioma subordinado. Figuras 1 (dereita) e 2 (esquerda). Representación da situación de interposición. O castelán interponse entre o galego e as demais linguas (véxase ARACIL, 1983, p. 181). LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 17 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia A figura 1 representa a enclaustración do sistema galego polo castelán: mentres que os outros sistemas están en contacto inmediato os uns cos outros, o primeiro está en contacto directo unicamente co segundo. A figura 2 representa a mesma situación dunha maneira diferente: mentres os sistemas portugués, francés, inglés, etc. están conectados directamente entre si e co castelán, o galego ten soamente unha conexión directa, que o subordina ao castelán, a través do cal está conectado cos outros. A distribución topográfica corresponde a unha estrutura mental e por outra banda consiste nunha estrutura sociocultural. O acceso desde o galego ás outras linguas / culturas é unha función que o castelán monopoliza. Aracil subliña: “L'idioma interposat funciona sempre com una vàlvula selectiva que controla d’alguna manera les relacions entre la comunitat de [G] i la resta de món (1983, p. 193). 2. Desgaleguización: substitución e asimilación Como consecuencia da diglosia e da interposición, na conciencia social maioritaria o galego foi visto como un dialecto, mentres que o castelán era “A lingua”. No período altomoderno, era a lingua da Monarquía, da nobreza e da burocracia (ademais do teatro e a literatura elevada), no período contemporáneo era e é a lingua do Estado, da burguesía e da cidade (ademais da literatura, dos medios de comunicación e da vida pública). Deste xeito, iniciouse un proceso de dialectalización propiamente lingüístico: como única lingua de cultura, o castelán interpúxose entre o galego e as demais linguas, pero como única lingua pública e formal, interpúxose tamén entre as distintas variedades do propio galego. Xa que logo, dunha banda impediu o contacto directo deste con outras linguas, coutando a súa actualización autónoma e favorecendo a súa dialectalización (a única fonte de renovación lingüística era o propio castelán), e doutra banda atrancou o intercambio entre os distintos falares, inhibindo a constitución dunha variedade supradialectal común e propiciando a fragmentación dialectal (o castelán aparecía como a lingua de comunicación entre falantes dos distintos dialectos). Así se desenvolveu a dialectalización / fragmentación do galego, quedando as distintas falas desconectadas entre si, e dependendo todas elas do castelán como idioma de referencia, o que favoreceu unha progresiva perda da súa cohesión e o esboroamento da conciencia da lingüicidade do idioma (o que os occitanistas denominan patoisización). Ben é certo que a comunidade galego-falante mantivo firmemente a noción da súa unidade, mesmo no caso dos falantes de áreas exteriores á Galicia administrativa. O proceso de desgaleguización ten, por tanto, dous aspectos: a asimilación e a substitución propiamente dita. A asimilación consiste na redución da de autonomía lingüística do galego ata a disolución da súa identidade, mentres que a substitución consiste na mingua de falantes tendente á redución e finalmente, á liquidación da comunidade lingüística galega. A substitución aliméntase do language shift, o abandono por parte dos seus falantes a favor do castelán, pero, sobre todo, da ruptura de cadea de transmisión interxeracional do idioma. A desgaleguización implica un cambio de lingua, isto é, a modificación tanto do repertorio lingüístico dos falantes monolingües – no caso típico –, que deben obter ou incrementar competencia noutra lingua (segunda), canto das súas prácticas lingüísticas, para incorporaren a elas a nova lingua. Ademais, o cambio de lingua nunca se dá por si só, senón que sempre vén desencadeado por ou asociado a mudanzas no status social2, no hábitat de residencia e nas redes de relación; de feito, frecuentemente, estas tres mudanzas son solidarias unhas das outras. Polo mesmo, raramente o cambio de lingua é total, isto é, non é corrente que un individuo pase de súpeto de ser monolingüe en galego (GM) a ser monolingüe en castelán (CM) ou viceversa. Máis ben, os cambios de lingua son parciais e graduais: de monolingüe galego (GM) a bilingüe con uso máis frecuente do galego (GB), de bilingüe con uso preferente do galego (GB) a bilingüe con uso preferente do castelán (CB), ou de bilingüe (CB ou GB) a monolingüe (CM)3 . Este proceso pode completarse ao longo da vida dunha persoa, pero máis tipicamente complétase ao longo de varias xeracións – dúas, ou, no caso máis frecuente, tres –. A ruptura da cadea de transmisión interxeracional ocorre cando pais e nais galego-falantes crían a súa prole en castelán, ben porque entenden que así lle facilitan o ascenso social, ou ben porque mudaron de posición social (e, frecuentemente, de residencia). Enténdase ‘status’ nun sentido amplo: as mudanzas contempladas non son só as de tipo de campesiña a empregada de comercio, de mariñeiro a obreiro ou de empregado de banca a funcionario, senón tamén de estudante a traballadora asalariada ou parada, ou de adolescente a mozo/a, de solteiro/a a casado/a, de persoa sen fillos a pai/ nai, de profesor/a a xubilado/a, etc. 3 Nótese que a partir de agora no resto do traballo empregaremos os acrónimos GM (galegofalante monolingüe), GB (galegofalante bilingüe), CB (castelanfalante bilingüe) e CM (castelanfalante monolingüe), sempre en referencia á lingua habitual, é dicir, á lingua falada nas interaccións máis frecuentes do día a día. 2 LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 18 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia Por outra banda, os cambios de lingua poden ter unha motivación instrumental (uso especializado dunha segunda lingua para propósitos determinados e/ou con interlocutores definidos), e neste caso o cambio de lingua non adoita implicar o abandono da primeira lingua nin unha renuncia á identidade grupal asociada a esta; ou ben poden ter unha motivación integrativa (identificación cun grupo de referencia falante desa lingua), e neste caso o cambio acostuma implicar o abandono da primeira lingua e unha renuncia á respectiva identidade grupal. Xa que logo, a bilingualización non sempre nin necesariamente implica o abandono da primeira lingua nin a asunción dunha identidade negativa, senón que pode estar guiada por motivacións puramente prácticas. Sexa como for, os cambios de lingua requiren (LEPAGE; TABOURET-KELLER, 1985, p. 182-186): (i) motivación suficiente para aprender e utilizar a segunda lingua (o ascenso social é unha moi común e moi poderosa, pero poden darse outras); (ii) competencia comunicativa suficiente na segunda lingua, o cal require ter acceso a ela mediante a exposición, o contacto cos seus falantes, a aprendizaxe regrada...; (iii) ocasións de uso. Estas tres condicións retroaliméntanse mutuamente: as ocasións de uso axudan a mellorar a competencia e alimentan a motivación, mentres que a percepción dunha maior competencia motiva para incrementar o uso. Sen dúbida as transformacións sociais que se viñeron desenvolvendo na Galicia contemporánea –desenvolvemento das vías de comunicación, establecemento do sistema educativo, difusión dos medios de comunicación, incremento da mobilidade social e territorial, intensificación dos contactos entre habitantes de distintos lugares...– favoreceron a substitución lingüística do galego polo castelán, pois aumentaron as posibilidades de sectores cada vez máis amplos da comunidade galegofalante para contactaren cos castelanfalantes e imitaren o seu comportamento lingüístico, incrementaron as ocasións de acceso aos ámbitos de uso e de aprendizaxe da lingua dominante, fomentaron a motivación para asimilarse lingüisticamente a ela e ofreceron as oportunidades para adquirir a competencia lingüística necesaria para falala. 3. Galicia contemporánea: periferia, dependencia, emigración e crise A causa do desenvolvemento desigual do capitalismo en España, que colocou Galicia nunha situación periférica, subordinada e dependente, esta experimentou tarde e debilmente as transformacións típicas das sociedades modernas, de xeito que o exiguo crecemento urbano non abondou para absorber o excedente de poboación procedente do campo, que buscou saída na emigración. A emigración masiva da poboación rural á América hispanofalante, que comezou a mediados do século XIX e atinxiu proporcións de éxodo ata os anos trinta do século XX, supuxo un factor fundamental de debilitamento da base demográfica e social da comunidade galegofalante, na mesma medida en que contribuíu a deteriorar o principal nicho ecolóxico do idioma galego. Así, nos últimos douscentos anos aquela perdeu case continuamente peso relativo respecto do conxunto da poboación galega, ao paso que esta viu globalmente reducido o seu peso relativo no conxunto español. Entre o comezo do século XX e a actualidade España multiplicou a súa poboación por 2,51, mentres que Galicia o fixo por 1,33 (RAGSeminario de Sociolingüística, 2016, p. 27). Táboa 1. Evolución da poboación galega en números absolutos e do peso porcentual en relación á poboación española. Fonte: INE. LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 19 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia Gráfico 1. Evolución da poboación galega, 1857-2014. Gráfico 2. Evolución do peso da poboación galega sobre o total de España, 1857-2014. Fonte: wikipedia https://gl.wikipedia.org/wiki/Galicia . A demografía galega neste período pode caracterizarse nas liñas principais polos seguintes trazos (Cidadanía-Rede de Aplicacións Sociais, 2002, p. 46-49; SUBIELA, 2010; RAG-Seminario de Sociolingüística, 2016, p. 27-36): 1) Crecemento feble, con práctico estancamento a partir de 1940 (táboa 1 e gráficos 1 e 2): a poboación medrou máis en termos absolutos nos vinte anos que van de 1920 a 1940 que nos setenta que van desde este último ano ata 2010. Por tanto, o peso porcentual da poboación galega verbo do conxunto de España diminuíu drasticamente, ata reducirse a pouco máis da metade desde 1857 a 2010. Na actualidade, Galicia perde poboación: os datos de 2016 dan 2.718.525 habitantes. A crise demográfica galega explícase por dous fenómenos sucesivos: a fortísima emigración ata aproximadamente 1975, da que falaremos axiña; e, aproximadamente a partir desta data, a subsecuente caída da fertilidade, coa consecuencia dun pronunciado avellentamento da poboación. 2) Débil e tardío desenvolvemento industrial, e por conseguinte, mantemento ata a segunda metade do século XX dunha enorme importancia do sector primario (agricultura, gandaría e pesca). Porén, nos últimos cincuenta anos, a situación mudou dun xeito drástico: en 1950 o sector primario empregaba 830.000 postos de traballo (70% da poboación ocupada), en 1977 chegaba ao 45%, pero en 2014 a cifra frisaba os 60.000 (o 6,6%). Por tanto, entre 1950 e 2014 o emprego no sector primario caeu un 93% e, consecuentemente, o ritmo de terciarización da economía galega nas últimas décadas foi vertixinoso. Este fenómeno asóciase coa elevación do nivel de estudos: en 1985, o 72% da poboación maior de 25 anos chegara a completar só estudos primarios, na actualidade, o 20% dese segmento de poboación posúe estudos superiores e un 50% adicional chegou a completar estudos secundarios. 3) Elevada densidade (92,4% en 2016) e grande dispersión da poboación en pequenos núcleos rurais: as preto de 40.000 entidades de poboación de Galicia supoñen máis do 40% do total español. A poboación urbana tivo escaso peso ata as últimas décadas, como correlato da feble e tardía industrialización a que acabamos de referirnos. En 1900, o 88,7% da poboación era rural, en 1940 a cifra aínda se situaba no 81,9%. Pero en 1986, o 65,9% da poboación habitaba núcleos urbanos (de máis de 10.000 habitantes); en 2016 , só o 27,3% da poboación galega habitaba en núcleos rurais. O acelerado ritmo da urbanización da poboación galega non se explica só polo crecemento do sistema urbano, senón tamén pola desurbanización do espazo rural, asociado a unha forte crise demográfica (PRECEDO; MÍGUEZ; FERNÁNDEZ, 2008). 4) Forte emigración, que desde mediados do século XIX ata 1960ca. se dirixiu sobre todo á América hispana (gráfico 4, táboas 2 e 3), primeiro a Cuba e despois a Arxentina e a Uruguai, aínda que hai que ter en conta que no primeiro terzo de século se trata de emigración andoriña, isto é, temporal (o alto índice de retornos explica as diferenzas entre os números totais e os saldos intercensais). A partir de LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 20 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia 1960 ata 1980ca., o destino da emigración galega cambia (gráfico 3 e 4, táboa 2): agora os emigrantes galegos diríxense fundamentalmente á Europa desenvolvida (Alemaña, Suíza, Francia, Reino Unido...). Gráfico 3. Emigración galega a América, 1911-1991. Gráfico 4. Emigración galega a Europa, 1962-1991. Fonte: Beiras e López (1999, p. 186; 205). Táboa 2. Emigración a América, 1911-1962. Táboa 3. Saldo migratorio global, 1860-1970. Fonte: Beiras e López (1999, p. 182). En definitiva, ao longo dos séculos XIX, XX e o que levamos do XXI, a comunidade galega non seu conxunto perdeu continuamente peso, demográfico, económico – e, en consecuencia, político – no conxunto español. 4. Demografía e Socioloxía da Lingua Galega As proxeccións en tempo aparente que é dado realizar a partir de enquisas realizadas nos últimos anos mostran que o galego foi ata tempos recentes a lingua habitual da esmagadora maioría da poboación, e unha boa parte desta era monolingüe. Vexamos a proxección sobre a lingua habitual que se realizou tomando como base os datos recollidos en 1992 para o Mapa Sociolingüístico de Galicia (RAG-Seminario de Sociolingüística, 1995, p. 51-55). Neste inquérito preguntábase aos informantes sobre a lingua habitual dos seus pais e avós. As preguntas formuladas eran do tipo “Que lingua fala/ falaba a súa nai / pai / avoa... con vostede / entre si...?” e as posibilidades de resposta eran catro: só castelán, máis castelán, máis galego, só galego, que corresponden respectivamente co monolingüismo en castelán (CM), o bilingüismo de dominancia castelán (CB), o bilingüismo de dominancia galego (GB) e o monolingüismo en galego (GM). A partir das respostas obtidas púidose calcular a evolución da lingua habitual desde 1877 (Gráfico 5). Así, das persoas nadas en 1877, calcúlase que o 88,5% eran monolingües habituais en galego, e só o 4,3% eran castelanfalantes (CM+CB). Se observamos a evolución desta variable ata o grupo de persoas nadas en 1924, salienta un incremento notable do bilingüismo de predominancia galega (GB), que se LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 21 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia incrementa desde o 7,3% entre os nados en 1877 ata o 18% dos nados en 1924, mentres que o grupo castelanfalante se mantén nunha porcentaxe limitada (CM+CB: 10,3% da poboación). Endebén, entre as persoas nadas en 1924 as nadas en 1947 prodúcese un cambio notable: na segunda data, o grupo máis numeroso xa non é o das monolingües en galego (que representan un terzo da poboación: 32,4%), senón o das bilingües de dominancia galega (38,5%), mentres que as castelanfalantes pasan a constituír case un terzo da poboación (CM+CB: 29,1%). Entre aquelas dúas datas ocorreu un acontecemento histórico catastrófico, determinante na evolución do galego: a guerra civil (1936-39) e conseguinte instauración da ditadura franquista (1939-1975), de ideoloxía fascista / nacionalista, que promoveu unha política de estado destinada a impoñer o castelán e aniquilar as linguas periféricas, varridas da vida pública e degradadas no discurso oficial á condición de “dialectos rexionais” (Freitas Juvino 2008). Pero tanto ou máis daniña para as linguas periféricas –nomeadamente o galego–, que a política lingüística oficial do franquismo, ao servizo da cal xogaron non só o sistema educativo, senón un poderoso aparato de propaganda (unha prensa servil e, particularmente, a radio e a televisión estatais), foron as súas políticas económicas e sociais, que resultaron devastadoras para o campo galego, provocando unha nova vagada migratoria, aínda máis intensa cás precedentes: véxase como mostra o saldo migratorio do período 1941-1970, o máis negativo dos rexistrados na idade contemporánea (-581.799), dato inseparable do estancamento da poboación galega desde 1940 (táboa 3). Os efectos desa política, aliada ao impacto demoledor da emigración sobre a comunidade galegofalante, quedan de vulto no gráfico que estamos comentando (gráfico 5): durante o franquismo, non só se duplicou a porcentaxe de monolingües en castelán (do 9% ao 20,5%), senón que se incrementou espectacularmente o bilingüismo substitutivo (isto é, o bilingüismo de transición, orientado á substitución do galego): se entre as persoas nadas en 1947, o grupo máis numeroso era, como dixemos, o das bilingües de dominancia galega (GB: 38,5%), entre as nados en 1974 pasou a selo o das bilingües de dominancia castelá (CB: 39,8%), que sumados aos monolingües en castelán daban como resultado que o castelán era lingua habitual única ou dominante do 50,3% das persoas nadas nesta última data. Nesas cifras toma corpo a nosa afirmación previa sobre a aceleración do proceso de substitución lingüística ao longo do século XX e sobre as fases en que este se produciu: predominancia do monolingüismo en galego > difusión do bilingüismo entre os galegofalantes de orixe > uso bilingüe con preferencia polo castelán > imposición do monolingüismo en castelán (véxase gráfico 19, no apartado final do presente artigo). Por outra banda, á vista deste último dato e da tendencia que se rexistraba nas décadas precedentes, era esperable que cincuenta anos máis tarde, por volta de 2024, o castelán sería a lingua de uso maioritario da poboación galega, a non ser que a dinámica sociolingüística experimentase unha inflexión rotunda. A iso apuntan os datos recollidos nas últimas décadas: no último inquérito oficial realizado (2013), o galego aínda era a lingua habitual (GM+GB) do 51% da poboación, pero en tendencia decrecente; de feito, nos vinte e un anos que van de 1992 a 2013, a dita porcentaxe caera un 17% (véxase gráfico 6). Gráfico 5. Lingua habitual en Galicia, de 1877 a 1974 (as cifras representan porcentaxes). Fonte: RAG-Seminario de Sociolingüística (1995, p. 53). LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 22 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia Gráfico 6. Lingua habitual do conxunto da poboación galega: evolución 1992 - 2003 -2008 - 2013. As cifras en corpo menos indican as porcentaxes (de arrriba a abaixo) de monolingües en castelán, bilingües de dominancia castelán, bilingües de dominancia en galego e monolingües en galego. As cifras en corpo meirande indican a suma de castelanfalantes (monolingües en castelán + bilingües de dominancia castelán) dunha banda (arriba) e galegofalantes (monolingües en galego + bilingües de dominancia galego) da outra (abaixo). Fonte: RAG-Seminario de Sociolingüística (1995), Instituto Galego de Estatística (2003; 2008; 2013) (véxase CCG-Sección de lingua, 2005 e 2011; RAG-Seminario de Sociolingüística, 2016). Para darmos un pouco máis de perfil á grosa imaxe que obtemos cos gráficos 5 e 6, imos tentar refinar os datos, controlando variables como hábitat (rural/urbano), clase social, rexistros e dominios de uso; prácticas lingüísticas bilingües/diglósicas e normas de uso e imaxes sociais das linguas. Obviamente, estas variables están estreitamente interrelacionadas, de xeito que ao tratalas son inevitables algúns solapamentos. 1. Rural / urbano. Polo que atinxe á distribución socio-espacial das linguas, é claro que durante toda a idade contemporánea o galego foi a lingua predominante no medio rural, mentres que a situación das cidades foi e é máis problemática. O magro sector burgués e pequeno-burgués galego constituíuse nos núcleos urbanos a partir de dúas achegas fundamentais: a primeira, a reciclaxe dos estamentos privilexiados do Antigo Réxime en Galicia, que en boa parte xa estaban castelanizados; a segunda, o asentamento no país de elementos forasteiros castelanfalantes, que tiveron unha grande importancia no (precario) desenvolvemento da industria, o comercio e as finanzas galegos. A mediados do século XIX, o ascenso da burguesía e a correlativa implantación do Estado liberal en España eran practicamente irreversibles, e en Galicia xa se viñera despregando un tecido de vida urbana moderna, co seu típico ámbito de vida pública, de “boa sociedade” ao que estaba caracteristicamente asociado o castelán. Por parte, a vida pública burguesa tiña como escenario central a cidade, sendo que as cidades galegas precisamente estaban moi expostas desde vello á presión do castelán. Neste último aspecto, téñase en conta o xa dito sobre a castelanización do clero e dos estratos profesionais e burocráticos, que formaban o groso das camadas sociais superiores na maioría dos núcleos urbanos galegos. Algúns dos elementos máis conspicuos desa nova publicidade burguesa foron (Habermas 1994): unha actividade social cada vez máis intensa, cos seus escenarios e actividades específicos (paseos e alamedas, faladoiros en salóns, casinos e cafetarías, conferencias en academias e sociedades...), unha vida política axitada, coas correspondentes institucións, medios de propaganda e actividades (parlamento, partidos, mitins, comicios...), a aparición e divulgación dunha activa impresa periódica cunha audiencia sempre crecente. A exclusión do idioma galego deste ámbito é case completa, de xeito que a vida pública das cidades se atopaba practicamente castelanizada: mesmo a expresión pública das organizacións populares se producía, case exclusivamente, en castelán. As impresións do viaxeiro inglés Georges Borrow dan a idea de que antes da metade do século XIX o galego aínda era a lingua ambiental maioritaria do medio urbano galego, pois referíndose á viaxe de 1837 asegura que “en Pontevedra a maior parte das conversas que oio na rúa son en galego” (ALONSO, 1970, p. 22). Por parte, segundo algunhas testemuñas, o dominio do castelán no medio urbano era completo xa nos finais do século XIX, pero este era un fenómeno recente daquela. Manuel Murguía (1833-1923), aseguraba en 1907 que “los que como yo LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 23 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia estamos al fin de la vida recordamos bien que en nuestra juventud el dominio del habla gallega era total en Galicia. No se la arrojaba de los suburbios de las poblaciones al interior del campo” (apud MONTEAGUDO, 2017, p. 331), o que parece indicar contra os mediados do século XIX a presenza do galego se deixaba notar nos “suburbios” máis ca no centro das vilas. Xa a primeiros do século XX, o profesor Manuel García Blanco ofrecía unha observación interesante da situación do galego nos medios urbanos, cando afirma que nas cidades “xa non se usa senón entre as xentes obreiras” (apud MONTEAGUDO, 2017, p. 332). Na mesma liña, na exposición razoada do anteproxecto de Estatuto de 1932, sostense que o galego era a lingua dominante dos alumnos/as das escolas públicas de cidades e vilas porque estas eran “las únicas frecuentemente asequibles a las clases modestas”, por máis que tamén houbese entre eles bilingües (ibidem). Pero durante o franquismo o castelán converteuse en lingua xeral das cidades galegas, quedando o galego relegado aos grupos sociais subalternos dos suburbios. O idioma dominante entrou nas casas da pequena burguesía e da clase obreira, de xeito que o galego deixou de transmitirse ás xeracións máis novas, mentres que os galegofalantes se ían bilingualizando e despois castelanizando –de feito, moitos galegofalantes incorporaron o castelán ao seus usos familiares precisamente para falárllelo aos fillos–, quedando o galego reducido a lingua privada e informal das redes relacionais máis próximas. Como antes sinalamos, a poboación urbana tivo escaso peso en Galicia ata as últimas décadas; porén, nos últimos cincuenta anos, a situación tradicional mudou dun xeito drástico. Como aproximación á situación actual, ofrecemos datos de 2008: no gráfico 7 móstrase a distribución da lingua habitual por hábitat, mentres que no gráfico 8 se recolle a lingua habitual nas sete cidades galegas, cun número de habitantes entre 65.000 e 100.00 habitantes (Ferrol, Santiago, Pontevedra, Lugo, Ourense) ata de 250.000 a 300.000 habitantes (A Coruña, Vigo). O primeiro gráfico (7) mostra a polarización sociolingüística entre o hábitat disperso (con amplo predominio do galego, e que acolle ao grupo máis numeroso: os GM rurais) e o máis concentrado (con amplo predominio do castelán, e que acolle as grupos segundo e terceiro polo seu volume: CM urbanos e CB urbanos), co hábitat intermedio (semiurbano), mostrando unha situación menos polarizada (acollendo o cuarto grupo pola súa dimensión; GB semiurbanos). O seguinte gráfico (8) mostra unha notable presenza do galego en tres cidades (Santiago, Lugo e Ourense), mentres que noutras tres tende á marxinalidade, entre elas, as dúas meirandes, A Coruña e Vigo, onde é lingua habitual de arredor de un cuarto da poboación. Por tanto, así e todo, aínda se mantén con relativa forza no hábitat disperso (rural) e no semiurbano. Gráfico 7 (esq.). Lingua habitual por hábitat, en números absolutos, 2013. Gráfico 8 (dta.). Lingua habitual das sete cidades galegas, a partir dos datos do Instituto Galego de Estatística, 2013. Fonte: RAG-Seminario de Sociolingüística (2016, p. 154; 160). 2. Clases acomodadas / clases subalternas. Imos referirnos agora á variable social. A exclusión do galego do fogar burgués urbano, verificada por volta da metade do século XIX, debeu de ser tallante e bastante brutal, a xulgar polos testemuños que nos chegaron. Por ofrecer un testemuño moi significativo, a pesar dos trazos grosos que caracterizan esta obra (e que por veces a aproximan á caricatura), reproducimos o seguinte treito dun diálogo entre “un amo” e “un criado”, inserida por Francisco Mirás no seu Compendio de gramática, publicado en 1864 (apud LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 24 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia MONTEAGUDO, 2017, p. 333). Estamos nas primeiras fases de implantación dunhas normas de uso social, e por iso se fan tan explícitas e directas. Amo. Criado. Amo. Criado. ¿Cómo te llamas, muchacho? Eu chámome Jarabiel, Señor. Has de hablar siempre como yo, pues no quiero que me vicies los niños con resabios, que despues son malos de enmendar. Perda vostede cuidado, que desde hoxe he de falar castejano. O amo fala castelán, lingua que impón ao criado (“has de hablar siempre como yo”), mentres que o criado comeza falando galego e logo pasa ao castrapo, variedade híbrida, fortemente estigmatizada (véxase máis adiante). A fala do criado aparece caracterizada como marcadamente vulgar mediante a representación da gheada (Jarabiel, forma popular de Gabriel)4; e mediante a forma castejano, forma acastrapada que resulta dunha imitación errónea do vocábulo castellano5. A preocupación do amo é que os seus fillos aprendan a falar ben o castelán, polo que debe evitar a contaminación da fala vulgar do criado. Tamén é moi expresivo no mesmo senso o seguinte testemuño de 1902: Sabido es que en Galicia uno de los principales detalles de la educación doméstica de clase media arriba, es prohibir con exquisito cuidado a los niños, apenas empiezan a balbucear la expresión de sus sentimientos y voliciones, el uso del dialecto, para todo lo que no sea entenderse con los sirvientes del país o las gentes del pueblo. El lenguaje de la admonición, del lenguaje paterno, el de la enseñanza, serio, estirado y grave, es el castellano (apud ALONSO MONTERO, 1973, p. 165). Xa nos anos trinta deste século, un testemuño máis pinta un cadro moi vívido da escisión sociolingüística entre as clases sociais tal como se podía experimentar nun fogar pequeno-burgués, incluso coa referencia aos espazos reservados a cada lingua, ao referirse ao neno “que no puede hablar con su maestro y con su madre en gallego, ni elevar sus preces a Dios en gallego, que ve su hogar lingüísticamente dividido, hablando los padres en castellano en el comedor y los criados gallego en la cocina” (apud MONTEAGUDO, 2017, p. 335). Por tanto, falar en castelán coas persoas de status social respectable era unha cuestión de urbanidade e boa educación, e só se condescendía co uso do galego con no caso das persoas rústicas e incultas incapaces de falar en castelán. 3. Público e formal (poder) / privado e informal (solidariedade). Pasaremos agora á distribución castelán / galego no plano dos dominios de uso: público e formal / privado e informal. O fenómeno da escisión entre ambos os ámbitos, asociado coa escisión social e socio-espacial que xa comentamos, sinalábao Manuel Murguía en 1889: “si en nuestras más populosas cidades se habla la lengua de Castilla es por las clases acomodadas y eso en sus relaciones exteriores: en la vida íntima y entre la mayor parte del pueblo, el gallego es el dominante” (Hermida 1992: 34). Xa no presente século, indicábao tamén o citado Manuel García Blanco en 1912 ao matizar a súa afirmación que reproducimos antes: No debe expresarse nunca [en galego], públicamente al menos, ninguna persona bien nacida que aspire a la consideración ajena y de medianamente cultura y educada se precie. En situaciones y circunstancias en que se dé concurso de personas de cierta categoría social (reuniones, espectáculos, paseos), notado sería de ineducado y grosero, movería quizás gran escándalo quien prácticamente osara contradecir tan necia preocupación. Hablar en castellano ha llegado a ser entre nosotros no ya condición de buen tono y una señal inequívoca de distinción, sino una regla de elemental urbanidad: resígnese a no pertenecer Como máis adiante veremos, a gheada (Jarabiel: “Gabriel”) é trazo característico dos falares centro-occidentais de Galicia, que consiste na realización aspirada, pronunciada como faringal ou glotal, da oclusiva sonora [g]. É un trazo fortemente estigmatizado como vulgar. 5 Castejano é unha forma especialmente interesante, como mostra das complexidades que resultan da situación de contacto entre o galego e o castelán. En principio, é unha variante ultracorrecta, que se orixina pola aplicación analóxica (errónea) dunha regra de conversión de fonemas: galego /ʎ/ <--> castelán /x/, como en allo <--> ajo, muller <--> mujer ou tella <--> teja. Pero nótese que esa regra se aplica non á forma galega “correcta” (histórica) castelán, senón á forma castellano, que é a forma propia desa mesma lingua, introducida no galego falado e mais no portugués (onde xa é a única forma admitida). Isto é, o castrapo do criado aparece caracterizado polo uso dunha forma ultra-castelanizada dun vocábulo castelán de uso xeral no galego falado. Hoxe, castejano é unha forma festiva –ou incluso burlesca– que se usa con intención paródica. 4 LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 25 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia al gremio de las personas decentes quien no le preste acatamiento (apud MONTEAGUDO, 2017, p. 337). A preferencia por unha ou outra lingua en función do interlocutor que é sinalada nalgunha das anteriores citas aparece reflectida nas enquisas sociolingüísticas feitas nas últimas décadas. No gráfico 9, que se refire ao uso do galego con distintos interlocutores (como única lingua ou como máis utilizada), constátase que as redes de relación máis privadas (parella, amigos) son as que máis facilitan o uso do idioma subalterno, mentres que as máis públicas e formais (médico, clientes, empregados de banca) retraen a súa utilización. Na táboa 4 constátase que a escolla polo galego e o castelán, ademais de estar influída pola privacidade / publicidade do acto de comunicación, tamén aparece modulada por un criterio de xerarquía: dáse un maior uso do galego na relación horizontal entre pares (‘relación de solidariedade’: é cando se emprega máis “galego sempre” e menos “castelán sempre”) e un maior uso do castelán entre desiguais (‘relación de poder’), especialmente na relación ascendente (inferior > superior: é onde máis aparece “en castelán sempre” e menos “galego sempre”), mais tamén na descendente (superior > inferior), ben que este último tipo de relación é o que máis favorece o bilingüismo. De todos os xeitos, debe terse en conta que estes datos corresponden a 2013, e verosimilmente, desde o final do franquismo a xerarquización sociolingüística tendeu a atenuarse notablemente (compárese cos datos recollidos en 1975 e 1984 que ofrecen MONTEAGUDO; SANTAMARINA, 1993, p. 136). Gráfico 9 (esq.). Uso do galego con distintos interlocutores (só GM+GB), 2013. Táboa 4 (dta.). Lingua habitual no lugar de traballo segundo o status do interlocutor, 2013. Fonte: Instituto Galego de Estatística 2013 (véxase RAG-Seminario de Sociolingüística, 2016, p. 99). Nas devanditas condicións, a diversidade de linguas intégrase no xogo de estratexias de diferenciación social, como marca visible de pertenza a unha ou outra clase, equiparada a outros sinais externos de distinción. Véxase como mostra a interesante observación F. Salgado y López Quiroga (1920): “Esa que pudiéramos llamar aversión y repugnancia de las clases que se consideran superiores hacia los rústicos, hacia las clases humildes, que son las que han conservado y aún conservan y usan aquel idioma [galego], da lugar al afán de distinguirse de ellos en sus trajes, en sus costumbres y en su idioma” (apud ALONSO, 1973, p. 173). Tan importante como a clase social é o nivel educativo, variables que en todo caso manteñen unha estreita correlación, aínda máis estreita ao longo do século XX, pois ata as súas dúas últimas décadas o acceso ao estudos medios e sobre todo universitarios se atopaba restrinxido ás clases medias e altas. Nos gráficos 11 e 12 ofrecemos datos recollidos para o Mapa Sociolingüístico de Galicia en 1992. No primeiro deles (nº 10) móstrase que galego era a lingua habitual da esmagadora maioría dos informantes que se autocategorizaban como de clase baixa ou media-baixa, mentres que o castelán predominaba entre os de clase media-alta e os de clase media presentaban unha situación menos polarizada, cunha porcentaxe elevada de bilingües e un predominio claro do galego. O gráfico seguinte (nº 11) pon de relevo que o nivel de estudos resultaba un discriminante sociolingüístico aínda máis marcado cá clase social subxectiva: entre os informantes sen ningún tipo de estudos o monolingüismo en galego LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 26 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia era esmagadoramente maioritario e o uso do castelán, residual; entre os que só declaraban estudos primarios tamén dominaba de lonxe o galego, pero con maior presenza de bilingües; pola contra, entre os que declaraban estudos superiores, a maioría de castelanfalantes era moi avultada (máis dous dous terzos); finalmente, as persoas con estudos medios presentaban unha situación menos polarizada, con clara maioría de bilingües e lixeiro predominio do castelán sobre o galego. Gráfico 10 (esq.). Lingua habitual segundo a clase social, 1992. Gráfico 11 (dta.). Lingua habitual por nivel de estudos, 1992. Fonte: RAG-Seminario de Sociolingüística (1995, p. 56; 59). En definitiva, a substitución do idioma galego polo castelán incrementouse aceleradamente desde mediados do século XIX, en particular ao longo do século vinte e especialmente durante a ditadura franquista (1936-1975), fundamentalmente como consecuencia dos seguintes fenómenos: 1) O proceso de construción do Estado nacional español, asociado ao establecemento da sociedade burguesa, que mobilizou a adhesión activa da burguesía e de boa parte da pequena burguesía urbana galega, con especial intensidade a partir do segundo terzo do s. XIX. Neste período, o galego deixou de ser lingua familiar deses grupos sociais emerxentes, e ao longo do s. XX foron cada vez máis imitados por outros sectores sociais, incluíndo o proletariado urbano, de xeito que no medio citadino o castelán pasou de ser unha lingua (preferentemente) pública a ser tamén lingua privada, nos inicios precisamente para evitar a transmisión interxeracional do galego dentro da familia. O feble crecemento dos núcleos urbanos galegos permitiu a lenta asimilación da poboación rural que se instalaba na cidade; a exclusión do galego da vida pública, especialmente durante a ditadura franquista, impediu a socialización nesta lingua neses núcleos. O castelán reforzou a súa función discriminante: a promoción social, a imaxe pública e a participación na boa sociedade esixían o seu uso. 2) A emigración, que drenou severamente a base demográfica da comunidade galegofalante, dado que os emigrantes eran campesiños analfabetos ou semianalfabetos, na súa maioría monolingües en galego. Por outra banda, ao constituírse en expectativa preferente para a mobilidade social de amplos sectores da poboación, a emigración (que se dirixiu durante décadas prioritariamente a países da América hispanófona), facilitou a aceptación da escolarización exclusivamente en castelán por parte da poboación de fala galega. Con todo, a experiencia da emigración espertou en moitos galegos a consciencia da súa identidade específica, e un balance global do seu impacto relativo na evolución sociolingüística do galego probablemente ofreza uns resultados algo menos negativos do que a primeira vista cabería esperar (MONTEAGUDO, no prelo b). 3) A extensión do aparello educativo, que se produciu sobre todo ao longo do século XX, foi decisiva para a difusión do coñecemento do castelán no medio rural e para a derrogación do galego, pois a escola reprimiu e castigou o uso deste durante boa parte do século XX. 4) A irrupción dos medios de comunicación de masas, nomeadamente a radio e a televisión, a partir dos mediados do século XX, xogou un papel decisivo, polo seu poder irradiador de novos modelos sociais, culturais e lingüísticos, que por primeira vez penetraban con forza asoballante no interior dos LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 27 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia propios domicilios e impactaban directamente na poboación infantil e xuvenil. Hai que subliñar que durante o franquismo, o galego estivo excluído deses medios de comunicación, e aínda despois, ata os nosos días, súa presenza foi moi minoritaria comparada coa do castelán. 5. Cultivo e elaboración do galego Paradoxalmente, varios dos procesos conducentes á asimilación lingüístico-cultural de Galicia tiveron un efecto contraproducente, pois provocaron a reacción dunha minoría culta e a lenta consolidación dunha intelligentsia galeguista, que, igual que noutras partes de Europa, en oposición ás políticas asimilistas, comezou a utilizar a formación conseguida mediante a aculturación na lingua dominante xusto para promover a lingua e cultura subalternas (MONTEAGUDO, 2017, p. 327-384). A intensidade desa reacción foi correlativa coa percepción das nefastas consecuencias que a política do Estado español carrexaba ao país: Galicia estaba a pagar un prezo elevado pola súa posición subordinada no Estado en troca dun progreso que nunca chegaba. A nacionalización do Estado español impuña enormes sacrificios sociais e culturais ao pobo galego, sen permitirlle gozar dunha parte alícuota das supostas avantaxes. En Galicia como noutras partes de Europa e do mundo, os protagonistas do rexurdimento inicialmente lingüístico-cultural, e posteriomente político, foron intelectuais procedentes da pequena-burguesía, aculturados en castelán, que rexeitaron os modelos dominantes. Como di Eric Hobsbawn referíndose en xeral ao contexto europeo de entre séculos, “as batallas do nacionalismo lingüístico librábanas xornalistas de provincias, mestres de escola e funcionarios subalternos con aspiracións” (HOBSBAWN, 1991, p. 127). O descontentamento coa marxinación de Galicia, a súa lingua e a súa cultura adoptou diversas formas segundo os momentos históricos, pero, en todo caso, ás reivindicacións lingüístico-culturais tenderon a asociarse reclamacións de tipo político e económico, nun proceso non lineal, senón con avances e refluxos, que arrinca da metade do século XIX e culmina coas Irmandades da Fala (1916-31) e o Partido Galeguista (1931-36), para ter continuidade na resistencia antifranquista e, a partir do final da ditadura (1975), no nacionalismo contemporáneo e outras manifestacións do galeguismo cívico (GONZÁLEZ BERAMENDI; NÚÑEZ SEIXAS, 1995; GONZÁLEZ BERAMENDI, 2007). A elaboración, a instancias do Partido Galeguista, do proxecto de Estatuto de Autonomía – que por primeira vez recoñecía a oficialidade do galego – e a súa aprobación plebiscitaria en 1936, marcan un fito do proceso, brutalmente tronzado pola Guerra Civil e a ditadura. O galeguismo, duramente reprimido pola ditadura franquista (1936-1975) pero apoiado polo exilio e os sectores máis conscientes da colectividade emigrada, concentrouse na década de 1950-60 no labor cultural, pero reorganizouse politicamente na década dos sesenta (1963-64: fundación do Partido Socialista Galego e a Unión do Pobo Galego), para rearticularse de diversos xeitos desde o final do franquismo á actualidade (GONZÁLEZ BERAMENDI; NÚÑEZ SEIXAS, 1995, p. 209-239). O precedente do Estatuto aprobado en 1936 permitiu a Galicia obter o seu recoñecemento como nacionalidade histórica na Constitución de 1978 e gozar dun Estatuto de Autonomía desde 1981 . O despregamento funcional do idioma galego (Ausbau) seguiu bastante de preto, aínda que coas súas especificidades, a pauta xeral que esquematizou Heinz Kloss (ESSER, 1990; FERNÁNDEZ SALGADO; MONTEAGUDO, 1993; 1995), comezando polas publicacións popularizantes de escritos próximos á oralidade (do que dan testemuña o predominio dos textos dialogados durante a primeira metade do século XIX), seguindo pola recolla de materiais folclóricos e a produción dunha literatura inspirada nestes, primeiro en verso e despois tamén en prosa (é o que predomina desde 1860ca.), que ten continuidade na expansión do cultivo dos distintos xéneros ficcionais (o que se produce sobre todo de 1880 en diante), ata a aparición da oratoria pública e os escritos en prosa non ficcional, primeiro de carácter divulgativo e tema nacional, máis adiante de carácter ensaístico e tema humanístico (ata aí chegaron os esforzos da xeración Nós, sobre todo a partir de 1920). Finalmente, xa durante a ditadura, comezou a cultivarse o ensaísmo de carácter filosófico e sociolóxico (décadas de 1950 e 1960), para posteriormente iniciarse o uso do galego en escritos de investigación científica, de nivel universitario, sobre todo nas áreas de humanidades e ciencias sociais (a partir da década de 1970). A partir da década de 1980, prodúcese a introdución do galego como lingua vehicular do ensino (incluíndo os niveis medio e universitario), a súa utilización como lingua oficial e o comezo das emisións da radiotelevisión galega, o que propicia unha grande diversificación dos xéneros de discurso producidos en galego e a aparición de abundantes materiais de distinto tipo, tema e nivel. Segundo a proposta de Heinz Kloss para medir o Ausbau (LAMUELA; MONTEAGUDO, 1996, p. 281-83; KABATEK, 2003), na segunda metade do século XIX e dúas primeiras décadas do século XX iniciouse o cultivo no nivel I (sobre todo en distintos xéneros poéticos, do folclorizante á lírica, épica e a poesía civil, pero tamén a LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 28 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia narrativa breve e o teatro histórico e costumista), pero o avance crucial deuse nas décadas de 1920 e 1930, pois non só se avanzou no nivel II (narrativa e teatro de ambiente urbano e tema moderno) senón que se atinxiron os niveis III (prosa oral, discurso formal) e IV (prosa non literaria impresa) (MONTEAGUDO, 2016). En efecto, no período entre 1916 e 1936 prodúcese un salto cualitativo: as Irmandades da Fala propóñense recargar o prestixio do galego proclamándoo lingua nacional, pero, ao mesmo tempo, decátanse que para converterse nunha auténtica lingua nacional, precisa ampliar os seus ámbitos de uso ata tornarse unha lingua plenifuncional (MONTEAGUDO, 2016). Unha lingua non pode ser nacional se é empregada oralmente só na conversa informal das clases populares e é cultivada na escrita unicamente nos xéneros poéticos. Así, as Irmandades da Fala desenvolven un programa de difusión da lingua galega na esfera pública, tanto no uso oral (mítins, conferencias, actos académicos, solemnidades cívicas, actos institucionais), coma no uso escrito (crean e colaboran en medios de prensa, fundan editoriais e coleccións populares). En definitiva, fomentan o cultivo do galego na prosa, diversificada en diferentes xéneros de discurso e tipos de texto, con especial atención ao artigo, o ensaio, a prosa didáctica e divulgativa, e no ámbito literario, á narrativa e ao teatro. A ditadura impuxo unha freada ao progreso da elaboración do galego, que de todos os xeitos nas décadas de 1940 e 1950 seguiu desenvolvéndose nos medios do exilio, nomeadamente no Río de la Plata, pero o discurso cultivado en galego é retomado en Galicia na década de 1950 (GONZÁLEZ BERAMENDI; NÚÑEZ SEIXAS, 1995, p. 175-187; VILLANUEVA GESTEIRA, 2010) e, sobre todo a partir da década de 1970, non cesa de ampliar os seus límites e diversificarse en xéneros de discurso e tipos de texto. O nivel IV representaría a fase crucial do proceso de Ausbau, e o propio Kloss propón medir o desenvolvemento neste nivel mediante unha retícula na que no eixo horizontal se colocan tres grupos de temas – nacionais (N: específicos da comunidade lingüística), humanísticos (H: de alcance máis amplo pero con tradicións nacionais específicas), e científico-técnicos (C: saberes internacionais estandarizados) –, mentres que no eixo vertical se clasifican os textos polo seu nivel de especialización, relacionado tanto coa complexidade dos seus contidos como polos públicos a que se dirixen: básicos (B: de carácter elemental, didáctico), divulgativos (D: dirixidos a un público culto non especializado) e especializados (E: escritos por e para expertos nas distintas materias). A retícula tería esta forma, cos números indicando unha posible secuencia progresiva (de menos a máis) no Ausbau: N H C E 5 7 9 D 2 4 8 B 1 3 6 En definitiva, superada a fase inicial (en que a poesía é o xénero predominante), o progreso do galego contemporáneo produciuse en tres etapas: 1) o período de entreguerras (1916-1936, con continuación no exilio ata 1950ca.), 2) o terceiro cuartel do século XX (1950-1980ca.), 3) as décadas finais do século pasado, ata a actualidade. Nas dúas décadas anteriores á Ditadura, o galego asentouse claramente nos tipos de texto correspondentes ás caixas 1-2-3 (existían precedentes, aínda que escasos, unicamente para a 1), comezou a exercitarse nos correspondentes a 4-5-6 e asomouse timidamente á 7 (MONTEAGUDO, 2017, p. 477-505). Ao longo do terceiro cuartel do século XX, o galego asentouse nas retículas 4-5-6, progresou na retícula 7 e iniciouse na seguinte (MONTEAGUDO, 2003b). Na última fase, multiplicouse a produción cuantitativa e ampliouse o rango de temas pero, sobre todo, incrementouse extraordinariamente o volume e diversificáronse notablemente os tipos de públicos. A introdución no sistema educativo, incluíndo a universidade, propiciou que se cubrise o conxunto da retícula, ben que os temas científico-técnicos son considerablemente menos cultivados, especialmente nos niveis 8 e 9, do que os temas nacionais, humanísticos e sociolóxicos (para unha aproximación, véxase MONTEAGUDO; BOUZADA, 2003, p. 451-492). 6. Estandarización En paralelo a este despregue de funcións, prodúcese a elaboración do idioma (MONTEAGUDO; FERNÁNDEZ SALGADO, 1993; 1995; MONTEAGUDO, 2003a). As primeiras tentativas neste senso están aínda moi LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 29 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia a rentes do rexistro oral, e caracterízanse por un completo asistematismo, o apego aos modelos culturais populares e unha forte dependencia verbo do castelán, lingua de alfabetización e aculturación dos cultivadores do idioma e mais do groso do seu público. No derradeiro cuartel do século XIX, o descubrimento da literatura medieval en galego fortalece a consciencia cada vez máis sólida da identidade lingüística do galego respecto do castelán, ao que contribúe un maior contacto coa cultura portuguesa e o consecuente recoñecemento da proximidade (ou mesmo a identidade) do galego e o portugués. Nas últimas décadas do século XIX e primeiras do XX, asístese ao desenvolvemento de tendencias cultistas, solidarias cunha autonomización crecente da escrita verbo da oralidade. Por parte, o incremento da escrita en galego vai acompañada dun avance na consciencia metalingüística, infelizmente non apoiada na institucionalización dos estudos filolóxicos no noso país. Se os cultivadores do galego no século XIX, basicamente poetas, tiveron que confrontar os problemas da grafización da lingua, os dos comezos do século XX, prosistas, víronse obrigados a afrontar as dificultades da intelectualización e o enriquecemento léxico. No terceiro cuartel do século XX, cando comeza a recuperación da tradición cultivada despois do hiato forzado pola ditadura franquista, optouse por unha considerable simplificación da escrita e racionalización das formas léxicas. Nas últimas décadas do século XX, coa oficialización do idioma e a súa introdución á escrita, volveron considerarse todas as cuestións pendentes e xurdiron distintos modelos de estandarización, todos eles encamiñados a unha profunda reforma do galego culto, nun sentido de depuración e regularización. En todo o devandito proceso, a achega dunha lingüística experta foi moi escasa, dada a penuria de estudos sobre o galego, totalmente desatendidos polas institucións oficiais. A Real Academia Galega (fundada en 1906), que en principio tiña como obxectivos prioritarios a fixación da ortografía, a redacción dunha gramática e a elaboración dun dicionario, pouco contribuíu, por falta de recursos, tanto intelectuais como económicos. A lingua e a literatura galegas só comezaron a ser estudadas na Universidade a partir de 1965, que se dotou dunha cátedra de Lingüística e Literatura Galegas en 1972, pero só a partir de 1980ca. se puxo en marcha unha titulación universitaria específica de filoloxía galega. As investigacións emprendidas na Universidade a partir da década de 1960, especialmente despois da fundación do Instituto da Lingua Galega, resultaron un apoio importantísimo para o proceso de estandarización que comezou a xestarse na década de 1970 (véxase ALONSO PINTOS, 2002; 2006; e neste volume). Un estudoso de referencia dos procesos de emerxencia de idiomas subordinados, Einar Haugen (1980), propuxo distinguir dúas facetas no proceso de estandarización: (1) constitución da variedade de referencia ou estándar (selección) e (2) diversificación desta variedade, a través do cultivo nos distintos xéneros do discurso / tipos de texto. O proceso que el denomina selección (1), consiste en: (1a) establecemento da norma fónica da variedade de referencia, (1b) fixación da norma ortográfica (grafización), (1c) regulación da gramática desa variedade (gramaticalización), (1d) habilitación do léxico xeral desa variedade (lexicalización), incluíndo operacións de depuración, escolma e actualización. Pola súa banda, John Joseph (1987) considera que ao longo do proceso de cultivo dunha lingua subordinada se van sucedendo acumulativamente as operacións de transferencia (importación de recursos desde a lingua superposta), nativización (adaptación dos recursos transferidos desde a lingua superposta ás características fónicas, morfosintácticas ou pragmáticas da subordinada) e control (regulación e codificación da variedade cultivada da lingua subordinada). Polo que toca á selección da variedade normativa, Carballo Calero (1972; 1974) propuxo distinguir tres etapas na evolución do galego escrito desde o inicial estadio dialectal ata a decantación dunha variedade de referencia: dialectal > interdialectal > supradialectal (galego común). En realidade, non son tres etapas que se sucedan cronoloxicamente, senón tres estadios evolutivos, aínda que se pode admitir que os primeiros textos en galego reflicten basicamente unha situación dialectal, as tentativas de cultivo posteriores presentan unha mestura asistemática de variantes dialectais, e nas fases máis evolucionadas, tende a consolidarse un modelo de referencia por riba dos dialectos (FERNÁNDEZ SALGADO; MONTEAGUDO, 1993; 1995). Un bo exemplo desta evolución ofrécenolo a fixación do paradigma dos nomes rematados en –án / –án / –á / –ao [<gal. med. –ão <lat. –anu] (irmán / irmá / irmao; man / ma / mao...) ∼ –án / –á (irmán / irmá; mañán / mañá...) [<gal. med. –ãa < lat. –ana], e a formación do plural dos nomes en –ns / –(n)s / –is [<gal. med. –ões <lat. –ones] (camións / camiós / camióis) (véxase mapa 1). Simplificando, no galego conviven os seguintes sistemas: (1) o occidental: o irmán, a irmán, os camións; (2) o central: o irmao, a irmá, os camiós; (3) o oriental: o irmao, a irmá, os camiois. Existen varios subsistemas máis, como o nordoccidental (o irmá, a irmán ∼ irmá, os camiós) e o centro-occidental de transición (o irmao, a irmán, os camiós). No galego literario, a vacilación produciuse basicamente entre as formas do masculino de tipo o irmán / o irmao (coa variante en –au: irmau), as do feminino tipo a irmán / a irmá; e nos plurais, os tipos camións e camiós. O que se acabou impoñendo como formas comúns foron o masculino irmán, o feminino irmá e o LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 30 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia plural camións, que nos dialectos falados soamente corresponde a unha minúscula zona no extremo suroeste da provincia de Ourense (véxase mapa 1). Mapa 1 (esq.). Distribución territorial de dous fenómenos morfolóxicos dialectais: finais nominais –án / –á / –ao (o irmán / o irmá / o irmao) [liña negra] ∼ –án / –á (a irmán, a irmá) [liña vermella]; plural dos nomes en –ns / –(n)s / –is (camións / camiós / camióis) [liña verde]. Mapa 2 (dta.). Distribución territorial de dous fenómenos fonéticos dialectais: gheada (ghato, cegho) e seseo (segho). Observación: todos os falares seseantes presentan gheada. Fonte: elaboración propia, a partir de Fernández Rei (1990, p. 53-56; 59-64; 66-67) (mapas 19, 20, 24 e 25). Canto ao establecemento dunha norma fónica, os fenómenos dialectais máis conspicuos son a gheada e o seseo (mapa 2). O fenómeno da gheada consiste nunha serie de pronuncias dialectais do fonema velar sonoro /g/, que varían de fala a fala e incluso de falante e falante, que poden realizarse como fricativas ou aproximantes, faringais ou glotais, xordas e sonoras, aínda que a mais frecuente é a faringal xorda [ħ], que representaremos convencionalmente como <gh>: ghato, xoghar, segho. O fenómeno do seseo refírese á realización como laminal [s] do fonema que nas falas non seseantes se pronuncia como interdental [Ɵ], que convencionalmente representaremos con <s>: sen, sinco, segho, des, rapás (∼ cen, cinco, cegho ou cego, dez, rapaz, pronunciados con [Ɵ]). A gheada é un fenómeno dialectal moi estendido, pois atinxe a maior parte das falas ca área central do galego e todas as da área occidental, cunha extensión cara ao oriente no extremo sur. Non obstante, padeceu e padece unha estigmatización social moi forte, pois é considerada unha pronuncia vulgar, o que motivou a súa recusa por parte dos grupos de prestixio castelanfalantes, pero tamén por parte dos cultivadores do galego, que achacaron a súa xénese á interferencia do castelán (hipótese case con certeza errónea, pois parece tratarse dun fenómeno endóxeno). O seseo presenta unha extensión xeográfica moito menor, pois está limitada ás falas máis occidentais (todas elas presentan simultaneamente gheada), aínda que estas son áreas densamente poboadas. O seseo e a gheada aparecen representados con certa frecuencia nos textos escritos da primeira metade do século XIX, pero moito menos nos da segunda metade e practicamente deixan de rexistrarse desde os comezos do século XX, a non ser en textos ou pasaxes en que son introducidos de xeito deliberado e ben marcado. Paralelamente, foron excluídos do estilo oral culto. As Normas Ortográficas e Morfolóxicas oficiais, aprobadas en 1982, recoñécenas como pronuncias aceptables, pero en realidade este recoñecemento non tivo efectos prácticos (RAG/ ILG 1982: 9). Fóra do seseo e a gheada, son moi poucos os fenómenos fonéticos dialectais que foron obxecto de debate no proceso de constitución do galego común falado (MONTEAGUDO, 2005b, p. 114-116). Noutros puntos –por exemplo, a pronuncia con timbre aberto ou pechado das vogais medias, variable dialectalmente: nòvo LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 31 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia (pechada) e nóvo (aberta), éla e èla, dènte e dénte...– a norma galega oral ten un carácter flexible, ecléctico e aberto ás innovacións (caso das diversas pronuncias deslateralizadas do fonema palatal /ʎ/). Moito máis problemática foi – e continúa a ser – a constitución dunha norma ortográfica (grafización), auténtico cabalo de batalla do proceso de estandarización do galego. O cultivo do galego en textos poéticos, que se comeza a producir con certa regularidade a partir de mediados do século XIX, obrigou a enfrontar algunhas esixencias no campo da elaboración da lingua, nomeadamente, a grafización: para cultivalo por escrito, había que dotalo de recursos gráficos dos que, debido á súa reclusión na oralidade, carecía. A solución máis á man era adoptar e adaptar a ortografía do castelán (operación de transferencia de recursos, segundo a terminoloxía de Joseph), que era a que dominaban tanto os cultivadores do galego coma o seu público. Dada a similitude entre os sistemas fonolóxicos de ambas as linguas, isto non presentaba grandes dificultades. Onde non se percibían diferenzas entre as dúas linguas, simplemente, adoptáronse as solucións do castelán: <ll>, <ñ> para as consoantes palatais (palla, teño), <-n> en final de palabra (ben), uso de <h>, <b> e <v> conforme o idioma dominante (haber, prohibir, goberno) , utilización de <s>, <z> e <c> segundo este mesmo criterio, pois o sistema de sibilantes dentais é idéntico en galego e castelán (casar, cazar; coser, cocer, forza), acentuación gráfica e outros elementos auxiliares, etc. Pola contra, a diferenzas no inventario fonolóxico obrigaban a algunhas adaptacións do alfabeto castelán (operación de nativización de recursos transferidos, segundo a terminoloxía de Joseph): así, para a consoante nasal velar intervocálica [ŋ], inexistente en castelán, tentáronse diversas solucións, pero decontado se impuxo o dígrafo <nh> (unha, algunha, ningunha), mentres que para a sibilante prepalatal dubidouse entre unha solución etimográfica (con tres grafemas, <g>, <j> e <x>, para representar un só fonema, prepalatal xordo, /ʃ/: gente, jogar, deixar) ou unha fonográfica (xeneralización do <x>: xente, xogar, deixar). A solución etimográfica tiña na súa contra dous argumentos, un positivo e outro negativo: dunha banda, a dificultade de aprendizaxe e de asignación de grafías a moitas palabras (no galego escrito da época abundan as grafías de tipo hoge, jente, peije, e as vacilacións na escrita de palabras como xouba, xurdio, fixen, etc.), doutra banda, a xeneralización do <x> contribuía a dotar o galego dunha identidade gráfica autónoma fronte ao castelán: xente / gente, xogar / jugar, exemplo / ejemplo. Como para compensar a semellanza do alfabeto do galego e e do castelán, ao longo do Rexurdimento comezou a aplicarse un procedemento distanciador (novamente, operación de nativización): o emprego de signos diacríticos, nomeadamente apóstrofos e guións, para representar na escrita unha serie de fenómenos fonotácticos ou morfo-fonotácticos. Dos primeiros, os máis relevantes teñen que ver cos encontros vocálicos, coma tal, os que na cadea falada se resolven mediante a elisión dunha vogal ou mediante a inserción dunha semivogal epentética. Dos segundos, o máis notable é a aparición, en determinadas condicións, de alomorfos dos artigos e os pronomes persoais. A tendencia xeral era a representación duns e outros, o máis fiel posible pero escasamente sistemática, ben mediante o apóstrofo (d’onte, qu’a quere, com’o vin…), ben mediante o trazo ou hífen (todol-os, a y-auga, quena quere, bebel-o viño) e diversos tipos de til, ás veces en combinación con algún dos procedementos anteriores (ô sol / ao sol, com’ô outro / coma o outro…). A profusión de uso de diacríticos, se dunha banda dificultaba considerablemente a lecto-escritura, doutra marcaba con moita clareza a identidade contrastiva da escrita galega verbo da castelá. Polo mesmo, desde este punto de vista, canto máis foneticista se mostrase un escritor, máis diferencial sería a súa grafía a respecto do idioma dominante, mentres que os etimoloxistas a final propugnaban un sistema ortográfico casemente idéntico a este. Isto tivo que pesar, e moi fortemente, no feito de que a inicial preferencia polo etimoloxismo acabase cedendo fronte ao pulo do foneticismo, que ao final do século XIX e nas primeiras décadas do XX se impón como opción preferida pola maioría dos cultivadores e o público lector en galego. Conforme o cultivo e a elaboración da lingua gañan en extensión e espesor, déixase sentir con máis forza a necesidade de codificación. A creación da Real Academia Galega (1906) responde inicialmente á procura dunha solución a este problema, pero, paradoxalmente, isto coincide cun período de encoramento político e cultural do galeguismo. O protagonismo na reanimación deste recaerá en sectores inicialmente desvencellados do vello rexionalismo, que herdan a problemática da unificación da lingua escrita e que confiarán a súa solución a un organismo que senten moito máis próximo, o Seminario de Estudos Galegos (1923-36). As sucesivas tentativas que este acolle acabaron callando na aprobación do primeiro código normativo do idioma (as Normas do SEG de 1933, suplementadas coa Engádega de 1936), aínda moi rudimentario, pero que polo menos marcaba unha orientación. Os avances no cultivo do galego no período de entreguerras (1916-1936) a que antes nos referimos propiciaron unha intensa intelectualización do galego, inevitable nos novos tipos de texto en que comezaba a se LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 32 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia exercitar –nomeadamente, a prosa non ficcional, que chega a atinxir un nivel de abstracción e un grao de complexidade moi notables–, ao tempo que colocaron en primeiro plano os problemas que, seguindo a Haugen, denominamos lexicalización e diversificación estilística. A lexicalización consiste na depuración de interferencias do castelán e mais na actualización e fixación do vocabulario usual, mentres que a diversificación require a ampliación dos recursos léxicos para atender a extensión do uso da lingua a tipos de texto / xéneros de discurso inéditos. A depuración dos castelanismos esixe a súa previa identificación (non sempre acertada, como veremos) e a súa substitución, ben mediante a recuperación dos vocábulos tradicionais que estes veñen a substituír (castelanismos de luxo ou suntuarios), ben mediante a innovación léxica, no caso dos castelanismos utilitarios. Así e todo, a ampliación do cultivo do galego á prosa non ficcional obrigou ao uso dun léxico culto máis ou menos común ás linguas románicas, e nomeadamente, ao castelán e, de feito, importado ao galego basicamente a través do castelán (o idioma en que estaban aculturados os produtores do galego escrito). Para evitar a percepción dun achegamento excesivo ao idioma dominante e co fito de preservar ou reforzar a distancia / autonomía do galego, botouse man de distintos procedementos e recursos. Así, procuráronse fontes de arrequentamento alternativas ao idioma dominante, tales como o galego medieval e o portugués, sen excluír o préstamo directo do catalán, o francés ou o italiano. Deste xeito, neste período, a intelligentzia galeguista pon en cuestión a interposición do castelán, que xa definimos previamente, e partir de aí, os esforzos de elaboración do galego cultivado procurarán ir polo camiño da afirmación da plena autonomía do galego, e o portugués irase tornando na principal fonte de recursos para a modernización do galego, nomeadamente no tocante á lexicalización e a diversificación estilística. Por tanto, no período de entreguerras, o galego dá un salto de xigante cara á súa lingualización, o que obrigou a intensificar as operacións de transferencia (xa non só do castelán), nativización e control dos recursos imprescindibles para o seu cultivo. En particular, neste período salienta o esforzo de nativización, orientado a manter a distancia / autonomía do galego escrito con respecto ao castelán (FERNÁNDEZ SALGADO; MONTEAGUDO 1995; MONTEAGUDO, 2003a). A estratexia idiomática identificadora mais característica deste período consiste no enxebrismo (purismo diferencialista), que, por falta dun criterio lingüístico ben fundamentando, conduce en moitos casos a unha identificación errónea dos castelanismos – isto é, tómase por castelanismo o que non o é –, pondo baixo sospeita todo o amplo fondo léxico de vocábulos semellantes do castelán e o galego (MONTEAGUDO, 2003a). O enxebrismo maniféstase en dúas vertentes complementarias, unha negativa e outra positiva. Dunha banda, procurase a vernacularización formal do fondo léxico culto (fundamentalmente latino, pero tomado a través do castelán) que os cultivadores do galego do período de entreguerras se ven obrigados a introducir masivamente, por causa dos novos tipos de texto aos que a lingua accede. Doutra banda, todo vocábulo formalmente idéntico ou similar en galego e castelán (paronomasia ou cognado xémeo), sexa culto ou patrimonial, é obviado ou é suxeito a un tratamento diferencialista (o que podemos denominar interferencia por diverxencia: véxase KABATEK, 1999, p. 27-35). Un procedemento diferencialista moi habitual consiste na aplicación analóxica de regras de conversión fonolóxica do castelán ao galego, deducidas a partir da comparanza entre series de palabras de ambos os idiomas: a palabra estraño trastócase en estrano segundo o paralelo cast. año / galego ano; a palabra brillar trócase en brilar, en paralelo a cast. villa / gal. vila; oficina convértese en oficiña, segundo paralelo do cast. harina / gal. fariña; silencio tórnase silenzo, conforme o paralelo do cast. presencia / gal. presenza, etc. A ultracorrección dos cultismos conduce á creación de pseudogaleguismos, a dos cognados produce formas hiperenxebres: *espeutro por espectro, *eisame por exame, *preo por pleno, *orgaizar, *primaveira ou *semá por organizar, primavera e semana… Por outra banda, en positivo, empréndese unha ampla operación de exploración do fondo léxico vernáculo, de pescuda no galego corrente, os falares dialectais e as nomenclaturas das profesións tradicionais (agricultura, gandería, pesca, oficios artesanais), tratando de aproveitar ata o límite as posibilidades que estes ofrecen. Pretendíase así dignificar e revitalizar o galego popular, mostrando a súa riqueza e as súas potencialidades expresivas, e ao mesmo tempo autentificar o galego culto. Deste xeito, numerosas voces referidas á cultura material, especialmente a campesiña, foron revitalizadas para serviren de soporte a novos significantes intelectuais e modernos, ou tornáronse matriz de vizosas familias léxicas, que proliferaron mediante a aplicación de diversos procedementos de derivación. Isto implicou a recreación semántica do léxico patrimonial: por extensión metafórica, moitos vocábulos cun significado material, como xurdir, rachar, artellar, rubir, escolma, degaro ou vencello, pasaron a referirse a entidades inmateriais. Asemade, créanse novos vocábulos aplicando os procedementos de derivación e composición á bases léxicas patrimoniais: inquedanza, rexurdimento, inesquecente, desaxeitado, desacougar... LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 33 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia O rescate e intelectualización do vocabulario patrimonial dotaron o galego culto dunha fasquía distintivamente vernacular, mesmo a custa, por veces, dunha certa distorsión semántica: verba substitúe a palabra, bágoa prefírese a lágrima e beizo a labio; arela, degaro ou degoiro son empregados en detrimento de desexo, anhelo ou aspiración; xurdir prefírese a surxir ou aparecer; abrollar ou agromar prefírese a brotar; ceibar(se) e ceibe a liberar(se) e libre; asoballar a someter; encetar a comezar ou empezar e rematar e acabar; ollar, enxergar ou fitar a ver e mirar; acadar ou conquerir a alcanzar ou conseguir; rexeitar, refugar ou desbotar a rechazar; decatarse a apercibirse…. 7. Popularismo, purismo, reintegracionismo: orientacións e debates Resumindo un panorama dabondo complexo, a partir do período de entreguerras, en especial nas décadas de 1960 e 1970, ao longo dos debates acerca da estandarización do galego fóronse definindo tres orientacións (MONTEAGUDO, 2003a; 2005a; ALONSO PINTOS, 2006): • Unha orientación autonomista popularista, foneticista na ortografía e partidaria de apoiarse no galego popular. A orientación popularista inspira as propostas iniciais do Instituto da Lingua Galega, formuladas na primeira metade da década de 1970, pero despois da aprobación das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do ILG / RAG de 1982, cedeu o seu lugar ás novas tendencias refractarias á estandarización, decididamente antipuristas, que reivindican a autenticidade e espontaneidade dos falares vernáculos (véxase o que dicimos máis adiante). • Unha orientación autonomista cultista, que se sitúa nunha liña de continuidade verbo da tradición literaria que viña do Rexurdimento, aínda que admite a necesidade de depurala, arrequentala e actualizala. O seu ideal de lingua é un galego culto unificado e autónomo, claramente identificado fronte ao castelán, e dotado dunha escrita autónoma verbo da oralidade, aínda que non excesivamente distanciada desta. A influencia do castelán é contrarrestada (pero non extirpada de raíz) mediante unha apertura cautelosa ao portugués (pero sen identificar o galego con este). Así, dentro desta corrente, ampla e diversificada, combínanse en diferentes proporcións ingredientes puristas, diferencialistas e lusitanizantes. Foi claramente a central e maioritaria, a que marcou a pauta da elaboración da lingua no período de entreguerras e mais na posguerra, incluídas as Normas oficiais de 1982 e, especialmente, as reformadas de 2003. • Unha corrente reintegracionista, de inspiración diferencialista e orientación purista e elitista. Tanto o galego literario coma o galego popular son desbotados como esteos firmes para a lingua culta, pois considéranse irreparablemente deturpados polo castelán. O galego cultivado debe volver ás súas raíces medievais e asumir o legado portugués, aínda que iso comporte un afastamento marcado entre o galego escrito/ culto e o usual/ falado. Ponse grande énfase na adopción do sistema ortográfico do portugués (que é considerado o histórico do galego), máis ou menos adaptado ao galego segundo as distintas tendencias reintegracionistas, sacrificando así a proximidade á oralidade pola maior difusión que propiciaría unha ortografía común co universo lusófono. Inicialmente, o reintegracionismo adquiriu notable predicamento nun plano máis teórico ca práctico, e principalmente nunha versión moderada e gradualista, outorgando un espazo de autonomía para a norma galega. Nas últimas décadas foron codificadas distintas propostas reintegracionistas, tendencialmente máis e máis próximas á escrita portuguesa padrão, que atinxiron un considerable seguimento (SÁNCHEZ VIDAL, 2010). Durante a década de 1970, a partir da publicación das Normas ortográficas e morfolóxicas da Real Academia Galega, de orientación cultista, sucédense as propostas de codificación gráfica e morfolóxica (ALONSO PINTOS, 2002, p. 105-134): primeiro aparece a proposta popularista do Instituto da Lingua Galega (1971-74), á que se seguen distintas propostas cunha orientación máis ou menos marcadamente reintegracionistas. A partir de 1976 formúlanse as bases para a codificación do galego, que serán fixadas en 1982, mediante acordo entre a Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega (MONTEAGUDO, 1993): as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, declaradas oficiais por decreto do goberno galego – e a partir de aí de uso obrigatorio no sistema educativo e nas publicacións oficiais –, apostan por unha solución autonomista, fundada nun compromiso entre a orientación popularista e a cultista, e que experimentaron unha reforma en 2003 no sentido de dar certa LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 34 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia prioridade á orientación cultista (MONTEAGUDO, 2004; 2005b). A pesar de que as Normas son seguidas por unha ampla maioría de produtores e usuarios do galego culto (editoriais, medios de comunicación, profesores e escritores...), o debate normativo, que foi moi virulento nas décadas de 1980 e 1990 (pois unha vez que o galego foi oficializado o que se xogaba eran tamén parcelas de poder), continúa vivo na actualidade (véxase artigo de Lagares e Monteagudo, no próximo número de LaborHistórico). Desde os comezos da década dos oitenta, as controversias, centradas dun xeito moi marcado no terreo ortográfico, polarizáronse entre a correntes autonomista e a reintegracionista (MONTEAGUDO; SANTAMARINA, 1993, p. 151-165; SANTAMARINA, 1995). A primeira, maioritaria, propugna unha estandarización autónoma do galego, que os seus defensores consideran máis fiel á tradición lingüística galega, representación máis acaída do ideal de lingua da comunidade galegófona, máis accesible ao conxunto da poboación e, na práctica, a única viable. A segunda, minoritaria pero moi activa, goza con notable adhesión nos medios culturais e políticos nacionalistas. Como xa se indicou previamente, desde case os comezos do cultivo do galego, o portugués veu sendo aceptado – e hoxe éo por autonomistas e reintegracionistas – como unha fonte privilexiada para o arrequentamento e a depuración do léxico do galego estándar, así como unha referencia para a normalización de certos puntos da morfoloxía e a sintaxe (MONTEAGUDO; FERNÁNDEZ SALGADO, 1993)6. Non obstante, a corrente reintegracionista propugna ir máis lonxe, e, alén de adoptar un modelo ortográfico fundado no portugués, propón reformar todos os aspectos da morfoloxía galega que considera castelanizados, tomando as solucións do portugués ou híbridas (MONTEAGUDO, 2003a)7. Os detractores da corrente autonomista critícana como castelanizante, isolacionista verbo do portugués e asociada á hexemonía política da “dereita españolista”. Pola súa vez, ao reintegracionismo impútaselle un carácter elitista, establecer unha excesiva distancia verbo dos usos lingüísticos dos falantes, coa conseguinte dificultade de aprendizaxe, e non ser representativo do ideal de lingua da maioría destes. Ademais, cada unha das dúas correntes cuestiona a carencia de lexitimación científica da outra. Noutro traballo do próximo número abórdanse algúns aspectos desta controversia (LAGARES; MONTEAGUDO). 8. Contacto galego / castelán. Sociolecto e interlecto Despois desta rápida panorámica dos avances e problemas da estandarización da lingua, que interesan sobre todo as elites intelectuais máis comprometidas coa normalización da lingua e a algúns grupos de activistas, imos botar unha ollada ao que acontece coa xeneralidade dos falantes. Internámonos agora nun campo complexo, aínda insuficientemente explorado, sendo que aquí non temos espazo para un tratamento, nin sequera sumario, desta cuestión. O intenso e prolongado contacto entre dous sistemas lingüísticos dunha banda tan próximos – desde o punto de vista xenético e estrutural– e doutra banda en situacións tan desiguais –co castelán nun posición dominante– non puido acontecer sen deixar consecuencias. Tradicionalmente, o estudo dos fenómenos derivados do contacto lingüístico centrouse nas interferencias, de distinto tipo e con diferente nivel de integración, dun sistema noutro, e nas alteracións que estas interferencias provocaban en cada un deles. Así, se botamos unha ollada a aproximacións realizadas hai unhas décadas (GARCÍA GONZÁLEZ, 1976; NOIA, 1982; 1984; ÁLVAREZ CÁCCAMO, 1983), comprobamos que, daquela – referímonos sempre á lingua falada –, o galego interfería máis ao castelán de Galicia do que o castelán ao galego. A interferencia do primeiro no segundo era especialmente intensa na prosodia e a fonética (o “acento”) e mais nos planos morfosintáctico e pragmático, mentres que no plano léxico o galego resultaba máis interferido polo castelán, especialmente nos campos relacionados co ámbito urbano e a vida moderna, aínda que noutros (actividades tradicionais, orografía, flora e fauna autóctonas) era o castelán o que resultaba máis interferido polo galego. No léxico fundamental e os campos relacionados coa vida cotiá, a situación era complexa, pois verificábanse interferencias en ambos os sentidos (ÁLVAREZ DE LA GRANJA; LÓPEZ MEIRAMA, 2013). Por caso, a adopción das formas hipercaracterizadas do demostrativo neutro: isto, iso, aquilo (adoptadas no estándar, a pesar de seren moi minoritarias na fala, na que predominan as formas tradicionais esto, eso, aquelo); ou as desinencias da terceira persoa do singular do pretérito da segunda e a terceira conxugación –eu e –iu: comeu, partiu (as formas maioritarias no galego falado son comeu, parteu). Igualmente, determinados nexos usados no galego culto, como porén, son empréstimos do portugués. 7 Nomeadamente, sufixos tan produtivos como como –ble ∼ –vel e –ción ∼ –çom, que aparecen en palabras de uso moi frecuente como posible∼posível; canción∼cançom. As formas correntes en galego en –ble e –ción son consideradas castelanismos e seguramente o sexan. A pronuncia das formas alternativas é [bel] e [Ɵoŋ] / [soŋ], a grafía máis frecuente é <–vel> e <–çom>, pero tamén se pode atopar <–bel> e <-zón> ou <–ção>. A solución <–bel> é admitida no galego estándar, non así <-zón> / <–çom> / <–ção>. 6 LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 35 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia En resumo moi apurado, ata tempos recentes, o galego era lingua tan interferente como interferida: a subordinación ao castelán propiciaba a aceptación natural dos castelanismos léxicos na lingua falada, pero o uso amplamente maioritario do idioma do país provocaba que o castelán falado en Galicia, salvo o da exigua clase media-alta urbana cultivada e monolingüe en castelán, estivese enchoupada de galeguismos (ROJO, 2013). Como veremos máis adiante, nas últimas décadas esta situación mudou dun xeito moi notable. Sexa como for, ata tempos recentes, o repertorio verbal da comunidade galega estaba constituído por un abano de variedades lingüísticas, que groso modo corresponden cos sociolectos galegos, na definición dos cales resultaba decisiva a intensidade e o tipo de fenómenos de contacto interlingüístico nunha ou outra dirección. Variación sociolectal e variación interlectal están, pois, fundidas de xeito practicamente inextricable (DUBERT, 2002; MONTEAGUDO, 2005a). Deste xeito, poderíase distinguir, moi esquematicamente, as seguintes variedades, variedades que caracterizaremos, a xeito de exemplo, cos diferentes usos dos tempos verbais (unicamente imos ter en conta algúns tempos do pretérito, que son os máis relevantes): 1. Galego estándar. Modelo ideal, empregado de xeito aproximativo case exclusivamente por galegofalantes bilingües (GB), maiormente profesionais da lingua – docentes, comunicadores –, xeralmente na escrita e na oralidade só en situacións formais (e con matices dialectais): andei (indicativo pretérito), andara (indicativo antepretérito), andase (subxuntivo pretérito). 2. Galego tradicional (ou popular rural). Conxunto de falares vernáculos, coas respectivas marcas dialectais, utilizado por falantes monolingües (GM) de extracción rural e, con matices tendentes a aproximalo ao estándar, por falantes nativos cultos (GB) en situacións informais: andei (indicativo pretérito), andara (indicativo antepretérito e subxuntivo pretérito). 3. Galego vilego (ou popular semi-urbano). Conxunto de falares marcados dialectalmente (aínda que menos intensamente ca o galego tradicional), utilizados por falantes monolingües (GM) e sobre todo bilingües (GB ou CB) de medio vilego ou periurbano: andei (indicativo pretérito), andara / había andado (indicativo antepretérito), andara (subxuntivo pretérito). 4. Castelán vulgar. Utilizado por falantes bilingües (GB ou CB) de nivel educativo baixo: andé - anduve (indicativo pretérito), andara - anduviera / había andado (indicativo antepretérito), andara anduviera (subxuntivo pretérito). 5. Castelán rexional. De uso xeral por parte de falantes monolingües e bilingües (CM e CB, tamén GB) de nivel educativo medio ou baixo: anduve (indicativo pretérito), había andado / anduviera (indicativo antepretérito), anduviera (subxuntivo pretérito). 6. Castelán estándar. Utilizado por falantes monolingües (CM) de medio urbano, de nivel social e educativo medio ou elevado, e por outros falantes cultos (GB) en situacións formais: anduve (indicativo pretérito indefinido) ∼ he andado (indicativo pretérito perfecto), había andado (indicativo pluscuamperfecto), anduviera / anduviese (subxuntivo pretérito) ∼ haya andado (subxuntivo pretérico perfecto) ∼ hubiera / hubiese andado (subxuntivo pretérito pluscuamperfecto). Finalmente, debe terse en conta outra variedade interlectal, de emprego ocasional e perfís máis borrosos, que popularmente recibe a denominación de castrapo. En principio, esta denominación emprégase para referirse a un castelán tentativo, “intencional”8, inzado de galeguismos e formas híbridas, falado por monolingües galegos cunha competencia mínima na lingua dominante. Máis recentemente, como veremos, tamén comeza a empregarse para se referir aos falares galegos dialectais e castelanizados, utilizado polos falantes vernáculos (GM ou GB), que é adoito contraposto ao “galego normativo”. Tornaremos decontado sobre este asunto. Cando no presente traballo nos referimos a un castelán, un galego ou un portugués “intencional” referímonos a un desempeño lingüístico que se caracteriza porque o falante “tenta” expresarse nun idioma no que ten unha competencia moi limitada, de xeito que el acredita que está falando ese idioma, pero os/as falantes habituais dese idioma non o recoñecen como tal. En situacións de bilingüismo é unha situación relativamente frecuente. 8 LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 36 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia 9. Da estandarización da lingua á estandarización da comunidade Dixemos antes que a situación de contacto castelán / galego mudou notablemente nas últimas décadas. En primeiro lugar, verifícase unha progresiva estandarización das competencias e das prácticas lingüísticas, isto é, unha maior difusión, aceptación e utilización das variedades estandarizadas, tanto en castelán como en galego – dun xeito desigual, como a seguir veremos–. Pero, en segundo lugar, esa maior difusión das variedades estandarizadas, nomeadamente a do galego, non deixou de provocar reaccións contraditorias, como tamén mostraremos. Comezaremos polo idioma dominante. Non só se incrementou a difusión do castelán como lingua habitual de amplos sectores da poboación, como xa vimos (lémbrese os comentarios previos, ao fío dos datos presentados nos gráficos 5, 6, 7 e 8), senón tamén a estandarización do castelán falado en Galicia – especialmente, dos castelanófonos monolingües das cidades –, ao tempo que se intensificou a castelanización do galego popular, isto é, da fala cotiá da maioría dos galegófonos. Así, na actualidade, o castelán falado de Galicia está moito máis próximo ao castelán estándar/paraestándar do que acontecía hai catro ou cinco décadas. Isto é así tanto pola ampliación da base social desta variedade como pola intensificación do impacto dos medios de comunicación de masas, nomeadamente a televisión, particularmente sobre a poboación infantil e xuvenil. Téñase en conta que durante o franquismo e ata comezos da década de 1980 só existía unha emisora de propiedade estatal con dúas canles, mentres que, ao privatizarse a oferta televisiva, se multiplicou o número de emisoras e canles, e estas emiten maiormente – case exclusivamente – en castelán – en castelán estándar, naturalmente –. Xa que logo, na actualidade as interferencias do galego no castelán de Galicia probablemente son máis escasas e menos salientes. Por parte, a capacidade de penetración do castelán no galego non minguou, senón que aumentou (PARGA VALIÑO, 1999, KABATEK, 2000; DUBERT, 2005; SILVIA VALDIVIA, 2005; 2013), dado o incremento do bilingüismo e vista a permeabilidade dos galegofalantes cara ao idioma dominante, ao que están expostos dun xeito moito máis intenso e duradeiro do que acontecía unhas décadas atrás – tamén debido á mellora das comunicacións e á maior mobilidade da poboación, que se despraza con moita máis frecuencia e en maior número do campo ás cidades por motivos de estudo, laborais, de compras, de negocios ou de turismo. Pola súa banda, a difusión do galego estándar – que hai só catro décadas era practicamente inexistente – tamén mellorou considerablemente, grazas á súa codificación académica, á creación de materiais para a súa aprendizaxe e difusión, e, sobre todo, á súa introdución no sistema educativo, á súa maior presenza na vida pública e ao seu uso na radiotelevisión galega (véxase gráficos 12 e 13). Gráfico 12. Saben falar galego por idade en porcentaxe, 2013. Fonte: Instituto Galego de Estatística (2013). Gráfico 13. Evolución da competencia en galego do conxunto da poboación da galega, 1992-2003- 2008: escribir, ler, falar, entender. Fonte: Elaboración propia, con datos do Mapa Sociolingüístico de Galicia (1992) e do Instituto Galego de Estatística (2003; 2008) (véxase RAG-Seminario de Sociolingüística, 1994, p. 76; CCG-Sección de Lingua, 2005, p. 30 e 2011, p. 53). LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 37 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia Pero os efectos positivos desta mellora víronse toldados pola aparición de fenómenos novos, entre os que imos salientar dous, en boa medida imprevistos: por unha banda, a gran visibilidade atinxida por un grupo sociolingüístico novo, os neofalantes, e, en relación con isto, polas actitudes que se foron xerando acerca do galego estándar nos falantes vernáculos, e por outra, as polémicas normativas, a que xa nos referimos, pero sobre as que tornaremos, pois a cuestión dos neofalantes está tamén relacionada co reintegracionismo. A aparición dun grupo sociolingüístico inédito, os neofalantes, isto é, castelanfalantes iniciais dos grupos etarios máis novos (14-25 anos) de clase media, nivel educativo elevado e hábitat urbano que pasan a utilizar o galego como lingua habitual ou ocasional, en principio foi unha novidade positiva, e mesmo esperanzadora (RAMALLO, 2013, O’ROURKE; RAMALLO, 2013; 2015). Máis aínda, cando se verifica que unha boa porción destes adoptan o galego por compromiso persoal (con motivacións culturais, políticas ou ideolóxicas) e se fan monolingües, converténdose en auténticos activistas. Ora, cos neofalantes xurdiu tamén unha nova variedade de lingua, de carácter interlectal: polo seu propio perfil sociolingüístico moitos neofalantes típicos parten dunha escasa competencia en galego, que non é obtida espontaneamente pola vía da socialización primaria nos rexistros informais e coloquiais correspondentes, xa que tiveron poucas ou nulas ocasións para interactuar con galegofalantes vernáculos, e por tanto de exposición a e contacto co galego coloquial informal. Daquela, chegan a dominar rapidamente os aspectos da súa segunda lingua máis doados de aprender, como é o caso da morfoloxía e do léxico, e nestes planos adoptan os trazos do estándar, pero non conseguen apropiarse dos trazos máis distintivos (e por tanto, máis difíciles) do galego, especialmente no uso oral: prosodia, fonética, morfosintaxe, idiomatismos, pragmática (KABATEK, 2000). Os neofalantes “traducen” mecanicamente o seu castelán ao galego, transferindo masivamente trazos da súa lingua inicial á nova lingua adoptiva, especialmente patentes na fonética e na sintaxe: entoación castelá, indistinción do timbre das vogais medias, pronuncia alveolar do [ŋ] velar, indiferenciación do /s/ (apical) e o /ʃ/ prepalatal, non realización de contraccións, elisións vocálicas e outros fenómenos fonotácticos propios do galego, emprego de tempos verbais compostos... Por exemplo: unha man ['uŋa 'maŋ] é pronunciado ['una 'man], un home de ben [uŋ 'ɔme de 'bɛŋ] pode ser realizado como [un 'ome de 'ben], xuízo ([ʃu'iƟo] soa igual que suízo ([su'iƟo]), emprégase *hei feito ou *teño feito por fixen; *había feito ou *tiña feito por fixera, etc. Os clíticos presentan complexidades difíciles de controlar para os novos falantes, que tenden dunha parte a transferir o sistema castelán e doutra a cometer ultracorreccións, ignorando a distinción de te (acusativo) e che (dativo), empregando lle(s) (dativo) en lugar de o(s) / a(s) (acusativo), realizando usos pronominais do castelán inexistentes en galego, e barallando as regras sintácticas de énclise e próclise. Así: *te teñen deixado o libro? por deixáronche o libro?; *ponche dereito por ponte dereito; *to han dado? por déroncho?; *te insisto en que tíñanlle visto por insístoche en que o viran; *se había levado os seus libros por levara os seus libros; *seos tiña levado por leváraos. Exemplos de verbos pronominais en castelán que en galego se constrúen sen pronome: *calarse, *quedarse, *marcharse, *caerse ou *morrerse por calar, quedar, marchar, caer ou morrer; uso pronominal, inexistente en galego, de verbos como *lavarse, *mollarse, *cortarse, *poñerse, *comerse, *tomarse*, aprenderse + obxecto directo... (SILVA VALVIDIA, 2013, p. 298-299). Como xa indicamos, a virulencia e a saliencia que adquiriron as polémicas sobre a norma lingüística entre os reintegracionistas e os autonomistas crearon unha notable confusión e contribuíron a deslexitimar socialmente o galego estándar. Ademais, da man da corrente reintegracionista, ao contacto tradicional entre o galego e o castelán véuselle sumar un elemento novo: o portugués. Dado que moitos reintegracionistas responden ao perfil do neofalante típico, nas súas producións lingüísticas –sobre todo na fala– non é raro atopar fundidos elementos do substrato castelán con trazos do galego estándar e dun portugués aproximativo ou intencional, xunto a unha variada panoplia de formas híbridas ou ultracorrectas (REGUEIRA, 2016). Algúns exemplos tirados de textos reais: vamos a rematar (cast. vamos a acabar, gal. imos rematar, port. vamos acabar), “como comprenderían se leren o libro ao que me refiro” (gal. “se lesen”, port. “se lessem” ou ben “como comprenderão se lerem”), “queremos abrirmos de par en par as portas” (gal., port. e cast. “queremos abrir”). Como se ve polos exemplos, o infinitivo conxugado (inexistente en castelán e con tendencia á obsolescencia en moitas variedades do galego) e o futuro de subxuntivo (desaparecido do galego falado), sentidos como característicos do portugués e diferenciais fronte ao castelán, sofren unha pronunciada tendencia a un uso excesivo, redundante e ultracorrecto. En consecuencia, os textos en galego reintegrado poden provocar estrañeza nos falantes de portugués. Véxase o testemuño do antropólogo portugués António Medeiros: “foi em textos que observavam esta regra [reintegracionista] – sobretudo aqueles que a aplicavam de forma mais imaginosa, mimando tanto quanto possível a ortografia portuguesa – que encontrei algumas das dificuldades mais intrincadas de compreensão do galego” (MEDEIROS, 2003, p. 330, nota). O investigador portugués Fernando Venâncio tamén se ten referido a esta cuestión ao tratar LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 38 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia das versións de textos literarios do galego ao portugués (VENÂNCIO, 2007; véxase tamén MONTEAGUDO, no prelo a). Porén, se algúns neofalantes adoptan o galego como lingua única ou habitual – estes corresponden máis ben ao sector activista – ou ben como lingua profesional, e se esforzan por mellorar o seu desempeño lingüístico, outros neofalantes son ocasionais e ás veces oportunistas, e utilizan o galego unicamente como lingua do discurso público –caso de bastantes responsables políticos e persoeiros da vida social– ou do ámbito profesional (REGUEIRA, 1994; 1999; 2012; KABATEK, 2000). No segundo grupo é moi frecuente unha actitude de desleixo, ás veces intencionado, como para marcar as distancias sociais e culturais con respecto aos falantes vernáculos e unha identidade social ambigua, galego-castelá. Caben aí algúns comunicadores das emisoras públicas que utilizan o galego e bastantes figuras políticas. O galego fortemente castelanizado que empregan este segundo tipo de neofalantes xa non é unha variedade de transición das persoas que están tentando mellorar o seu galego, senón que mostra tendencia a adquirir perfís propios e consolidarse como unha variedade estable (SILVA VALDIVIA, 2013), unha auténtica interlingua fosilizada, que acaba sendo asociada no imaxinario social a determinados contextos de uso – xuntanzas políticas e institucionais, mitins, intervencións parlamentarias, debates televisados ou radiados, solemnidades cívicas, programas da radio e a televisión… – e mais a certos grupos de status: a chamada “clase política”, figuras mediáticas, cargos públicos... Analogamente, o galego reintegracionista serve como marcador dun grupo que se define polo seu activismo político e cultural nacionalista, belixerantemente anti-español (REGUEIRA, 2016). Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística, os neofalantes representaban arredor do 1,8% da poboación total (algo menos de 50.000 individuos), o que representa preto do 5% dos galegofalantes habituais e algo máis do 5% dos castelanfalantes iniciais (RAG-Seminario de Sociolingüística, 2016, p. 113), pero o seu status sociocultural outórgalles unha visibilidade moi superior á que esas porcentaxes poden suxerir. Aos falantes do neogalego urbano “xenérico”, pola súa maior presenza na vida pública e nos medios de comunicación; aos falantes do galego reintegracionista, polo seu intenso activismo e o eco que este atopa nos grupos máis mobilizados. En definitiva, a aparición dos neofalantes, en principio positiva como síntoma da reversión do proceso de substitución lingüística, tivo tamén efectos contraproducentes. Talvez o aspecto máis negativo do fenómeno da saliencia do neogalego urbano é que, precisamente polo que acabamos de sinalar, acadou unha grande proxección a través dos medios de comunicación, ata ser confundido por amplos sectores da poboación co “galego normativo” ou estándar. Nas condicións de estandarización “in vitro” como as que rodearon a xestación do galego estándar (véxase Lagares e Monteagudo no próximo número de LaborHistórico), é inevitable que esta variedade provoque certa estrañeza nos galegofalantes espontáneos, entre outras razóns, porque se produce case exclusivamente nun rexistro formal e, por tanto, carece de estilos informais. Pola súa banda, a inmensa maioría dos galegofalantes iniciais son dialectófonos que, se están en idade escolar, fóra das aulas teñen contadas ocasións para empregar o galego estándar, que usan un galego en que abundan as interferencias lingüísticas do castelán plenamente integradas e, en definitiva, en moitos casos perciben o estándar como unha lingua artificial na que non se recoñecen. Pero, ademais, o galego estándar tende a ser confundido por moitos galegofalantes vernáculos co neogalego urbano, dado que, en efecto, unha boa porción dos usuarios “intencionais” do primeiro son neofalantes que dominan o estándar morfolóxico e léxico pero manteñen a fonética e a sintaxe castelás. Incluso, moitas das formas galegas recuperadas no estándar para substituír castelanismos amplamente difundidos no galego popular, son sentidas como “portuguesas”, o mesmo que algúns neoloxismos, efectivamente tomados do portugués, de xeito que para moitos falantes vernáculos, o galego estándar, o neogalego urbano e o galego reintegracionista forman unha única entidade que senten como estraña. Xa que logo, a maior visibilidade do neogalego (en relación a outras variedades da lingua) acentúa a reacción de estrañeza e distancia dos galegofalantes vernáculos, que, por outra banda, identifican o que eles perciben como galego estándar cunhas elites políticas, culturais e sociais con que a maioría non se identifica. Como reacción, produciuse, sobre todo entre os galegofalantes mozos, unha reivindicación do “ghallegho bruto”, isto é, o conxunto diverso dos falares dialectais vivos, aprendidos espontaneamente fóra da escola – na casa, cos veciños e amigos –, que non se oen na televisión nin se len nos libros, e que se perciben como máis naturais, auténticos e expresivos. No devandito contexto, a noción de castrapo foi reformulada para referirse a ese “ghallegho bruto” (IGLESIAS ÁLVAREZ, 2013, p. 177-182; 2016, p. 115-119). Citamos as propias definicións dos falantes, recollidas nun traballo sobre as actitudes lingüísticas da mocidade galegofalante (os subliñados das denominacións variables das linguas son nosos): “falar castrapo é mezclar as linguas... [palabras] do gallego con palabras do castelán..., mezclar palabras do gallego mentres que estás falando castelán”, “é cando mezclas LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 39 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia ghallegho e castellano”, “un conxunto de castelán e galego” (IGLESIAS, 2013, p. 178). Estes falantes reivindican o dito castrapo fronte ao galego normativo, que consistiría en falar “sin mezclar palabras do castellano co galego”, “poñer as palabras propias do ghalegho”, “...do ghalegho-ghalegho”. Reproducimos a seguir dous fragmentos da entrevista entre a investigadora e os suxeitos investigados, mozos e mozas estudantes de segundo de bacharelato (16-17 anos) nun centro de ensino medio, identificando as persoas que interveñen cunha letra maiúscula entre parénteses cadrados: ―Por que falades castrapo?: [M] “porque nos dá máis xeito”, [L] “porque estamos acostumbrados”, [D] “... e as nosas familias faláronnos ghallegho sempre”, [L] “claro, porque na miña casa todo o mundo fala castrapo”. ―Vós dicides que escolledes falar castrapo? [Todos] “si”. ―E logho ghústavos o castrapo? [Todos] “si”, [L] “... a min do galego, do castelán, do inglés, do francés, o que máis me gusta [é] o castrapo”, [D] “porque é o que falas”, [M] “é o máis fácil], [L] “... é o máis fácil de todos”, [L] “claro, a min de pequena aprendíanme a falar castrapo”. En primeiro lugar, nótense as diferentes denominacións do castelán (/ castellano) e especialmente do galego (/ghalego / ghallegho / gallego). Pero, sobre todo, repárese na identificación dos falantes co que eles denominan castrapo, o falar aprendido na súa infancia e habitualmente empregado nas súas redes relacionais máis próximas. Na opinión de Silva Valdivia (2013), o rexeitamento dos falantes vernáculos cara ao estándar abre o camiño á aceptación das interferencias do castelán, de xeito que non se trata simplemente dun fenómeno de intensificación de interferencias asimiladoras, senón do avance dun proceso de converxencia lingüística do galego co castelán, que el xulga pernicioso para o galego. Pero, por outra banda, os fenómenos de contacto comezaron a ser contemplados en termos non tanto de interferencia e coñecemento / uso deficitario ou defectuoso das linguas, senón de utilización creativa dun repertorio lingüístico diversificado (paradigma da hibridade: GUGENBERGER, 2013). En apoio desta posición cítase a observación de Susan Gal: It appears to be a generally valid conclusion [...] that subordinate languages which allow great interference, indeed convergence with the dominant language, are more surely maintained than subordinate languages in which a purist ideology demands that young people adhere to the norms of the dying language. At the same time, it appears that creative changes within dying languages often change the subordinate language in a way that makes it differ more markedly or noticeable from the dominant language (apud GUGENBERGER 2013, p. 42). En fin, tendo en conta as observacións que viñemos debullando nos anteriores parágrafos, ás variedades socio-/interlectais que antes enxergamos aínda habería que engadir dúas de recente aparición: o neogalego urbano, orientado cara ao estándar autónomo (VIDAL FIGUEROA, 1997; KABATEK, 2000; REGUEIRA FERNÁNDEZ, 1994; 1999), e o galego reintegracionista, orientado cara ao portugués, e no que a súa vez se poderían distinguir varias modalidades, incluíndo unha fortemente interferida polo castelán. Finalmente, tamén habería que subliñar a redefinición de que foi obxecto a noción de castrapo. 10. Da sociolingüística á glotopolítica. Conclusión Se observamos a evolución do galego como lingua inicial e habitual desde 1935 ata a actualidade comprobaremos que, despois dunha fase de retención do galego, que coincide coa fin da ditadura e os primeiros anos da autonomía (de 1971 a 1986 aproximadamente), as vellas tendencias cara ao abandono cobraron nova forza (gráfico 14). A Galicia autonómica non conseguiu reverter o proceso de substitución lingüística en marcha acelerada nas últimas décadas da ditadura franquista; como moito, podemos conxecturar que sen autonomía talvez o language shift se tería producido a un ritmo aínda máis rápido (LORENZO SUÁREZ, 2005). Pero nos últimos anos o language shift acelerouse novamente: así, o monolingüismo en castelán aumenta, moi especialmente nos sectores de idade máis novos. Véxase no gráfico 15 como nos cinco anos que van de 2008 a 2013 o monolingüismo en castelán incrementouse máis (7,8%), que nos 18 anos que van de 1992 a 2008 (6%). Se fixamos o foco no grupo de poboación máis nova (entre 5 e 14 anos), verificamos que o uso do galego caera un 4% entre 2003 e 2008, pero entre este último ano e 2013 a porcentaxe de caída case se triplicou (11%) (gráfico 16). LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 40 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia Gráfico 14. Evolución do galego como lingua habitual (monolingües + bilingües dominancia galego) e como lingua inicial (galego) segundo a data de nacemento. Porcentaxes acumulativas e denominación de tendencias. IGE 2013. RAG-Seminario de Sociolingüística (2016, p. 190). Gráfico 15 (esq.). Evolución da lingua habitual da poboación >15 anos, 2003-2008-2013 (porcentaxes). Gráfico 16 (dta.). Evolución da lingua habitual da poboación entre 5 e 14 anos 2003-2008-2013. Fonte: Elaboración propia, a partir de datos do Instituto Galego de Estatística (2003; 2008; 2013) (RAG-Seminario de Sociolingüística, 2016, p. 62; 181; CCG-Observatorio da Cultura Galega, 2011, p. 23). É case inevitable relacionar esta tendencia coas mudanzas do clima político e social español das dúas últimas décadas, en que se produciu a reemerxencia do nacionalismo español centralista e uniformista, reactivo fronte os avances no autogoberno das nacións periféricas, coa conseguinte recuperación das respectivas linguas e culturas e, nun plano máis xeral, o auxe do novo paradigma da globalización neoliberal (MONTEAGUDO, 2012c; 2012d). O novo réxime político implantado en España a partir de 1978 foi incapaz de articular e difundir unha nova cultura cívica que asumise o pluralismo lingüístico como un valor a potenciar e non como unha fonte de problemas e conflitos. O novo nacionalismo español refundouse vertendo as vellas actitudes do centralismo español e o supremacismo castelanfalante nos novos moldes da globalización ultraliberal, pregoando as excelencias do español como lingua de comunicación internacional, das liberdades e do civismo, e descualificando as linguas da LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 41 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia periferia como provincianas, asociadas a movementos nacionalistas etnicistas e autoritarios. É así que a normalización do galego bateu con fortes resistencias, unhas provenientes da España “central” e outras da propia Galicia, en ambos os casos, de sectores sociais castelanfalantes monolingües ancorados en vellos privilexios e antigos prexuízos. No devandito contexto, é constatable a retracción do sentimento galeguista (“nacionalista”) e da identidade predominante ou exclusivamente galega, tal como reflicten as enquisas do Centro de Investigaciones Sociológicas de 2005, 2008 e 2012 (véxase gráficos 17 e 18). A asociación entre este fenómeno e o abandono do galego pode apoiarse nestas mesmas enquisas cando mostran que o sentimento galeguista é case o duplo entre os galegofalantes iniciais (30%) ca entre os castelanfalantes iniciais (16%), ao tempo que o 32% dos galegofalantes se sentían só galegos ou máis galegos, polo 14% dos castelanfalantes con ese mesmo sentimento; mentres que, pola contra, o 19% dos segundos se sentían só españois ou máis españois, fronte ao 5% dos galegofalantes que se identificaban dese xeito (citamos os datos de 2012, por VÁZQUEZ, 2013). Gráfico 17 (esq.). Evolución do sentimento nacionalista do electorado, 2005-2009-2012 (porcentaxes). Gráfico 18 (dta.). Evolución da identidade galega-española da poboación, 2005-2009-2012. Fonte: Elaboración propia, a partir de Vázquez (2013), con datos do Centro de Investigaciones Sociológicas. Observacións: en ambos os gráficos recollemos os datos das enquisas post-electorais de cada un dos anos, realizadas co gallo das eleccións ao Parlamento de Galicia. En Galicia, o conservador e españolista / rexionalista Partido Popular, amplamente maioritario, fixo seu ese discurso, modulándoo para tornalo aceptable para amplos sectores da poboación galega: en contraposición co ideal da normalización lingüística, que foi acusado de lexitimar a imposición do galego, propugnou o lema da liberdade de lingua, ao tempo que, desde a Xunta de Galicia (que volveu ocupar a partir de 2009), lexislaba para reducir a presenza do galego no sistema educativo e recortaba os apoios públicos á súa promoción (GÓMEZ, 2016). Pola súa banda, a pesar dos esforzos realizados nese sentido, nin o novo estatuto outorgado ao galego no marco glotopolítico deseñado pola constitución do 78 e o estatuto de autonomía de 1980, nin as políticas lingüísticas do goberno e as outras institucións galegas, nin tampouco os esforzos despregados polo sectores galeguistas, conseguiron trocar decisivamente a significación social atribuída ao galego, de sociolecto inservible para a promoción social, marcador estigmatizado dun status social subalterno, a lingua nacional útil para o progreso, símbolo dunha identidade colectiva prestixiosa. Os discursos neocentralistas empeoraron as cousas, ao fomentar a asociación entre o galego – especialmente o galego estandarizado das cidades – e os partidos nacionalistas “radicais” (IGLESIAS ÁLVAREZ, 2002). Pola súa banda, o nacionalismo galego mostrouse incapaz de conseguir un amplo apoio popular e de artellar un proxecto de promoción da lingua persuasivo para a maioría da poboación, mesmo da galegofalante (MONTEAGUDO, 2010; 2013b). En definitiva, a comunidade lingüística galega non foi capaz de reinventarse superando a diglosia e colocando o galego en pé de igualdade con respecto ao castelán. Así, nos últimos anos as expectativas da poboación canto ao futuro do galego empeoraron perceptiblemente: dunha crecente confianza (un tanto inxenua) nun futuro prometedor para o idioma galego, fundada nun certo prestixio gañado lentamente e con gran esforzo nos últimos anos do franquismo e os primeiros da autonomía, pasouse a renovar a vella desconfianza no seu porvir e reviviron os prexuízos na súa contra, especialmente os dirixidos contra o galego estándar e contra os sectores sociais, culturais e políticos que o defenden. Desde hai uns anos estase verificando un serio retroceso das conquistas penosamente conseguidas, cun LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 42 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia impacto sensible mesmo en termos estatísticos, como mostramos. De non producirse unha reacción enérxica que inverta esta tendencia, o porvir do galego está seriamente ameazado. E, na nosa opinión, tal reacción debe provir dunha análise coidadosa da experiencia das últimas décadas – extraordinariamente rica, a pesar de todo –, unha crítica sincera sobre os erros do pasado e un diagnóstico ben fundado sobre a sociedade galega actual, o que só se pode conseguir mediante un estudo rigoroso e un debate serio e documentado (MONTEAGUDO, 2010; 2013b). Non imos abordar os cambios imprescindibles nos contextos políticos galego, español e internacional para viabilizar o futuro do galego, pois iso levaríanos lonxe das pretensións do presente traballo. Perante un panorama tan fusco como o que enxergamos, ocórrenos acudir ao grande Antonio Gramsci: Il mio stato d'animo sintetizza questi due sentimenti e li supera: sono pessimista con l'intelligenza, ma ottimista per la volontà. Penso, in ogni circostanza, alla ipotesi peggiore, per mettere in movimento tutte le riserve di volontà ed essere in grado di abbattere l'ostacolo [...] Mi sono specialmente sempre armato di una pazienza illimitata, non passiva, inerte, ma animata di perseveranza (Carta a Carlo Gramsci, 19 de decembro de 1929; o subliñado é noso) Referencias: Inquéritos e Traballos de campo CCG-Observatorio da Cultura Galega. Prácticas e actitudes lingüísticas da mocidade en Galicia. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2017. Dispoñible en: http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/ CCG_2017_Practicas-e-actitudes-linguisticas-da-mocidade-en-Galicia.pdf CCG-Sección de Lingua. A sociedade galega e o idioma. A evolución sociolingüística de Galicia (1992 - 2003). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2005. Dispoñible en: http://consellodacultura.gal/mediateca/ pubs.pdf/lingua_sociedade.pdf CCG-Seccion de Lingua. O idioma galego na sociedade: a evolución sociolingüística 1992-2008. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2011. Dispoñible en: http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/ CCG_2011_O-idiomagalego-na-sociedade.pdf RAG-Seminario de Sociolingüística. Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia: compendio do volume I do mapa sociolingüístico de Galicia. A Coruña: Real Academia Galega, 1994. Dispoñible en: http://academia.gal/ documents/10157/704901/Lingua+Inicial+e+Competencia+Ling%C3%BC%C3%ADstica+en+Galicia.pdf RAG-Seminario de Sociolingüística. Usos lingüísticos en Galicia: compendio do II volume do mapa sociolingüístico de Galicia. A Coruña: Real Academia Galega, 1995. Dispoñible en: http://dc.uwm.edu/spa_por_facbooks/3/ RAG-Seminario de Sociolingüística. Actitudes lingüísticas: compendio do volume III do mapa sociolingüístico de Galicia. A Coruña: Real Academia Galega, 1996. Dispoñible en: http://dc.uwm.edu/cgi/viewcontent.cgi? article=1003&context=spa_por_facbooks RAG-Seminario de Sociolingüística. O galego segundo a mocidade: unha achega ás actitudes e discursos sociais baseados en técnicas experimentais e cualitativas. A Coruña: Real Academia Galega, 2003. Dispoñible en: http:// academia.gal/documents/10157/704901/O+Galego+segundo+a+mocidade.pdf RAG-Seminario de Sociolingüística. Lingua e sociedade en Galicia. A evolución sociolingüística 1992-2013. A Coruña: Real Academia Galega, 2016. Referencias: Estudos ALONSO MONTERO, Xesús. Constitución del gallego en lengua literaria. Lugo: Celta, 1970. ALONSO MONTERO, Xesús. Informe –dramático– sobre la lengua gallega. Madrid: Akal, 1973. ALONSO PINTOS. Para unha historia do estándar galego. As propostas do período 1966-1980. Madrid: Universidad Nacional de Educación a Distancia, 2002. LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 43 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia ALONSO PINTOS. O proceso de codificación do galego moderno (1950-1980). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2006. ALVAREZ CÁCCAMO, Celso. Cara unha caracterización da diglósia galega, historia e presente dunha dominación lingüística. Grial, n. 79, p. 23-42, 1983. ALVAREZ CÁCCAMO, Celso. A Influencia do galego sobre o sistema verbal e o uso de certas perífrases verbais no castelán de Galiza. Grial, n. 82, p. 423-442, 1983. ÁLVAREZ DE LA GRANJA, M.; GONZÁLEZ SEOANE, E. (eds.). A estandarización do léxico. Santiago: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega. Dispoñible en: <http://consellodacultura.gal/mediateca/ documento.php?id=297>. ÁLVAREZ DE LA GRANJA, María; LÓPEZ MEIRAMA, Belén. A presenza do galego no léxico dispoñible do español de Galicia. Análise distribucional. In: GUGENBERGER, E.; MONTEAGUDO, H.; REI-DOVAL, G. (eds.), p. 49-96, 2013. ARACIL, Lluís V. Sobre la situació minoritària. In: ARACIL, LL. V. Dir la realitat. Barcelona: Països Catalans, 1983. p. 171-206. BEIRAS, Xosé M.; LÓPEZ, Abel. A poboación galega no século XX. Santiago: Laiovento, 1999. CHACÓN CALVAR, Rafael. Diglosia e historia. Grial, n. 66, p. 442-453, 1978. CARBALLO CALERO, Ricardo. A liña do galego literario. Grial, n. 36, p. 129-137, 1972. CARBALLO CALERO, Ricardo. Constitución del gallego como lengua escrita. Verba, n. 1, p. 31-40, 1974. CIDADANÍA-REDE DE APLICACIÓNS SOCIAIS. O proceso de normalización do idioma galego, 1980-2000. Volume 1. Política lingüística: análise e perspectivas. Santiago: Consello da Cultura Galega, 2002. Dispoñible en: <http:// consellodacultura.gal/mediateca/documento.php?id=314>. DUBERT, Francisco. Os sociolectos galegos. Cadernos de Lingua, n. 24, p. 5-27, 2002. DUBERT, Francisco. Interferencias del castellano en el gallego popular. Bulletin of Hispanic Studies, vol. 83.3, p. 271-291, 2005. ESSER, Ursula. Die Entwicklung des Galizischen zur Modernen Kulturspache. Eine Fallstudie zur aktuellen Sprachplannung. Bonn: Romanistischer Verlag, 1990. FERNÁNDEZ REI, Francisco. Dialectoloxía da lingua galega. Vigo: Xerais, 1990. FERNÁNDEZ SALGADO, Benigno; MONTEAGUDO, Henrique. The Standardization of Galician: The State of the Art. Portuguese Studies, n. 9, p. 200-213, 1993. Dispoñible en: <http://webspersoais.usc.es/export9/sites/persoais/persoais/henrique.monteagudo/Descargas/ The_standardization_in_Galician_xportuguese_studiesx_nx9x_1993x.pdf>. FERNÁNDEZ SALGADO, Benigno; MONTEAGUDO, Henrique. Do galego literario ó galego común. O proceso de estandarización na época contemporánea. In: MONTEAGUDO, H. (ed.). Estudios de sociolingüística galega. Vigo: G a l a x i a , 1 995 . p . 99 -1 76 . D i s p o ñ i b le e n : < htt p s : / / w w w. a c a d e m i a . e d u / 1 4 4 2 2 91 / Do_galego_literario_%C3%B3_galego_com%C3%BAn._O_proceso_de_estandardizaci%C3%B3n_na_%C3%A9poc a_contempor%C3%A1nea>. FISHMAN, Joshua. La sociología del lenguaje. Madrid: Cátedra, 1979. FISHMAN, Joshua. Language & Ethnicity in Minority Sociolinguistic Perspective. Clevedon: Multilingual Matters, 1989. FISHMAN, Joshua. Reversing Language Shift. Clevedon: Multilingual Matters, 1991. FREITAS JUVINO, Pilar. A represión lingüística en Galiza no século XX. Vigo: Xerais, 2008. GARCÍA GONZÁLEZ, Constantino. Interferencias lingüísticas entre gallego y castellano. Revista Española de Lingüística, n. 6.2, 327-343, 1976. LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 44 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia GOMEZ, Marta. A imposición do galego. Nacemento, auxe e consecuencias da creación dun problema público. Grial, n. 210, p. 136-141, 2016. Dispoñible en: <http://www.editorialgalaxia.com/imxd/noticias/doc/ 147305928223_Marta_Gomez_G210.pdf>. GONZÁLEZ BERAMENDI, Justo. De provincia a nación. Historia do galeguismo político. Vigo: Xerais, 2007. GONZÁLEZ BERAMENDI, Justo; NÚÑEZ SEIXAS, Xosé M. O nacionalismo galego. Vigo: A Nosa Terra, 1995. GUGENBERGER, Eva. O cambio de paradigma nos estudos sobre contacto lingüístico: pode ser útil o concepto de hibrididade para a lingüística e a política das linguas en España?. In: GUGENBERGER, E.; MONTEAGUDO, H.; REIDOVAL, G. (eds.), 2013. p. 17-47. GUGENBERGER, Eva; MONTEAGUDO, Henrique; REI-DOVAL, Gabriel (eds.). Contacto de linguas, hibrididade, cambio: contextos, procesos e consecuencias. Santiago: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, 2013. Dispoñible en: <http://consellodacultura.gal/mediateca/documento.php?id=2065>. HABERMAS, Jügen. Historia y estructura de la opinión pública, Barcelona / México: Gustavo Gili, 1994. HAUGEN, Einar. Language Fragmentation in Scandinavia: Revolt of the Minorities. In: HAUGEN, E. et al. (eds.). Minority Languages Today. Edinburgh: Edinburgh University Press, 1980. p. 100-119. HERMIDA, Carme. A reivindicación da lingua galega no Rexurdimento (1840-1891). Santiago: Consello da Cultura Galega, 1992. HOBSBAWN, Eric. Naciones y nacionalismo desde 1798. Barcelona: Crítica, 1991. HOFFMANN, Charlotte. An Introduction to Bilingualism. London: Longman, 1991. IGLESIAS ÁLVAREZ, Ana. Falar galego «No veo por qué». Vigo: Xerais, 2002. IGLESIAS ÁLVAREZ, Ana. «Eu falo castrapo». Actitudes dos adolescentes ante a mestura de linguas en Galicia (estudo piloto). In: GUGENBERGER, E.; MONTEAGUDO, H.; REI-DOVAL, G. (eds.), 2013. p. 169-189. IGLESIAS ÁLVAREZ, Ana. Castelanismos e galeguismos. A súa relación co estándar. Estudos de Lingüística Galega, n. 8, p. 107-125, 2016. Dispoñible en: <http://www.usc.es/revistas/index.php/elg/article/view/3074/3646>. JOSEPH, John Earl. Eloquence and Power. The Rise of Language Standards and Standard Languages. New York: Basil Blackwell, 1987. KABATEK, Johannes. Os falantes como lingüistas. Tradición, innovación e interferencias no galego actual. Vigo: Xerais, 2000. KABATEK, Johannes. ¿En que consiste o Ausbau dunha lingua? In: ÁLVAREZ DE LA GRANJA, M.; GONZÁLEZ SEOANE, E. (eds.), 2003. p. 37-51. KLOSS, Heinz. ‘Abstand Languages’ and ‘Ausbau Languages’. Anthropological Linguistics, n. 9.7, p. 29-41, 1967. KLOSS, Heinz. On some terminological problems in interlingual sociolinguistics. International Journal of the Sociology of Language, n. 57, p. 91-106, 1986. LAMUELA, Xavier; MONTEAGUDO, Henrique. Planificación lingüística. In: FERNÁNDEZ PÉREZ, M. (ed.). Avances en Lingüística Aplicada. Santiago de Compostela: Universidade, 1996. p. 229-301. LEPAGE, Robert T.; TABOURET-KELLER, Andrée. Acts of Identity. Creole-based Approaches to Language and Ethnicity. Cambridge: Cambridge University Press, 1985. LORENZO SUAREZ, Anxo M. Planificación lingüística de baixa intensidade: o caso galego. Cadernos de Lingua, n. 27, p. 37-59, 2005. Dispoñible en: <http://academia.gal/documents/10157/23708/Cadernos_27.pdf>. MEDEIROS António. 2003. Discurso nacionalista e imagens de Portugal na Galiza. Etnográfica, n. 7.2, p. 321-349, 2003. Dispoñible en: <http://ceas.iscte.pt/etnografica/docs/vol_07/N2/Vol_vii_N2_321-350.pdf>. MONTEAGUDO, Henrique. Aspects of Corpus Planning in Galician. Plurilinguismes, n. 6, p. 121-53, 1993. Dispoñible en: <http://webspersoais.usc.es/export9/sites/persoais/persoais/henrique.monteagudo/Descargas/ Aspects_of_corpus_planning_in_Galician.pdf>. LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 45 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia MONTEAGUDO, Henrique. A demanda da norma. Avances, problemas e perspectivas no proceso de estandarización do idioma galego. In: MONTEAGUDO, H.; BOUZADA FERNÁNDEZ, X. (coords.), 2003a. p. 37-129. Dispoñible en: <http://consellodacultura.gal/mediateca/documento.php?id=303>. MONTEAGUDO, Henrique. Sobre a norma léxica do galego culto: da prosa ficcional de Nós ao ensaio de Galaxia. In :ÁLVAREZ DE LA GRANJA, M.; GONZÁLEZ SEOANE, E. (eds.), 2003b. p. 197-253. MONTEAGUDO, Henrique. Outra volta na procura da recendente pantera? O acordo normativo de 2003: antecedentes e perspectivas. Anuário Internacional de Comunicação Lusófona 2004, p. 79-93, 2004. Dispoñible en: <http://webspersoais.usc.es/export9/sites/persoais/persoais/henrique.monteagudo/Descargas/ O_acordo_normativo_de_2003._Antecedentes_e_perspectivas_xAnuxrio_internacional_de_comunicaxao_lusxfona x.pdf>. MONTEAGUDO, Henrique. Do uso á norma, da norma ao uso (Variación sociolingüística e estandarización no idioma galego). In: ÁLVAREZ, R.; MONTEAGUDO, H. (eds.). Norma lingüística e variación. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, 2005a. p. 377-436. Dispoñible en: <http:// consellodacultura.gal/mediateca/documento.php?id=125>. MONTEAGUDO, Henrique. La estandarización del gallego. Problemas y avances. In: SINNER, C. (Hg.). Norm und Normkonflikte in der Romania. Münche: Peniope, 2005b. p. 112-130. Dispoñible en: <http://webspersoais.usc.es/ export9/sites/persoais/persoais/henrique.monteagudo/Descargas/ La_estandarizacixn_del_gallego._Problemas_y_avances_xNorm_und_Normkonflitke_in_der_Romaniax_2005x.pdf> MONTEAGUDO, Henrique. Por un proxecto de futuro para o idioma galego. Un debate necesario. Grial, n. 188, p. 62-69, 2010. Dispoñible en: <http://culturagalega.gal/imaxes/docs/igea_informe_lingua2010.pdf>. MONTEAGUDO, Henrique. A invención do monolinguismo e da língua nacional. Gragoatá, n. 32, p. 43-54, 2012a. MONTEAGUDO, Henrique. 2012b. Sociolingüística galega: problemas e pescudas. Treballs de Sociolingüística Catalana, n. 22, p. 271-286, 2012b. MONTEAGUDO, Henrique. Política lingüística en Galicia. Apuntes para un nuevo balance. Quo Vadis Romania?, n. 39, p. 21-39, 2012c. MONTEAGUDO, Henrique. Facer país co idioma. Sentido da normalización lingüística. A Coruña: Real Academia Galega, 2012d. Dispoñible en: <http://academia.gal/documents/10157/27090/Henrique+Monteagudo.pdf>. MONTEAGUDO, Henrique. Spanish and other languages of Spain in the Second Republic. In DEL VALLE, J. (ed.). A Political History of Spanish. The Making of a Language. Cambridge: Cambridge University Press, 2013a. p. 106-122. MONTEAGUDO, Henrique. Horizontes para o idioma galego. Entre a involución e a globalización. Grial, n. 200, p. 50-59, 2013b. MONTEAGUDO, Henrique. A contribución de Ramón Piñeiro á defensa e ilustración da lingua galega. Boletín da Real Academia Galega, n. 376, 481-516, 2015. Dispoñible en: <http://academia.gal/documents/10157/30509/ BRAG_376.pdf>. MONTEAGUDO, Henrique. Lingua nacional, idioma moderno. As Irmandades e a fala. Grial, n. 211, p. 18-29, 2016. Dispoñible en: < h t t p s : / / w w w . a c a d e m i a . e d u / 3 1 5 3 2 4 4 7 / GRIAL_211_Lingua_nacional_idioma_moderno_Henrique_Monteagudo.pdf>. MONTEAGUDO, Henrique. Historia social da lingua galega. Vigo: Galaxia, 2017. MONTEAGUDO, Henrique. Galician and the Portuguese-Speaking World from the Perspective of Translation. In: REI-DOVAL, G.; TEJEDO, F. (eds.). Luso-Hispanic Linguistics. No prelo a. MONTEAGUDO, Henrique. Entre la periferia y la metrópolis: Gallegos en Buenos Aires. In: DOPPELBAUER, M.; CICHON, P. (eds.), Metrópolis. No prelo b. MONTEAGUDO, Henrique; SANTAMARINA, Antón. Galician and Castillian in Contact: Historical, Social and Linguistic Aspects. In: POSNER, R.; GREEN, J. (eds.), Trends in Romance Linguistics and Philology. Vol. 5. Bilingualism LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 46 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia and Linguistic Clonflict in Romance. Berlin / New York: Mouton de Gruyter, 1993. p. 117-173. Dispoñible en: <https:// www.academia.edu/1442290/Galician_and_Castilian_in_contact_historical_social_and_linguistic_aspects>. MONTEAGUDO, Henrique; BOUZADA FERNÁNDEZ, Xan (coords.). O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000). Volume III. Elaboración e difusión da lingua. Santiago: Consello de Cultura Galega, 2003. Dispoñible en: <http://consellodacultura.gal/mediateca/documento.php?id=303>. NOIA CAMPOS, Camiño. Interferencias léxicas entre as linguas galega e castelá. Grial, n. 75, p. 91-99, 1982. NOIA CAMPOS, Camiño. Contribución ó estudio do léxico dos bilingües. Verba, n. 11, p. 181-195, 1984. NÚÑEZ SEIXAS, Xosé M. Los nacionalismos en la España contemporánea (siglos XIX y XX). Barcelona: Hipòtesi, 1999. NÚÑEZ SEIXAS, Xosé M. Sul nazionalismo spagnolo e la questione linguistica (1900-1975). Nazioni e Regioni. Studi e ricerche sulla comunità immaginata, n. 1, p. 35-57, 2013. O’ROURKE, Bernardette; RAMALLO, Fernando. Competing ideologies of linguistic authority amongst new speakers in contemporary Galicia. Language in Society, n. 42, p. 287-305, 2013. O’ROURKE, Bernardette; RAMALLO, Fernando. Neofalantes as an active minority: Understanding language practices and motivations for change amongst new speakers of Galician. In International of the Sociology of Language, n. 231, p. 147-165, 2015. Dispoñible en: <https://www.degruyter.com/downloadpdf/j/ijsl. 2015.2015.issue-231/ijsl-2014-0036/ijsl-2014-0036.xml>. PARGA VALIÑO, Edelmira M. A interferencia lingüística no galego oral. In: ÁLVAREZ, R.; VILAVEDRA, D. (eds.) Cinguidos por unha arela común. Homenaxe a Xesús Alonso Montero. Santiago de Compostela: Universidade, vol. I, 1999. p. 789-808. PRECEDO, Andrés; MÍGUEZ, Alberto; FERNÁNDEZ, María I. Galicia: o tránsito cara a unha sociedade urbana no contexto da unión europea. Revista Galega de Economía, vol. 17, p. 89-108, 2008. Dispoñible en: <http:// www.usc.es/econo/RGE/Vol17_ex/galego/art6g.pdf>. RAMALLO, Fernando. Neofalantismo. In: GUGENBERGER, E.; MONTEAGUDO, H.; REI-DOVAL, G. (eds.), 2013. p. 245-258. RAG / ILG. 1982. Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Santiago de Compostela / A Coruña: Instituto da Lingua Galega / Real Academia Galega. REGUEIRA FERNÁNDEZ, Xosé L. Modelos fonéticos e autenticidade lingüística. Cadernos de lingua, n. 10, p. 37-60, 1994. REGUEIRA FERNÁNDEZ, Xosé L. Estándar oral e variación social da lingua galega. In: ÁLVAREZ, R.; VILAVEDRA, D. (eds.) Cinguidos por unha arela común. Homenaxe a Xesús Alonso Montero. Santiago de Compostela: Universidade, vol. I, 1999. p. 855-875. REGUEIRA FERNÁNDEZ, Xosé L. Autenticidade e calidade da lingua: purismo e planificación lingüística no galego actual. Estudos de lingüística galega, n. 4, p. 187-201, 2012. REGUEIRA FERNÁNDEZ, Xosé L. La lengua de la esfera pública en situación de minorización: español y portugués como lenguas de contacto en el lenguaje político gallego. In: POCH OLIVÉ, D. (ed.). El español en contacto con las otras lenguas peninsulares. Madrid: Iberoamericana / Frankfurt am Main: Vervuert, 2016. ROJO, Guillermo. El español de Galicia. In: CANO, R. (coord.). Historia de la lengua española. Barcelona: Ariel, 2013. p. 1087-1101. SÁNCHEZ VIDAL, Pablo. O Debate Normativo da Lingua Galega (1980-2000). A Coruña: Fundación Barrié de la Maza, 2010. SANTAMARINA, Antón. Norma e estándar. In: MONTEAGUDO, H. (ed.). Estudios de Sociolingüística Galega. Vigo: Galaxia, 1995. p. 53-98. SILVIA VALDIVIA, Bieito. Converxencia diverxencia en certas estruturas morfosintácticas do galego. In: ÁLVAREZ, R.; MONTEAGUDO, H. (eds.). Norma lingüística e variación. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, 2005. p. 259-283. LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 47 Henrique Monteagudo Lingua e Sociedade en Galicia SILVIA VALDIVIA, Bieito. Galego e castelán: entre o contacto e a converxencia. In: GUGENBERGER, E.; MONTEAGUDO, H.; REI-DOVAL, G. (eds.), 2013. p. 287-314. SUBIELA, Xaime. O idioma galego. Alarmas e esperanzas. In ÁLVAREZ POUSA, L. (dir.), Informe Galicia 2010. [Santiago de Compostela]: Atlantica de Informacion e Comunicacion de Galicia, p. 247-270, 2010. Dispoñible en: <http://kit.consellodacultura.gal/web/uploads/adxuntos/arquivo/ 5440ef8c80624alarmaseesperanzas_subiela.pdf>. VENÂNCIO, Fernando. Palavras doutra tribo. Sobre traduções de literatura galega. Viceversa n. 13, p. 25-54, 2007. VIDAL FIGUEROA, Tiago. Estruturas fonéticas de tres dialectos de Vigo. Verba, n. 24, p. 313-332, 1997. VILLANUEVA GESTEIRA, María D. A lingua galega entre 1963 e 1975. Situación social e discursos dende o galeguismo. Pontevedra: Deputación Provincial, 2010. LaborHistórico, Rio de Janeiro, 3 (1): 14-48, jan. | jun. 2017. 48