Saltar ao contido

Jacques Demy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJacques Demy

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Jacques Louis Raymond Marcel Demy Editar o valor en Wikidata
5 de xuño de 1931 Editar o valor en Wikidata
Pontchâteau (Francia) Editar o valor en Wikidata
Morte27 de outubro de 1990 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
14º distrito de París (Francia) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte por SIDA Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse Editar o valor en Wikidata
EducaciónÉcole nationale supérieure Louis-Lumière (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1,69 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista, actor, realizador, produtor de cinema, escritor de diálogos, letrista, director de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1955 Editar o valor en Wikidata - 1988 Editar o valor en Wikidata
MovementoNouvelle Vague Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeAgnès Varda (1962–1990) Editar o valor en Wikidata
FillosMathieu Demy Editar o valor en Wikidata
ParentesRosalie Varda, filla adoptiva Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteUbuWeb Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0218840 Allocine: 1469 Rottentomatoes: celebrity/jacques_demy Allmovie: p87476 TCM: 48551
BNE: XX854817 Musicbrainz: c28641ce-ca2d-4196-b449-574e08fac58c Find a Grave: 4929 Editar o valor en Wikidata

Jacques Demy (Pronunciación francesa: ​[ʒak dəmi]), nado en Pontchâteau (Loira Atlántico) o 5 de xuño de 1931 e finado en París o 27 de outubro de 1990) foi un director e guionista cinema francés, un dos máis destacados representantes da Nouvelle vague. Dentro deste movemento a súa obra é inusitada, xa que non se interesou demasiado pola experimentación formal, como Alain Resnais, nin pola axitación política, como Jean-Luc Godard. Entre as súas obras hai musicais, xénero en que acadou éxito internacional, contos de fadas e homenaxes á idade dourada de Hollywood. O seu mundo ten certas semellanzas co doutro gran cineasta da Nouvelle Vague, François Truffaut.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tras traballar co animador Paul Grimault e o cineasta Georges Rouquier, Demy dirixiu a súa primeira longametraxe, Lola, en 1960, con Anouk Aimée no papel da cabareteira homónima. Nela xa están presentes os trazos que definen o seu peculiar selo persoal: a importancia da música (grazas á súa colaboración con Michel Legrand), a apropiación da imaxinaría hollywoodense, a importancia do destino na trama e a ambientación na costa atlántica francesa, en que o cineasta pasou a súa mocidade. O seu segundo filme, La Baie des Anges, protagonizado por Jeanne Moreau, retomou o tema do destino, cunha historia de amor e mesas de ruleta.

O seu terceiro filme, Les Parapluies de Cherbourg (1964), foi un grande éxito internacional e obtivo a Palma de Ouro no Festival de Cannes. Como outros compañeiros de xeración subverteu a división en xéneros, producindo un drama musical en que todos os diálogos son cantados. O filme amosa tamén o característico estilo visual do cineasta: mentres que Lola tiña unha fotografía en branco e negro máis próxima aos postulados da Nouvelle Vague, a cargo do habitual director de fotografía de Godard, Raoul Coutar, Les Parapluies de Cherbourg está rodado nunha supercor saturada, que destaca o impacto visual de cada detalle. No filme reaparece o mozo de Lola, que casa con Deneuve. Estas reaparicións de personaxes son tamén moi características da súa cinematografía.

Aínda que non puido recuperar totalmente a brillantez dos seus tres primeiros filmes, o seu cinema posterior caracterízase por unha busca constante. Les Demoiselles de Rochefort (1967), un novo musical protagonizado por Catherine Deneuve, xunto coa súa irmá Françoise Dorléac, contén algunhas das mellores cancións francesas da época, e conta no seu elenco coa estrela de musicais de Hollywood Gene Kelly. A personaxe de Lola volveu aparecer na experimental Model Shop (1969), primeiro filme que rodou nos Estados Unidos. La Peau d'Ane (1970) é unha versión literal, aínda que visualmente extravagante, dun conto de fadas de Charles Perrault, de novo protagonizada por Catherine Deneuve.

Demy retomou o universo feérico de La Peau d'Ane noutros dous filmes, Le joueur de flûte, baseado no conto do frautista de Hamelín, e Parking, sobre o mito de Orfeo. En xeral, os seus filmes posteriores foron peor recibidos pola crítica.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Demy foi o marido da directora Agnès Varda, que en Jacquot de Nantes rodou unha versión dos cadernos autobiográficos de Demy, sobre a súa infancia e o seu amor ao teatro e ao cinema. O propio Demy aparece en varias escenas e nas secuencias iniciais e finais do filme. Tiveron dous fillos, Rosalie Varda-Demy, filla biolóxica de Antoine Bourseiller, e Mathieu Demy.

Jacques Demy era homosexual[1] e faleceu por complicacións da sida o 27 de outubro de 1990. Foi enterrado no cemiterio de Montparnasse[2]

Filmografía

[editar | editar a fonte]

En 1956, recibiu unha mención de honra no Festival de Berlín pola curtametraxe documental Le sabotier du Val de Loire.

En 1964 gañou a Palma de Ouro e o premio OCIC no Festival de Cannes por Les parapluies de Cherbourg. Este filme foi candidato ao Óscar nas categorías de mellor canción orixinal ("I Will Wait for You"), mellor banda sonora orixinal (Michel Legrand) e mellor guión orixinal. En 1969 o seu filme Les Demoiselles de Rochefort (1967) foi novamente candidato ao Óscar, na categoría de mellor banda sonora de filme musical.

  1. Callahan, Dan (1-7-2009). "A Lioness and Her Love: The Beaches of Agnès". Slant Magazine. Consultado o 1-11-2017. 
  2. "Jacques Demy, Film Director, 59; Made 'Umbrellas of Cherbourg'". Consultado o 29-6-2016. 
  3. "Lola, de Jacques Demy". Cineclube de Compostela. 2 de setembro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • David Thomson (1975). Biographical Dictionary of Film (3.ª ed.). Londres: Andre Deutsch. ISBN 0-233-98953-6
  • Rafferty, Terrence (16 de abril de 1996). The Past Recaptured. The New Yorker.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]