A Mesa pola Normalización Lingüística
A Mesa pola Normalización Lingüística | |
---|---|
Tipo | asociación cultural |
Propósito | normalización lingüística |
Área de operación | Galicia |
Data de fundación | abril de 1986 |
Fundador(es) | Associaçom Galega da Língua, Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Asociación Socio-Pedagóxica Galega e Federación de Asociacións Culturais Galegas |
Presidente/a | |
Eventos/Actividades | Correlingua, Liña do galego, Abertos ao galego e Pipocas |
Organización subsidiaria | Fundación Vía Galego |
Organización relacionada | Plataforma Queremos Galego! e Vía Galega |
Premios | Premio Xela Arias |
Localización | |
Enderezo | Rúa García Prieto 7, 15706 |
En | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
Na rede | |
http://www.amesa.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Mesa pola Normalización Lingüística, MNL, é unha organización galega que loita pola galeguización da vida pública e a normalización da lingua galega, procurando manter unha independencia que permita a conxunción de esforzos de colaboradores homoxéneos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Creouse tras o Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística celebrado en 1986 e en virtude do acordo adoptado nesas xornadas pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, Federación de Asociacións Culturais Galegas e a Associaçom Galega da Língua[1]. O seu primeiro presidente foi Xosé Manuel Sarille.
A súa actividade desenvólvese no campo do ensino, banca, toponimia, galego exterior, comercio e empresa, administración, e toda a vida pública galega. O seu presidente actual é o historiador e xestor cultural Marcos Maceira, que sucedeu a Carlos Callón o 26 de abril de 2014.[2] Segundo datos da propia organización contaba en 2008 con 3300 socios [3].
En agosto de 2012 falecía o seu presidente de honra Avelino Pousa Antelo[4].
Actividade
[editar | editar a fonte]A Mesa Pola Normalización Lingüística fai campañas de promoción do uso do galego e de concienciación con problemas concretos con institucións, organizacións ou persoas.
A finais dos anos noventa SEAT sacou ao mercado un coche chamado SEAT Arosa. A Mesa fixo unha intensa campaña incluíndo o envío de postais cun coche debuxado á sede da empresa en Barcelona onde se solicitaba o troco do nome por Arousa A campaña tivo boa acollida e SEAT ofreceu a quen o solicitase o troco da placa co nome.
Durante anos a Mesa tivo unha dura loita nos tribunais contra o Concello da Coruña polo nome da cidade. O entón alcalde Paco Vázquez levou aos tribunais o asunto onde foi rexeitada a postura do alcalde. O propio Carlos Callón lembroulle ao concello que esta liorta custáralle ao Concello da Coruña un millón de euros. O caso ten pechada a fronte xudicial.
Carlos Callón foi denunciado por Antonio Fraga Mandián, ex xuíz decano da Coruña, por telo acusado de prevaricar ao dicir nunha entrevista que era consciente de que o nome oficial e legal da cidade é A Coruña pero el seguiría a empregar La Coruña. Este xuíz xa denunciara a outro veciño en 2008 por solicitar ao xulgado que lle remitise a documentación en galego.
En xaneiro de 2013 Carlos Callón foi absolto da falta por inxurias[5]. O 10 de maio de 2013 repetiuse o xuízo na Audiencia Provincial da Coruña[6].
No 2017 A Mesa realizou unha campaña chamada "Sentido Común" para presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para reclamar que se garanta materialmente o exercicio do dereito á información e á atención en galego no ámbito socioeconómico.[7]
Presidentes da Mesa
[editar | editar a fonte]- Xosé Manuel Sarille (1986–1997)
- Concha Costas (1997–2002)
- Carlos Callón (2002–2014)
- Marcos Maceira (2014–)
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- VIII Edición Premios San Martiño de nomalización lingüística (1998), no Concello da Estrada.
- A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI) concedeullo o V Premio Xela Arias polo "seu labor e dedicación na iniciativa de cambio da nova Lei Xeral do Audiovisual para conseguir que o galego teña financiamento anticipado nas producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda".[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Carta fundacional (recuperada de Internet Archive, captura do 13 de febreiro do 2006).
- ↑ Información na páxina de Praza Pública
- ↑ Longalingua 16 (maio de 2008), páx. 5
- ↑ "A Mesa chora o falecemento do seu presidente de Honra, Avelino Pousa Antelo. A Mesa pola Normalización Lingüística". Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2012. Consultado o 20 de agosto de 2012.
- ↑ Carlos Callón aplaude la sentencia a su favor y pide al exjuez decano de A Coruña que «cumpra a lei» La Voz de Galicia
- ↑ "A Mesa convoca unha concentración diante da Audiencia Provincial da Coruña en apoio a Carlos Callón". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2013. Consultado o 10 de maio de 2013.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2017. Consultado o 11 de maio de 2017.
- ↑ Diario, Nós (2022-11-01). "A Mesa recibe o premio Xela Arias polo seu labor na lei do audiovisual". Nós Diario. Consultado o 2022-11-02.