Inzar
Aparencia
Inzar | |
---|---|
Tipo | partido político |
Ideoloxía | comunismo |
Data de fundación | 1991 |
Data de disolución | 28 de febreiro de 2012 |
Sede | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Inzar foi unha formación política galega de esquerdas que estivo activa entre 1991 e 2012. Desde 1993 até a súa disolución formou parte do BNG.
Historia
[editar | editar a fonte]Inzar constituíuse como partido político xurdido da unificación do Movemento Comunista de Galicia e da Liga Comunista Revolucionaria de Galicia en 1991[1]. En 1993 integrouse no BNG, sempre con pouco peso cuantitativo no seu interior: no ano 2002, por exemplo, tiña 234 militantes.
A formación acordou a súa disolución o 3 de marzo de 2012[2]. Xesús Veiga Buxán, deputado no Parlamento de Galicia polo BNG entre 1993 e 2005, foi o seu dirixente máis coñecido.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Inzar formaliza a súa disolución nunha asemblea de despedida en Padrón". Galicia Hoxe. 4/03/2012. Arquivado dende o orixinal o 24/09/2019. Consultado o 23/1/2021.
- ↑ Inzar desaparece como corrente organizada dentro do BNG, Galicia Confidencial
Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |