Saltar ao contido

Abrente-Esquerda Democrática Galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abrente-Esquerda Democrática Galega
Tipopartido político
Data de fundación2012
PaísEspaña
Na rede
http://www.abrente-edg.org/
editar datos en Wikidata ]

Abrente-Esquerda Democrática Galega, ou Abrente-EDG, é unha corrente de ideoloxía socialdemócrata[1] nacida en 2012 e integrada no seo do Bloque Nacionalista Galego.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

O seu secretario-executivo e cara máis coñecida é Carlos Aymerich e maioría dos seus membros proveñen de antigas correntes do BNG coma o Colectivo Socialista, Inzar ou Unidade Galega. Orixinalmente, tamén contou co apoio dos alcaldes de Bueu, Tomiño e Rianxo[2]. Tamén conta co apoio de Ana Luísa Bouza, Camilo Nogueira e Suso Veiga.

Ideoloxicamente é o sector máis moderado do BNG, tanto na vertente social coma na nacional. Nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 Abrente apoiou unha candidatura conxunta con Anova-Irmandade Nacionalista e Compromiso por Galicia[3].

  1. Redacción (16/02/2013). "Abrente ou Nós-UP, o dilema da UPG". Galicia Confidencial. Consultado o 2024-07-29. 
  2. Piñeiro, Xesús Manuel. "Abrente constitúese como corrente no BNG para achegar “outro xeito de entender o nacionalismo”". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2016. Consultado o 10 de xaneiro de 2016. ]
  3. Redacción (02/05/2013). "Abrente aplaude o diálogo de Vence con CxG e Anova". Galicia Confidencial. Consultado o 2024-07-29.