Premio Xela Arias
Aparencia
O Premio Xela Arias é un premio creado en 2018 pola Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación. O seu nome recoñece o labor de Xela Arias como tradutora. Os seus obxectivos son poñer en valor a tradución profesional e o galego como lingua de traballo.
Ten carácter simbólico e premia empresas, entidades ou persoas que destaquen pola promoción da tradución ou a interpretación cara a ou desde o galego.[1]
Premios
[editar | editar a fonte]- 2018: María Alonso Seisdedos.
- 2019: Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.[2]
- 2020: NUMAX.[3] O xurado valorou a súa aposta polo galego "procurando usalo coma lingua de divulgación do audiovisual" e a visibilidade que dan aos tradutores.[4]
- 2021: Viceversa.
- 2022: A Mesa pola Normalización Lingüística.[5]
- 2023: Asociación Galega de Editoras.
- 2024: Takekazu Asaka e Gabriel Álvarez Martínez[6].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Novo premio Xela Arias". AGPTI. 1 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2018. Consultado o 3 de outubro de 2018.
- ↑ "A AGPTI anuncia gañadora do II Premio Xela Arias". AGPTI. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2019. Consultado o 2019-10-02.
- ↑ "A Asociación de Tradutores e Intérpretes premia a Numax polo impulso do galego". Nós Diario. Consultado o 2020-10-05.
- ↑ "Conceden a Numax el premio Xela Arias". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-10-06. Consultado o 2021-03-17.
- ↑ Diario, Nós (2022-11-01). "A Mesa recibe o premio Xela Arias polo seu labor na lei do audiovisual". Nós Diario. Consultado o 2022-11-02.
- ↑ "Resolución VII Premio Xela Arias". AGPTI. 4 de novembro de 2024.