Saltar ao contido

Yulenmis Aguilar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaYulenmis Aguilar
Biografía
Nacemento3 de agosto de 1996 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
Guisa, Cuba Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlanzadora de xavelina Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaCuba (–2024)
España (2024–) Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivaLanzamento de xavelina Editar o valor en Wikidata
Participou en
2016Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Instagram: yulenmis_aguilar IAAF: 14518738 Editar o valor en Wikidata

Yulenmis Aguilar Martínez, nada en Bayamo o 3 de agosto de 1996, é unha atleta galego-cubana, especializada en lanzamento de xavelina.[1] Foi campioa de España absoluta, participou nos Xogos Olímpicos de 2016 e 2020 e ostenta o récord mundial sub-20.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a destacar de nova no lanzamento de xavelina e en 2013 conseguiu a medalla de prata no Campionato Mundial de Atletismo Sub-18 celebrado en Donetsk, só por detrás da australiana Mackenzie Little.[2] Ese mesmo ano foi unha das representantes de Cuba no Campionato Panamericano Júnior, onde sumou unha nova prata.

En 2015 gañou a medalla de ouro nos Xogos Panamericanos Júnior celebrados en Edmonton, lanzando a xavelina a 63,86 metros, o que lle valeu ademais o récord mundial sub-20, aínda vixente.[3] Ese mesmo ano foi sexta nos Xogos Panamericanos absolutos e participou no Campionato do Mundo de Pequín, onde non se clasificou para a final.[1]

No ano 2016 participou nos seus primeiros Xogos Olímpicos, no Río de Xaneiro, onde rematou na 29ª praza, con 54.94 m como mellor lanzamento. En 2018 obtivo un bronce nos Xogos Centroamericanos e do Caribe, pero a súa baixada de rendemento provocou que non volvese ser convocada pola selección cubana.[1]

A finais de 2020 instalouse en Oleiros e entrou a formar parte da Escola de Lanzadores da Coruña, onde comezou a ser adestrada por Raimundo Fernández.[1] No Campionato de España de 2022, no que participou fóra de competición, logrou a súa mellor marca persoal: 64,17 metros.[1]

En abril de 2024 adquiriu a nacionalidade española e pouco despois recibiu o permiso de World Athletics para participar en competicións internacionais co seu novo país.[4][5][6] A súa primeira competición como española foi o Campionato de Europa dese mesmo ano, onde competiu cun arrefriado, sen conseguir pasar á final.[7] Poucas semanas despois logrou o seu primeiro título de campioa de España, grazas a un lanzamento de 59,85 metros.[8]

Nos Xogos Olímpicos de 2024 logrou o pase á final cun lanzamento de 61,95 metros e nesta obtivo a sexta praza e un diploma olímpico, grazas a un lanzamento de 62,78 m.[9][10]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou no verán de 2023 en Santa Clara cunha muller cubana.[11]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "El Gobierno nacionaliza a la atleta Yulenmis Aguilar, opción de medalla en los Juegos Olímpicos de París 2024" (en castelán). 9 de abril de 2024. Consultado o 30 de xullo de 2024. 
  2. "Donetsk 2013: Aguilar y Mena suman las primeras medallas para Cuba" (en castelán). 11 de xullo de 2013. Consultado o 30 de xullo de 2024. 
  3. "World U20 Records". Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (en inglés). Consultado o 30 de xullo de 2024. 
  4. "España nacionaliza a Yulenmis Aguilar, la actual líder mundial del año en lanzamiento de jabalina" (en castelán). 8 de abril de 2024. Consultado o 30 de xullo de 2024. 
  5. "Yulenmis Aguilar podrá competir con España en los Europeos de Roma". As. 30 de xullo de 2024. Consultado o 30 de xullo de 2024. 
  6. Arribas, Carlos (11 de abril de 2024). "Yulenmis Aguilar: España encuentra en Cuba una atleta de talla mundial". El País. Consultado o 13 de abril de 2024. 
  7. Campos, Tomás (30 de xullo de 2024). "Batacazo y lágrimas de Yulenmis Aguilar en su estreno como española en la calificación de la jabalina". Marca (en castelán). Consultado o 30 de xullo de 2024. 
  8. "Yulenmis Aguilar consigue su primer título de campeona de España en jabalina". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de xuño de 2024. Consultado o 30 de xullo de 2024. 
  9. "Yulenmis Aguilar estará en una final en la que buscará récord de España". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de agosto de 2024. Consultado o 13 de agosto de 2024. 
  10. "Diploma olímpico para Yulenmis Aguilar, sexta na final de xavelina". 10 de agosto de 2024. Consultado o 13 de agosto de 2024. 
  11. Arribas, Carlos (10 de abril de 2024). "Yulenmis Aguilar: España encuentra en Cuba una atleta de talla mundial". El País (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2024.