Saltar ao contido

Oleiros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaOleiros
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°21′17″N 8°19′43″O / 43.3548, -8.3287
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
CapitalO Real Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación37.809 (2023) Editar o valor en Wikidata (861,84 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie43,87 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónVirxe do Carme Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataÁngel García Seoane Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Oleiros Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15170–15179 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15058 Editar o valor en Wikidata

Sitio weboleiros.org Editar o valor en Wikidata

Oleiros é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Coruña. Segundo o IGE no 2018 tiña 35.559 habitantes (34.963 no 2015, 33.550 no 2010, 31.694 no 2007, 31.264 no 2006, 30.467 no 2005, 29.671 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «oleirés/oleiresa».

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Unha vista da Coruña dende Bastiagueiro, en Oleiros.

Limita ao norte coa ría de Ares, ao leste cos concellos de Sada e Bergondo, ao sur cos de Cambre e Culleredo e ao oeste co concello da Coruña e coa ría do Burgo, da cal abrangue a costa da marxe dereita oposta á da cidade da Coruña. Está situado no interior da unidade xeográfica chamada Xistos Cristalinos de Bergondo, creada no Precámbrico.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

Segundo o Padre Sarmiento[1] o topónimo Oleiros fai referencia ás olas en que se celebraban antigamente os soterramentos[2].

Da época da cultura castrexa consérvanse trece castros:[3][4]

Da Idade Media consérvanse poucos restos, entre eles atópase a Igrexa Románica de Dexo do século XII consagrada polo arcebispo Xelmirez no ano 1108.

O castelo de Santa Cruz está situado nun illote na enseada do mesmo nome, no Porto de Santa Cruz. Foi mandado construír por Diego das Mariñas no século XVI para completar o sistema defensivo da baía coruñesa, xunto co castelo de Santo Antón, o castelo de San Diego e o castelo de Santo Amaro. No século XIX foi mercado pola familia Quiroga-Pardo Bazán. En 1939 foi doado pola filla de Emilia Pardo Bazán á arma de cabalaría para organizar colonias dos orfos de guerra civil ata 1978. O castelo quedou abandonado ata 1989 cando foi mercado polo concello. O Castelo de Santa cruz está declarado Ben de Interese Cultural. Actualmente é o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia[5]

Demografía

[editar | editar a fonte]

É o segundo concello máis poboado da comarca da Coruña e o décimo concello galego en poboación.

Censo total (2015) 35.013 habitantes
Menores de 15 anos 5.645 (16.12 %)
Entre 15 e 64 anos 22.677 (64.77 %)
Maiores de 65 anos 6.436 (19,11 %)
Evolución da poboación de Oleiros   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
6.972 9.115 10.564 15.039 29.671 33.443 34.133 34.386 34.470 34.563 34.693 35.013 35.198 35.559 36.075 36.534
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Economía

[editar | editar a fonte]
Urbanización de chalés en Montrove.

A economía de Oleiros estivo durante séculos centrada no sector agrario, gandeiro e pesqueiro. No porto de Lorbé existe unha das depuradoras de mexillóns máis importantes de Galiza.

A proximidade á cidade da Coruña fixo medrar a poboación do concello que pasou dunha etapa de cidade dormitorio, nas zonas máis próximas, e de lecer preto das praias. Oleiros é agora un concello residencial e de alta calidade de vida. O concello ten múltiples urbanizacións, zonas de vivendas e equipamento residencial. Nos últimos anos construíronse zonas verdes, zonas peonís e infraestruturas para mellorar a vida diaria no concello. O novo acceso ao concello é a Vía ártabra (AG-13), estrada de alta capacidade que ligará o concello coa autoestrada AP-9.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

O museo dos Oleiros forma parte do Centro Cultural As Torres de Santa Cruz, unha das máis importantes escolas de cerámica popular. Acolle unha colección única en Europa de cerámica popular, e é sede dunha das feiras máis importantes de cerámica tradicional de España, que cada ano acolle centos de ceramistas que expoñen as súas pezas.

[editar | editar a fonte]
Refraneiro
Cantigueiro
  • Ferrolana, por te ver, / pasei o mar da Marola / a pique de me perder.

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
Praia de Santa Cristina.
Praias
Museos
Salas de exposicións
Monumentos

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Oleiros.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
As nove parroquias que compoñen o concello de Oleiros.
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Oleiros

Dexo (Santa María) | Dorneda (San Martiño) | Iñás (San Xorxe) | Liáns (Santaia) | Maianca (San Cosme) | Oleiros (Santa María) | Perillo (Santa Locaia) | San Pedro de Nós (San Pedro) | Serantes (San Xián)

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Oleiros vexa: Lugares de Oleiros.

  1. Padre Sarmiento (1754-55): Viaje a Galicia, páxs. 67 e 68.
  2. Cabeza Quiles, F.: Os nomes de lugar, p. 3145. Ed. Xerais, Vigo 1992.
  3. PXOM do Concello de Oleiros do ano 2014
  4. Traballo de Comendador Rey, Beatriz. Ferrer Cruz, J. Vázquez Collazo, S. Anuario Brigantino 2007, num .30
  5. O CEIDA -Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia-
  6. A Marola é un pequeno illote fronte á costa de Dexo-Serantes, no concello de Oleiros. Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 7.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]