Saltar ao contido

Xilulosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xilulosa[1][2]
Identificadores
Número CAS 5962-29-8 (D/L), 551-84-8 (D), 527-50-4 (L)
PubChem 22253
ChemSpider 20892
ChEBI CHEBI:17399
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C5H10O5
Masa molecular 150,13 g/mol
Aspecto Xarope

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
L-xilulosa.

A xilulosa (/ksilulósa/) é un monosacárido de cinco átomos de carbono (é unha pentosa), que contén un grupo cetona no carbono 2 (é unha cetosa). A súa fórmula é C5H10O5. Ten dous carbonos asimétricos, o 3 e o 4, con orientacións distintas[3]. Na natureza existen os dous enantiómeros, a L-xilulosa e a D-xilulosa. O nome IUPAC da L-xilulosa é (3R,4S)-1,3,4,5-Tetrahidroxipentan-2-ona.

O seu derivado fosfatado D-xilulosa-5-fosfato é importante no metabolismo porque intervén na fase non oxidativa da ruta da pentosa fosfato.

Outro derivado, a 1-desoxi-D-xilulosa, pode incorporarse con facilidade á vía metabólica de síntese de isoprenoides en plantas e bacterias.

A L-xilulosa acumúlase na urina dos pacientes de pentosuria, enfermidade debida a unha deficiencia de L-xilulosa redutase. Como a L-xilulosa é un azucre redutor, igual ca a D-glicosa, os enfermos de pentosuria foron no pasado diagnosticados como diabéticos erroneamente.

  1. Datos da L-xilulosa.
  2. Merck Index, 11th Edition, 9996.
  3. Lehninger A. Principios de Bioquímica (1988).Omega. ISBN 84-282-0738-0

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]