Wikipedia:A Taberna (propostas)/Arquivo 23
Este é un arquivo da sección A Taberna (propostas) da Taberna |
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados. Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual. |
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 34, 35, 36 |
---|
Isabel e Fernando, non os Católicos
[editar a fonte]Ao igual que no caso de seu pai, Fernando VII, Isabel II goza de dous artigos na Galipedia:
privilexio que non teñen os demais reis de España, nin de ningún outro país, nesta nin noutras Wikipedias.
E, ao igual que no caso do pai, considero que cumpriría fusionar ambos os artigos.
Cando me decatei do caso de Fernando VII comentei con Atobar a conveniencia de fusionalos, cousa coa que, en principio, está de acordo, pero pediu un tempo para ver as opinións doutros usuarios. Agora, que achei o da filla, propoño un debate aquí.
Por outra parte, os dous artigos isabelinos carecen de fontes.
No caso de que se estimase oportuno refundilos, preséntome voluntario para facelo e, ademais, para subministrar as necesarias referencias (aínda que son de ciencias, son —desde os tempos do bacharelato— moi afeizoado á historia, e especialmente enamorado do século XIX, e teño na miña biblioteca particular abundante bibliografía).--XoioÉche o que hai 04:00, 11 de abril de 2012 (UTC)
- Isabel II ten dous artigos tamén na es-wiki, incluso o artigo de Reinado de Isabel II en España é artigo destacado alí e está ligado dende o apartado Reinado do artigo desa raíña. Eu diría de non fusionalos, en todo caso habería que engadirlles as referencias que precisen. Pasa o mesmo con Fernando VII, tamén ten dous artigos na es-wiki aínda que non son destacados... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:34, 11 de abril de 2012 (UTC)
- Non me dera de conta do detalle das es-wikis (quizais o feito de que na gl-wiki tamén os haxa non sexa unha simple coincidencia). Pero o problema de fondo no é ese. E non sei se irá en contra dalgunha norma da Galipedia o feito de que un rei teña un artigo dedicado á súa biografía (no que, naturalmente, hai una sección dedicada ao seu reinado) e outo dedicado exclusivamente ao reinado. Se houbera unha norma que aprobara isto (on non o prohibira), daquela sería cuestión de inflar a Galipedia (no sentido da 3ª acep. do novo DRAG on line) con todos os monarcas que reinaron, en España e no estranxeiro, incluídos os poucos que reinaron privativamente en Galicia, e, por que non, tamén os papas e patriarcas, e así poderiamos sobrepasar o número de entradas da nosa enciclopedia previstas para o próximo aniversario. En serio, segue a parecerme "rara" esta duplicidade. --XoioÉche o que hai 00:23, 12 de abril de 2012 (UTC)
- Non é para aumentar o número de artigos, simplemente é para tratar un aspecto concreto con máis detalle, é o que vexo que se adoita facer en tódolos artigos que se van facendo demasiado longos, as partes que poden desenrolarse con máis profundidade trasládanse a artigos independentes deixando un resumo axeitado no artigo principal e poñendo unha ligazón a ese artigo co modelo Véxase tamén. Non atopei política nin guía que comente este detalle, non sei se haberá algún sitio onde se indique algo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:10, 12 de abril de 2012 (UTC)
- Nos dous casos, o artigo biográfico e mailo artigo do reinado sonche moi dignos e compleméntanse perfectamente. É certo que fusionar estes artigos nun só non daría lugar a un artigo excesivo ("demasiado longo") pero é que tampoco ningún dos dous é excesivamente curto. Creo que están ben así. Outro tema é se están completos -cousa que descoñezo- ou Xoio pode meter máis información, referencias e bibliografía, algo que sería benvido. E se hai outros casos de reis, papas ou quen sexa que poden ter un artigo propio sobre unha época ou faceta do seu reinado (terrenal ou celeste), sería cousa de estudar se se manteñen ou se dividen. Non se trata de aumentar artificialmente o número de artigos, co que estaría totalmente en contra, senón de redactar artigos sobre o tema que introduce o título e, sobre todo, accesibles, lexibles por el común dos mortais, que a todos nos custa ler -mesmo comezar a ler- un deses artigos "tocho" que tantyos temos. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:37, 12 de abril de 2012 (UTC)
- Brevemente, dous pequenos comentarios:
- Parece que non se entendeu ben a ironía (más ben retranca) do que "daquela sería cuestión de inflar a Galipedia (no sentido da 3ª acep. do novo DRAG on line) con todos os monarcas" (a pesar de que vai seguida de "En serio, segue a parecerme "rara" esta duplicidade"). E segue a parecerme. Só hai duplicidade nestes dous reinados na gl-wiki e na es-wiki. E hai algúns..., Filipe II de España, p. ex. (no que, por certo, hai unha sección Filipe II de España#Resumo do seu reinado, pero non hai un artigo Reinado de Filipe II de España).
- Canto a que os artigos longos sexan "difíciles de ler", é unha cuestión opinábel. Para iso está o Índice, se se quere consultar un dato concreto. Por outra parte, os consultantes de wikis como a inglesa, francesa, castelá, etc., seica teñen "menos dificultades para ler" que algúns dos usuarios da galega.
- Non estou en contra de nada. Só da coeherencia.--XoioÉche o que hai 12:07, 13 de abril de 2012 (UTC)
- Brevemente, dous pequenos comentarios:
Derradeiro comentario (pola miña parte).
- O ÚNICO artigo de reinado de... que aparece como tal en varias wikis (gl, es, ca, eu, fr e it) é o de Reinado de Isabel II de España.
- O Reinado de Fernando VII de España, como tal reinado, só aparece na Galipedia. Aínda que se relaciona, a través das interwikis, con outras linguas, os contidos dos correspondentes artigos nos se corresponden ao citado reinado (non sei no que estaría pensado o autor de tales remisións):
- En castelán, Restauración absolutista (que comprende, obviamente, só unha parte do reinado de Fernando VII).
- En inglés, History of Spain (1814-1879) (creo que no é necesario recodar que o intermitente reinado de Fernndo VII foi, na súa primeira época, desde o Motín de Aranjuez até as Abdicacións de Baiona (18 de marzo de 1808 - 5 de maio de 1808) e o definitivo, do 22 de marzo de 1814, cando regresa a España (ou uns meses antes, se contamos desde que Napoleón o recoñece cono rei de España)(1), e a súa morte, o 29 de setembro de 1833.
- En francés, Restauration absolutiste en Espagne.
- En italiano, Restaurazione spagnola (por certo, se non miramos o índice non sabemos de que restaurazione se trata —tamén hai unha Restaurazione borbonica (1874-1931) ou II Restaurazione—).
- En checo: Španělsko v 19. a na počátku 20. století (abarca o período da Historia de España desde 1814 até 1831).
- En vietnamita: Tây Ban Nha giữa thế kỷ 19 (creo que é un resumne da historia de España dese 1808 até 1868, data da Gloriosa).
- (1) Este recoñecemento foi unha das cláusulas do Tratado de Valençay, cuxas negociacións comezaron o 20 de novembro de 1813 en Valençay, residencia real (residencia como rei, non auténtica residencia) en Francia de Fernando VII, entre José Miguel de Carvajal, duque de San Carlos, e Antoine René Mathurin, conde de Laforest. O acordo asinouse o 11 de decembro do mesmo ano e nel Napoleón aceptaba a suspensión das hostilidades (da Guerra da Independencia) e o retorno de Fernando VII ao trono de España.
- Só pido un pouco de coherencia interna (ademais dun mínimo respecto pola Historia). --XoioÉche o que hai 15:38, 13 de abril de 2012 (UTC)
- Non fagas o teu último comentario Xoio porque entón non podemos seguir falando :). Imos facer un suposto: supoñamos que pasamos o contido de Reinado de Isabel II ó seu artigo, e logo supoñamos que alguén continúa esa parte, por exemplo traducindo e integrando toda a información do artigo Reinado de Isabel II de es-wiki, ¿como vai quedar o artigo?. Eu penso que vai quedar moi descompensado ó ter tanta información nese apartado..., nese caso, ¿non sería ben deixar un bó resumo no artigo principal e dexar unha ligazón ó desenrolo detallado en Reinado de Isabel II?. Outra cousa é que o artigo Reinado de Isabel II non sexa coherente en si e que ó mellor o que máis cumpra sexa facer outros artigos secundarios con outra temática, estou pensando agora que ó mellor era a iso ó que te referías, e entón aí eu si que xa non me meto porque non teño os coñecementos axeitados para tratar ese tema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18:23, 13 de abril de 2012 (UTC)
Na miña opinión é moi xusta a opinión de Xoio sobre fusionar os dous artigos de cada monarca nun só. Concordo coa súa proposta. De feito, opino exactamente o mesmo sobre a fusión de artigos de cidades como Colonia - Köln e Historia urbana de Colonia, que non teñen razón para existir por separado, pero que tanto abondan nesta nosa wikipedia. -- JonnyJonny (conversa) 22:41, 14 de abril de 2012 (UTC)
Bundesliga
[editar a fonte]Boas, vin que ao meter na busca Bundesliga, redirixe directamente á Fußball-Bundesliga a pesar de que o termo se refire a moitas ligas de distintos deportes, tendo na Galipedia a Rollhockey-Bundesliga, a Basketball Bundesliga e a Handball-Bundesliga ademáis da xa citada Fußball-Bundesliga. É certo que é máis coñecida por Bundesliga e que seguramente sexa máis doado facer a busca así, mais coido que sería máis correcto adicar a páxina da Bundesliga a homónimos (así os usuarios tamén poden ver que non só é fútbol), polo que propoño facer eso, se a comunidade non concorda coa miña idea crearei a entrada Bundesliga (homónimos). --Piquito (conversa) 19:22, 30 de abril de 2012 (UTC)
- Concordo con adicar Bundesliga a homónimos.--Adorian (fálame) 20:19, 30 de abril de 2012 (UTC)
- Concordo --Elvira (Conversa comigo) 20:40, 30 de abril de 2012 (UTC)
- Concordo -- JonnyJonny (conversa) 20:55, 30 de abril de 2012 (UTC)
- Adiante. --Atobar (conversa comigo) 21:02, 30 de abril de 2012 (UTC)
- Concordo --Elisardojm (conversa) 21:40, 30 de abril de 2012 (UTC)
- Feito!; --Estevo(aei)pa o que queiras... 05:10, 1 de maio de 2012 (UTC)
Ligas de rugby
[editar a fonte]Convídovos a opinar nesta páxina de conversa. -- JonnyJonny (conversa) 13:08, 8 de maio de 2012 (UTC)
Códice Calixtino
[editar a fonte]Nesta páxina de conversa expoño unha cuestión referente á denominación do Códice Calixtino, o caso é que no artigo do Códice refírese a el como Liber Sancti Iacobi, mentres que na entrada do Liber di que esta denominación (Liber Sancti Iacobi) se corresponde aos escritos e non ao Códice Calixtino, sendo tamén do Liber os manuscritos de Ripoll, Alcobaça, Vaticano... que conteñen tódolos textos ou parte deles (segundo indica a entrada do Liber). Alguén sabe exactamente cal é a opción correcta? Hai outras wikis como a inglesa, nas que non se fai referencia á denominación Liber Sancti Iacobi para referirse ao Códice Calixtino, sen embargo en francesa e na alemá por exemplo si que o fan. Se alguén ten algo que aportar que deixe os seus comentarios na Conversa:Códice Calixtino. Moitas grazas, Piquito (conversa) 14:15, 14 de maio de 2012 (UTC)
Pau Casals
[editar a fonte]Que opinades desto. Un saúdo Piquito (conversa) 13:00, 13 de xuño de 2012 (UTC)
Votación Códice Calixtino
[editar a fonte]Queda pouco para que finalice o mes de xuño e na votación para o artigo sobre Galiza está o do Códice Calixtino. Este artigo presenta varias eivas, unha delas na miña opinión fai que este artigo non poda ir de ningún xeito á portada (véxase Conversa:Códice Calixtino), xa que o tema do Liber Sancti Iacobi non está nin moito menos aclarada e se pode caer nun erro de desinformación. Quero chamar aos usuarios que xa votaron a que lean a conversa e reconsideren o seu voto se o consideran oportuno e aos usuarios que non votaron para que a lean e fagan da votación algo máis representativo. Moitas grazas, Piquito (conversa) 23:49, 28 de xuño de 2012 (UTC)
Máis sobre o Códice Calixtino
[editar a fonte]No cabezado do Códice Calixtino faise referencia a numerosas publicacións, o que ocupa como a metade do propio cabezado. Propoño crear unha sección denominada "Publicacións" ou algo así (se a alguén se lle ocorre algo mellor, perfecto) agrupar estes contidos, tamén lin dunha vez en La Voz de Galicia que polos tempos da Guerra Civil se pretendía editar... se alguén ten esta información agradécese. Estaría ben que agora que se recuperou vaia para a portada (logo claro está de solucionar os problemas do cabezado co Liber Sancti Iacobi que semella non ser sinónimo, ou si) e mesmo propoñelo para calidade (eu non o vou propoñer nin penso votar se se propón por ter editado moito nel, de feito creo que comentarei na posible votación mais sen chegar a votar). Un saúdo, Piquito (conversa) 17:24, 5 de xullo de 2012 (UTC)
Pasar o mapa de galipedistas a unha páxina do proxecto
[editar a fonte]O outro día Servando propuxo na miña conversa que o mapa de galipedistas que está na miña páxina de usuario o pasemos para unha páxina do proxecto xa que podería ser útil para organizar tarefas ou planificar algunha cousa que queramos facer. Este mapa de galipedistas só mostra ós usuarios que teñen publicada a súa localidade na súa páxina de usuario, é dicir, é información que xa é pública, o único que fixen foi mostrala nun mapa. De tódolos xeitos se alguén non quere aparecer só ten que avisarme.
Unha idea sería poñelo no Portal da Comunidade pero pode ser outro sitio similar. Que vos parece o asunto?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:06, 11 de xullo de 2012 (UTC)
- De entrada eu o convertería nun modelo {{Mapa de galipedistas}} para que se poda incluír en páxinas de usuario e onde sexa. --. HombreDHojalata.conversa 09:54, 17 de xullo de 2012 (UTC)
Feito!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:25, 17 de xullo de 2012 (UTC)
O votación a artigo de calidade de Vaca foi pechada.
Decide, por favor, porque non participastes? Que é o que non vos convenceu ou que cousas mellorables lle vedes?--. HombreDHojalata.conversa 23:51, 14 de xullo de 2012 (UTC)
- Non o teño claro. En xeral non me gusta participar nas eleccións de artigos de calidade, porque darlle esa categoría a un artigo é moi determinante e hai que estar sumamente seguro do que o artigo o merece. No caso concreto do artigo da vaca, véxoo moi completo (mesmo con ligazóns a Wikiespecies e Galicitas), cun traballo enorme de Xoacas e outr@s moit@s editores, pero non estou seguro de que cumpra todos os requisitos para ser elixido.
Noutra orde de cousas: Piquito falou da posibilidade de retirar a estrela ao artigo de Lugo se non cumpría os requisitos, e é unha política que deberiamos desenvolver.
Graciñas, HombreDHojalata, por facer esta pregunta e facernos reflexionar sobre as votacións. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:25, 15 de xullo de 2012 (UTC)
- Boas HombreDHojalata. Non participei na votación mais deixei un comentario, o certo é que o artigo é moi completo pero a eiva que lle atopei eu é que é excesívamente galicéntrico dende o meu punto de vista. Entendo que na Galipedia se lle dea unha importancia especial a Galiza, mais os datos sobre a vaca en Galiza dentro do artigo son moitos e penso que deberían ir nun artigo a parte, facendo no da vaca un ou dous parágrafos que resuman todo o contido actual e fagan referencia ás razas autóctonas. Xa puxen na votación que se podían ampliar contidos da wiki en francés (que conta tamén cun gran artigo), moi curioso todo o referente ás percepcións. Non digo que teñamos que traducir o que hai na wiki en francés, mais si podemos tirar ideas de contidos que non haxa e adaptalos ou procurar información. Esta é a miña modesta opinión, o artigo é moi bo e penso que engadíndolle algúns contidos máis será de calidade, eu non o vou poder facer, xa teño moito con Pau Casals e o programa do LX Festival de Ópera da Coruña. Unha aperta e a seguir, Piquito (conversa) 09:24, 17 de xullo de 2012 (UTC)
- Coma sempre, para min é un plus azulear as ligazóns internas. --Atobar (conversa comigo) 10:28, 17 de xullo de 2012 (UTC)
Festival de ópera da Coruña
[editar a fonte]Boas, entre o día 29 de agosto e o 5 de outubro deste ano terá lugar o Festival de Ópera da Coruña, as óperas programadas son Nabucco e Madama Butterfly. Propoño e pido axuda para ampliar os respectivos artigos para poder levalos á portada nos meses de setembro e outubro respectivamente (que é cando se representarán), ou aínda que sexa unha soa delas. A ópera é un tema case inédito na Galipedia e pode servir para captar novos usuarios. Espero que alguén me axude, eu vou crear unha entrada sobre o festival cos distintos eventos que terán lugar durante o mesmo, quen quera participar que me avise na miña páxina de conversa ou comente nesta sección para coordinar o traballo. Anímovos a todos a participar!! Unha aperta, Piquito (conversa) 08:57, 17 de xullo de 2012 (UTC)
Hospedeiro vs Hóspede
[editar a fonte]A discusión aberta por Xoio foi trasladada á páxina de conversa do artigo Hóspede], ademais de por ser o lugar que lle corresponde, tamén porque Xoio fai uso de notas e aclaracións que aquí non poden quedar. --Atobar (conversa comigo) 12:21, 6 de agosto de 2012 (UTC)
Topónimos galegos noutras wikis
[editar a fonte]Boas, quixera comentarvos o que me ocorreu ao comprobar o nome da páxina da miña vila, Pontedeueme, noutras wikipedias. Achei que case todas elas teñen o nome correcto, agás dúas nas que aparecía Puentedeume, concretamente a rusa e a uzbeca; e dúas nas que non teño nin idea de como o teñen posto (a árabe e a xaponesa). Deixei mensaxes nas conversas das páxinas rusa e uzbeca pedindo que mudaran o nome da páxina ao nome real. Na wiki rusa non houbo resposta, mais na uzbeca acabei colaborando para corrixir os topónimos dos concellos galegos. Podedes ver as aportacións na páxina de conversa do wikipedista uzbeco Abdulla].
O caso uzbeco levoume a pensar que non debe ser a única wikipedia onde usan os nomes? casteláns para nomear lugares galegos. Tense debatido moito sobre a política da wikipedia en español e non vou abrir de novo o debate (penso que se equivocan), mais creo que merece unha reflexión a influencia que dita política está a ter noutras wikis. Por poñer un caso, pode que a alguén non lle importe que un uzbeco coñeza á Pontenova por Puente Nuevo (probabelmente nunca apareza por alí), mais a min particularmente me resulta inaceptábel, entre outras cousas, porque falta á verdade, por moi pouca transcendencia que teña.
Creo que deberíamos facer algo ao respecto, non sei exactamente o que. A min ocórresenme algunhas ideas que van desde a comunicación á es:wikipedia deste feito para que reflexionen sobre o tema (non son quen de dicirlles como teñen que facer a súa wikipedia pero poderían, por exemplo, poñer ás páxinas nomes dobres como na nosa); ata a elaboración dunha lista cos nomes correctos dos concellos e principais termos xeográficos para enviala ás demais wikipedias. A primeira témome que volvería a desatar unha discusión que ao final non conduce a nada, a segunda quizais sexa máis tediosa pero máis práctica. Non sei, deixo aqui este fío para que deades a vosa opinión. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 22:39, 9 de agosto de 2012 (UTC)
- A min convénceme a segunda opción. Polo que levo visto durante todo este tempo que levo colaborando por aquí, o principal proxecto que non respecta á toponimia é a wikipedia en ruso, onde creo que cheguei ver casos peores que na wiki castelá. Como curiosidade en xaponés a páxina de Pontedeume si está ben, e até o de agora todo o que teño visto nesa lingua adoita estar correcto.--Adorian (fálame) 07:50, 10 de agosto de 2012 (UTC)
- Unha terceira vía é editar os artigos en castelán e poñer detrás das referencias de por exemplo "La Coruña" aclaracións como (oficialmente y mayoritariamente A Coruña). Xa o fixen nalgún artigo (Mugía, Carballino...) e por suposto que os integristas se me botaron enriba, pero non poden rebatir os argumentos:
- É pertinente polo menos unha vez por artigo poñer o topónimo oficial. Por exemplo en todas as entradas de concellos de A Coruña debe aparecer que a provincia se chama A Coruña. - Os topónimos reais teñen moitísima máis información e de maior calidade en internet que os exónimos casteláns polo que é pertinente facer as aclaracións. Por últimos tamén se poden editar algúns artigos que están mal se miren como se miren por exemplo co tema dos partidos xudiciais, os seus nomes son os oficiais do CGPJ e respectan o topónimo oficial(ver Partido Judicial de Carballino) Saúdos
Nome incorrecto de Bilbao - Bilba
[editar a fonte]A páxina Bilbao - Bilba ten mal o nome, xa que Bilbao en éuscaro é Bilbo e non Bilba. Incluso ó principio do artigo aparece que en éuscaro é Bilbo. Eu non podo trasladar a páxina porque a páxina Bilbao - Bilbo xa existe. Así que solicito que un bibliotecario/a traslade a páxina Bilbao - Bilba a Bilbao - Bilbo --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 00:39, 20 de agosto de 2012 (UTC)
- Feito! --Atobar (conversa comigo) 01:25, 20 de agosto de 2012 (UTC)