Madama Butterfly
Madama Butterfly | |
---|---|
Litografía de Adolf Hohenstein (1904). | |
Forma | Traxedia xaponesa |
Actos e escenas | 3 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | G. Giacosa e L. Illica |
Fontes literarias | Madame Butterfly (1898), conto de J. L. Long que foi dramatizado por David Belasco, e Madame Chrysanthème (1887), novela de Pierre Loti. |
Estrea | 17 de febreiro de 1904 |
Teatro da estrea | Teatro alla Scala |
Lugar da estrea | Milán |
Duración | 2 horas |
Música | |
Compositor | Giacomo Puccini |
coro | Participación destacable[1] |
Personaxes | |
Cio-Cio-San (soprano lírico-spinto) |
Madama Butterfly é unha ópera en tres actos de Giacomo Puccini con libreto de Giuseppe Giacosa e Luigi Illica. Puccini encontrou o tema da súa ópera en Londres en xullo de 1900 na representación da obra do dramaturgo David Belasco (teatralización do conto "Madame Butterfly" (1898) de John Luther Long. Puccini tamén se baseou na novela Madame Chrysanthème (1887) de Pierre Loti. Segundo un estudoso, a ópera baseouse en acontecementos que realmente ocorreron en Nagasaki a principios da década de 1890.[3] Captado pola intensidade da historia, Puccini decidiu orientar a súa inspiración á figura da infeliz gueixa. Traballou intensamente, ata facer desta ópera unha obra mestra que lle pertencía intimamente, como el mesmo recoñeceu.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Personaxe | Tesitura | Intérpretes na estrea 17 de febreiro de 1904 (Director: Cleofonte Campanini)[4] |
Intérpretes de Brescia 28 de maio de 1904 (Director: Cleofonte Campanini)[4] |
---|---|---|---|
Cio-Cio San (Madama Butterfly) | soprano | Rosina Storchio | Solomiya Krushelnytska |
Suzuki, a súa doncela | mezzosoprano | Giuseppina Giaconia | Giovanna Lucacevska |
B. F. Pinkerton, tenente da Mariña dos Estados Unidos | tenor | Giovanni Zenatello | Giovanni Zenatello |
Sharpless, cónsul estadounidense en Nagasaki | barítono | Giuseppe De Luca | Virgilio Bellatti |
Goro, un casamenteiro | tenor | Gaetano Pini-Corsi | Gaetano Pini-Corsi |
Príncipe Yamadori | tenor[5] | Emilio Venturini | |
O bonzo, tío de Cio-Cio San | baixo | Paolo Wulmann[6] | |
Yakuside, tío de Cio-Cio San | baixo | Antonio Volpini[6] | |
O comisionado imperial | baixo | Viale | |
O rexistrador oficial | baixo | Gennari | |
Nai de Cio-Cio San | mezzosoprano | Tina Alasia | |
A tía | soprano | Ghissoni | |
A curmá | soprano | Palmira Maggi | |
Kate Pinkerton | mezzosoprano | Manfredi | |
Dolore ("Dolor"), fillo de Cio-Cio San | papel mudo | ||
Parentes, amigos e serventes de Cio-Cio San |
Sinopse
[editar | editar a fonte]Acto primeiro
[editar | editar a fonte]En 1904, un oficial da Mariña dos EUA, Pinkerton, aluga unha casa nun outeiro en Nagasaki, no Xapón para el e a súa futura muller de 15 anos, "Butterfly" aínda que o seu verdadeiro nome é Ciocio-san (Cio-Cio, pronunciado "chocho", remítese á palabra xaponesa para "bolboreta" -蝶 蝶-). Para el, o casamento é de conveniencia, xa que ten a intención de deixala tan pronto atope unha boa esposa estadounidense, xa que as leis do divorcio xaponesas son moi frouxas. O casamento terá lugar na casa e Butterfly ten tantas ganas de casar cun americano que xa antes se convertera ó cristianismo. Tras a cerimonia de matrimonio, o tío dela, un bonzo, que non fora convidado, descobre a súa conversión, vén para a casa, maldía e ordena saír a todos os invitados, cousa que fan mentres renuncian a ela. Pinkerton e Butterfly cantan un dueto de amor e prepáranse para pasar a súa primeira noite xuntos.
Acto segundo
[editar | editar a fonte]Tres anos máis tarde, Butterfly aínda está esperando a que volva Pinkerton, pois el deixáraa pouco despois da voda. A súa criada Suzuki está intentando convencela de que el non vai volver, pero ela non lle fai caso. Goro, o alcaiote que arranxou o seu matrimonio, segue tratando casala de novo, pero ela tampouco o escoita. O cónsul americano, Sharpless, vén para a casa cunha carta que recibiu de Pinkerton en que lle pide que lle dea a nova a Butterfly de que vai regresar ao Xapón, pero non pode rematar de falar porque Butterfly se pon moi contenta ao saber que Pinkerton está de volta. Sharpless pregúntalle a Butterfly que faría se Pinkerton non volvese, ante o cal ela descobre que deu a luz ao fillo de Pinkerton despois de deixala e pídelle a Sharpless que llo diga.
Dende a casa do outeiro, Butterfly ve chegar o barco de Pinkerton ao porto. Ela e Suzuki preparan a súa chegada e despois agardan por el. Suzuki e o neno quedan durmidos, pero Butterfly queda esperta toda a noite na súa espera.
Acto terceiro
[editar | editar a fonte]Suzuki esperta pola mañá e Butterfly finalmente adormece. Sharpless e Pinkerton chegan á casa xunto coa nova esposa americana de Pinkerton, Kate, e viñeron porque Kate aceptou criar o fillo de Butterfly. Pero cando Pinkerton ve como Butterfly decorou a casa para o seu retorno, entende que cometeu un grande erro. Admite que é un covarde e que non pode afrontala, deixándolles a Suzuki, Sharpless e Kate a tarefa de darlle a noticia a Butterfly. Aceptando renunciar ó seu fillo se Pinkerton vén vela, rézalles despois ás estatuas dos seus deuses ancestrais, dille adeus ao seu fillo, véndalle os ollos, coloca unha pequena bandeira americana nas súas mans e ocúltase detrás dunha pantalla, cortando a súa propia gorxa co coitelo de haraquiri de seu pai. Pinkerton corre dentro pero xa é tarde.
Orquestración
[editar | editar a fonte]A partitura de Puccini require o uso de:
- 3 frautas (III tamén piccolo), 2 óboes, corno inglés, 2 clarinetes, clarinete baixo, 2 fagots
- 4 trompas, 3 trompetas, 3 trombóns, trombón baixo
- timbais, tambor, ferriños, pratos, tam-tam, bombo, campás, teclado, tam-tam xaponés (ad libitum)
- arpa
- archi
Música en escena: campás, campás tubulares, campás xaponesas, viola d'amore, asubíos de paxaros, tam-tam, tam-tam grave
Ter en conta que a campá no escenario é tocada por Suzuki durante a oración E Izaghi ed Izanami ao inicio do segundo acto.
A viola d'amore serve para soster discretamente a entoación do coro (que nesta ópera exclúe as voces graves masculinas) durante o famoso coro "a bocca chiusa".
Os asubíos de paxaros utilízanse xeralmente mediante instrumentos especiais como foles provistos de chifres.
Arias célebres
[editar | editar a fonte]- Dovunque al mondo, romanza de Pinkerton (primeiro acto).
- Quanto cielo! Quanto mar!, entrada de Butterfly co coro feminino (primeiro acto).
- Viene la sera, duetto entre Butterfly e Pinkerton (primeiro acto).
- Vogliatemi bene, un bene piccolino, dueto entre Butterfly e Pinkerton (primeiro acto).
- Un bel dì vedremo, romanza de Butterfly (segundo acto).
- Che tua madre dovrà prenderti in braccio, romanza de Butterfly (segundo acto).
- Scuoti quella fronda di ciliegio dueto entre Butterfly e Suzuki (segundo acto).
- Coro a bocca chiusa (segundo acto).
- Intermezzo sinfónico (entre o segundo e o terceiro acto).
- Addio fiorito asil, romanza de Pinkerton (terceiro acto - ausente na primeira versión).
- O a me sceso dal trono, aria de Butterfly (terceiro acto).
Gravacións
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Discografía de Madama Butterfly.
Dende a estrea da ópera en 1904 realizáronse numerosas gravacións tanto de son como de vídeo con algunhas das grandes voces, directores e orquestras da historia da ópera.
Adaptacións
[editar | editar a fonte]Cinematográficas
[editar | editar a fonte]- 1915: Madame Butterfly (muda) de Sidney Olcott, con Mary Pickford, baseado na historia epónima de John Luther Long (Nova York, 1898) e non sobre o libreto da ópera.[7]
- 1919: Harakiri de Fritz Lang, a partir da obra teatral Madame Butterfly de David Belasco.[8]
- 1922: The Toll of the Sea, inspirado na ópera, con Anna May Wong. A historia é transposta á China.
- 1932: Madame Butterfly, adaptación non cantada, dirixida por Marion Gering, con Cary Grant e Sylvia Sidney, baseada na obra de Belasco e o libreto da ópera de Puccini. A música de Puccini podía ser interpretada por unha orquestra durante a proxección da película.[9]
- 1954: Madame Butterfly (Madama Butterfly), película italiana de Carmine Gallone
- 1962: Mi dulce Geisha con Shirley MacLaine.
- 1974: Madame Butterfly, ópera filmada por Jean-Pierre Ponnelle, reempregando un conxunto de intérpretes prestixioso: Mirella Freni (Butterfly), Plácido Domingo (Pinkerton), Christa Ludwig (Suzuki), Michel Sénéchal (Goro), Robert Kerns (Sharpless), coro da ópera de Viena e Orquestra Filharmónica de Viena coa dirección de Herbert von Karajan.
- 1995: Madame Butterfly de Frédéric Mitterrand con Ying Huang e Richard Troxell, baixo a dirección de James Conlon.
Teatrais
[editar | editar a fonte]- En 1974 o director e dramaturgo Ruggero Rimini escribiu o drama La Storia di Madama Butterfly - Un bel di' vedremo, posto en escena o ano seguinte coa Compagnia Il Centro di Lucca; escena de Lele Luzzati, vestiario de Santuzza Cali'. Máis de vinte anos despois, en 1998, a Compagnia stabile del Dramma Italiano di Fiume (Croacia) puxo en escena o drama baixo a dirección de Pere Selem, a escena de Raffaele Del Savio e o vestiario de Dora Argento.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Roger Alier, Marc Heilbron y Fernando Sans Rivière: La discoteca ideal de la ópera, Editorial Planeta, S. A., 1995. ISBN 84-08-01285-1.
- ↑ Martín Triana, José María (1992). El libro de la ópera (en español) (2.ª ed.). Alianza Editorial, S.A. p. 391. ISBN 84-206-0284-1.
- ↑ Groos, Arthur (1994). The Puccini Companion, Lieutenant F. B. Pinkerton: Problems in the Genesis and Performance of Madama Butterfly. Nueva York: Norton. pp. 154–201. ISBN 9780393029307.
- ↑ 4,0 4,1 Amadeus Almanac Arquivado 04 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. (en italiano)
- ↑ O creador do rol, Emilio Venturini, era un tenor. A partitura estadounidense de Ricordi de dous actos para 1905, accesible na Universidade de Indiana, sinala que é un papel de barítono, mais a música está en clave de sol. Ten tal tesitura e voz que este papel do príncipe Yamadori téñeno interpretado ás veces barítonos.
- ↑ 6,0 6,1 Puccini Role Creators
- ↑ "Noticia de Madame Butterfly (1915) en Afi.com". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2012. Consultado o 27 de setembro de 2012.
- ↑ "Ficha da película Harakiri (1919) no sitio IMDB". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2012. Consultado o 27 de setembro de 2012.
- ↑ Noticia de Madame Butterfly (1932) en Afi.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Madama Butterfly |
A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |