Wikipedia:A Taberna (propostas)/Arquivo 36
Este é un arquivo da sección A Taberna (propostas) da Taberna |
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados. Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual. |
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 34, 35, 36 |
---|
Nacionalidade/País de nacemento
[editar a fonte]Nunha discusión anterior nesta sección de propostas chegouse ao consenso (non política certamente) de non poñer nos artigos nos marcadores das biografía de personalidades galegas a nacionalidade para non entrar en discusións, xa que nos marcadores orixinais da Galipedia o que se indicaba era o país de nacemento. Pero ao final, ao non indicar a nacionalidade, por defecto aparece sempre España e iso non é o que se consensuou naquela discusión e na práctica supuxo unha mudanza sistemática de Galicia (ou Galiza) por España que non se discutiu en ningures por ex. de [1] a [2].--HacheDous=0 (conversa) 4 de xuño de 2020 ás 21:58 (UTC)
- HacheDous=0, entendo que hai casos nos que non procede poñer a nacionalidade da persoa (basicamente naquelas biografías de persoas nadas en países que xa non existen ou en épocas nas que non existía o concepto actual de nacionalidade), con todo o exemplo de Alexandre Bóveda non corresponde con eses casos, e aínda que el, ti ou eu nos podamos autodefinir como galegos, o certo é que el era español porque Galicia é un territorio de España e non existe un pasaporte galego nin ningún país (que eu teña coñecemento) recoñece a ningunha persoa como galega sen máis. Creo que mudar a nacionalidade española pola galega vai en contra do punto de vista neutral. xa que pon á Galipedia nun posicionamento ideolóxico que dende logo non creo que a beneficie. Por outra banda, a omisión causa o mesmo efecto na miña opinión. Non considero que o debate anterior dera ningún resultado claro e considero que, nos guste ou non, o correcto sería deixar a nacionalidade española en todas as biografías galegas coa excepción de aquelas previas á creación de España, ou nadas na Galicia medieval, romana, ou castrexa, cando non existía esa definición moderna. Un saúdo, Piquito (conversa) 6 de xuño de 2020 ás 21:13 (UTC)
- Se o problema non é que poña Galicia ou España, para min o problema é que se mudou sen un debate/consenso previo, é dicir adoptouse nacionalidade como: Condición de cidadán dunha nación, que comporta unha serie de dereitos e deberes con respecto a esta, ou dito doutro modo para os galegos, España. Pero nacionalidade tamén ten outro significado: Comunidade política con identidade propia que pode integrar e formar parte do Estado; é dicir Galicia. E tan lexítimo é adoptar o significado primeiro como o segundo para nacionalidade.--HacheDous=0 (conversa) 6 de xuño de 2020 ás 22:24 (UTC)
- O consenso ao que se chegou era a retirar "pais de nacionalidade" da ficha "biografía", se non leo mal. Ese foi. Eu non me atrevo a meterlle man e coido que non se asignou esta tarefa a ninguén. Non sei se abondaría ou estás a falar de persoas que enchen eses campos manualmente de todos xeitos...ou outra cousa. Por favor, cita algún exemplo recente para fundamentar esa ruptura de consenso. Grazas.--Maria zaos (conversa) 6 de xuño de 2020 ás 22:36 (UTC)
- O consenso era retirar o campo de nacionalidade nas personalidades galegas. Non cambiar de Galicia a España (algo que se fixo automaticamente ao mudar o modelo galego polo de wikidata), que por certo a nacionalidade segundo o primeiro significado do DRAG é española (non España) mentres no segundo significado é Galicia, non galega. Se estamos a poñer nacionalidade=España estamos a mesturar os dous conceptos de mala maneira. --HacheDous=0 (conversa) 7 de xuño de 2020 ás 08:04 (UTC)
- Na conversa onde se tomou ese consenso, que agradezo que puxeses aquí arriba non vexo especificado "só retiralo das persoalidades galegas", pero tampouco é do máis importante. O importante é que este tema se aclarou alí e xustificouse por que. Igual que daquela repito, entendo e apoio o que indicas sobre os dous sensos de nacionalidade. A solución pola que se optou foi técnica: a retirada dese campo da ficha, "país de nacionalidade", descartandose os arranxos manuais e locais. Como xa dixen arriba, eu non son quen de retirar ese campo dos modelos polo momento. Haberá 1) que asignar esa tarefa á persoa que si teña esas capacidades técnicas 2) se o problema é cun usuario/s concreto solucionalo como calquera outro conflito de edición. Se derivado da última ou de novas achegas nun debate que entendo xa estaba pechado consideras que viría ben convertelo/integralo nunha política, pois tamén te apoio. Polo resto eu o que vexo é que quedou unha tarefa técnica por facer. Faise e listo. Non creo que teña moita máis volta. Grazas por estar pendente do tema, porque si, isto quedou no aire e non debera ser así. Un saúdo.Maria zaos (conversa) 7 de xuño de 2020 ás 08:40 (UTC)
- O propio encabezado da conversa é "Nacionalidade Galega" polo que se supón que se refire a personalidades galegas. Pero tamén se podería seguir o mesmo criterio coas outras biografías.--HacheDous=0 (conversa) 7 de xuño de 2020 ás 11:40 (UTC)
- O consenso era retirar o campo de nacionalidade nas personalidades galegas. Non cambiar de Galicia a España (algo que se fixo automaticamente ao mudar o modelo galego polo de wikidata), que por certo a nacionalidade segundo o primeiro significado do DRAG é española (non España) mentres no segundo significado é Galicia, non galega. Se estamos a poñer nacionalidade=España estamos a mesturar os dous conceptos de mala maneira. --HacheDous=0 (conversa) 7 de xuño de 2020 ás 08:04 (UTC)
- Pregunta: Cal é o motivo para eliminar o parámetro da nacionalidade nas caixas biográfica de personalidades de Galicia? Que argumento hai para eliminar ese parámetro de todas as caixas? Piquito (conversa) 7 de xuño de 2020 ás 12:39 (UTC)
Boas. Veño de empregar o modelo para biografias nun artigo. Este -> https://gl.wikipedia.org/wiki/Manuel_Rilo_Pardo. Despois de engadir os datos do persoeiro en wikidata automaticamente cargou o campo Nacionalidade: España. Ademais dos argumentos xa presentados nestas conversas, acontece que non é a miña preferencia como autor do artigo...
Pergunto: Existe algún administrador da web que poida levar a cabo esta tarefa pendente?. Non se pode simplemente desfacer o que fixo o bot que implementou esta modificación?
Lembro que esta aparecendo nacionalidade española en páxinas de trobadores medievais por exemplo, o que é manifestamente incorrecto e indigno desta nosa enciclopedia. Saúde - Cossue (conversa) 21 de outubro de 2020 ás 16:55 (UTC)
- Non vou entrar ao fondo do debate no caso de galegos con nacionalidade efectiva española, pero no caso de trobadores medievais engadir o campo de "nacionalidade = española" é totalmente incorrecto e debe ser corrixido. --Norrin (Fálame) 22 de outubro de 2020 ás 10:05 (UTC)
Mudei o modelo {{Biografía}} para que amose Galicia cando o persoeiro é galego, que é basicamente o que se facía antes de se tomaren os datos do Wikidata con este modelo. Creo que funciona correctamente. Caso se decidir non amosar nada cando é galego, debería ser doado modificalo agora. One2 (conversa) 24 de outubro de 2020 ás 14:15 (UTC)
- Moi en contra Discrepo, One2, dos cambios efectuados. E discrepo completamente da inclusión das bandeiriñas. Por favor, revirte o cambio. O modelo {{biografía}} e similares empregase en ducias de milleiros de artigos, antes de facer cambios significativos habería que acadar un amplo consenso e estar a cousa ben clariña. --. HombreDHojalata.conversa 24 de outubro de 2020 ás 20:21 (UTC)
- - Non existiu debate algún cando apareceu un bot metendo o modelo biografía por toda a galipedia, e "forzando" (entendo eu) o campo nacionalidade. Antes da modificación de One2 este debate si existiu, levamos anos con el, sen que ninguén fixera nada.- Cossue (conversa) 25 de outubro de 2020 ás 07:16 (UTC)
- Non é necesario facer cambios no modelo, nos artigos que sexa preciso especificar a nacionalidade tan só hai que engadir esa información no modelo do artigo e ese valor será o que se amosará na ficha sen facerlle caso á información que haxa en Wikidata. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de outubro de 2020 ás 22:40 (UTC)
- - O tema é que a nacionalidade engádese automaticamente coa información de Wikidata. Ven de acontecerme a min no artigo de Manuel Rilo Pardo. - Cossue (conversa) 25 de outubro de 2020 ás 07:16 (UTC)
- Non é necesario facer cambios no modelo, nos artigos que sexa preciso especificar a nacionalidade tan só hai que engadir esa información no modelo do artigo e ese valor será o que se amosará na ficha sen facerlle caso á información que haxa en Wikidata. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de outubro de 2020 ás 22:40 (UTC)
- HombreDHojalata, creo que sen consenso actuouse co modelo {{Biografía}}, que ata a súa aparición aos galegos o habitual era pórlles Galicia (si, coa bandeira), e de feito así aparece aínda en persoeiros con outros modelos (véxase p. e. Xil Ríos). A edición xa a desfixo Elisardojm, mais seméllame que se non se actuou ata agora para adecuarse ao consenso de facto que había foi por descoñecemento técnico.
- Non Elisardojm, aquí fálase de tódolos persoeiros galegos, ou iso entendo eu. One2 (conversa) 24 de outubro de 2020 ás 22:52 (UTC)
Moi agradecido ao usuario One2 por mover por fin este tema. Xa sei que non é o lugar indicado, mais aproveito para opinar que sería un bo administrador para a páxina. É un editor magnífico, correcto no trato, e ven de demostrar os coñecementos técnicos que tanta falta fan (semella) por aqui. Grazas e saúde. - Cossue (conversa) 25 de outubro de 2020 ás 07:16 (UTC)
- Non sei eu se daría o perfil xD, mais moitas grazas polas túas palabras Cossue, de verdade. Cumprimentos, One2 (conversa) 25 de outubro de 2020 ás 11:21 (UTC)
- Discordo co posicionamento político da Galipedia. Se ben eu puxen no pasado caixas coa nacionalidade galega, vendo as cousas con perspectiva considero que é un erro e lle vai un mal favor ao proxecto, podendo crear en certo público unha asociación deste cunha determinada ideoloxía (que guste ou non, non é maioritaria en Galiza, e polo tanto na maior parte do público potencial). A min non me interesa que este proxecto o lean e o constrúan persoas que voten ao partido X, o positivo é que colabore todo tipo de xente, e este tipo de cousas afastan á Galipedia da xente (vaian consultar ou participar, porque se un proxecto ten unha liña de pensamento contraria á miña non vou colaborar nel, evidentemente). Aquí falouse de dúas definicións de nacionalidade, e escóllese a que politicamente interesa (que non é na que o público xeral pensa, vamos, a que pon no teu pasaporte, porque se migras a outro país, nos formularios que cubres non pos Galiza). Concordo tamén co expresado por HombreDHojalata, non se pode modificar así ás bravas un modelo que afecta a tantos artigos, One2, e menos cando esa modificación implica un posicionamento político de xeito automático. Valoro as achegas de One2 e Cossue, fan un bo traballo coas súas achegas nos artigos nos que traballan, pero non comparto en absoluto a visión que tendes sobre a Galipedia neste sentido.
- Finalmente, dáme moita pena ver como se debaten temas irrelevantes coma este, o esforzo que se pon para que nas caixas apareza Galiza como nación, a participación neste debate sen sentido (si, sen sentido, porque a opción de poñer Galiza como nación na caixa está para quen a queira usar), e o silencio, a nula participación, a falta de ideas, para tentar atraer a máis xente ao proxecto, para tentar ter máis artigos de calidade/bos, para publicitar a Galipedia e que cada día máis xente a coñeza, a consulte e a considere un referente en calidade, pero non, o importante é isto... Piquito (conversa) 25 de outubro de 2020 ás 19:24 (UTC)
- Piquito, non sei se pór nas caixas Galicia aos galegos é un posicionamento político, que pode ser, mais é algo que así se facía, como ti ben admites, e que, de feito, así se segue a facer. E non só nas caixas, senón tamén noutros lugares como os cadros dos equipos deportivos. É dicir, a Galipedia sempre tivo ese suposto posicionamento político. Non considero, por tanto, que fose un cambio polas bravas, nin que saltase consenso ningún, senón un cambio coherente co resto da Galipedia, que restauraba moitos dos Galicia desaparecidos debido á substitución do modelo anterior polo de Wikidata. Substitución esta realizada, non polas bravas, mais si paulatinamente e sen debate. One2 (conversa) 25 de outubro de 2020 ás 21:34 (UTC)
- Digo eu que se é político colocar Galicia nos persoeiros galegos, tamén o será colocarlles España, e mais deste xeito... - Cossue (conversa) 26 de outubro de 2020 ás 09:58 (UTC)
- Piquito, non sei se pór nas caixas Galicia aos galegos é un posicionamento político, que pode ser, mais é algo que así se facía, como ti ben admites, e que, de feito, así se segue a facer. E non só nas caixas, senón tamén noutros lugares como os cadros dos equipos deportivos. É dicir, a Galipedia sempre tivo ese suposto posicionamento político. Non considero, por tanto, que fose un cambio polas bravas, nin que saltase consenso ningún, senón un cambio coherente co resto da Galipedia, que restauraba moitos dos Galicia desaparecidos debido á substitución do modelo anterior polo de Wikidata. Substitución esta realizada, non polas bravas, mais si paulatinamente e sen debate. One2 (conversa) 25 de outubro de 2020 ás 21:34 (UTC)
- Boas. Volvo por aquí coas miñas teimas (cada un ten as súas).. O caso é que comecei a traballar na biografia de Benito Vicetto, está páxina utiliza o modelo "Biografía" que como sabedes carga automaticamente o campo "Nacionalidade = España". Como eu son o editor e a min non me convence procurei outro, o modelo "Escritor", e para a miña sorpresa opera do mesmo xeito.
Sen entrar a discutir o que é correcto e o que non, en que casos o é, e sabendo que podería colocar a man nacionalide = galega, un punto ou calquera outra cousa para "burlar" o sistema, pregunto:
É moito pedir non se obrigue a incluír este campo forzosamente nos modelos?--Cossue (conversa) 15 de decembro de 2020 ás 12:14 (UTC)
Proposta para as votacións
[editar a fonte]Ola a todas! Quería facer unha proposta para tentar darlle un xiro á situación que vimos arrastrando coas votacións para artigos bos. Estas votacións parece que non acaban de funcionar, a participación é francamente pobre e este ano estamos no camiño de non chegar a aprobar nin a metade das propostas que se farán (de feito agora mesmo só tres saíron adiante, mentres que cinco non conseguiron o número mínimo de votos). Creo que a norma dos 5 votos é a día de hoxe moi difícil de acadar, a comunidade da Galipedia é francamente pequena e revisando as votacións o que se pode apreciar é que o éxito ou fracaso destas depende en boa medida dun grupo reducido de usuarias. Que o número de votos sexa tan elevado que a maioría das votacións non saian adiante provoca que ao final estas categorías non amosen realmente os artigos que teñen un nivel X de calidade senón aqueles que téndoo reflexan os gustos da comunidade.
Creo que é un tema que debemos tratar, xa que estes artigos poden darnos visibilidade e xerar contido sobre a Galipedia nas redes sociais ou prensa, algo que a ben seguro sería moi positivo para o proxecto e poderia atraer lectoras e, no mellor dos casos, novas editoras (algo moi necesario e vital para a supervivencia do proxecto).
Para poñer en contexto vou dar tres datos sobre as últimas votacións a artigos bos:
- As 20 últimas votacións tiveron, se non contei mal, un total de 83 votos, isto é 4,15 votos de media. En total aprobáronse 10 propostas.
- Se nos imos ás 10 últimas votacións a cifra baixa aínda máis, acumulando un total de 33 votos, só 3,3 votos de media. En total aprobáronse tres propostas.
- Das últimas 20 propostas só unha tivo votos en contra (Curtis, Curtis, que tivo dous e aínda así foi escollido) e unha (Antón Fraguas) tivo un voto neutro.
Deille voltas durante un tempo a posibles solucións:
- Creo que o mellor sería rebaixar o número de votos necesarios atendendo á participación real que hai na comunidade, isto é, pasar de precisar cinco votos a precisar tres. Aínda así habería votacións que non prosperarían (cinco das 20 últimas propostas tiveron menos de tres votos), pero gañaremos en artigos (agora mesmo teriamos cinco artigos bos máis aplicando a norma dos tres votos nas últimas 20 votacións).
- Outra opción que se me ocorreu é a de empregar mensaxes en masa avisando das votacións a todas as persoas que se metan no lista deste tipo de avisos. Eu non son favorable a esta opción, xa que a considero invasiva.
- Deixar as propostas coa norma dos cinco votos, sen tomar ningunha medida esperando que a comunidade participe máis.
- Vendo que a categoría non ten unha gran aceptación eliminala, avaliando a posibilidade de que os artigos que conseguiron a estrela de prata pasen a ser "de calidade", quizais mediante un proceso rápido de votación aplicado a todos ou a parte deles. Esta é a miña segunda opción, creo que ter categorías de artigos escollidos por votación que non medran é un esforzo estéril, e eliminar estas votacións creo que pode resultar favorable de cara á participación no resto das votacións (xa tivemos problemas de participación nos destacados para a portada, por exemplo).
- Non a ía poñer porque no seu día non tivo ningunha aceptación, pero igual agora si. Facer unha única votación para artigos na que se poida votar indistintamente por facer un artigo "de calidade" ou "bo". De gustar a proposta habería que ver as proporcións de votos para meter un artigo nunha categoría ou outra.
Pode que a alguén se lle ocorra algunha outra opción, podemos deixar un par de semanas para o debate e logo abrir unha votación informal da que saia a opción para modificar ou non a política. Pido por favor a participación de toda a comunidade para tentar chegar a unha solución. Moitas grazas, Piquito (conversa) 10 de xuño de 2020 ás 10:08 (UTC)
Porcentaxes de uso do galego nos cadros dos concellos
[editar a fonte]Os datos de uso do galego nos cadros dos concellos teñen unha ligazón que está rota, esta: Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. E polo que vexo aquí, está por defecto e non sei como se cambia: https://gl.wikipedia.org/wiki/Modelo:Concello
Alén diso, o ano de referencia destes datos non é o mesmo para todos los municipios; nos mais deles é o 2011, pero por exemplo, na Laracha é o 2014 e en Vigo é o 2018 (tampouco revisei os 313). Polo que teño entendido, os últimos datos que existen de uso de galego para todos os concellos de Galicia son efectivamente de 2011 (do IGE). Habería que reconducir a referencia a unha páxina que funcione. Eu estiven agora buscando e non os atopei. O caso do 2014 da Laracha apóñoo a unha edición incorrecta de alguén que consultou ese dato no 2014, pero non o sei. Para as sete cidades galegas si hai datos máis recentes, tamén do IGE, que corresponden ao ano 2018. Aquí están: https://www.ige.eu/igebdt/esqv.jsp?paxina=001&c=0206004&ruta=verPpalesResultados.jsp?OP=1&B=1&M=&COD=3015&R=3[all]&C=T[2:0];0[all]&F=1:0&S= Como pode verse no artigo de wikipedia de Vigo, alguén actualizou o dato de galegofalantes de acordo con esa táboa (15.21), pois 3.85+11.36=15.21 e corrixiu conseguintemente 2011 por 2018, pero a referencia segue sendo ese artigo de Carlos Neira que non sei como se pode sacar e que no caso das sete cidades está desfasado. Alguén que saiba podería cambiar todo isto?--Ogaiago (conversa) 24 de xullo de 2020 ás 21:56 (UTC)
Proposta de traballo colaborativo
[editar a fonte]Ola a tod@s! Hai tempo que lle dou voltas a como podemos facer para tentar que o proxecto medre en número de artigos, sexa máis visible para a xente que non colabora nel, equilibrar un pouco os contidos, medrar en calidade... e pensei nesta proposta para que a comunidade traballe para acadar certos obxectivos durante un ano. Poñer obxectivos pode posibilitarnos máis o feito de promocionarnos en redes sociais (Xabier Cid fixo unha proposta hai un tempo sobre a conta de Twitter da Galipedia) ou medios de comunicación, por exemplo. Trataríase de traballar en varias frontes:
- Traballo na mellora da ortografía dos artigos con marcadores, fixándose un número ao que chegar, por exemplo pasar a ter 1000 co marcador.
- Traballo nos artigos que precisan formato (do mesmo xeito que no caso anterior).
- Facer ocasións especiais para traballar temas pouco desenvolvidos, por exemplo facer o "Mes de África na Galipedia" onde traballar artigos de países, cidades, rexións... de África (unha das áreas xeográficas menos traballadas no proxecto.
- Creación de artigos. Podemos adicar varios maratóns de creación de artigos, por exemplo un para crear artigos das ligazóns en vermello dos artigos de calidade e bos, os xa habituais do Día da Muller, dentro do posible Mes de África (ou o que sexa) tamén se pode traballar neste aspecto. Podemos propoñernos a creación de, por exemplo, 15000 artigos novos, que sei eu, habería que consensuar.
- Propoñernos tamén obxectivos para artigos de calidade e bos. Amais de crear un número mínimo de artigos de calidade/bos ao longo do ano poderiamos propoñernos que unha porcentaxe deses artigos non sexan traducións, senon artigos creados a partir de contidos propios, sexan de temática galega ou non. Podemos marcarnos tamén como obxectivo que a personalidade homenaxeada no Día das Letras Galegas, ou algunha das súas obras, teña un artigo canto menos marcado como bo. Tamén sería interesante propoñernos o traballo nos artigos sobre as catedrais, concatedrais e San Martiño de Mondoñedo para facer deles artigos de calidade (non nun ano vista quizais, ou si), e os Patrimonios da Humanidade. E tamén crear artigos de calidade e bos das categorías nas que aínda non hai como "tecnoloxía".
Creo que poderiamos traballar nestas liñas e poderiamos medrar e difundir o proxecto. Poderiamos debatir se traballar en todas estas pólas, noutras, nalgunhas, debater o mellor xeito de facer as cousas... Temos tempo de debater e organizar para o ano que vén, e logo ver durante ese ano se a medida funciona ou non, ou se canto menos ten trazas de poder ser útil. Grazas a tod@s! Un saúdo, Piquito (conversa) 22 de agosto de 2020 ás 10:42 (UTC)
- Boas @Piquito:, acabo de ver a proposta. Grazas por poñer de manifesto unha vez mais que si, habería que dinamizar isto un pouco. O problema de fondo que eu vexo, como sempre, é a capacidade de traballo das persoas que estamos e como isto se relaciona cos dificultades para atraer e acompañar a novas persoas que queiran editar aquí. Dito isto comento un par de cousiñas sobre o que achegas, e noutro momento xa fago unha achega máis longa:
- Redes sociais. Ben, o debate que indicas, como tantos outros semella parado. O que tiña que dicir penso que xa o dixen aí. Ademais da transparencia e a operatividade eu creo que hai que ser conscientes de onde priorizar as enerxías se é que -como a min me parece- temos un problema de xestión do traballo colectivo por falta de mans.
- O das ocasións especiais, como calquera actividade, paréceme boa idea. Quizais poderiamos comezar por outra que quedou tamén en punto morto que foi a do Galizionario? O tema das actividades, como xa apuntas, esixe de persoas dispostas a establecer o necesario para o seguimento e valoración da actividade. Unha proba pequena piloto penso que estaría ben de cara a buscar o método máis áxil tanto de promoción, como de acompañamento e seguimento.
- Sobre maratóns: creo que falo por algunhas das persoas que estivemos de apoio en wikimaratóns ao dicir que non é unha estratexia que se axuste moito á situación actual de capacidades da Galipedia (se falamos especialmente de maratóns con presencialidade) e que xeran moito titular e moi pouco rédito cando menos á suma de editoras novas que se manteñan no tempo. Reformulada esta proposta dende a realidade actual (as estatísticas falan de que o maior voume de edición está estruturalmente vinculado ás persoas máis veteranas da Galiipedia) por que non?
- Artigos de calidade e bos. Si, creo que poderiamos facermos un calendario con obxectivos para o 2021. Revisar, mesmo para poder votar en condicións, leva un tempiño e para min sería de axuda ter unha idea por anticipado de cal é ese volume de traballo. Visualizalo no tempo tamén axuda a xestionalo mellor, penso eu. Algo así xa se fixera hai dous anos, creo recordar @Elisardojm:?
En xeral todas as propostas e sobre todo a vontade e o ánimo das que falas parécenme ben. Pero non sei se temos capacidade de facelo todo. Por esta razón eu priorizaría dentro das propias propostas: igual nos interesa antes un oco en temas galegos que un en tecnoloxía ou ao contrario, por exemplo. O da ortografía paréceme ben e me leva a pensar nalgo que lle levo dando voltas: deberiamos ter unha serie de tarefas pequenas, ben explicadas, con recursos claros, que estean dirixidas para xente para que o tempo que dispón para a edición se divide en espazos temporais curtiños ou aquela á que lle pode levar un pouquiño máis por non ter moita experiencia. E promovelas. Obxectivos sinxeliños e concretos axudan a "engancharse" e animan a continuar. Temos a malla, pero eu falo de tarefas máis subdivididas aínda. Polo momento creo que é todo. Lembrade que eu son editora activa dende só o 2018 e que a miña visión é probablemente diferente a de quen acumulades máis experiencia. Un saudo.--Maria zaos (conversa) 24 de agosto de 2020 ás 19:00 (UTC)
- Grazas pola túa achega Maria zaos! Concordo contigo no que expresas sobre a capacidade de trabrallo das persoas que colaboran no proxecto, con todo, considero que tampouco é bo escudarse niso para manter unha actitude estática, porque con iso o problema que teremos é que a bola se faga máis grande porque persoas que agora colaboran o deixen de facer e non entren novas. Persoalmente hai tempo que vexo a Galipedia como un proxecto moribundo, explico por que: creo que cando nun proxecto colaborativo non hai debates, non hai participación activa da comunidade para tentar avanzar e medrar, o proxecto morre, sinto ser así de cru... o caso é que teño feito varias propostas e chamado á comunidade a buscar solucións á lacra que temos (a falta de colaboradoras e colaboradores) e non houbo un só comentario... pode que sexa porque a comunidade non me ve con bos ollos, pode, pode que o meu tempo aquí rematara e que mesmo a comunidade mo estea a indicar así, seguramente, pero tanto ten, pode que ningunha das duas cousas... sexa como sexa o resultado é que o proxecto a día de hoxe está na UCI ao meu ver, cun pequeno grupo de persoas que tira do carro e que cando non estean...
- Indo ás túas observacións:
- Redes sociais: para min é obvio que se queremos chegar á xente (sobre todo á xente nova) precisamos estar nas redes sociais. Apostaría por manter a conta que dica Xabier e ademais diso facer conta en Instagram para poñer a imaxe do día, esta app é moi empregada entre a xente nova, e coas ligazóns axeitadas podería facer chegar a Galipedia a moitísima xente (o que ampliaría as posibilidades de captar a algunha persoa que acabara editando).
- Ocasións especiais e maratóns: creo que non me expliquei. Estas actividades non pretendía que foran como captación de novas persoas para o proxecto nin eventos presenciais senón cousas a nivel interno, é dicir, que cada quen colabore no que poida nese tema sen o "corsé" das datas (por iso o do "Mes de ..."), non precisaría nin acompañamento nin seguemento (que entendo si serían precisos con xente "allea" ao proxecto). O que dis dos maratóns... non quero entrar moito porque non participei na posta en marcha de ningunha delas, non asistín tampouco, e non quero criticar o que outras persoas fixeron con todo o agarimo e ilusión. I que creo é que a fórmula empregada non era a mellor, creo que un maratón dun día no que participa moita (ou pouca, non sei) xente que non sabe editar non ten moito sentido, porque unha parte importante (a maior parte seguramente) da actividade vai ser ensinarlle a toda esa xente como se edita, co cal cada unha desas persoas poderá facer un ou dous artigos (que está ben, mellor que nada, ollo), e as persoas que guían e poderían facer varios artigos reduzan moito as súas achegas, creo que un maratón con ese plantexamento debería ser dunha fin de semana completa para que os froitos foran realmente visibles, por outra banda, os maratóns nesta proposta serían unha ferramenta para avanzar nalgunha das polas sinaladas: que queremos avanzar na corrección de ortografía? pois un maratón de corrección dunha semana (vamos, a malla, que non deixa de ser un maratón con outro nome) Que estamos a piques de cumprir un obxectivo de creación de artigos ou queremos publicitar un fito nas RRSS? Montamos un maratón de creación de artigos para facer 1000 artigos nunha semana (por poñer un exemplo moi optimista)... O que dis do Galizionario, eu sinceramente non o vexo, creo que debemos poñer o foco, se o que queremos é dar a coñecer a Galipedia e captar xente para este proxecto non creo que facer unha actividade sobre o Galizionario vaia ser moi produtivo.
- Sobre os artigos de calidade e bos, é algo que só pode funcionar se hai un amplo consenso, eu creo que poden ser unha moi boa ferramenta de publicidade nas RRSS e mesmo nos medios de comunicación, e dan unha imaxe de que o proxecto procura a excelencia. O malo, non hai participación case, eu pechei mesmo votacións de artigos relacionados con Galicia que non recibiron máis que o meu voto, traducións doutros artigos de calidade e bos noutras Wikipedias que tampouco foron votados... o problema destes artigos é que necesitan un número de votos que cunha comunidade como a nosa, moi pequena e pouco activa no que se refire a debates e votacións, é moi dificilmente alcanzable (fixen hai tempo outra proposta sobre este tema na que tampouco houbo debate).
- O que dis das tarefas pequenas está moi ben, pero necesitamos atraer á xente, o que eu propoño non é o fin, e un medio para chegar a ese fin (ou tentalo canto menos). Claro que non temos por que facer todas esas cousas, ou si! e podemos facer máis se queremos! Podemos propoñernos crear 15000 artigos nun ano, mellorar 30 artigos para que sexan de calidade e 10 deles con contidos propios ou galegos, e outros tantos bos, e que deses algún artigo se traballara nun "Mes de ..." e que ademais tivera un marcador de atención... por que non?!
- Outra idea que se me ocorreu, e na que podería ser de axuda a asociación (á que non pertenzo, dito sexa de paso...), é promover o traballo nos concellos galegos involucrándoos na edición dos artigos sobre os seus concellos (quen ten mellores datos e fontes dos concellos que os propios concellos? quen pode conseguir bibliografía sobre un concello?) e na promoción de actividades sobre a Galipedia en espazos do concello... eu pensei nun programa que podería chamarse "Edita o teu concello" (non sei se é orixinal ou saíu algunha vez xa por aquí), o malo é que precisaría dun programa de "titores", pero se hai xente que controle podería tentar facerse algo cun pequeno grupo de concellos e se funciona engadir máis. Digo o da asociación porque sempre lle vai dar unha maior entidade de cara a presentar algo a un concello se o fai unha asociación que se vai un "flipao" coma min ao concello de turno a dicirlles que editen a Galipedia...
- Penso que debemos tamén considerar a que público queremos chegar, porque iso pode determinar as nosas prioridades. Se queremos chegar a xente nova temos que facer un Instagram canto antes, traballar artigos de clubs de fútbol ou baloncesto (nos anos que dei clase en Galicia puiden ver como a tantos nenos e adolescentes lles tira o fútbol ou o baloncesto), series de televisión, actrices e actores, personalidades e álbums do pop internacional... e cousas que poidan ter tirón na xente nova. Ir a centros de formación especializada, como escolas de Belas Artes ou conservatorios para presentar o proxecto e que acheguen a súa visión e os seus coñecementos... Realmente non quero plantexar moitas propostas que impliquen traballo presencial nalgures porque é algo que eu non vou poder facer e non quero condicionar a ninguén a facelo, son só ideas por se hai xente disposta a facelo.
- Iso é todo por agora (ou non, se se me ven algo máis), desculpas pola parrafada, un saúdo e grazas de novo pola túa participación, calquera cousa que se te ocorra estou encantado de poder darlle unha volta, e se se une alguén máis, mellor. Deica logo, Piquito (conversa) 26 de agosto de 2020 ás 23:13 (UTC)
- Ola a todos. Piquito eres como un torbellino. Penso que todos, máis ou menos, compartimos moitas das túas inquedanzas. Pero non todas. E recoñezo o teu valor en presentar todas estas propostas. Como hai un feixe de ideas, non vou dar resposta a todas pero espero fixar un pouco a miña posición. Eu veño do mundo do ensino, e levo nesta aventura pouco tempo e debo dicir que, con tódalas súas eivas, cada vez máis contento. Que non satisfeito.
Estou de acordo con todo o que sexa ampliar a base de editores e ampliar a preenza da Galipedia en tódolos aspectos. Pero, quizais por levar pouco tempo, aínda que vexo que a participación é limitada, eu vou seguir apuntándome a case todo. Vexo que faltan moitos artigos e moitoc campos e procuro adicarme aso campos que me interesan e apoiar noutros que van saíndo ou nos que se pide axuda. Coido que, tanto dende o punto de vista educativo como, dende o punto de vista ideolóxico, lingüístico, persoal a Galipedia é un proxecto central, fundamental. Tanto, que non entendo como tardei tanto tempo en acceder a el, nin entendo por que cando tento facer proselitismo na miña contorna, a resposta é limitada. Coido que iso é parte do que é Galiza, o galego, e o coñecemento, en xeral, no mundo actual: algo secundario. Non vou deixar que me afecte e seguirei mentres esteades por aí. Concretando, apoio moitas das túas iniciativas, que me parecen asequibles e razonables (si coido que é importante é contribúe, entre nós, a facer máis grupo, que nos fixemos unha vez ao ano, polo menos, un proxecto común) pero sendo importante o resultado e sendo necesario ampliar a base, repito, procuraría, é a miña idea, mirar máis a longo prazo: ofrecer un produtoo digno, fiable, e relevante para aquelas persoas que precisen de coñecemento. Sendo sempre conscientes do noso tamaño pero sen que nos acomplexe (cando traduzo algún artigo, vexo noutras wikis os artigos de calidade e, ás veces, son de risa co nivel que nos gastamos aquí: co cal é para sacar peito). É dicir, estou disposto a participar en calquera proxecto e recoñezo a necesidade de facer o proxecto máis amplo pero se non se consegue, penso que o simple mantemento da Galipedia, con este nivel, é algo moi significativo no mundo actual e, polo de agora, éncheme. Somos poucos, pero non covardes. O traballo que ti fas, Piquito, no eido da música e dos artigos de calidade paréceme que en poucas wikis se pode ver; outros compañeiros, Miguelferig no eido da Bioloxía, ou Flea nos deportes, Beninho na música popular, Lles e outras editoras no ámbito feminino, Xas, María Zaos, Elisardojm, ou, mesmo, os administradores, penso que son imprescindibles. En momentos de debilidade, tiran de min. Polo tanto, concretemos, se sae ben; e senón sigamos igualmente. Unha aperta.--MAGHOI (conversa) 27 de agosto de 2020 ás 00:06 (UTC)
- Grazas polas túas achegas MAGHOI! Creo que está moi ben o que sinalas, creo que é positivo marcarse obxectivos a longo prazo, o caso é canto de longo é o prazo. Eu pensei en desenvolver unha actividade anual para ter un obxectivo claro e visible, xa que penso que ás veces a distancia no tempo deixa difuso ese obxectivo. É posible presentar un produto digno, fiable e relevante nese período (creo eu), temos unha moi boa base de artigos bos e de calidade, e se nos marcamos obxectivos asumibles podemos presentar podemos presentar un proxecto que non só presenta calidade senón que a segue a procurar reducindo por exemplo os artigos con problemas de ortografía, ou que busca ampliar a súa oferta de contidos creando X artigos novos. Pero ao choio, en que liñas ves ti máis posible traballar? Que retos consideras máis asequibles ou importantes? Maria zaos, que traballos priorizarías ti? Podemos buscar un punto de inicio e ver se alguén máis se suma (ou vendo que non hai participación adicar o noso tempo a outras cousas :D ) Saúdos, Piquito (conversa) 29 de agosto de 2020 ás 22:13 (UTC)
- Ola de novo. Pois mira para concretar: eu coido que a "malla" que tódolos anos propoñía Elisardo, era unha moi boa cousa. Pois se centraba nunha tarefa e os que participaban tiñan, durante unha semana, un obxectivo común. Ben é certo, que non participaba moita xente pero se hai debate e hai acordo de facer esa tarefa, polo menos entre os principais editores, pois sería ben. En que traballar? Pois iría ao tema da calidade global do proxecto. É dicir, o apartado de mantemento. Adicarlle unha semana ao ano, máis aló do que queira facer cada un particularmente, coido que daría un bo chimpo á Galipedia. Hai apartados a atender rapidamente: hai case 10.000 artigos sen referencias (algo difícil de meterlle o dente); pero só 915 sen formato wiki, 90 sen traducir, 68 con traducións non revisadas, 4 páxinas sen categorías. Este tipo de accións, son menos rechamantes que ter moitos artigos de calidade pero dan mala impresión pesquisar algo sobre un tema e ver un, ou dous artigos con marcadores varios. Resumindo, sen prexuízo de facer campañas específicas como algunhas das que ti citabas e xa se fan, en ocasións: Día das Letras, Día da muller....; eu procuraría baixar ou eliminar, nalgún caso, ese tipo de marcadores. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 31 de agosto de 2020 ás 19:15 (UTC)
- Eu a "malla" a vexo como unha actividade máis a desenvolver dentro dunha axenda anual cuns obxectivos. Certamente o da "malla" se pode facer aínda que non se faga nada do que eu proponho (de feito xa se facía), a diferenza está en fixar uns obxectivos e a partir de aí facer este tipo de actividades, non creo que precisemos esta discusión para organizar unha "malla" máis. Creo que rebaixar o número de artigos sen referencias sería unha moi boa cousa, difícil meterlle man, pero é algo necesario, para o que poderiamos organizar distintos maratóns e podemos propoñernos rebaixar o número ata os 9000, que para un ano creo que podería ser algo asumible e mesmo superable (o cal non estaría nada mal). Grazas! Piquito (conversa) 3 de setembro de 2020 ás 13:33 (UTC)
- Ola de novo. Pois mira para concretar: eu coido que a "malla" que tódolos anos propoñía Elisardo, era unha moi boa cousa. Pois se centraba nunha tarefa e os que participaban tiñan, durante unha semana, un obxectivo común. Ben é certo, que non participaba moita xente pero se hai debate e hai acordo de facer esa tarefa, polo menos entre os principais editores, pois sería ben. En que traballar? Pois iría ao tema da calidade global do proxecto. É dicir, o apartado de mantemento. Adicarlle unha semana ao ano, máis aló do que queira facer cada un particularmente, coido que daría un bo chimpo á Galipedia. Hai apartados a atender rapidamente: hai case 10.000 artigos sen referencias (algo difícil de meterlle o dente); pero só 915 sen formato wiki, 90 sen traducir, 68 con traducións non revisadas, 4 páxinas sen categorías. Este tipo de accións, son menos rechamantes que ter moitos artigos de calidade pero dan mala impresión pesquisar algo sobre un tema e ver un, ou dous artigos con marcadores varios. Resumindo, sen prexuízo de facer campañas específicas como algunhas das que ti citabas e xa se fan, en ocasións: Día das Letras, Día da muller....; eu procuraría baixar ou eliminar, nalgún caso, ese tipo de marcadores. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 31 de agosto de 2020 ás 19:15 (UTC)
Proposta 1: Artigos do Wikiproxecto 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos
[editar a fonte]Ademais de vir ao caso por comezar un novo curso escolar (cheo de incertudume, onde a consulta en liña non deixará de estar de moda, seguro), polo fundamentais que son estes artigos penso que ademais posicionarán ben a Galipedia nas estatísticas. Estes son os artigos que habería que marcar como curtos, xa que andan por baixo dos 2000 bytes. Hai variedade de temas para todos os gustos, amplialos un poco pode ser gratificante para calquera, forman unha lista manexable e foron seleccionados con agarimo. Non todos se prestarán moito a ampliación do que é a entrada, pero si a través deles poderíanse crear novos artigos que aparecen relacionados con eles que xa aparecen como ligazón vermellas (un exemplo: ángulo recto).
(12) Artigos a ampliar do Wikiproxecto 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos marcados coma curtos
[editar a fonte]Last updated on Wed, 02 Sep 2020 17:21:30 +0000. Regenerate this table or edit the query.
Title | Page ID | Namespace | Size (bytes) | Last change |
---|---|---|---|---|
Círculo | 6108 | 0 | 504 | 20200319092037 |
Monodia | 14507 | 0 | 390 | 20190110135919 |
Machismo | 34606 | 0 | 801 | 20200901205732 |
Translación | 38404 | 0 | 500 | 20181218135227 |
Aeronáutica | 40889 | 0 | 649 | 20181230235654 |
Arte contemporánea | 43577 | 0 | 1577 | 20181228002733 |
Revolución Cubana | 98532 | 0 | 1311 | 20181227212112 |
Tennessee Williams | 192533 | 0 | 2856 | 20200118150401 |
Imperio do Xapón | 240864 | 0 | 3752 | 20190423072548 |
Partitura | 241406 | 0 | 1582 | 20190110135551 |
Capital social | 280893 | 0 | 537 | 20190103015849 |
As mulleres en Galicia | 452071 | 0 | 4363 | 20200901204838 |
(161) Artigos a ampliar do Wikiproxecto 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos non marcados coma curtos
[editar a fonte]Last updated on Wed, 02 Sep 2020 16:55:04 +0000. Regenerate this table or edit the query.
Title | Page ID | Namespace | Size (bytes) | Last change |
---|---|---|---|---|
Apolo | 34 | 0 | 1024 | 20190224122044 |
Cinemática | 1348 | 0 | 816 | 20181227201453 |
Spam | 2075 | 0 | 1441 | 20181231003802 |
Sucesión | 2323 | 0 | 1033 | 20190328015621 |
Densidade | 2364 | 0 | 1672 | 20200807170205 |
Cronos | 2797 | 0 | 1639 | 20190104011231 |
Estética | 2847 | 0 | 1133 | 20190104013742 |
Ángulo recto | 3592 | 0 | 525 | 20181218135636 |
Xúpiter | 4853 | 0 | 917 | 20200524143242 |
Círculo | 6108 | 0 | 504 | 20200319092037 |
Afrodita | 6852 | 0 | 1988 | 20190104010843 |
Combustión | 7108 | 0 | 666 | 20181227204909 |
Esfera | 7483 | 0 | 1135 | 20181218135347 |
Folla de cálculo | 9187 | 0 | 1273 | 20181218140225 |
Condicionamento | 9525 | 0 | 1552 | 20190104013131 |
Organización dos Estados Americanos | 9573 | 0 | 1492 | 20181228002353 |
Apuleio | 9777 | 0 | 1448 | 20181231101251 |
Número racional | 10865 | 0 | 1720 | 20181217135537 |
Enerxía potencial | 11595 | 0 | 1439 | 20181227203246 |
Carga eléctrica | 11668 | 0 | 1604 | 20181227205735 |
Intensidade de corrente eléctrica | 11675 | 0 | 925 | 20181227205744 |
Hermes | 12302 | 0 | 1138 | 20190731001656 |
Adventures of Huckleberry Finn | 13056 | 0 | 617 | 20181231103642 |
O soño dunha noite de San Xoán | 13510 | 0 | 1693 | 20191103151302 |
Polifonía | 14051 | 0 | 1813 | 20190110135928 |
Monodia | 14507 | 0 | 390 | 20190110135919 |
Julio Cortázar | 15368 | 0 | 2000 | 20190629200223 |
Epopea | 16220 | 0 | 1733 | 20190104010330 |
Lonxitude | 17295 | 0 | 641 | 20200428194440 |
Eón xeolóxico | 17467 | 0 | 966 | 20181223224953 |
Topografía | 17475 | 0 | 849 | 20181223225809 |
Proletariado | 18441 | 0 | 1454 | 20190103014747 |
Litosfera | 18557 | 0 | 907 | 20190629202124 |
Hidrosfera | 18558 | 0 | 1191 | 20181223224907 |
Mol | 18662 | 0 | 1852 | 20181227204900 |
Erosión | 18790 | 0 | 1462 | 20200329102320 |
Glaciar | 18935 | 0 | 1681 | 20200830084441 |
Lei de Ohm | 19459 | 0 | 1878 | 20181227205752 |
Panxea | 20007 | 0 | 1169 | 20200327204404 |
Giorgio Bassani | 20266 | 0 | 1563 | 20190117174249 |
Asemblea Xeral das Nacións Unidas | 20300 | 0 | 1059 | 20181228001525 |
Poboación estatística | 21094 | 0 | 1533 | 20190125155244 |
Venus | 21518 | 0 | 921 | 20190104011715 |
Predicado | 22545 | 0 | 1542 | 20181231005427 |
Inecuación | 22807 | 0 | 1206 | 20190906080226 |
Recurso natural | 23790 | 0 | 967 | 20200317172344 |
Intranet | 24024 | 0 | 1777 | 20190124085333 |
Mensaxería instantánea | 24075 | 0 | 866 | 20181228003037 |
Publicidade | 24337 | 0 | 1581 | 20190921195648 |
Terceira Lei da Termodinámica | 24929 | 0 | 628 | 20181227203500 |
Primeira Lei da Termodinámica | 24930 | 0 | 1484 | 20181227203445 |
Manto | 25015 | 0 | 947 | 20181224001203 |
Escala | 25629 | 0 | 923 | 20181218135304 |
Sistema inercial | 25781 | 0 | 1881 | 20190131094152 |
Muro de Berlín | 26179 | 0 | 1951 | 20190820203536 |
Custo de oportunidade | 28574 | 0 | 480 | 20190103014731 |
Comedia | 28824 | 0 | 1408 | 20190110140611 |
Racionalismo arquitectónico | 29400 | 0 | 1794 | 20190104015259 |
Movemento circular | 29718 | 0 | 786 | 20181227201939 |
Cantata | 30256 | 0 | 398 | 20190110135524 |
Reacción exotérmica | 32851 | 0 | 1450 | 20181227205132 |
Reacción endotérmica | 32854 | 0 | 1377 | 20181227205041 |
Reacción química | 33137 | 0 | 1535 | 20181227204851 |
Absolutismo | 34328 | 0 | 1681 | 20190724235413 |
Satélite artificial | 34443 | 0 | 1253 | 20181227203116 |
Machismo | 34606 | 0 | 801 | 20200901205732 |
Rotación | 36600 | 0 | 806 | 20181218135245 |
Activo | 37728 | 0 | 403 | 20190103015929 |
Curtametraxe | 38363 | 0 | 864 | 20190110140651 |
Translación | 38404 | 0 | 500 | 20181218135227 |
Contrapunto | 38493 | 0 | 511 | 20190110135947 |
Soul | 38527 | 0 | 866 | 20190104021017 |
Composto inorgánico | 39583 | 0 | 596 | 20181227204351 |
Arquitectura romana | 40580 | 0 | 1692 | 20190104010546 |
Aeronáutica | 40889 | 0 | 649 | 20181230235654 |
Condenado a vivir | 42722 | 0 | 1781 | 20191228134200 |
O agasallo de Silvia | 43232 | 0 | 1678 | 20200605233429 |
Hexágono | 43534 | 0 | 928 | 20181218135118 |
Arte contemporánea | 43577 | 0 | 1577 | 20181228002733 |
Ofimática | 43646 | 0 | 466 | 20181231004210 |
Ágora | 43971 | 0 | 1119 | 20190104010555 |
Xenética molecular | 48490 | 0 | 826 | 20181223214844 |
Rap | 54272 | 0 | 1475 | 20200225134554 |
Pérez | 56218 | 0 | 1672 | 20191103151225 |
Lecer | 56385 | 0 | 1654 | 20181217134550 |
Casus belli | 57733 | 0 | 1322 | 20181227212743 |
Moodle | 60538 | 0 | 1283 | 20181231004512 |
Morfoloxía | 62958 | 0 | 1520 | 20190313050221 |
Revolución científica | 63243 | 0 | 1584 | 20181227210318 |
Tolerancia | 63683 | 0 | 1383 | 20181227212813 |
Comensalismo | 69563 | 0 | 1747 | 20181227194923 |
Biocenose | 69609 | 0 | 1368 | 20200801110804 |
Mutualismo | 69615 | 0 | 684 | 20181227194957 |
Enlace iónico | 69739 | 0 | 391 | 20181227204213 |
Traballador | 78286 | 0 | 1285 | 20190103015706 |
Resistencia non violenta | 79678 | 0 | 1432 | 20181227213048 |
Coordenadas xeográficas | 81043 | 0 | 1422 | 20181218135404 |
Xano | 85200 | 0 | 1866 | 20190104011305 |
Foralismo | 86602 | 0 | 434 | 20181227210308 |
Perna | 87882 | 0 | 1999 | 20200104230327 |
Enxeñaría xenética | 97354 | 0 | 1442 | 20181223215318 |
Revolución Cubana | 98532 | 0 | 1311 | 20181227212112 |
Agota Kristof | 99666 | 0 | 1958 | 20190309125545 |
Nutrición heterótrofa | 100287 | 0 | 1222 | 20200227160928 |
Tríceps braquial | 101765 | 0 | 1456 | 20181217130759 |
El coronel no tiene quien le escriba | 103089 | 0 | 791 | 20181231102136 |
Músculo recto maior do abdome | 103935 | 0 | 827 | 20200525101947 |
Multinacional | 104966 | 0 | 1606 | 20191112135911 |
Sociedade anónima | 105236 | 0 | 761 | 20200823143054 |
Currículum vítae | 105938 | 0 | 1301 | 20190103015715 |
Cupido | 107768 | 0 | 1001 | 20190104011440 |
Hixiene | 109629 | 0 | 1570 | 20200624111625 |
Invertebrado | 109835 | 0 | 1025 | 20190628042330 |
Auga doce | 111066 | 0 | 896 | 20200113083734 |
Pentagrama | 113018 | 0 | 623 | 20190110135739 |
Camisas negras | 113595 | 0 | 904 | 20200604104504 |
Conflito | 114395 | 0 | 546 | 20181227212806 |
Minaría | 115298 | 0 | 1336 | 20190103014717 |
Multiculturalismo | 115475 | 0 | 1696 | 20181228002723 |
Loita de clases | 116396 | 0 | 1421 | 20190729215420 |
Privatización | 117376 | 0 | 1192 | 20190103014945 |
Guerras carlistas | 130841 | 0 | 756 | 20200214105520 |
Fecundación | 132839 | 0 | 648 | 20181223223609 |
Industria química | 136880 | 0 | 1187 | 20181227205140 |
Cinto de lume do Pacífico | 146708 | 0 | 1556 | 20181224001819 |
Identidade 2.0 | 146956 | 0 | 1093 | 20181231003721 |
Candela | 149630 | 0 | 696 | 20181227201656 |
Totalitarismo | 155207 | 0 | 949 | 20200721130714 |
Arte cinética | 162335 | 0 | 1741 | 20181228002801 |
Diana | 162475 | 0 | 1810 | 20190104011239 |
Descolonización de América | 163139 | 0 | 687 | 20181228001037 |
Antropocentrismo | 164148 | 0 | 846 | 20190822134147 |
Sistema de ecuacións lineais | 169309 | 0 | 1930 | 20181217140042 |
Abuso sexual | 176824 | 0 | 1211 | 20190116124653 |
Jonathan Swift | 180877 | 0 | 1215 | 20200805080839 |
Empresa | 194608 | 0 | 1253 | 20190103014956 |
Mesosfera | 195203 | 0 | 1362 | 20181224001135 |
Músculos romboides | 195329 | 0 | 1310 | 20200525105808 |
ALBA | 195901 | 0 | 1509 | 20190501120007 |
Asociatividade | 209451 | 0 | 1397 | 20181217140017 |
Miguel Strogoff | 218169 | 0 | 1822 | 20181231103723 |
Jan Neruda | 223561 | 0 | 1145 | 20181231103401 |
Coseno | 232389 | 0 | 1253 | 20181218135601 |
Corrosión | 234620 | 0 | 795 | 20181230235726 |
Partitura | 241406 | 0 | 1582 | 20190110135551 |
Coro | 246590 | 0 | 1357 | 20191105191120 |
BRICS | 258688 | 0 | 1640 | 20200614221025 |
Hefesto | 278495 | 0 | 1515 | 20190104011153 |
Relixión da Grecia antiga | 278510 | 0 | 1322 | 20190307112601 |
Deméter | 278540 | 0 | 1721 | 20190104010925 |
Capital social | 280893 | 0 | 537 | 20190103015849 |
Operación | 318178 | 0 | 1833 | 20181217135658 |
Belle Époque | 324300 | 0 | 1806 | 20181227211339 |
Imposto sobre o valor engadido | 345265 | 0 | 1186 | 20190103015247 |
World music | 345968 | 0 | 1784 | 20190110135429 |
Disolución da Unión Soviética | 368606 | 0 | 1470 | 20181228005415 |
Emprego | 378129 | 0 | 1974 | 20200605162949 |
Determinismo | 413084 | 0 | 1981 | 20190104013140 |
Só sei que nada sei | 447661 | 0 | 1894 | 20190104012918 |
Aplicación móbil | 447832 | 0 | 1797 | 20181231004201 |
Revolucións de 1917-1923 | 450219 | 0 | 1707 | 20181227211323 |
.--Maria zaos (conversa) 2 de setembro de 2020 ás 17:05 (UTC)
- Paréceme moi boa idea.Hai tempo, coido que Elisardo, comentara algo semellante e quedara no esquecemento. Dende o programa EDIXGAL, que se emprega en moitos centros en 5º-6º de Primaria e 1º-2º de ESO, aparece unha ligazón directa á Galipedia. Sería un bo xeito de ser útil á rapazada; outra cousa é que algúns dos artigos, quizais, están fóra de sitio. Así e todo, eu apóioa totalmente e máis, como dicía María Zaos, nos momentos actuais.--MAGHOI (conversa) 2 de setembro de 2020 ás 19:27 (UTC)
- A proposta de Maria zaos é unha boa idea, aínda que non teño claro cal é o obxectivo; facer de todos os artigos que indica artigos de calidade? Facer varios artigos de calidade desa lista de 1000 artigos? Simplemente ampliar? Non hai un obxectivo. Creo que sería bo camiñar en varias direccione e non escoller unha única proposta, senón traballar en tres ou catro frontes (igual non cuns obxectivos súper ambiciosos), pero si dar a posibilidade a que todas as persoas poidan participar en cousas que lles gusten ou motiven. A min esta lista nunca me gustou, xa o expresei noutras ocasións, creo que hai materias moi sobrevaloradas como a literatura, a min concretamente non me chama traballar neste eido. Descoñezo se realmente a consulta en liña vai ser algo tan estendido como indica Maria. Eu fixaría uns obxectivos claros para facer con estes artigos, e se á comunidade lle parece ben traballar sobre esta lista, adiante. Un saúdo e grazas, Piquito (conversa) 3 de setembro de 2020 ás 13:33 (UTC)
- Como xa indiquei ao inicio deste debate, o principal problema que eu vexo é 1) a falta de novas persoas editando 2) unha diverxencia entre a visión das persoas que conforman o groso do volume de edición na Wikipedia, que acumulan experiencia de mais de seis e mesmo dez anos e a realidade doutras con menos percorrido 3) capacidade operativa, de supervivencia e engadiría tamén de convivencia do proxecto. Semella que eu vexo a Galipedia máis como un conglomerado de persoas (presentes, pasadas e futuras) no que todas somos importantes por modestas que sexan as achegas, e hai outras visións que poñen máis o peso nos contidos. Xa avisei de que a miña visión era diferente. Pretender que o obxectivo de dinamizar e conservar editores e editoras novas se vai conseguir a) pedíndolles converter artigos a un estandar de calidade ás usuarias noveis b) sen que en ningún momento se analize cal é a capacidade real de acompañamento /titoría/apoio que se vén facendo con respecto a estas persoas, faise actualmente, e se está disposto a facer...francamente, para min iso si que é non ter claro os obxectivos. Por favor, volve a ler: a proposta obxectivo si ten: ampliar os artigos para que superen os 2000 bytes, outra cousa é que o consideres máis/menos acaído. Tes 12+161 artigos nos que traballar, en tarefas que ata unha persoa recén chegada podería facer facilmente. Agora ben, quen queira ampliar ata calidade evidentemente pode facelo, e o volume de bytes por riba dos 2000 xa nos vai dar un indicador na táboa de cales son os artigos que poderían converterse en bos ou de calidade. Non gusta a escolla, perfectamente normal, por iso se chama proposta. Agora ben, pediuse unha proposta, eu penseina, definina, xustifiqueina e fixen que propia rexeneración da táboa permitise de xeito fácil e con pouca carga de traballo facer un seguimento. Se hai outras propostas, estupendo, que se definan, que se xustifiquen indicando a que tipo de usuarios van dirixidas ( se son pensadas para usuarias veteranas, francamente non estou demasiado interesada, polo que expliquei ao inicio deste debate,) e como se vai facer o seguimento, (a poder ser cun sistema áxil que non nos leve a crear a man mil cousas como listas e votacións etc.) Eu xa fixen a miña, mirando por algo que axustase a calquera tipo de nivel de edición e variedades de intereses, e é
- Paréceme moi boa idea.Hai tempo, coido que Elisardo, comentara algo semellante e quedara no esquecemento. Dende o programa EDIXGAL, que se emprega en moitos centros en 5º-6º de Primaria e 1º-2º de ESO, aparece unha ligazón directa á Galipedia. Sería un bo xeito de ser útil á rapazada; outra cousa é que algúns dos artigos, quizais, están fóra de sitio. Así e todo, eu apóioa totalmente e máis, como dicía María Zaos, nos momentos actuais.--MAGHOI (conversa) 2 de setembro de 2020 ás 19:27 (UTC)
facilmente medible. As persoas máis veteranas aquí penso que teñen coñecementos de sobra para facer a súa propia proposta. Cando faltan mans, o tempo dedicado a propoñer cousas tamén resta tempo ao dedicado a outras tarefas aquí, e a min tempo, a verdade, precisamente non me sobra. Cando poida pensarei outra. Seguirei con todo a conversa a ver que máis se achega. Saúdos!.Maria zaos (conversa) 3 de setembro de 2020 ás 14:39 (UTC)
- A min a proposta de mellorar artigos para os alumnos de secundaria paréceme interesante. Creo que se se ve que a Galipedia é un lugar fiable e completo para consultar información necesaria para a ensinanza secundaria isto faralle gañar prestixio social e uso. Que os artigos sexan moi curtos ou leven etiquetas de que teñen diversos problemas non axuda. Por outra parte, o problema da Wikipedia é que ás veces os seus contidos son demasiado complicados para os alumnos de secundaria ou non están expostos na forma didáctica dos libros de texto (porque unha enciclopedia tampouco é así; nin é unha enciclopedia especificamente "escolar", senón para un público xeral). Algúns artigos, cando son de calidade, precisamente acentúan este problema. Por exemplo, se eu fago un artigo de calidade sobre a mesosfera da Terra, terá que ter un nivel de 2º de bacharelato para arriba ou de 1º de carreira, polo que a un alumno de 1º ou 3º da ESO se lle pode facer complicado. Con todo, a iniciativa paréceme interesante. Outro asunto é o do recrutamento de novos/as editores/as. No fondo creo que o problema principal diso é cómo é a sociedade galega, que non lle presta moita atención nin valora o suficiente a súa cultura e lingua. Non é normal que a Galipedia teña tan poucos/as editores/as como ten para o tamaño do noso país, pero hai que ter en conta que a nosa cultura non está normalizada. Habería que ver se en Galicia non hai máis editores/as da wikipedia en castelán que da wikipdia en galego. Pódense dar outras razóns da escaseza de editores/as, pero eu creo que non son tan decisivas coma a que acabo de sinalar.--Miguelferig (conversa) 3 de setembro de 2020 ás 17:31 (UTC)
- Ola, comento algunhas cousiñas agora que teño un rato tranquilo. Primeiro quero dicir que alédame que alguén estea preocupado polo futuro do proxecto, algo é algo. Sobre a comunidade o que podo dicir é que despois de varios anos neste proxecto penso que non existe unha comunidade na Galipedia, a gran maioría da xente que edita adícase ós artigos que lle interesan e o resto das cousas impórtanlles un pito. Iso non quere dicir que estea mal, nin que estea ben, eu persoalmente vexo complicado levar a diante un proxecto colaborativo desta magnitude se non hai conversas entre os que o están a crear para organizarse, ter algunhas estratexias e obxectivos... Pero tamén é posible que estea errado e a Galipedia tan só sexa unha enciclopedia que se vai crear por un "ente" caótico de editores...
- Antes de facer este comentario revisei as estatísticas de editores novos e de editores activos do proxecto, ía miralas con pesimismo pero ó velas sorprendinme pensando que parece que a cousa vai "aguantando", claro que non son matemático para facer unha análise delas. A impresión que teño é que tanto o número de editores novos como o de editores activos ten unha liña media que parece que non está baixando "dramaticamente" polo momento.
- Xa sabedes que levo varios anos tentando facer iniciativas e acercamentos a varias entidades para que o proxecto medrara en editores e en utilidade, pois o resumo que podo facer de todo este esforzo é que é imposible e non serven para case nada. É imposible que a xente traballe no que non lle interesa traballar, por moi bonito que nos pareza, e ós que lles interesa participar no proxecto xa deben estar por aquí, ou estiveron e marcharon... Polo tanto decidín deixar de facer máis actividades ata que atope algunha proposta que estea ben organizada, pensada, centrada e con obxectivos reais, non "fume".
- Sobre algunhas cousas que se comentaron: Maria zaos, a proposta para facer e votar artigos de calidade creo que se fixo polo aniversario da Galipedia para acadar ter o mesmo número de AdC que de anos, creo que foi polos 15 anos, pero só foi unha acción "publicitaria", foi algo así creo, non teño ánimos agora para buscar no arquivo.
- Sobre o tema do día do Galizionario, como explico máis abaixo eu deixo a proposta, se alguén quere seguir con ela perfecto, eu se me convence como vai tentarei participar..
- Ah, sobre as redes sociais. Non valen para nada. Estiven un tempo engadindo algunhas cousas sobre a Galipedia en facebuk tamén, avisos de actividades principalmente, e non vin que ningún usuario se achegara ó proxecto polas iniciativas que se amosaban alí. A Galipedia acadou un posto de recoñecemento, iso hai que recoñecerllo a todos os que editaron a enciclopedia, e con iso a xente que quere consultala, xa sabe que poñendo algo no Google xa aparece. A xente que fedella en Facebuk, Tuiter ou Instagram non quere vir editar a Galipedia, o que quere é facebuquear, tuitear e instagramar...
- A malla que comentou MAGHOI é unha proposta que tampouco ten a participación que precisa polo mesmo de antes, se non hai comunidade, non hai traballo en común. Nas diferentes edicións participaron unha media de menos dez persoas (cousa que non abonda, debería participar máis da metade da comunidade dos editores habituais) e nunha semana amañáronse diferentes categorías de artigos facendo unha pequena parte da tarefa de mantemento. O traballo non cunde porque a tarefa é moi grande, os artigos das categorías de atención ou con problemas non fan máis que aumentar, e non hai case ninguén que se adique a amañalos, con isto o que está a pasar é que está a aumentar a proporción de artigos con problemas baixando a calidade global do proxecto.
- Sobre o tema dos 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16, aclaro que ese proxecto está adaptado baseándose no que crearon en eu.wiki e a idea é chegar a facer, con traballo e tempo non ten que ser nun día, que eses artigos sexan de calidade. Pero un pequeno problema é que é unha adaptación das listas do "seu" currículo, eu e outros usuarios fomos axeitándoas un pouco, pero eu non son profesor e non coñezo os currículos galegos desas materias polo que non podo adaptalas mellor. Pode traballarse neses artigos porque son todos artigos necesarios, é posible que algúns non teñan tanta importancia no currículo galego coma outros que non están na lista, pero penso que deben ser a minoría. Sería moi interesante que profesores deses niveis revisaran as listas da súa materia e fixeran propostas de cambios nas páxinas de conversa para mellorar a escolla de artigos. Comentando o que di Piquito de que hai materias sobrevaloradas, é que no currículo escolar tamén é así, os rapaces teñen X horas de matemáticas á semana e Y de música, e como o proxecto está vinculado ó currículo hai que manter a mesma proporción na lista de artigos de cada materia...
- E rematando, eu despois de deixar de ser administrador estiven plantexándome deixar o proxecto, pero teño que dicir que non fun capaz, estou "enganchado" e polo momento seguirei por aquí adiante. Iso si, eu agora coma o resto, adicándome ó que me interese. Se aparece algunha idea que me convenza é posible que bote unha man, pero nestes momentos non teño forzas para facer propostas novas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de setembro de 2020 ás 22:28 (UTC)
- Boas, de novo. Cada quen é a súa experiencia. Digo isto porque semella que hai varias posturas ou puntos de vista. Pero iso é unha enciclopedia, e máis cando é voluntaria e case descentralizada. Depende da vontade e dispoñiblilidade da xente é iso, necesariamente, dificulta unhas tarefas aínda que promova outros valores. A ver. Eu veño do mundo do ensino e descubrín tarde a Galipedia ("mea culpa") e dende que comecei activamente e xa van uns anos (poucos) non teño máis que unha valoración positiva. A min éncheme; aprendo unha morea de cousas e sinto que fago algo útil. Participo, no que poido, en case todo e procuro espallar o proxecto entre o meu alumnado. Loxicamente, cun éxito relativo; en parte, porque están a outras cousas (eu tamén estaba a outras cousas) e, en parte, porque coido que o vén como algo lonxano e complicado.
- A partir de aí, eu tampouco espero un éxito apabullante do proxecto porque somos quen somos e estamos onde estamos. O proxecto, aínda que sexa humilde e cativiño, ten valor en si mesmo. O seu valor é estar aí, e seguir, e medrar paseniño e como non podemos competir en cantidade, compitamos en calidade. E nese campo, díxeno anteriormente, penso dende a ignorancia que estamos ben posicionados. Outras persoas poden ter outras expectativas, pero sendo realistas, esa é a nosa liga. Que haxa autocrítica, que se queira periodicamente engrandecer o proxecto ou que, en ocasións, esteamos algo frustrados por non poder facer máis, tamén o vexo como unha gran valor da nosa comunidade: non nos conformamos pero tampouco nos debe desanimar. Repito que o principal mérito que vexo é estarmos aí e que proxecto medre. A partir de aí, se podemos colaborar para unha tarefa concreta, perfecto, apúntome. Pero de non ser así, tampouco pasa nada. A Galipedia é un camiño amplo e longo no que faremos tramos conxuntamente e nunha encrucillada concreta separarémonos para nos xuntar máis adiante.
- Finalmente, dende o punto de vista da utilidade, como dixera na anterior intervención o proxecto dos artigos de 12-16, paréceme importante e por aí tirarei, xunto con outros intereses particulares. Un saúdo--MAGHOI (conversa) 5 de setembro de 2020 ás 11:21 (UTC)
Hai moito sobre o que falar, tentarei ser breve.
- Primeiramente en resposta a Maria zaos: non sei en que te fundamentas para dicir que hai unha "diverxencia entre a visión das persoas que conforman o groso do volume de edición na Wikipedia, que acumulan experiencia de mais de seis e mesmo dez anos e a realidade doutras con menos percorrido", entendo que entre esas persoas que dis conforman o groso do volume de edición te refires a min, pero o certo é que dista moito de ser real, de feito se miras as estatísticas que sinala Elisardojm podes ver que nestes intres (dende hai meses en realidade) non estou nese grupo (de feito ti tes case 3,5 veces máis edicións ca min), e a pesar da miña experiencia aquí teño menos coñecementos técnicos ca ti. A visión que dis ter ti e a que pon o peso nos contidos non están necesariamente enfrontadas, eu penso que toda persoa que edite é importante, pero á vez teño unha teima persoal por tentar que a Galipedia aumente en contidos "de calidade" para darlle unha maior visibilidade (estrela nos interwikis) e mesmo un posible uso propagandístico de cara a acadar fitos dos que poidan fazerse eco os medios de comunicación e dar a coñecer deste xeito a Galipedia. Quizais a miña proposta non é o suficientemente clara, pero en ningún momento falo de que se lles teña/vaia/pretenda esixir ás novas editoras "converter artigos a un estandar de calidade", porque non mo esixín nin a min mesmo, de feito a miña proposta en ningún momento fala de traballar con novas usuarias senón coas que xa conforman a comunidade, evidentemente se se realiza algunha actividade para traballar con xente nova será benvida. Non falo de acompañamento das usuarias novas porque, repito, esta proposta está pensada inicialmente (logo xa se verá como acaba, se se fai algo ou queda no limbo) para que a realice a comunidade como ferramenta para dar a coñecer o proxecto, ter fitos dos que se poidan crear novas (exemplo de titular: "A Galipedia crea 100 000 artigos nun ano e alcanza os 300 artigos de calidade") que poidan atraer á xente a ler e interesarse polo proxecto (creo que estes son dous pasos previos, podo engañarme, iso si), para a guía e acompañamento falouse (creo que con pouco éxito) dun programa de titores no que pensara Elisardojm (podemos abrir un fío para ver se hai persoas interesadas). Para min ata a túa última mensaxe a proposta non estaba clara, simplemente dicías que eses artigos tiñan menos de 2000 bytes. Non desvalorei a túa proposta, de feito digo que é boa, pero a min non me chama e simplemente dixen de traballar en máis frontes, esta é unha proposta para traballar ao longo dun ano, creo que traballar neses 12+161 artigos é un obxectivo pouco ambicioso como único obxectivo pero enriquecedor se poñemos esforzo notras frontes como crear X artigos nun ano, rebaixar en X o número de artigos que precisan referencias... ambos obxectivos son perfectamente doados de medir, e no caso da creación de artigos é unha tarefa que unha nova usuaria pode realizar sen maior problema (eu aprendín copiando artigos e traducindo, se facía un artigo dun compositor buscaba outro que si estivera na Galipedia e cambiaba as cousas na táboa e na introdución, se quería facer un modelo copiábao doutra Wikipedia ou doutro que me gustara de aquí, ás veces facía desfeitas e recurría a outra usuaria para que funcionara todo, e así fun aprendendo).
- Elisardojm, penso que tes razón en moitas cousas, pero non hai que desanimar, conseguíronse cousas importantes, o complicado é convencer á xente para lanzarse, pero pódese facer. Si que tes razón en que non hai comunidade na Galipedia, iso creo que non hai discusión posible, chega con ver a escasa (por non dicir nula) participación en moitos debates da taberna, con todo creo que podemos inverter esta tendencia, non sei moi ben como, pero creo que aquí todo o mundo quere que este proxecto medre, sexa coñecido, e haxa moita xente editando que poida mellorar a Galipedia en contidos que quizais agora non están cubertos porque ás que estamos agora non nos interesan ou non temos nin idea deles. De feito temos a experiencia recente do 15 aniversario, no que superamos amplamente o obxectivo marcado dos 150 artigos de calidade para esa data cunha moi boa acollida das editoras, se o conseguimos daquela por que non imos poder facer algo grande agora? (ben sabemos que aquilo era unha machada, eu tiña serias dúbidas de que puideramos sacar tantos artigos de calidade nese pouco tempo, pero vaia se o fixemos!). Pode que teñas razón coas RRSS, de todos xeitos eu tentaría abrir unha conta propia da Galipedia en Twitter e Instagram, non perdemos nada por intentalo. Sobre a lista, non é nada persoal, nin sequera valoro a gran falta de artigos sobre a miña profesión, chega con comparar as matemáticas coa literatura, pero tampouco imos debater aquí a lista, non ten sentido e non son quen de valorala realmente porque non teño nin idea dos contidos nin do sistema educativo galego en xeral.
A min unha proposta que me chama especialmente é a de crear artigos novos, creo que pode dar moito xogo para facer maratóns que busquen, por exemplo, crear artigos de todos os concellos de España, lugares de Galicia, crear artigos inexistentes dos artigos de calidade que temos, todas as persoas que foron galardoadas cun Premio Nobel, todas as especies animais ou vexetais rexistradas en Galicia, completar a lista dos 10 000 artigos (seriamos a primeira Wikipedia en facelo, ademais)... Lembro que cando comecei na Galipedia tiñamos máis artigos que a Wikipedia en euskera, e agora eles nos tomaron a dianteira dun xeito bestial, non digo que nos poñamos como obxectivo colocarnos á par deles (sería absurdo), pero si podiamos plantexarnos crear 12 000 artigos como mínimo ou 18 000 artigos nun ano (1 000 ou 1 500 artigos por mes), de feito dende 2018 nin nos achegamos aos 10 000 artigos novos nun ano e este ano non pinta ben tampouco. Creo que se involucramos á comunidade podemos chegar á segunda cifra e superala sen problema, temos un ano, varias datas para posibles maratóns (presenciais ou en liña).
Un saúdo! Piquito (conversa) 5 de setembro de 2020 ás 21:04 (UTC)
- En canto a poñer unha cifra de artigos novos a facer ten o risco de que se fagan artigos moi pequenos para cubrir a toda costa os obxectivos. Eu penso que o importante é que os artigos que se fagan non teñan que levar avisos de que son curtos de máis (tampouco teñen que ser enormente grandes), de que non teñen referencias, ou teñen problemas de ortografía, traducións sen revisar, etc. En cantidade nunca imos poder competir. Eu son partidario de favorecer principalmente que teñan unha calidade mínima, especialmente se son temas dos que é fácil obter información ou están moi desenvolvidos noutras wikipedias. En canto á participación e creación dunha comunidade, penso que nas demais wikipedias a porcentaxe de editores que son moi participativos ou forman comunidade é tamén bastante baixa, pero outras wikipedias teñen un maior volume de editores en xeral, e por iso aínda con esas porcentaxes pequenas parece que son máis participativos ou comprometidos. Téñase en conta que non é tan fácil chegar a ser editor na wikipedia, porque tes que ter tempo, que non todo o mundo ten (traballo, vida familiar), e se participas moito dedicas unha gran parte do teu tempo libre á wikipedia, ao cal non todo o mundo está disposto ou acaba por cansar, e ao principio non sabes que hai que facer para editar. Na inervención miña anterior xa dixen que na Galipedia mesmo hai menos editores dos que lle correspondería a un país do tamaño do noso e xa dixen por que. Iso xera de seu un menor volume de editores e menor participación. Para certos traballos na wikipedia fan falta certos coñecementos técnicos ou do funcionamento de todo o "tinglado", que non todo o mundo ten. Non se pode facer tampouco calquera tipo de artigos, porque penso que se necesitan uns coñecementos mínimos da materia da que trata o artigo e non todo o mundo sabe de todo. Tamén hai temas que che gustan máis ou que che gustan menos. Eu teño feito moitos artigos, pero o 90% son de bioloxía ou bioquímica, fixen uns cantos de medicina, pero máis ben poucos (e de enfermidades procuro facer os menos posibles), e mesmo fixen 2 ou 3 artigos de historia para desfacer homónimos ou para eliminar algunha ligazón vermella (o último o do libro de Principios da poboación de Malthus, pero porque me saía a súa ligazón no artigo "Evolución" e quedaba un nome en vermello moi longo), pero, evidentemente, a historia non é o meu.--Miguelferig (conversa) 6 de setembro de 2020 ás 11:16 (UTC)
- Grazas Miguelferig, boa observación! Que te parece se plantexaramos o desafío de creación de artigos como se viña facendo co Wikirreto? Sería un Wikirreto coma os dos outros anos pero cun obxectivo global, e coas normas que xa houbo outros anos (respecto ao nivel dos artigos creados), quizais así podamos involucrar á comunidade e darlle un pouco de vida, ademais creo que as medallas son un recoñecemento "chulo" que pode animar especialmente ás persoas que levan pouco tempo editando e así conseguir que se "enganchen". Iso sí, habería que revisar os artigos creados (o malo é que quen os creara tería que incluílos na táboa na páxina do Wikirreto) para que cumpran cos criterios do reto. Como o ves? Piquito (conversa) 9 de setembro de 2020 ás 19:20 (UTC)
A min paréceme ben, pero non sei se xa sabes por outros anos que eu non participo na fase "competitiva" de concursos, senón fóra de concurso, pero si que participo neles facendo todos os artigos e procurando todos os obxectivos dos concursos. Non estou moi interesado en medallas, premios, primeiros postos, etc, pero, de todos modos, iso é unha boa idea porque á maioría da xente si lle gustan e lles dá máis aliciente para participar (recoñezo que eu son moi raro niso). E hai que deixar claro que o artigo que se faga ten que ter un mínimo de calidade (tampouco ten que ser unha marabilla). Ademais da creación de artigos novos pode incluírse o arranxo de artigos que teñen problemas (curtos de máis, mala tradución, sen referencias, etc.).--Miguelferig (conversa) 9 de setembro de 2020 ás 19:39 (UTC)
- Como ando pouco activo ultimamente deixei este tema parado. Concordo contigo Miguelferig, é importante que os novos artigos teñan un nivel mínimo, e creo que esta actividade tamén pode estar ben para a xente que comeza colaborar no proxecto, que se vaian familiarizando coa inclusión de referencias e citar as fontes, pode que estas persoas tarden máis en facer cada artigo inicialmente, pero tamén creo que é certo que verán o seu traballo como un "produto" máis acabado e lle producirá maior satisfación, non sei se concordas Maria zaos. Tampouco creo que sexa preciso que toda a xente participe na parte competitiva da proposta (eu tampouco participo deste xeito en realidade), pero si que penso que pode enganchar máis. Penso que ambas propostas son perfectamente asumibles pola comunidade e poden dar para varios eventos ao longo do ano, gustaríame saber que opinan todas aquelas persoas que participaron xa no debate (e as que non tamén, claro), se vedes posible facer estas dúas cousas, crear algún obxectivo máis relacionado coa corrección de artigos ou outras cousas, se considerades mellor mudar algunha das propostas desta parte do fío... que dicides MAGHOI, Elisardojm, Maria zaos e Miguelferig? Piquito (conversa) 16 de outubro de 2020 ás 22:09 (UTC)
- Ola, de novo. Eu coido que unha wiki humilde, que non pequena coma a nosa ten aínda moitos buracos por encher, pero non sei moi ben como fomentar máis a participación de novos editores malia os esforzos realizados. Si veño que, de cando en vez, aparece un novo ususario/a que participa e, ás veces, nun só campo (supoño que porque é o que lle interesa ou onde se nota con seguridade na edición). Eses deben ser coidados e animados. O resto, o propio uso o irá dicindo. Por iso, penso que unha opción moi útil é a dos artigos relacionados co Ensino Secundario, porque a Galipedia aí pode fomentarse a través do uso. Aínda hai moitas persoas que non a empregan ou que a descoñecen, por iso, facer accións nese eido, sendo útil, máis aló de atopar artigos curiosos, entendo que sería o camiño. Respecto dos que estamos, sempre me gustou, a pesar da escasa participación, é certo, a iniciativa de Elisardojm sobre a malla. Se se conseguira animar a algúns nos novos á participación cunha tarefa común, penso que sería útil.
En troques, preocúpame bastante menos, aínda que fastidia, que se perdan posicións no ranking. A xeito de curiosidade, puxera hai tempo na miña páxina de ususario o lugar da Galipedia no conxunto das wikis, e xa houbo varias que nos pasaron no número de artigos ( o inglés común, o azerí...). En realidade, hai moitos artigos pero dunha extensión escasa. Coa wiki basca, pasa igual, eu a sigo bastante e teño pensado traducir tamén varios artigos, pero a parte dos propios do seu país, non me pareza que teñan moitos artigos bos. Cando nós votamos un artigo de calidade (Piquito tes feito unha morea deles) son artigos tremendos; case todos de 80-90K, e cun alto nivel de profundidade e máis de 100 referencias e numerosa bibliografía. Penso honradamente que, aínda tendo menos artigos dese tipo, admitimos ben a comparación case con calquera en canto á calidade. Esa pode ser outra vía: subir os artigos de calidade.
Resumindo, prefiro menos número e máis calidade; se a través das xuntanzas para facer editatonas se consegue a incorporación de máis usuarios, perfecto; pero senón, a seguir até os 500.000 (nótese o optimismo). Daquela falamos. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 21 de outubro de 2020 ás 10:29 (UTC)
- Grazas polos teus comentarios MAGHOI, paréceme ben que se traballe dende o ensino secundario para tentar atraer xente nova (tanto alumnado como profesorado). A malla tamén, pero creo que deberiamos darlle unha volta a ver como se pode facer para atraer a máis participantes (entre os que recoñezo non me inclúo).
- Sobre o que comentas do número de artigos vs artigos de calidade, a min persoalmente estes dous temas eran os meus predilectos para facer o desafío (ou como se lle queira chamar). Se non contei mal, en 2017 conseguimos nada menos que 43 artigos de calidade, poderiamos propoñernos igualar esa marca ou unha menor pero establecendo tamén unha meta para os artigos bos. Nesta proposta inclineime pola opción de ampliar o número total de artigos atendendo ao expresado por Maria zaos e pensando en que fora un obxectivo no que puidera participar xente que entrara a participar no proxecto. Pensei ademais que igual se podería poñer un aviso do tipo dos que se colocan para anunciar o Wiki Loves Monuments, ou o que se puña para anunciar as votacións para artigos de calidade, deste xeito igual (non sei se sería efectivo) algunha persoa que entrara consciente ou accidentalmente na Galipedia se animaría a facer algún artigo, quen sabe... Finalmente tampouco optei por establecer un obxectivo referido aos artigos de calidade porque sendo realistas, calquera opción dirixida nesa dirección ten moitas papeletas de finalizar en fracaso, hai que ver a realidade, eu propoño moitos artigos para calidade e para bos, e teño pechado este ano tres propostas de sete que non chegaron a cinco votos (Carl Nielsen tivo dous, Gyromitra esculenta tipo tres -o terceiro unhas horas antes de pecharse a votación- e Jabba o Hutt foi o único artigo que estivo próximo a recibir a estrela con catro votos), e se nos imos aos artigos bos a cousa empeora dun xeito bestial (das propostas que fixen eu saíron 2/9, e no total de propostas saíron 5/12, vamos, que non participan cinco persoas nin na metade das votacións, mesmo cando son artigos non moi extensos, e de todos os que non saíron elixidos houbo catro que tiveron só un ou dous votos)... sería boísimo poder dicir que a Galipedia ten 300 artigos de calidade, pero para iso ten que haber xente que os vote, do contrario pode chegar a ser frustrante para quen propón (para min o foi ata que deixei de implicarme persoalmente e aceptei o feito de que posiblemente á comunidade non lle interesan a maioría dos artigos nos que traballo ou que realmente o meu traballo é peor do que eu penso, e cando algún sae elixido alédome de que catro persoas o leran e lles puidera ter resultado interesante). En resumo, aínda que eu persoalmente decida traballar polo aumento de artigos de calidade e bos, non me parece que podamos establecer un obxectivo realizable minimamente ambicioso (mesmo un artigo de calidade cada mes me parece complicado, e creo que menos diso é unha meta moi pobre como para pretender calquera tipo de publicidade.
- De todos xeitos, e vendo como vai este fío, creo que ou nos propoñemos os dous algún obxectivo ou cada un se propón algún obxectivo persoal. Un saúdo e grazas de novo polo teu interese, Piquito (conversa) 22 de outubro de 2020 ás 18:39 (UTC)
- Sobre o tema da Malla que comentou MAGHOI hai un pouco, eu polo momento vou deixar de organizala, se outra persoa quere encargarse pode reutilizar as páxinas dos outros anos ou facer todo de forma diferente, como vexa mellor... Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de outubro de 2020 ás 19:28 (UTC)
Logo de máis de dous meses dende as últimas achegas a este fío, retírome deste fío, creo que queda demasiado pouco tempo para facer algo minimamente organizado e no que a comunidade se implique. Se MAGHOI, Maria zaos, Elisardojm ou Miguelferig queredes seguir coa proposta, crear novos obxectivos, novas propostas, ou retomala para o 2022 sentídevos libres, eu retírome deste tipo de propostas porque non teñen percorrido (esta a fixen en agosto e catro meses despois non se chegou a nada) e a min isto lévame tempo (pensar, propoñer, seguir os fios cando chega a habelos...). Pola miña parte proporeime como obxectivo chegar aos 50 artigos de calidade sobre música clásica e tentar aumentar a conta de artigos bos, non será doada ningunha das dúas, pero se intentará. Un saúdo e grazas a todas pola vosa participación. Piquito (conversa) 26 de decembro de 2020 ás 18:17 (UTC)
Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:MAGHOI
[editar a fonte]Propuxen o Usuario:MAGHOI para a administración da Galipedia. Véxase Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:MAGHOI. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 10 de setembro de 2020 ás 17:44 (UTC)
Consultas / Edición
[editar a fonte]Boas, dándolles voltas ao tema de que a Wikipedia en galego ten menos persoas que editen nela que as esperábeis, deille voltas a se, quizais, habería que ir máis atrás, se non será o previo que a Wikipedia en galego ten menos persoas que a consulten das esperábeis. Os algoritmos dos buscadores prexudícannos e ter posíbeis lectoras/es con competencia plena en dúas linguas con Wikipedias máis potentes que a nosa, tamén. Penso que sería preciso darlle visibilidade como unha prioridade para as linguas que están nela, que son minoritarias dentro das linguas románicas e que teñen ao seu carón linguas hexemónicas. A Latipedia, como permite buscar nas linguas románicas á vez (e en inglés), non ralentiza o feito de consultar linguas con menos artigos (coa posibilidade de que non o haxa). Lles (conversa) 30 de setembro de 2020 ás 11:29 (UTC)
- Non ten necesariamente que haber unha correlación entre persoas editoras e lectoras, de feito hai exemplos curiosos sobre isto. A configuración do buscador hexemónico prexudícanos, como ben dis, pero non ten moita volta, máis aló de personalizar as opcións do buscador/escolla doutros buscadores e esa é unha escolla absolutamente persoal. En xeral a xente accede á Wikipedia por Google, (plus todas os sitios web que reusan datos de wikipedia e wikidata) non por consultar específicamente unha wikipedia.Non entendo moi ben cal é a túa proposta, poderías concretala un pouco máis, por favor? Graciñas,Lles.--Maria zaos (conversa) 30 de setembro de 2020 ás 11:38 (UTC)
- A miña proposta é valorar se darlle visibilidade á Latipedia é importante para o crecemento da Wikipedia en galego e, de ser así, considerar o que está ao noso alcance para visibilizar este buscador. Lles (conversa) 1 de outubro de 2020 ás 06:33 (UTC)
Imaxe
[editar a fonte]Bos días María, son autor da imaxe e dono da mesma. Teño a sorte de tela no meu arquivo persoal. Apertas.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Loi Caramelo (conversa • contribucións)
- Ola de novo, Usuario: Loi Caramelo. Primeiro de todo, desculpas, é bastante habitual que aparezan fotos en Commons que son copias de fotografías que conservan dereitos de autoría doutras persoas. As características desta copia fixéronme dubidar. Moitas grazas por achegala ao proxecto. Sería estupendo se puideses achegar unha nova copia (opción cargar unha nova versión deste ficheiro) sen o reflexo ou ao menos recortando as partes que non pertencen á foto orixinal. Se che chegase unha comunicación de Commons sobre o cuestionamento do dereito de autoría da foto orixinal, este sistema permitiría verificarte como creador. Pero mentres isto non pase non é necesario que fagas nada. Eu volvera a restituír a foto na entrada correspondente, como che comentei na conversa. Para calquera outra dúbida sobre este tema os usuarios @Elisardojm: ou @Estevoaei: penso que poderán axudarte, xa que teñen máis experiencia en Commons. Un saúdo e a seguir! --Maria zaos (conversa) 9 de outubro de 2020 ás 12:51 (UTC)
Escualimorfos ou Escualomorfos?
[editar a fonte]Ola a todos. Gustaríame que mirásedes o que digo na páxina de conversa de Escualimorfos, a ver que opinades. Se estades de acordo comigo, estaría disposto a reeditar a páxina despois de que algún administrador cambiara o seu título. Un cordial saúdo a todos. --XoioÉche o que hai 8 de decembro de 2020 ás 21:03 (UTC)
- @Xoio: xa moveu Miguelferig o título a Escualomorfos. Os movementos de páxinas non teñen que facelo os administradores. Un saúdo. --Estevo(aei)fálame aquí 8 de decembro de 2020 ás 21:12 (UTC)
- Moitas grazas. --XoioÉche o que hai 9 de decembro de 2020 ás 00:26 (UTC)