Unión Numismática Nórdica
Unión Numismática Nórdica | |
---|---|
Tipo | sociedade científica |
Área de operación | países nórdicos |
Data de fundación | 1935 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Unión Numismática Nórdica (en finés e dinamarqués: Nordisk Numismatisk Union; en sueco: Nordisk numismatisk union; –NNU–) é unha entidade asociativa que integra diferentes asociacións e sociedades numismáticas de varios países nórdicos.
Historia e composición
[editar | editar a fonte]A Unión Numismática Nórdica fundouse en Copenhague, Dinamarca, o 27 de novembro de 1935, e inicialmente estaba constituída por catro gabinetes numismáticos e por cinco asociacións numismáticas de Suecia, Noruega, Dinamarca e Finlandia. A estas cinco uníronselles posteriormente as asociacións de Islandia, das Illas Feroe e de Turku:[1][2]
Asociacións numismáticas
[editar | editar a fonte]- Asociación Numismática Dinamarquesa (Dansk Numismatisk Forening).
- Asociación de Coleccionistas de Moedas das Illas Feroe (Føroya myntsafnarafelag).
- Fondo Monetario Islandés (Myntsafnarafélag Islands).
- Asociación Numismática Norueguesa (Norsk Numismatisk Forening).
- Asociación Numismática de Turku (Numismatiska Föreningen i Åbo).
- Asociación Numismática Finlandesa (Suomen Numismaattinen Yhdistys).
- Asociación Numismática de Skåne (Skånes numismatiska förening).
- Sociedade Numismática Sueca (Svenska numismatiska föreningen).
Gabinetes numismáticos
[editar | editar a fonte]- Gabinete numismático de Helsinqui.
- Colección Real de Moedas e Medallas do Museo Nacional de Copenhague.
- Gabinete Numismático da Universidade de Lund.
- Gabinete Numismático da Universidade de Oslo.
- Gabinete Numismático Real de Estocolmo.
- Gabinete Numismático da Universidade de Uppsala.[3]
Revistas
[editar | editar a fonte]A NNU é a responsable de dúas publicacións periódicas:
- Nordisk Numismatisk Unions Medlemsblad –NNUM– ("Revista dos membros da NNU"), creada en 1936. Publica arredor de 10 números anuais.[4][5]
- Nordisk Numismatisk Årsskrift –NNÅ– ("Anuario Numismático Nórdico"). Publicouse anualmente entre 1936 e finais da década de 1970 e, a partir de aí, con carácter esporádico.[6][7]
Encontros
[editar | editar a fonte]A unión celebra un encontro conxunto cunha periodicidade de entre dous e catro anos, nun dos países nórdicos. Os máis recentes foron os seguintes:[2]
- 2017: Oslo.
- 2014: Helsinqui.[8]
- 2010: Copenhague.
- 2007: Estocolmo.
- 2005: Oslo.
- 2003: Islandia.
- 2001: Helsinqui.
- 1999: Illas Feroe.
- 1997: Copenhague.
- 1995: Estocolmo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nordisk Numismatisk Union". Danskmoent.dk
- ↑ 2,0 2,1 "Nordisk Numismatisk Union och våra nordiska systerföreningar". Skånes Numismatiska Förening.
- ↑ Mäkeler, H. (2015). "Uppsala universitets myntkabinett nu och i framtiden". En Nordisk Numismatisk Unions Medlemsblad. Nº 1. Páxinas 13-18.
- ↑ "Nordisk numismatisk årsskrift". JYKDOK-Finna.
- ↑ "Nordisk Numismatisk Unions medlemsblad". WorldCat.
- ↑ "Nordisk Numismatisk Årsskrift (NNÅ)". Danskmoent.dk
- ↑ "Nordisk numismatisk årsskrift". JYKDOK-Finna.
- ↑ "Nytt från Nordisk Numismatisk Union". Svenska Numismatiska Föreningen.