Saltar ao contido

Sociedade Suíza de Numismática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sociedade Suíza de Numismática
Tipoorganización
Data de fundación1879
SedeZürich
PaísSuíza
Na rede
http://www.numisuisse.ch/11543/index.html
editar datos en Wikidata ]

A Sociedade Suíza de Numismática (en francés: Société Suisse de Numismatique -SSN-; en alemán: Schweizerische Numismatische Gesellschaft -SNG-; en italiano: Società Svizzera di Numismatica -SSN-) é unha sociedade erudita suíza sen ánimo de lucro fundada en 1879, constituída por individuos e institucións co interese común da numismática antiga e moderna, da que promove a investigación en todas as súas ramas.[1][2]

Os seus asociados reciben as publicacións periódicas da Sociedade e poden asistir á biblioteca especializada e a diversos encontros e eventos de tipo académico e comercial.[3]

A Sociedade é membro, pola súa vez, da Academia Suíza de Humanidades e Ciencias Sociais.[1]

Día Numismático de Suíza

[editar | editar a fonte]

A Scociedade Suíza de Numismática organiza anualmente, desde 2004, o Día Numismático de Suíza (Numismatische Tage Schweiz). Non seu transcurso ten lugar a asemblea xeral da Sociedade e diversas actividades como conferencias, visitas guiadas etc. En cada edición, esta xornada ten lugar nunha cidade diferente e en colaboración con asociacións numismáticas locais ou rexionais.[4]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Publicacións periódicas

[editar | editar a fonte]

A sociedade conta con dúas prestixiosas publicacións periódicas: a "Revista Suíza de Numismática" e a "Gaceta Numismática Suíza". Ambas publican estudos sobre os máis diversos aspectos da numismática, tanto en alemán, francés e italiano, as linguas oficiais da Sociedade, como en inglés. A diferenza entre as dúas publicacións non é temática senón que refire á extensión dos artigos que publican, máis extensos na "Revista" que na "Gaceta".[5]

Series monográfícas

[editar | editar a fonte]

A SNG/SSN leva a cabo, ademais, unha grande actividade editorial no relativo á publicación de monografías. Á parte dalgúns títulos soltos, os libros editados pola entidade adscríbense a algunha das súas series:[8]

  • Schweizerische Münzkataloge ("Catálogos de Moedas Suízas"). Serie de nove títulos publicados ente 1959 e 1991.[9]
    • (1959): Cahn, E. B. Fribourg.
    • (1961): Dolivo, D. Les monnaies de l'évêché de Lausanne.
    • (1963): Jaeger, K.: Lavanchy, C. Die Münzprägungen des Kantons Appenzell-Ausserrhoden und der "neuen" Kantone der Schweiz von 1802. St. Gallen, Graubünden, Aargau, Thurgau, Tessin, Waadt.
    • (1965): Greter-Stückelberger, R. Obwalden im 18. und 19. Jahrhundert. Nidwalden im 19. Jahrhundert.
    • (1969): Tobler, E. Appenzell-Innerrhoden. Appenzell-Ausserrhoden.
    • (1971): Wielandt, F. Die Basler Münzprägung von der Merowingerzeit bis zur Verpfändung der bischöflichen Münze an die Stadt im Jahre 1373.
    • (1972): Simmen, J.; Solothurn, H. Neu bearbeitet und ergänzt durch die Helvetische Münzenzeitung.
    • (1983): Püntener, A.; Schwarz, D. Die Münzprägung der drei Länder Uri, Schwyz und Nidwaiden in Bellinzona und Altdorf. – Die Münzen von Uri. – Die Münzen von Nidwalden.
    • (1991): Della Casa, M. La monetazione cantonale ticinese, 1813-1848.
  • Typos. Serie activa entre 1975 e 1984, composta por monografías sobre numismática antiga (moeda grega, celta, romana e xudía).[10]
    • (1975): Weidauer, L. Probleme der frühen Elektronprägung.
    • (1977): Simonetta, B. The Coins of the Cappadocian Kings.
    • (1978): Furtwängler, A. Monnaies grecques en Gaule: Le trésor d'Auriol et le monnayage de Massalia, 535/520-450 av. J.-C.
    • (1983): Schulte, B. Die Goldprägung der gallischen Kaiser von Postumus bis Tetricus. ISBN 9783794123469
    • (1984): Deppert-Lippitz, B. Untersuchungen zur Münzprägung Milets vom vierten bis ersten Jahrhundert v.Chr.
    • (1984): Mildenberg, L. The Coinage of the Bar Kokhba War. ISBN 978-3794126347
  • Schweizer Studien zur Numismatik ("Estudos Suízos dobre Numismática"). Serie aberta, desde 2008, na que se publica a práctica totalidade dos estudos actuiais da Sociedade.[11]
  1. 1,0 1,1 "SSN - Société Suisse de Numismatique Arquivado 21 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". No sitio web da SNG/SSN.
  2. Estatutos da SNG/SSN Arquivado 12 de xullo de 2020 en Wayback Machine..
  3. "Mitglied werden Arquivado 07 de abril de 2019 en Wayback Machine.". No sitio web da SNG/SSN.
  4. "Numismatische Tage Schweiz Arquivado 07 de abril de 2019 en Wayback Machine.". No sitio web da SNG/SSN.
  5. "Zeitschriften[Ligazón morta]". No sitio web da SNG/SSN.
  6. Acceso en liña á publicación desde 1925.
  7. Acceso en liña á publicación dede 1949.
  8. "Monographien und Reihen Arquivado 07 de abril de 2019 en Wayback Machine.". No sitio web da SNG/SSN.
  9. "Schweizerische Münzkataloge SMK Arquivado 07 de abril de 2019 en Wayback Machine.". Nio sitio web da SNG/SSN.
  10. "Typos - Monographien zur antiken Numismatik Arquivado 07 de abril de 2019 en Wayback Machine.". No sitio web da SNG/SSN.
  11. "Schweizer Studien zur Numismatik - SSN Arquivado 07 de abril de 2019 en Wayback Machine.". No sitio web de SNG/SSN.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]