Tocaima
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Cundinamarca | |||
Provincia | Alto Magdalena (pt) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 18.790 (76,38 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 246 km² | |||
Bañado por | Río Bogotá | |||
Altitude | 530 m | |||
Creación | 20 de marzo de 1544 | |||
Identificador descritivo | ||||
Prefixo telefónico | 83 | |||
Sitio web | tocaima-cundinamarca.gov.co… |
Tocaima é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca que se atopa na provincia do Alto Magdalena. Atópase a 102 km ó suroeste de Bogotá, e a unha altitude de 400 m. A temperatura media anual é de 27 °C. É denominada "Cidade Saúde de Colombia", debido ás propiedades terapéuticas das súas augas e lodos con xofre, empregados dende tempos prehispánicos.[1]
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo Tocaima provén dun antigo guerreiro da tribo guacaná, pertencente á nación panche. O guerreiro Tocaima era adorado polos homes da tribo debido á súa valentía e fazañas bélicas.
Historia
[editar | editar a fonte]Na época precolombiana, o territorio do actual municipio de Tocaima estivo habitado pola tribo guacaná, que pertencía á nación panche. A tribo era gobernada polo cacique Guacaná, que tiña dominio sobre os seus veciños, os acaymas, membros dun concello tribal.
O 20 de marzo de 1544, o mariscal español Hernán Venegas Carrillo fundou o poboado de San Dionisio de los Caballeros de Tocaima, un pouco máis abaixo da localización actual. O 7 de febreiro de 1549 o rei Carlos V de España, mediante Real cédula de Valladolid, outorgou a Tocaima o título de "Hidalga e Nobre Vila", xunto co escudo de armas.[2]
Os constantes asulagamentos provocadas polo desbordamento do río Pati fixeron que en 1581 a poboación fose abandonada, ata que o 18 de marzo de 1621, por orde de Juan de Borja y Armendia, presidente da Real Audiencia de Santafé, Tocaima foi refundada polo capitán Martín de Ocampo.
O 25 de abril de 1669 naceu en Tocaima Jerónima Nava y Saavedra, unha das principais escritoras da colonia colombiana, xunto coa tunjana Francisca Josefa del Castillo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ CLIMATE-DATA.ORG, Clima: Tocaima.
- ↑ "Alcaldía de Tocaima / Información General / Historia". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tocaima |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 14 de xullo de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)