Saltar ao contido

Cucunubá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCucunubá
Imaxe

Localización
Mapa
 5°15′00″N 73°45′58″O / 5.25, -73.7661
EstadoColombia
DepartamentosCundinamarca Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie112 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude2.590 m Editar o valor en Wikidata
Creación2 de agosto de 1600 Editar o valor en Wikidata

Sitio webcucunuba-cundinamarca.gov.co… Editar o valor en Wikidata

Cucunubá é un concello colombiano que se atopa no departamento de Cundinamarca. Forma parte da provincia de Ubaté. Sitúase a oitenta e oito quilómetros ó norte de Bogotá, distrito capital.

O concello limita polo norte cos concellos de Ubaté e Lenguazaque; polo sur con Suesca; polo leste con Lenguazaque e Suesca; e polo oeste con Tausa, Sutatausa e Ubaté.

Templo parroquial do Divino Salvador de Cucunubá.

O primeiro encomendeiro foi Juan de Montalvo. O 27 de abril de 1577, a Real Audiencia de Santafé de Bogotá encargou a Rodrigo Tellez de las Peñas como xuíz poboador para facer a poboación do repartimento de Cucunubá, que quedou delimitado por sete cerros: Fumbraguila, Tuguagula, Foquegula, Cucuachonchiquia, Guaguachiquia Tiguavita e Chiangosguala. O 17 de xullo de 1600, o oidor visitador Luis Enríquez, despachou dende Zipaquirá un auto de vita notificando ó encomendeiro de Cucunubá para que congregar ós indios da súa vila. O 1 de agosto, Luis Enríquez chegou a Cucunubá, inspeccionou as terras e as labranzas de trigo e de millo. Ó día seguinte, o 2 de agosto, acompañado polos oficiais que o acompañaban, convocou ós caciques indíxenas, e por medio do intérprete Blas Martín, levantou a Acta de Fundación. Ese mesmo día contratouse a construción da igrexa. co I.E.D Divino Salvador.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]