Saltar ao contido

Beltrán, Cundinamarca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBeltrán, Cundinamarca

Localización
Mapa
 4°48′05″N 74°44′35″O / 4.8014, -74.7431
EstadoColombia
DepartamentosCundinamarca Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Altitude235 m Editar o valor en Wikidata

Sitio webbeltran-cundinamarca.gov.co… Editar o valor en Wikidata

Beltrán é un concello que se atopa no oeste do departamento de Cundinamarca (Colombia), a beiras do río Magdalena, na provincia de Magdalena Centro; dista a 212 km por estrada de Bogotá. Ocupa unha área de 211 km² e limita polo norte co concello de San Juan de Rioseco, polo leste, co mesmo e cos concellos de Pulí e Jerusalén, polo sur co de Guataquí, e polo leste co municipio de Ambalema, no departamento do Tolima. Forman parte do concello o correxemento de Gramalotal e a Inspección de Policía de Paquiló.

Na época precolombiana, o territorio do actual municipio de Beltrán estivo habitado polos indíxenas panches, feroces inimigos dos muiscas (onde houbo un casarío de nome Colombayma). En 1539 o encomendeiro Baltazar Maldonado foi o primeiro que en compañía de 150 homes fixo unha travesía polo río Magdalena e descubriu este sitio, habitado polos panches. En 1670, situado sobre a beira esquerda do río, figuraba como pobo de indios de Ambalema, e estaba a cargo do encomendeiro Francisco Félix Beltrán. O seu nome aborixe non era Beltrán senón máis ben podería ser Colombayma.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]