Saltar ao contido

Teodosio Vesteiro Torres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTeodosio Vesteiro Torres

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xuño de 1847 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de xuño de 1876 (29 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
EducaciónSeminario de Tui
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor, poeta, compositor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1860-1876
EmpregadorEl Heraldo Gallego (1874)
La Caridad
El Desengaño
La Concordia
Revista Galaica
Galicia Literaria Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica, xornalismo,
poesía e ensaio
MovementoRomanticismo
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnsayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Vesteiro Torres (Teodosio), p.474) Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 8153 BNE: XX1167316 BUSC: vesteiro-torres-teodosio-1847-1876

Teodosio Vesteiro Torres, nado en Vigo o 12 de xuño de 1847 e finado en Madrid o 12 de xuño de 1876,[1] foi un músico, xornalista e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Os seus pais foron Juan María Vesteiro Barbeito, oficial de infantaría, natural de Lugo, e Antonia Torres Fernández, natural da Coruña. Ingresou no Seminario de Tui en 1860, onde ocupou unha cátedra de Humanidades e foi bibliotecario, clasificando e ordenando os máis de 6 000 libros alí existentes. Comezou a escribir no Boletín Eclesiástico del Obispado de Tuy.[2] Foi vicepresidente da sociedade La Juventud Católica del Miño,[3] redactor de La Juventud Católica de Tuy e director da orquestra da catedral de Santa María. En 1871 abandonou os estudos eclesiásticos e trasladouse a Madrid onde exerceu o ensino musical, residindo na casa dos seus curmáns Lorenzo Quintero e Emilia Calé.[4] En 1872 morreu a súa nai, suceso que lle afectaría fondamente.

Colaborou en El Heraldo Gallego (Ourense), Revista Galaica (Ferrol), La Concordia e La Caridad-El Desengaño (Vigo). En 1875 fundou en Madrid a asociación Galicia Literaria,[5] da que anos despois tomou o seu nome a revista Galicia Literaria. Escribiu en castelán, mais a maioría das súas obras son de temática galega seguindo a ideoloxía galeguista.[6]

Despois de destruír os seus traballos de xuventude, suicidouse no Paseo do Prado disparándose un tiro cun revólver, na madrugada do 12 de xuño de 1876, deixando dúas cartas de despedida, unha a Manuel Curros Enríquez e outra a Valentín Lamas Carvajal.

Coroa de morte 'o inspirado escritor é doce poeta gallego...
  • Flores para la soledad, seis melodías para canto e piano, 1871.
  • Versos, 1874.
  • Galería de Gallegos Ilustres, 5 tomos: Poetas de la Edad Media, Guerreros, Marinos, Príncipes y Diplomáticos e Artistas, 1874.[7]
  • Rimas de D. Rodrigo de Moscoso y Osorio, vizconde de Altamira. Siglos XV a XVI, 1875.
  • Desde el cielo, zarzuela manuscrita inédita, Arquivo Municipal de Vigo.[8]

Póstumas

[editar | editar a fonte]
  • Monografías de Vigo, 1878.[9]
  • Galería de Gallegos Ilustres. Apéndice, 1879.
  • Páginas sueltas, 1892, publicado por Emilia Calé.
  • Poesías, 1896, na Biblioteca Gallega de Martínez Salazar.
  • Recuerdos de Galicia, 1896, con prólogo de V. Novo y García.[10]

Recoñecemento

[editar | editar a fonte]

Após a súa morte, O Tio Marcos d'a Portela publicou o libriño de vinte páxinas Coroa de morte 'o inspirado escritor é doce poeta gallego Teodosio Vesteiro Torres,[11] despois diso, El Heraldo Gallego publicou o libro Corona fúnebre á la memoria del inspirado escritor y poeta gallego Teodosio Vesteiro Torres (1877, 58 páx.), no que colaboraron Valentín Lamas Carvajal; José M. Hermida; Emilia Calé; Eduardo Álvarez Pertierra; A. J. Pereira; Emilia Pardo Bazán; Alfredo Vicenti; José Tresguerras Melo; Pastora Guerrero; José María Montes; Nicolás Taboada Fernández; Xoán Neira Cancela e Rafael Bugallal.[12]

Corona fúnebre á la memoria del inspirado escritor y poeta gallego....

O concello de Vigo dedicoulle o nome do Parque Poeta Vesteiro Torres, no barrio de Coia.

O personaxe de Vesteiro, como fantasma do Museo do Prado, aparece na novela El Maestro del Prado y las pinturas proféticas (Planeta, 2013) de Javier Sierra Albert.[13]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. López de Serantes, J.: "Vesteiro Torres, más de un siglo enterrado y olvidado..." El Ideal Gallego, 3/1/1986 (en castelán).
  2. Álvarez Blázquez, José M. (1980). "La prensa periódica viguesa en el siglo XIX" en Vigo en su historia, p. 496.
  3. "Juventud Católica del Miño, La" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (en DVD).
  4. Álvarez de la Granja, M. (1996). "Teodosio Vesteiro Torres: Vida e Obra" Arquivado 08 de decembro de 2015 en Wayback Machine. (35,8 MB) en "Boletín del Instituto de Estudios Vigueses", n. 2 Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. pp. 17-36.
  5. "Acta de fundación y actas de las reuniones de la Sociedad Galicia Literaria". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 17 de agosto de 2015. 
  6. Vilavedra, D. (coord), Cochón, I. et alii: Diccionario da Literatura Galega, volume I (Autores), p. 607-608. Galaxia, 1995. ISBN 84-8288-019-5.
  7. Galería de Gallegos Ilustres. Tomo II. Guerreros (1874) Arquivado 11 de setembro de 2014 en Wayback Machine. na páxina da Real Academia Galega.
  8. Barrecheguren, Jorge (2/5/2021). "El Vesterio Torres más desconocido", Faro de Vigo, p. 13 (en castelán).
  9. Ficha do facsímile (1998) de Monografías de Vigo Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. Instituto de Estudios Vigueses.
  10. Recuerdos de Galicia con prólogo de V. Novo y García en Galiciana. Biblioteca de Galicia.
  11. Coroa de morte 'o inspirado escritor é doce poeta gallego Teodosio Vesteiro Torres en Galiciana
  12. Corona fúnebre á la memoria del inspirado escritor y poeta gallego Teodosio Vesteiro Torres Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (1877).
  13. Blas, Ceferino de: "Javier Sierra, invitado de Club Faro" Faro de Vigo, 11/4/2013 (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]