Saltar ao contido

María do Carme Kruckenberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría do Carme Kruckenberg

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xuño de 1926 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de maio de 2015 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa, escritora Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1742793 AELG: 213 BUSC: kruckenberg-sanxurxo-maria-del-carmen-1926-2015 Dialnet: 1076073

María do Carme Kruckenberg Sanjurjo, nada en Vigo o 3 de xuño de 1926 e finada na mesma cidade o 16 de maio de 2015,[1] foi unha escritora galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi filla da galega Josefina Sanjurjo de Oza e do mexicano de orixe alemá Gustavo Kruckenberg Sartorius, afiliado á Falange Española en 1932.[2] Bautizárona na concatedral de Santa María de Vigo, cos nomes de María del Carmen Josefina Margarita Beatriz.[3] En febreiro de 1938 participou como actriz na estrea a obra de teatro de Álvaro Cunqueiro Érase una vez...[4].

Estudou pola súa conta idiomas, historia, ciencias, literatura etc., converténdose nunha autodidacta. Viviu na Arxentina de 1949 a 1953, onde coñeceu moitos escritores galegos emigrados e arxentinos. De novo en Madrid, participou nas reunións do Café Gijón. Posteriormente, tras volver a Galicia, traballou como delegada científica nos Laboratorios Servier.

Autora de contos e tradutora, colaborou con diversas revistas e diarios, sobre todo en Faro de Vigo.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 2006 foi nomeada socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega, entidade da que foi vicepresidenta. En 1999 dedicóuselle unha praza en Vigo.

Obras en galego

[editar | editar a fonte]
Monumento en homenaxe a María do Carme Kruckenberg en Vigo.
  • Cantigas do vento, 1956, Alba, Vigo.
  • Canaval de ouro, 1962, Colección Salnés, Galaxia.
  • Cantigas de amigo a Ramón González Sierra, 1972, Noroeste, Vigo.
  • A sombra ergueita, 1976, Edicións Castrelos.
  • Cantigas para un tempo esquecido, 1986, Ediciós do Castro.
  • Alegoría do ensoño ferido, 1992, Ediciós do Castro.
  • XXI poemas nun grido de luz, 1997, Iniciativas Gutenberg.
  • Meditacións á beira da noite, 1997, Iniciativas Gutenberg.
  • O ratiño do pazo, 1998, Iniciativas Gutenberg.
  • Vivir, aventura irrepetible, 1998, Iniciativas Gutenberg, edición bilingüe galego-castelán.
  • Jazz espido, 1999, Ediciós do Castro.
  • Poemas sen resposta, 1999, Espiral Maior.
  • Obra poética case completa, 2000, Ediciós do Castro.
  • A pulga garimosa, 2000, edición da autora.
  • Lembranzas da beleza triste, 2003, Espiral Maior.
  • A rapaza da frauta, 2003, edición da autora.
  • Luz para un novo amencer, 2004, Ediciós do Castro, edición bilingüe galego-castelán.
  • As complexas mareas da noite, 2006, Espiral Maior.
  • Os límites do arreguizo, 2008, Espiral Maior.
  • A voz da auga, 2010, Barbantesa.
  • O enigma do segredo, 2011, Barbantesa.
  • Jazz espido un e dous, 2011, Barbantesa.

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • O paxariño de Sevilla, 1998, Iniciativas Gutenberg.
  • Historias na memoria, 1999, Unión Comarcal de CCOO de Vigo.
  • O morto asasinado e outros contos, 2018, Galaxia. Edición de Mercedes Queixas.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • I Festival de Poesía no Condado (1981, S. C. D. Condado).
  • VI Festival da Poesía no Condado (1986, S. C. D. Condado).
  • VII Festival da Poesia no Condado, 1987, S. C. D. Condado.
  • VIII Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética, 1988, S. C. D. Condado.
  • IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética, 1989, S. C. D. Condado.
  • XIII Festival da Poesia no Condado, 1993, S. C. D. Condado.
  • XIV Festival da Poesia no Condado, 1994, S. C. D. Condado.
  • Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas, 1997, Fundación Rosalía de Castro.
  • Novo do trinque, 1997, BNG.
  • María do Carme Kruckenberg e tres poetas medievais da ría de Vigo: Martín Codax, Mendiño, Johán de Cangas, Union Comarcal de CCOO de Vigo, Concello de Vigo e Deputación de Pontevedra.
  • Alma de beiramar, 2003, AELG.
  • Elas 2: antoloxía poética, 2003, Unión Comarcal de CCOO de Vigo.
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
  • 23 poetas cantan a don Antonio Machado, 2004, Hipocampo.
  • Elas 3: antoloxía poética, 2004, Unión Comarcal de CCOO de Vigo.
  • Poemas de amor. Xeración dos 50, 2004, Tórculo. Por Maximino Cacheiro Varela.
  • Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais.
  • Amor en feminino: antoloxía das poetas galegas de Rosalía á Xeración dos 80, 2006, Baía Edicións. Edición de Maximino Cacheiro Varela.
  • Poetas con Rosalía, 2006, Fundación Rosalía de Castro.
  • Poetas e Narradores nas súas voces. II, 2006, Consello da Cultura Galega.
  • Vanakkam/Benvidas, 2007, Implicadas/os no Desenvolvemento.
  • A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
  • Elas 7: antoloxía poética, 2008, Unión Comarcal de CCOO de Vigo.
  • Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación, 2009, Fundación Manuel María.
  • Elas 9: antoloxía poética, 2010, Unión Comarcal de CCOO de Vigo.
  • To The Winds Our Sails, 2010, Salmon Poetry. Tradución do galego ao inglés.
  • Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.

Obras en castelán

[editar | editar a fonte]
  • Las palabras olvidadas, 1953, Buenos Aires.
  • Los parajes inmóviles, 1956, Noroeste, Vigo.
  • Rumor de tiempo, 1957, Noroeste, Vigo.
  • Farol del Aire, 1958, Noroeste, Cuba.
  • Poemas inevitables, 1960, Faro de Vigo. Publicados en galego en 1996 polo Concello de Vigo.
  • Poemas y canciones de aquí y de allí, 1962, edición da autora, Bilbao.
  • Tauromaquia en linea y verso, 1964, Noroeste, Vigo.
  • Memoria de mi sueño, 1969, Noroeste, Vigo.
  • Cantares de mi silencio, 1980, edición da autora.
  • 20 poemas rescatados del olvido y una elegía a Chuca Pereda, 1983, edición da autora.

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • El nieto de la sirena, 1968, Faro de Vigo.

Traducións

[editar | editar a fonte]
  1. "Fallece a los 88 años la escritora viguesa María do Carme Kruckenberg" Faro de Vigo, 16/05/2015.
  2. Navaza, T. (1990). "María do Carme Kruckenberg: ferida de amor estaba". Andaina. Revista galega de pensamento feminista (20): 31–34. 
  3. "Un bautizo". El Correo Gallego. 29 de xuño de 1926. 
  4. Xosé Enrique Acuña (25 de febreiro de 2016). "Cunqueiro no cárcere e outras historias falanxistas". Biosbardia. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]