Saltar ao contido

Shirin Ebadi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaShirin Ebadi

شيرين عبادى

Shirin Ebadi, a 18 de novembro de 2005.
Nome orixinal(fa) شیر Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xuño de 1947 (77 anos)
Hamadán, Irán
Xuíza
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaLondres Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPersas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Teherán Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónAvogada, xuíza e activista dos dereitos humanos
EmpregadorUniversidade de Teherán Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
4 de xaneiro de 2021Dialogue for Catalonia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura

IMDB: nm1505923 Allocine: 550876 BNE: XX5801531 Editar o valor en Wikidata

Shirin Ebadi (en persa : Shirin 'Ebādi), nada o 21 de xuño de 1947 en Hamadán, Irán), é unha avogada iraniana, activa defensora dos dereitos humanos. Recibiu o Premio Nobel da Paz no ano 2003, pola súa actividade a favor dos dereitos humanos e da democracia. E a primeira muller musulmá e a primeira iraniana que obtén este premio.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

Ebadi neceu en Hamadán, Irán. Seu pai, Mohammad Ali Ebadi, era o xefe da notaria pública da cidade e profesor de dereito mercantil. A familia trasladoues para Teherán en 1948.

Ebadi foi admitida nos estudos de Dereito da Universidade de Teherán en 1965. Despois de licenciarse en 1969, foi aprobada nos exames para exercer como xuíz. Logo de seis meses de preparación, comezou oficialmente a carreira como xuíz en marzo de 1970. Continuou, porén, os seus estudos na Universidade de Teherán até recibir o master en Dereito no ano 1971. En 1975, tornouse na primeira muller que presidiu unha corte legal no seu país.

Desde a revolución iraniana

[editar | editar a fonte]

Ebadi foi a primeira muller que exerceu como xuíz en Irán, en 1974, porén tivo que deixar o seu posto en 1979, a causa da revolución iraniana, momento no que relixiosos conservadores tomaron o poder no país e limitaron fortemente o papel público das mulleres.

Actualmente ensina Dereito na Universidade de Teherán, á par que actúa en defensa dos dereitos da infancia e máis das mulleres.

É a voceira oficiosa das mulleres iranias. que xogaron un rol chave na campaña presidencial de Mohammad Khatami, durante a cal loitou por que as mulleres tivesen un papel maior na vida pública.

É coñecida tamén por tomar a defensa dos disidentes de primeira fileira, así como por defender a Dariush Farouhar e máis a súa esposa que estaban condenados a morte. Tratábase de intelectuais ameazados por extremistas opostos á política de Khatami, que dera maior liberdade de expresión.

Condena política

[editar | editar a fonte]

No ano 2000, Ebadi foi acusada de distribuír un vídeo no que mostraba un destes extremistas relixiosos, revelando así que os dirixentes conservadores están na orixe da violencia. Por este asunto foi condenada a pena de cárcere e inhabilitación para exercer a súa profesión. Isto atraeu a atención mundial sobre a violación dos dereitos humanos en Irán.

Assadollah Badamchian, un político conservador iraniano, calificou a concesión do Premio Nobel a Ebadi, como unha "infamia", engadindo que Shirin Ebadi fora recompensada polos servizos emprestados á opresión e ao colonialismo occidentais. A medalla foille confiscada, o que motivou a protesta de Noruega.[1]

Ebadi forma parte da dirección da ’Organización Iraniana de Protección dos Dereitos do Neno e da ’Asociación de Defensores dos Dereitos Humanos en Irán.

Recoñecemento internacional

[editar | editar a fonte]

Polo seu activismo político, obtivo o Premio Rafto en 2001, antes de obter en 2003 o Nobel.No mes de outubro de 2007, Shirin Ebadi interveu no Foro Mundial de Economía Responsábel que se celebreou en Lille, so o lema da diversidade.

  1. "Profile: Shirin Ebadi" (en inglés). 2009-11-27. Consultado o 2022-03-08. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]