Benedicta Sánchez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Benedicta Sánchez Vila 11 de outubro de 1935 (89 anos) San Fiz, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz (2019–), fotógrafa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Benedicta Sánchez Vila, nada en San Fiz (O Corgo)[1] en 1935, é unha actriz e fotógrafa galega. Mellor coñecida polo seu papel protagonista no filme O que arde (2019), polo que gañou o Premio Goya como mellor actriz revelación no ano 2020.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Benedicta Sanchez naceu o 31 de outubro de 1935 no lugar de San Fiz, na parroquia de Paradela do concello lucense do Corgo. A mestra de Manán de Abaixo (San Cosme de Manán), Elisa Polanco, levouna para a súa casa en Lugo, para que puidese completar os seus estudos[1].
Casou aos 17 anos cun mozo de Pol e marcharon vivir alí. Aos 25 anos marchou co seu home ao Brasil. En Río de Xaneiro traballou nunha casa, nun bar, nunha librería e finalmente atopou a súa paixón na fotografía, ao que se adicou o resto do tempo en América. Tivo unha filla pero anos despois separouse do seu home por malos tratos. Retornou a España coa súa filla e instalouse en Valencia. Logo volveu ó Corgo para adicarse ás terras e á casa familiar.
Foi a actriz protagonista do filme O que arde de Óliver Laxe, e pola súa interpretación, foi nomeada aos Premios Goya 2020 como mellor actriz revelación, premio que gañou.[2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 2019 foille concedida a medalla Castelao.[3]
En 2020 gañou o premio Goya á mellor actriz revelación.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Benedicta: «Eu non son moi de cine, pero Almodóvar ten algo, faise querer»". La Voz de Galicia. 31 de xaneiro de 2020.
- ↑ "'O que arde' opta a catro Premios Goya, entre eles mellor película, dirección e actriz revelación". Praza Pública. 2 de decembro de 2019. Consultado o 3 de decembro de 2019.
- ↑ A corguesa Benedicta Sánchez, distinguida coa Medalla Castelao
- ↑ "Benedicta Sánchez e Mauro Herce, Premios Goya por ‘O que arde’, de Oliver Laxe". Nós Diario. 26 de xaneiro de 2020. Consultado o 26 de xaneiro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Benedicta Sánchez |