Saltar ao contido

Linguas galorrománicas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Linguas galorromance nuclear

As linguas galorrománicas son unha agrupación xeográfica das linguas románicas. A clasificación interna, así como que linguas deben ser consideradas dentro do grupo galorromance son unha materia amplamente discutida.

As linguas universalmente consideradas dentro deste grupo son as linguas de oïl (incluíndo o francés) e o francoprovenzal (arpitán) (que non debe confundirse coa variedade provenzal do occitano).

Clasificación

[editar | editar a fonte]
As linguas galorrománicas nun sentido máis amplo

A clasificación de ethnologue, acepta a proposta de Pelligrini, considera dentro do grupo galorromance ademais das linguas de oïl e o francoprovenzal varias linguas do norte de Italia e Suíza como o lombardo, o piemontés e as linguas retorrománicas. Outros tamén inclúen ao occitano e o catalán no seu conxunto de linguas galorrománicas[1] Non todos os autores aceptan que estas últimas mostran un parentesco máis estreito co francés e o francoprovenzal que con outras linguas románicas, razón pola cal a clasificación de etnologue é controvertida.[2][3] As linguas galorrománicas por tanto serían:

Galorromance nuclear

[editar | editar a fonte]

Grupos de transición

[editar | editar a fonte]

Nunha clasificación máis ampla, orixinalmente descrita polo lingüista Pierre Bec, as linguas galorrománicas inclúen o seu grupo de linguas principais xunto cos seus grupos de transición.

Características principais das linguas galorrománicas

[editar | editar a fonte]
  • A principal característica é a perda das vogais latinas finais especialmente perdéronse (/e/, /o/) latinas. Tamén moitos foron substituídos por outras vogais como en francés por (e) que en moitos casos non se pronuncia.
  • Evolución da vogal latina (/u/) a (/y/) como ü en alemán. Isto ocorreu nas linguas de oïl, as linguas galo-itálicas, francoprovenzal romanche e occitano. Ademais, moitas destas linguas teñen vogais que noutras linguas románicas non existen (/ø/, /œ/ /æ/ e /ə/)
  • Perda do infinitivo latino (re) especialmente nas linguas galo-itálicas e as retorrománicas. En francés, francoprovenzal, occitano e catalán o infinitivo remata con (r) pero non se pronuncia.
  • Evolución de (ca /ka/) inicial a (/ʃa/, /t͡ʃa/, /ca/) pronuciado como (x e ch en galego). Este fenómeno ocorre no francoprovenzal, as linguas de oïl, as linguas retorrománicas e os dialectos norteños do occitano. Por exemplo (chanter en francés é pronunciado /ʃɑ̃te/), (cantar nos dialectos norteños do occitano é pronunciado /t͡ʃantɔ/) (cjantâ en friulano é pronunciado /canta/) que en galego significa cantar é pronunciado /kantaɾ/.
  • Conservación dos grupos latinos (cl, fl, pl) agás para as linguas galo-itálicas onde evolucionaron a (t͡ʃ).
  • Evolución dos grupos latinos (ci, ti, ce, te) ao (/z/, /s/ /t͡ʃ/).
  1. Gian Batista Pellegrini, Il cisalpino ed il retoromanzo, 1993; y The Dialects of Italy, ed. Maiden y Parry, 1997.
  2. Gallo-Romace (ethnologue)
  3. Charles Camproux, Les langues romanes, PUF 1974. p. 77–78.